CERPONZONS C.F.

PASIÓN POLO FÚTBOL .

Na parroquia de Cerponzons existiu sempre unha gran afección polo fútbol , non podo dicir exactamente desde que ano empezaron aqueles mozos da nosa parroquia para disputar partidos de fútbol no Chan do Monte.

 





Foi polo ano 1990 cando por iniciativa dun grupo de veteranos créase un equipo de fútbol .

Pouco apoco foise creando unha afección consolidada e facíase necesario un campo de fútbol en condicións , pronto se puxeron en contacto cos directivos da Comunidade de Montes e púxose ao choio para ir aos poucos arrombando o campo existente naqueles momentos.


Ese grupo de amigos que crearan o equipo de fútbol para celebrar encontros interparroquias , vendo que tiñan o apoio da Comunidade de Montes decidiron fundar un club federado.

Así é como no 1995 nace o Cerponzons C.F. con Francisco Saavedra López como primeiro presidente , a quen substituiría durante a tempada 97/98 Juan C.Sabaris Chao , cuxo mandato dura ata o ano 2000 no que se fai cargo uno dos co-fundadores , Ruy Fontán Sabaris.

Foi  o 26 de Xuño de 1996, fundábase o actual Cerponzóns C.F., rexistrándose na Xunta de Galicia como entidade deportiva.
A primeira directiva do clube estivo formada por:


– Presidente: Francisco Saavedra López

– Vicepresidente: Enrique Alvite Vidal

– Secretario: Manuel Castro Fernández

– Tesoreiro: Ruy Fontán Sabarís

– Vogal: J. Manuel García Barral

– Vogal: Joaquín Souto Gregorio

– Vogal: Pascual Cochón Paz

– Vogal: Manuel Morgade Pérez

– Vogal: Jaime Recarey Durán

 

 

 

PODEMOS RESUMIR OS INICIOS DE ESTA FORMA :

No ano 1996, un grupo de veciños reuníanse no antigüo bar Alvite da N-550, á entrada da parroquia pontevedresa de San Vicente de Cerponzóns. Poucos poderían saber que aquela reunión eran os primeiros pasos do primeiro equipo federado da parroquia de San Vicente de Cerponzóns (Pontevedra).

Daquela Manuel Alvite estaba de directivo na Asociación de Veciños de Cerponzons , por iso decidiron reunirse no bar , xunto co señor Moncho O Rey , presidente da Comunidade de Montes e o home que fixo quizais o papel máis importante daquela para a creación do club : Manolito O Rufino.

Del saíu todos os pasos que había que facer , pronto se puxeron de acordo e comezaron a preparar todo .

Manolito entregoulle os papeis cubertos a Enrique Alvite que foi quen os levou á oficina da Federación, situada naqueles anos enfronte ao Colexio Atlántico.

Daquela Manolito era un referente no mundo do fútbol , concretamente na arbitraxe , el contactou co señor Couto e comentoulle que por medio de Enrique Alvite entregaríanlle toda a documentación.

Tamén Manolito tivo que ver moito no primeiro escudo do Cerponzons C.F. , a idea de colocar a ponte era debido á nosa Ponte Malvar e así o quixo reflectir no escudo do equipo.


Así, un 26 de Xuño de 1996, fundábase oficialmente o Cerponzóns Club de Fútbol, sendo o campo do Chan do Monte o seu terreo de xogo.

Ante a incredulidade de moitos veciños que non lles auguraban un bo futuro, estes intrépidos directivos reuniron un grupo de xogadores (a maioría veciños da parroquia como Tino, Miguel Charlín, Solla, Jacobo, Ucha, Óscar, Alvite… e iniciaron o seu andaina en Terceira Rexional con Barral, tamén veciño da parroquia, como adestrador.

Eran tempo difíciles, sen apenas infraestruturas deportivas. Os adestramentos realizábanse baixo a luz duns poucos focos e un xerador que os directivos montaban e desmontaban cada día de adestramento con gran esforzo e dedicación. En ocasións, Chito, figura mítica do fútbol amateur pontevedrés e do desaparecido CD Alba, prestaba desinteresadamente o vello campo de Alba para adestrar.

Coa colaboración da Comunidade de Montes da época, o campo de Chan do Monte foise mellorando para dar solución ás necesidades do equipo representativo da parroquia.

 

ANO 1997 , AQUELA CANTEIRA

50 RAPACES E RAPAZAS DE ENTRE TRES E QUINCE ANOS , PRÁCTICAMENTE TODOS DA PARROQUIA CONFORMABAN A CANTEIRA DO CERPONZONS.


 

 

 

 

 

 

 

OS IRMANS GALLEGO , JUAN LIGERO , SERGIO FONTAN , MARÍA SABARIS , MARTA GARCIA……..DE ENTRENADORES ESTABAN BARRAL E CLEMENTE , RUY ERA O DIRECTIVO QUE LEVABA ESTA SECCIÓN .


ASCENSO A SEGUNDA REXIONAL

Tras o ano máis complicado, o da fundación, chegarían bos anos para o club. Era o ano 1997 e Francisco Saavedra deixaba paso a Juan Sabarís, que asumía a presidencia. A afección empezou a crecer, e Chan do Monte era un fervedoiro de xente que empuxaba ao equipo os Domingos de partido. Rozaríase o ascenso dous anos consecutivos, con Rogelio Barragáns, oriúndo da parroquia, como adestrador.

Tras dous bos anos, na tempada 2000-2001 chegaría Moreno ao banco blanquinegro. Na súa primeira tempada, consegue o ascenso que se lle resistiu ao club os dous anos anteriores. O Cerponzóns CF ascendía a 2º Rexional goleando por 21-0 ao Pasarón, ante un Chan do Monte entregado. A falta de varias xornadas, o equipo era campión de Liga e conseguía o primeiro ascenso da súa historia.

Eran anos na que xogadores como Jaime, Picallo, Lauren, Coco, Martín, Gulías, Falcón, Serantes, Casimiro, Nacho, Marco Porca, Gustavo Almeida….pasaron polo club.

O EQUIPO TEN ENTRE OS SEUS XOGADORES AO ARQUEIRO MARCO CERDÁ , O MAIS INTERNACIONAL :

Marco Antônio Dias Cerdá (Rio de Janeiro, 11 de setembro de 1970) é um desportista, dirigente esportivo e ex-atleta de futebol brasileiro que atuava como goleiro.


Inicia a sua carreira em 1984 no Clube de Regatas do Flamengo na categoria Sub-14 (Infantil). Em 1986, joga como juvenil (Sub-17) pelo Fluminense Futebol Clube. Retorna em seguida ao Flamengo onde fica até 1987, já na categoria Sub-18 (Juniores). Pelo Rubro-Negro sagra-se campeão estadual em 1984, 1985 e 1987. Em 1985, é campeão Brasileiro disputando a Copa São Paulo.


Em 1986, é convocado à Seleção Brasileira, Sub-21, para a disputa do Campeonato Mundial de la Imigración, em Tenerife, Espanha.

Em 1988, se transfere para a Associação Atlética Cabofriense, participando do Estadual categoria Sub-21, já sendo o terceiro goleiro dos profissionais. O time dispunha de Paulo César Gusmão, cedido pelo Club de Regatas Vasco da Gama, e Ayala.


Entre 1989 e 1990 atua pelo Santos Futebol Clube nas categorias Sub-21, Sub-23 (Aspirantes) e profissional, como reserva de Sérgio e Nílton. No Campeonato Paulista de Aspirantes é o arqueiro titular.


Sem chances na Vila Belmiro, transfere-se novamente à Associação Atlética Cabofriense, onde permanece entre 1990 e 1992. No primeiro ano o time disputa a 1ª divisão. Nos seguintes, a 2ª divisão do Rio de Janeiro.
Entre 1991 e 1992 defende a meta da Seleção do Rio de Janeiro no Campeonato Brasileiro de Seleções Estaduais.
Em 1993, é contratado pelo América Futebol Clube-TR, nesta que foi a última participação da agremiação no Campeonato Estadual da 1ª divisão do Rio de Janeiro.


Em 1994, se transfere para o Barra Mansa Futebol Clube, por onde disputa o Campeonato Estadual da 2ª divisão e a Copa Rio.


Em 1995, disputa o Campeonato Estadual da 1ª divisão pelo Esporte Clube Barreira, hoje intitulado Boavista Sport Club. O elenco estava recheado de jogadores veteranos e consagrados como Adílio, Andrade e Mendonça. No segundo semestre, atua pelo Guarapari Esporte Clube, do Espírito Santo, para a disputa do Campeonato Capixaba daquele ano.


Em 1996, retorna ao Barra Mansa Futebol Clube, sagrando-se vice-campeão estadual da 2ª divisão e vice-campeão da Copa Rio.
Advém, a partir de então, uma carreira na Europa. Entre 1996 e 1997 atua pelo Real Club Celta de Vigo. Pela tradicional equipe da Galiza disputa o Campeonato Espanhol da 2ª divisão “B” durante dois anos. Do Celta, se transfere ao Gondomar, pelo qual disputa a 3ª divisão espanhola da temporada 96/97. No mesmo ano atua pelo V.V.O.H. Polder, dos Países Baixos, no Campeonato Holandês Hoof Class (3ª divisão) da temporada 97/98. Em 1998, joga pelo Grupo Desportivo Estoril Praia, da 2ª divisão de Portugal. Entre 1998 e 2002é cedido ao Pontevedra Club de Fútbol, da Espanha. É emprestado nesse período a outros clubes espanhóis como Cerponzons, Ribadumia e Poio.


Em 2004, já de volta ao Brasil, atua pelo Clube da Paz, no Campeonato Estadual da 3ª divisão. Em 2005, é o goleiro do Estácio de Sá Futebol Clube e do Nilópolis Futebol Clube. No ano seguinte, defende a meta do Teresópolis Futebol Clube, quando a equipe serrana é vencedora da seletiva classificatória à 2ª divisão, conquistando o acesso.


Encerra a carreira de atleta no Esporte Clube Nova Cidade entre 2006 e 2007, disputando a 3ª divisão de Profissionais do Estado do Rio de Janeiro.


Em 2009 é convidado pelo treinador Mauro Veras para integrar sua comissão tecnica no Sport Club Tangará do Mato Grosso, mas por problemas de lesão dos goleiros da equipe atua em algumas partidas da Copa Governador aos 39 anos.


Atua posteriormente na função de treinador de goleiros por Pontevedra Club de Fútbol da Espanha, Huracán Buceo do Uruguay e America Football Club do RJ.
Atualmente é empresário e dirigente esportivo.
Títulos Editar

Flamengo
1984, 1985 e 1987 – Infantil e Juvenil;

1985 – Campeão Brasileiro da Copa São Paulo;

Barra Mansa
1996 – Vice-campeão da 2ª divisão do Rio de Janeiro;

1996 – Vice-campeão da Copa Rio


Nesta época vería a luz o primeiro equipo en categoría cadete do Cerponzóns CF, sendo Barral e Clemente os adestradores,  e formado case na súa totalidade por nenos da parroquia. Preto de 50 nenos formaban a canteira.

Á tempada seguinte, a 2001-2002, sería elixido presidente Ruy Fontán. Co grupo de xogadores artífices do ascenso, o equipo chega a liderar durante unha boa parte da tempada a 2ª rexional. Finalmente, un baixón de resultados durante a segunda volta fai que o equipo finalice a liga nunha meritoria 6ª posición.

A CRISE

Tras realizar unha gran campaña no seu debut en 2ª rexional, o equipo sofre unha profunda renovación de xogadores. Os artífices do ascenso deixan o equipo (por retiradas e mellores ofertas de equipos de superior categoría). Durante toda a tempada, o equipo dirixido por Moreno tenta evitar o descenso, pero finalmente volve caer á Terceira Rexional. Era a tempada 2002-2003.

Aos poucos, o cansazo na afección fai madeixa e os apoios económicos empezan a descender. Son anos nos que se sobrevive a base de moito traballo e sacrificio, tanto de directivos como dos xogadores que van pasando polo club.

Recordo que no ano 2005 o club tiña un orzamento de 9000 euros cuns 150 socios e destacaban os seus socios colaboradores CEC Casas , a Comunidade de Montes e a empresa Chorigal apoiando aos Veteranos.


Ruy , o presidente neste ano 2005 , lembraba con nostalxia nun medio informativo , o paso do Cerponzons por segunda rexional e a esperanza de contar algún día con céspede artificial.

Corría o ano 2007 , o Cerponzons C.F. mantíñase na Terceira Rexional , o equipo estaba patrocinado por EC Casas e seguía presidindo o club Ruy Fontan .


Este ano incorpóranse seis novos xogadores e un novo adestrador .

A marcha de Luís Ogando ao equipo da Lama fai que o club contrate a Queco , que anteriormente viña desempeñando o labor de delegado do Moaña C.F.


Mentres tanto , o presidente do club seguía esperanzado con manter o club coa axuda dos socios que os seguían apoiando tempada tras tempada.

Tamén neste ano seguían reclamando o apoio das administracións para poder conseguir o tan ansiado céspede artificial .

Na 2009-2010 accede á presidencia Juan Lois Ligero, tomando a substitución dun esgotado Ruy Fontán, que desde a fundación do club formara parte de todas as directivas.
Son anos nos que o traballo e dedicación de directivos como Rogelio Casas, Juan Maquieira, Carlos Señoráns, Luís Porto…son básicos para asegurar a supervivencia do club durante a crise económica.
Durante estes anos pasan polo club adestradores como Manolo Outón, Luís o negro, Keko, Iván, Miguel Angel ou Nino Pajariño, e empezan a chegar xogadores novos ao equipo que formarán parte do mesmo durante anos, como Carlos Canosa, Adrián Iglesias, Juanjo Abilleira ou Agustín Acuña.



No ano 2011 , presidía o club Juan Lois Ligero , nesta etapa lógrase realizar obras no Chan do Monte , as obras realízanse coa colaboración do Concello de Pontevedra , a Comunidade de Montes e a xunta directiva do Cerponzons C.F.


Conséguese alargar o campo , colocando ademais novos postes de iluminación ,debido sufrir roubos no ano 2010 .

Nesta época realizábanse actividades sociais e de animación ao redor do club , ían dirixidas aos máis pequenos e tamén para os maiores , un torneo de fútbol para nenos da parroquia e un encontro disputado entre solteiros e casados foron o máis destacado.

Nesta época o míster era Miguel Ángel Pazos.

Tempada 2012/13


Martín Iglesias Canosa na tempada 2013/14 substitúe a Juan Lois na presidencia do club , incorpora ao tándem de adestradores conformado por Uaka xunto a Fusi , sustituido a o anterior adestrador Nino .

Esa tempada sentan as bases   de conformar un bloque que nun prazo de tres ou catro anos poida ascender a Segunda .

O 20 ANIVERSARIO: 2º ASCENSO E O NOVO CHAN DO MONTE

Na tempada 2014-2015, xa con Martín Iglesias na presidencia, o equipo volve rozar o ascenso 14 anos despois. Con Daniel Fernández , Uaka , no banco, o equipo realiza unha aceptable tempada e clasifícase para a fase de ascenso a 2ª Autonómica. Tras deixar na cuneta ao Liberdade de Sanxenxo (1-1, pase a penalties) e ao Romay (2-0), o equipo perde a final a penalties nun abarrotado campo de Mirallos (Moraña) contra o Portas (1-1 ao final do tempo regulamentario).

A tempada 2016-2017, tempada do 20º aniversario, marcará outro fito importante na historia do club. Coa axuda do Concello do Pontevedra, sendo Anxos Riveiro , Concellala de Deportes, levará a cabo a modernizacíon de Chan do Monte , dotando ao mesmo de herba artificial e novos servizos, o que permitirá mellorar de forma notable o futuro do club.


Esta mesma tempada, o equipo de Uaka ,  finaliza a liga en 2ª posición, conseguindo o ascenso matemático 17 anos despois do último ascenso. No último partido de liga, o equipo vencía por 1-2 ao Cotobade a domicilio, confirmando así, unha gran tempada.

 

Así é como nesta tempada 2016/17 conséguese o tal ansiado ascenso , ademais coa guinda da construción do novo Campo de Fútbol , por fin o que ao longo de tantos anos pelexouse e loitado por iso conséguese .


O 23 de Abril do 2017 o CERPONZONS C.F. consigue o ascenso:


ALINEACIÓN DO ÚLTIMO PARTIDO DE LIGA , DONDE SE ACADA O ASCENSO :

MOMENTOS DA CELEBRACIÓN DO ASCENSO :


E TAMÉN FELICITAR O EQUIPO DE VETERANS , PORQUE ESTE ANO 2017 ASCENDERON A PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA.

PARABENS O CHORIGAL CERPONZONS C.F.

TODO SOBRE O NOVO CAMPO :

http://www.santos-mera.com/project/campo-de-futbol-de-cerponzons/

http://pontevedraviva.com/xeral/35236/goberno-local-campo-futbol-cerponzons-herba-sintetica/?lang=é

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/07/29/futuro-campo-futbol-cerponzons-supera/1506628.html
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/03/21/futuro-campo-futbol-herba-sintetica/1645410.html

DECEMBRO DO 2017, o CHAN DO MONTE en obras:

15 de Decembro do 2017, o CHORIGAL CERPONZONS no Diario de Pontevedra :

Un comentario en “CERPONZONS C.F.

  1. Pingback: O HIMNO DO CERPONZONS C.F. – O Roque de Cerponzóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s