E TI DE QUEN VES SENDO ?

O ROQUE

Un alcume é unha especie de sobrenome co que se trata de establecer unha diferenza ou connotación, ben dun individuo, ben dunha familia, ben dun lugar ou parroquia. Tamén se denomina: alcuño, nomeada, sobrenome e, por asimilación co castelán, apodo ou mote.

Nas sociedades antigas, antes de que se consolidara o sistema de apelidos, rexistros civís e demais, xogaron una importante función na individualización de persoas e familias; mesmo, co tempo, moitos pasaron a ser apelidos e viceversa.

Os alcumes abranguen tódalas clases sociais, aínda que predominan máis nas clases sociais baixas que nas altas. Asemade, ocupan a maioría de espazos, aínda que se dan máis no mundo rural cá no urbano.

Factores relacionados coas persoas que fan aparecer os alcumes:

*  Oficios e profesións.

*  Carácteres físicos.

*  Vicios ou defectos na fala.

*  Comportamentos sociais non acaídos.

*  Por razón de procedencia.

*  Por mor da emigración.

*  Por reiteracións continuas de algo na fala.

*  Por identificacións deportivas, políticas, etc.

*  “Os de… Persoas que na liña xenealóxica marcaron á familia, por personalidade, centralidade ou outros aspectos, etc.

Aceptación individual do alcume.

*  Aceptación de bo grado.

*  Non lles dan importancia.

*  Séntalles mal.

O alcume permanece na casa.

* Así acostuma dicirse “A casa dos…. Cando alguén casaba e ía vivir á casa do outro conxugue, pasaba a ter o mote da casa onde ía residir.

Funcións que desempeñan.

* Cumpre tres funcións básicas: Saber a persoa da familia a que nos referimos; identificar a unha persoa nun espazo e servir como carta de presentación:

* Á pregunta “E ti…¿de quen ves sendo?” A resposta é “familia + alcume”.

( Autor Carlos Méndez )

 

CARLOS BLANCO E O ALCUME

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s