ARTE-Carmen Touza

CARMEN TOUZA


Onte tivemos unha reunión coa prestixiosa artista pontevedresa Carmen Touza.

Temos esperanzas de que se some á nosa causa coa creación dunha obra relacionada coa Ponte Malvar e o Camiño Real .

Somos coñecedores da súa ocupada axenda , pero temos desde este momento o seu apoio a que se restaure a Ponte Malvar e o seu contorno.

 

 


 

Desde moi nova sente unha clara vocación pola pintura, en 1965 trasládase a Alemaña, onde vive durante unha década, e onde adquire unha sólida formación pictórica. Alí coñece a Walter Womacka, co que establece unha adoitada amizade, realizando con el varios talleres de pintura no seu estudo de Berlín. Pola súa amizade con Womacka coñece a Gerhard Richter, un dos mellores pintores alemáns do momento, quen lle orienta na súa vocación e estilo e axúdalle na súa formación. Nos 80 coñece a Walasse Ting, famoso e desaparecido pintor chinés, nacionalizado norteamericano con quen comparte durante anos unha sólida amizade. Walasse ensínalle os segredos da pintura chinesa, que esta artista galega realiza na actualidade. De regreso en España, realiza talleres con Modest Cuixart, Guinovart, Eduardo Úrculo, Jaume Ponç e Jaume Coll, ex-decano da facultade de Belas Artes de Barcelona. Compaxina os seus estudos de pintura entre Alemaña e Tenerife onde decide instalarse. Regresa anos máis tarde á súa terra natal, Pontevedra. onde vive e traballa actualmente rodeada dun mundo de cheiros que lle transmiten as súas flores. 

A obra da internacional artista é coñecida en cidades tan distintas e dispares como as dos Emiratos Árabes Unidos: Dubai, Abu Dhabi, e Dohan ou as urbes chinesas: Beijing, Shangai, Taipei e Hong Kong….

https://youtu.be/eIRbFMVtYJs

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s