O NOSO CEMITERIO

CANTAS HISTORIAS ENTERRADAS…

O cemiterio da miña parroquia, fai anos era un cemiterio máis ben pequeno, que ao longo do tempo foise ampliando segundo as necesidades, os seus panteóns están ben coidados, dado que os veciños son xente que non se esquece dos seus.

De cando en vez gústame visitar o cemiterio, gústame pararme a ler tápalas dos nichos para ver quen está alí enterrado, si recordo á persoa, si foi amiga miña, si teño algunha anécdota con ela ó algún feito acontecido na parroquia que tivese protagonismo.

Ás veces tamén penso en cando eu morra, en que estarei alí, xunto con todos eles, como si estivéramos nunha gran familia celebrando algo.

Porque á fin e ao cabo, terminamos todos xuntos coma se fósemos da mesma familia, e agora porque xa non se retiran os restos todos xuntos ao osario que había o carón da parede da igrexa, recordades? Alí estaban as caveiras pegadas unhas a outras, estaban xuntas, unidas, podían ser as de veciños que se levaron a matar en vida, pero ao final, todos terminaban alí, todas eran unha.

O noso cemiterio acolle xente coñecida, de fai muitísimos anos, dos meus antepasados, dos meus veciños de á beira, daqueles que viñan á taberna, ata os que morreron fai centos de anos, digo morreron pero no fondo non é así, non están mortos. Alí están os seus nomes, os seus ósos, os seus recordos…están vivos !

No cemiterio da miña parroquia aínda logo de morto vivirei, alí, xunto cos demais estaremos formando parte da vida da parroquia, nos seus momentos de ledicía e os seus momentos de tristeza, celebrando as festas do patrón, a de corpus, o magosto, o entroido…uns fóra e outros dentro, uns vivos e outros mortos, formando unha familia, sentíndonos parroquia.

Moitos cemiterios posúen fascinantes e inusuais tumbas, gravados e un tipo de arquitectura e, gardan ademais, unha chea de historias que son unha importante ligazón coa historia local. Deste xeito, é moi importante o significado das vellas tumbas detrás das cales se atopan lendas e feitos sobre as persoas que alí están enterradas.

No noso cemiterio de Cerponzons seguro que moitas das persoas que aquí están enterradas terán un sen fin de historias , heroicas ou tráxicas sucedidas na súa vida , xente con lendas que aínda lembrámonos dalgunhas. Quen se atrevería a realizar un estudo sobre todos os nosos veciños aí enterrados e que teñan detrás de si unha historia que contar sobre eles ?

Unha ruta de necroturismo polo noso pequeno cemiterio, esquecéndonos de supersticions, sería unha achega cultural ao noso patrimonio .

_gdm9949

 

_gdm9950

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s