ANO 1936, Becerril , o alcalde de Pontevedra visita Cerponzons

AQUELES ANOS DO MEDO NOS COLEXIOS DA PARROQUIA.

img_2273

O ámbito escolar foi obxecto dunha especial atención por parte das novas autoridades: por unha banda, tivo lugar un exhaustivo proceso de depuración do profesorado (proceso maxistralmente estudado por Anxo Porto no seu último libro, que deu lugar a separacións do servizo e, en moitos casos, á morte; por outra banda, levouse a cabo unha visibilización da volta aos valores da España tradicional, mediante unha serie de actos de alto simbolismo, como foron as reposicións do crucifixo nas escolas.

Estes actos están tamén relacionados cos de homenaxe á bandeira, pois como dicía o comandante militar de Pontevedra D. Leoncio Aspe: nuestra bandera no puede permanecer separada del símbolo que la protegió y que ahora, juntos de nuevo, señalan el renacer de la patria.

Nos primeiros días do mes de setembro de 1936, teñen lugar na capital e parroquias circundantes os actos de reposición dos crucifixos. Hai unha serie de apartados comúns a todos eles:

* Misa e bendición do crucifixo polo párroco.

* Plática a cargo dun sacerdote.

* Procesión ata a escola onde se repón.

* Discurso dunha autoridade civil ou militar.

* Discurso dun mestre ou mestra.

* Cerimonia de bicado do crucifixo.

Asistían as primeiras autoridades xunto con toda a parafernalia de gardas cívicos, falanxistas, requetés…

O domingo 6 de setembro reponse o crucifixo en diversas parroquias pontevedresas. En Campañó a misa solemne e bendición ten lugar na capela de Santo Paio e, no acto, teñen especial protagonismo os requetés, que dan garda ao altar, participan na procesión cara a escola e son tres “pelayos” os que portan o crucifixo. En Lourizán a cerimonia ten lugar na igrexa dos Praceres, pronunciando unhas verbas na escola de nenos o mestre Enrique Touriño e, na de nenas, a mestra Dolores Crespo.

En Cerponzóns está presente o alcalde da capital, señor Becerril, que pronuncia unha vibrante alocución do mesmo xeito que os mestres.

Un comentario en “ANO 1936, Becerril , o alcalde de Pontevedra visita Cerponzons

  1. Pingback: ESCOLAS DA PARROQUIA – O Roque de Cerponzóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s