ADRIAN SAAVEDRA, UN TALENTO NO MUNDO DA MÚSICA 

Adrian Saavedra Nieto ( Cerponzons / Pontevedra 1987 )

Este mozo veciño da nosa parroquia está a empezar unha aventura fascinante .





A súa actitude positiva sobre todo o que fai no mundo da música asegúralle un éxito na vida musical debido á súa gran sabedoría cultivada ao longo dos seus anos de estudos .



Licenciado en Composición pola Escola Superior de Música de Cataluña ESMUC con Arnau Bataller ( A herdanza Valdemar , Herois , Polseres Vermellas )




Graduado en Piano Clásico xunto a José A. Candisano polo CPM Manuel Quiroga de Pontevedra.







Estuda Análise e Composición de Música de Cinema con Joan Albert Amargós , Lluis Verges , José Nieto e Piano Jazz con Albert Bover e Abe Rábade no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.



Estuda produción musical con Carlos Rodgarman e Composición de Jazz / Música Moderna con Gary Willis , Pep Ou’Callagan e Tin Garland.


Participa no I Congreso Internacional de Música de Cinema de Madrid SONCINEMAD con Hans Zimmer , Chris Young , Trevor Jones , Harry Gregson-Willians , Darío Marianelli, Roque Baños.


Recibe clases maxistrais de Jerry Bergonzi ( Combo ) , Dick Oatts ( Big Band ) , Michel Camilo ( Piano ).




En Composición de Creación Actual polos mestres Mauricio Sotelo , Kaija Saariaho , Klaus Huber , Daniel Ott , Aureliano Cattaneo , Hilda Paredes , Menachem Zur.


No ano 2012 presenta THE ROCK BAND SHOW DVD , un proxecto para banda de música e grupo de música moderna gravado en directo no Pazo de Cultura de Pontevedra .


Compositor / Pianista de Novo Contemporáneo ( percusión contemporánea) presentando o proxecto Continuum dentro do Festival Internacional de Percusión 2012.


En leste mesmo ano estréase Terceira Oportunidade, curtametraxe dirixida por Xudit Casas e protagonizado por Elena González e Pablo Vázquez , pero-estreado en Madrid Showroom e estreado en Celanova ( Galicia ) , 4ª colaboracion coa directora despois de Recomposto ( 2011 ) , Carta a Rosalía /Curta a Rosalía (2010) e Sobre a Morte do Bieito (2009)





No ano 2011 estrea no Palacio da Ópera da Coruña , a obra Kallah Pallah-concerto para Percusión e Banda co grupo de percusión Odaiko Percussion Group e a Banda Municipal da Coruña baixo a dirección de Marcel Van Bree.


Hai un tempo que xunto con Nastasia Zürcher e Narci Rodríguez crean o trío:





Nastasia Zürcher Beat Trio , eiqui podedes escoitar un dos seus temas :


https://youtu.be/HxD3-8rDE3c






E podedes tamén escoitar á THE ROCK BAND SHOW 

Adrian Saavedra Band e Banda de Música de Pontevedra :


https://youtu.be/DSahpbxjhdo




Ligazóns relacionadas con Adrián Saavedra





http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/08/21/0003_201108P21C4994.htm


http://nitope.blogspot.com.es/2016_10_01_archive.html


MAIO 2018

A TVG tamén se fai eco do éxito de Nastasia Zürcher, xunto no noso veciño Adrian Saavedra.

A cantante suízo galega acaba de ser premiada no Festival Liet de linguas minoritarias. 

Podedes ver a emisión no peche do progama, a partir aproximadamente desde 1:06:00


http://www.crtvg.es/informativos/a-cantante-suizo-galega-nastasia-zuercher-acaba-de-ser-premiada-no-festival-liet-de-linguas-minoritarias-3785612


9 de MAIO 2019 :


Un comentario en “ADRIAN SAAVEDRA, UN TALENTO NO MUNDO DA MÚSICA 

  1. Pingback: O HIMNO DO CERPONZONS C.F. – O Roque de Cerponzóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s