ESCOLA DE HERMOSINDA

A escola da señora Hermosinda e a primeira da que vou a escribir sobre ela , estaba situada no baixo da súa casa , a casa atópase situada a pé da estrada nacional 550 , é a primeira que se encontra a man dereita vindo de Pontevedra cara a Santiago despois de pasar o cruzamento que vai ao lugar da Mean e facendo esquina coa pista que sube hacia o interior do lugar de Tilve e chega a Igrexa pola parte de atrás.Foron varios os profesores que impartiron tanto o ensino , como a man dura , moi usual naqueles tempos os castigos físicos que recibiamos os nenos de mans de algún deles.

Recordo os nomes dalgún profesor , Don Gaspar e Don Paulino , espero ir acordándome de mais , ou se vos acordades decirmo para poñelo o nome.

Eiqui unha dás anedoctas que lembran dous veciños de Cerponzons que levaban tempo si verse e recordaronse de esta :

  • A VENGANZA DOS NENOS

Sen pensalo RB e JC atopáronse fronte a fronte tomando un café en Ponte Caldelas , eran moitos os anos que non se vían pero parecía que fose onte cando despois de saudarse empezaron a lembrar os seus tempos de mozos naquel colexio que había debaixo da casa da señora Hermosinda.Os seus recordos da infancia amontoáronse e a súa etapa de ensino naquel colexio de pupitres de dous en dous e co oco para a tinta da pluma que usaban para facer aqueles ditados e multiplicacións que o profesor de quenda ( mellor non nomealo ) poñíalles durante a clase.

Unha clase que todos os días o pasar a lista nomeábanse os alumnos en voz alta e como un resorte levantábanse ao escoitar o seu nome e brazo estirado tiñan que responder PRESENTE !

Lembran os dous á vez aquel día que chegou un novo alumno procedente de Asturias , Sabino era un neno de estatura baixa e regordete , ao principio a súa actitude era de poucos amigos debido á súa estrañeza con aqueles novos veciños de Cerponzons.

Foi cando lles veu á memoria a RB e JC a vez que o profesor vendo que Sabino non obedecía ao que el quería impoñerlle que o chamou a xunto del e púxoo de pé pegado á parede , Sabino obedeceu sen rechistar sabendo as malas pulgas que se traía o mestre de escola , no momento que Sabino estaba xunto a el súbitamente abalanzouse e co brazo estirado lanzoulle unha labazada con toda a mala leite que vos podedes imaxinar.

Sabino en un instinto de protección agachouse e a man do mestre foi a parar á parede recibindo toda a dor que aquela labazada levaba , a súa man quedou para o arrastre durante unha boa tempada.

Pero día si e día tamén os abusos do mestre eran frecuentes e un día RB propúxose darlle un escarmento.

Daquela o mestre acudía desde Pontevedra á escola en bicicleta , lémbrano chegar polas mañás con aqueles pantalóns recolleitos naquelas pinzas para non mancharse coa cadea da bicicleta , baixábase , retiraba as pinzas e poñíaa arrimada a unha das cepas da viña que había diante da casa colexio.Seguidamente cruzaba a estrada e ía á taberna que había enfronte rexentada por Carmen e Juan , alí tomábase o seu café de pota e unha copa de augardente para entrar en faena con aqueles rapaces.

Mentres tanto RB tramaba o seu plan , achegouse á bicicleta e afróuxolle os parafusos do asento , a idea era que ao saír da clase ao montar nela e coller impulso coa primeira pedalada o asento se lle escurrira e ao querer sentar non sentiría o placido asento senón o ferro en vertical onde o cu do mestre incrustouse de tal maneira que os seus chillidos escoitáronse ata na taberna , mentres RB xunto JC e os seus amigos escondíanse no camiño paralelo á taberna e vingábanse asi coas súas risas e xestos dos malos momentos que pasaban na escola.

A casa de Hemosinda , no seu baixo estaba a escola dos nenos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s