HERBAS DE SAN XOAN E AS FOGUEIRAS, PATRIMONIO CULTURAL INTANXIBLE
Non lembro os anos exactos que fará, andarán polos cincuenta, estiven presente nunha fogueira feita no lugar da Rons, de todas que estiven o longo de tantos anos esta foi a que máis me quedou grabada para sempre.
Ese día xa percorrera coa miña avoa Ramona as corredoiras da Laxe , Rons e ata o Cañoto en busca das herbas de San Xoán , a mañá seguinte era obrigado lavarse a cara coa auga, que xunto con aquelas herbas que mesturaba e preparaba a miña estrañada avoa, que fomos recollendo polos carreiros e camiños… romeu , fiuncho , herba luisa, codexos , loureiro , manzanilla….
Outros anos recordo ir con miña avoa a máis lugares da parroquia, normalmente donde tiñamos algunha veiga, viña ou cachada. Levábamos sempre a compañía da Pinta, a nosa vaquiña.
Así que había anos que recolliamos as herbas por Casal da Madre outras veces polas corredoiras que levan a Codeseira, a Silvoso dabaixo, as Castiñeiras, tamén nos achegabamos ata a Galiana, e algunha vez nos Mouchos, na Cachada da Neta, nas Salgueiras, tamén nas Pallotas, nos Castiñeiros ou cerca da Coba da Raposa.
Ainda así hubo veces de acercarnos ata as Baladas, ou máis lexos coma nas Barreiriñas ou na Besada, aproveitando si tiñamos que ir a por estrume.
E asi foron pasando os anos, ata que xa non podía andar, despois foi a miña irmá Carmen a que sigue coa tradición e grazas a ela podo seguir lavando as mans, pes e a cara, Maricarmen encargase de recoller as herbas e deixarmas en un moio dentro de un cubo con auga. O ano pasado tiven a oportunidade de ir cos veciños a polas herbas, pasamos unha mañan do máis grata.
A FOGUEIRA NA RONS.
O recordo daquela vez que teño en concreto sobre a fogueira foi porque foi moi soada , sería sobre as nove da noite cando un grupo de mozos daquel entón estaban a tomar unhas cervexas na taberna da Rons, un deles empezou a comentar que non podían pasar o día sen facer a fogueira de San Xoán , non tiñan nada previsto como en outros lugares da parroquia , que xa levaban días e días levando toradas , mobles, ramas e demais cousas que serviran para arder.
Por suposto alí estaba a falar do tema o que sempre armaba as mil e unha , era un dos que levaba a voz cantante , Moncho o Jaxe, tamén estaban Adonis , o seu irmán Marcelino , Manolo o Lavaradas, o seu irmán Pepe, tamén estaba Evaristo, da Balé estaban os irmans José, Santiago, Juan A. Losada, e algún mozo da Mean e tamén de Pidre que agora non lembro os seus nomes.
Polo medio estabamos os máis pequenos , Lito , Manolo, Biri e máis eu, que ao escoitar o que se estaba programando puxémonos rapidamente ás ordes dos máis maiores para ir buscar todo tipo de material que servise para a fogueira.
E así foi como empezamos a preparala , cada un á súa casa para buscar material e os maiores máis comprometidos decidiron ir a unha cachada do pai de Moncho ( sin que o supese o señor José o Jaxe, dono do Muiño da Rons ) e ” aclarear ” un pouco dita cachada.
Cando se achegaba a noite todos estabamos ao redor expectantes para dar comezo á noite máxica , mentres na taberna Carmen preparaba unhas viandas para pasar a noite , por suposto que non faltaban as sardiñas .
Prendíase lume á fogueira e despois esperabamos para saltar sobre ela , normalmente saltábase tres veces , aínda que a tradición di que ten que ser un número de saltos impar , por iso hai quen salta tres , cinco , sete ou inclusive nove !
Eu lembro que aquel día saltei por un ladiño, a fogueira era enorme, eu pequeniño. Mentras saltaba, de paso que o facía recitaba isto :
Salto por riba
do lume de San Xoán,
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho vivinte
que ande polo chan.
Cánticos , bromas , chistes , esa noite todo o mundo pasouno en grande !
Las creencias populares propician que la noche de San Juan con su ritual milagreiro, y curanderil sea una de las noches de fiesta con mayores perfumes mágicos.
Se atribuyen muchísimas virtudes curativas y milagreiras al hecho de saltar ” por enriba do fume da fogueira de San Xoán”. Amén de otras virtudes y mágicos poderes ” El Salto” sirve para tratar : La Soltería , el reuma, los enmeigamientos, ahuyentar las meigas, deshacer maleficios, curar el mal de ojo y enfermedades del infante, como profiláctica de mordeduras de animales ponzoñosos, salvaguardar la ” Facenda ” y cosechas, garantizar la fertilidad y pureza, etc. ( Xesús Vázquez, Tradiciones, Mitos, Creencias en Medicina Popular en Galicia)
A fogueira estaba situada onde está a marquesiña da parada de autobús , é dicir no centro do aparcadoiro.
Era tal labarada a da fogueira e tan alto os cánticos e risas que ao pouco tempo fóronse decatando os veciños máis próximos , sumándose así á festa .
Que recordos ! Unha experiencia vivida na miña mocidade que me marcou sempre á hora de querer á miña parroquia e ás súas xentes e as suas costumes.
Eu vivíao dunha maneira especial , quizais porque a miña nenez sempre estivo rodeada de veciños que paraban na taberna e íame empapando dos seus problemas , as súas queixas , as súas alegrías ….deles fun aprendendo moitas cousas , unha delas é que ao redor dunha fogueira tamén se fai parroquia !
Por certo , despois algún foi a polos carros , cancelas é demais enseres que o día siguiente aparecían colgados sabe Deus donde ! Hubo de algún veciño que tivo que ir a buscar o carro o Concello de Pontevedra !!!
Eu ainda quixen volver a saltar o día seguinte, saltar saltéi, pero tamén me queméi, a quen se lle ocurre saltar con sandalias e ainda con brasas…..
Falando cos veciños sobre as herbas de San Xoan , comentaronme :
1-Eu acordome pouco Juan José, miña avóa Casilda era a que nos recollia as hervas porque ela sabia cales eran e metías nunha palangana con auga deixandoas toda a noite fora da casa ao aire libre. Enton pola mañan cando nos levantavamos o dia 24 lavabamos a cara con esa auga, pero a min o que mais me gustaba era ir con miña avóa o dia antes a buscar as hervas polo campo porque ela coñecias todas, e iso e todo que che poido dicir mais ou menos. Unha aperta.
2-Eu si me acordo de ir por elas no monte do Bravo, donde hai a carrasquiña, unha erba pequeniña que cheira moi ben , que tempos !!
O día 23 de Xuño de 2019 realizamos desde a Asociacion de Veciños unha andaina pola parroquia, a idea era a de recoller as herbas de San Xoán, foron moitos os veciños e veciñas que se sumaron á iniciativa, ademais tamén algúns pais e avós viñeron acompañados dos seus fillos e dos seus netos.
Unha xornada que foi do agrado de todos e que desexaron volver repetir con certa asiduidade, tiñamos pensado en repetir éste ano, pero debido o Covid19, facemos un paréntesis e será para o ano que ben que retomaremos esta andaina.
O ano pasado atopámonos con algúns veciños por varios camiños polos cales estabamos a recoller as herbas, nun deses momentos en que eu ía un pouco máis adiantado que os demais, un home que nos víu vir quedou mirando para o grupo e dixo en voz baixa, pero que eu puiden escoitar perfectamente : SE FORADES A TRABALLAR…..
Pois si, estabamos a traballar, precisamente estabamos a realizar un traballo que algúns como este “veciño” non lle dan importancia, nin máis nin menos o traballo de seguir conservando as nosas tradicións e poder desta maneira transmitirllas aos nenos que viñan connosco, en fin, non hai que darlle máis importancia.
Eiqui deixovos uns cuantos refrans de San Xoan :
En san Xoán, as bruxas fuxirán.
– Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
– Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
– A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
– Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
– No san Xoán, na palangana cagarán.
Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
En san Xoán, cardos dan.
No san Xoán, peras na man.
No san Xoán, as peras caen ó chan.
A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
No san Xoán, fouciña na man.
Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
0 coeño polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
Polo san Xoán, as nove co día darán.
Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.
AS HERBAS E OS CACHOS.
As tradicións populares non asumidas polo cristianismo, foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo cacho. O cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, alonxa as bruxas e cura a envexa.
Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.
Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba chavos.
Nas parroquias tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la Santa Compaña.
Ó erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades pulmonares. A herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa: A ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. A hortelán e mildrastes contra os picores das estrugas. As follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo. 0 romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e resfriados. Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma.
Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San Xoán limpa a cara de grans. 0 tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.
As herbas e os Cachos recollido en http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm