DON DEMETRIO, MESTRE EN CERPONZONS

UN DOS MESTRES QUE TIVEMOS EN CERPONZONS FOI DON DEMETRIO GÓMEZ OTERO

 

img_2250

Veciño de Pontevedra , vivía polo lugar de Santa María. Aos 19 anos xa pertencía á Federación de Mocidades Galeguistas , unha organización xuvenil que estaba integrada no Partido Galeguista, corría o ano 1934.

img_2249

Nos anos cincuenta estivo a impartir clases uns tres ou catro anos en Cerponzons , despois xa pasou para inspección . Deixou un grato recordo en todos aqueles que recibiron clases con el , a súa forma de ser era moi diferente a outros mestres que pasaron pola parroquia.

Lembra un veciño que estivo a recibir clases con Don Demetrio a seguinte anécdota:

Eu comecei aos seis anos a ir á escola , daquela os meus pais enviábanme á casa de José O Laracho, alí impartía clases Don Agapito , seguramente non do agrado de José debido ás ideas tan opostas en política que tiñan os dous . Ao casar José a escola trasladouse para Tilve , situouse no baixo da casa da señora Hermosinda . Recordo perfectamente como o tal Don Agapito ao pasar por Pidre ía recollendo aos nenos e levábaos andando pola estrada cantando o Cara ao Sol. Ao pouco tempo chegou outro profesor , Don Demetrio, este profesor xa non se parecía en nada ao anterior.

img_2247

Estiven con el poucos anos , pois cando cumprín catorce anos a miña nai foi a xunto el a pedirlle un certificado de Estudos das catro regras e certificar por escrito que eu sabía ler , daquela imprescindible para poder empezar a traballar .

 

img_2248 Curso 1958/59, D. Demetrio cos seus alumnos.

Un comentario en “DON DEMETRIO, MESTRE EN CERPONZONS

  1. Pingback: ESCOLAS DA PARROQUIA – O Roque de Cerponzóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s