HISTORIAS DOS NOSOS VECIÑOS EMIGRADOS (5)

MODESTO O PORTUGUÉS, fillo de Adelina.


Modesto faise a primeira foto en Brasil , con un traxe prestado


Modesto Gregorio Casas , coñecido como ” o portugués ” nace en Cerponzons no ano 1939 , nunha casa de planta baixa que ben podemos imaxinala como moitas outras que había daquela na parroquia ,cuns tres ou catro metros de fachada por outros tantos de fondo , unha lareira , cun pequeno ventanuco que apenas deixaba entrar a luz do sol e ao fondo un lugar bastante escuro habilitado como habitación e pegada á parede da casa atopábase a cuadra da vaca , que era a que daba a calefacción que daquela había , aparte o lume da lareira.

Aquela casa esta situada á beira da estrada nacional , enfronte mesmo á discoteca La Luna , e acolleu unha gran familia composta por matrimonio con trece fillos .


Adelina Casas , nai de Modesto , tivo trece fillos

Moi pronto leva un revés o seo familiar , a morte do proxenitor, Modesto tiña nese momento dezaseis anos

Foron épocas de pasar moita fame e de penurias , e xa desde ben pequeno ten xunto aos seus irmáns que buscarse a vida e axudar nos labores agrícolas de casa .

Na súa nenez ten algunha anécdota que contar como esta :


Conta Modesto que por aqueles anos corenta cando era un rapaz a súa mocidade pasábaa a maior parte dos días , como outros tantos veciños , no monte coas súas cabras e as súas ovellas.

El tiña o monte moi preto da súa casa , atravesaba a estrada pola zona onde antigamente existiu unha pequena ponte denominada Ponte da Carcel , que así aparece nominada no escrito dos antigos mapas do arcebispo Malvar cando baixo a sua colaboración fíxose o Camiño Real que percorría a que hoxe é a estrada N-550.

O Monte do Porroso era daquela un lugar chairo , limpo , un lugar idóneo con grandes espazos para pastar as súas ovellas e as súas cabras libremente.

Mentres tanto Modesto entretíñase con buscar os niños dos paxaros, ou ben coller as piñas que daquela eran imprescindibles en calquera casa , outras veces afinando a puntería lanzando pedras a calquera obxecto que atopase no seu camiño ……

E que Modesto era traste ! Daquela gustaballe esconderse cando escoitaba o carromato das leiteiras que pasaban para Pontevedra , enton Modesto salialle o paso e tiraballe o caldeiro do leite ! Imaxinar coma se poñia a pobre señora !

Ata que un día tivo unha idea ! Ocorréuselle traer da súa casa un punteiro e empezar a gravar naquelas grandes pedras o seu nome para que quedase para posteridade o seu paso por aquel lugar onde pasou días e días da súa mocidade .

Pero a vida continúa, e este rapaz ten unha dura vida por diante :


Coa morte do seu pai , Modesto empeza a ter que buscarse un traballo e atópao nunha fábrica de conxelado en Poio , todos os días cunha vella bicicleta íase á fábrica, unha pequena tarteira onde levaba a súa ración de comida e moita ilusión para poder traer unha pesetas para o sustento da familia.

Modesto con apenas dezasete anos tiña por función na fábrica o de facer de todo un pouco , axudaba ao salador a recoller as caixas de sardiñas que chegaban nuns caixóns traídos polos mariñeiros ata a fábrica .


Unha fabrica de sardiñas polos años 1960

Aqueles caixóns , cunha altura aproximada de 70 centímetros , botábaselle sal e cunha pa dábanselle voltas ás sardiñas para que se fosen salgando totalmente.

Tamén axudaba en empacar , aceitar , soldar as latas , pechalas , cargar e descargar etc. Por certo , acompañado , xunto ás súas compañeiras e compañeiros , cun ruído ensordecedor daquelas máquinas ao rozarse os empalmes das correas.




Mentres isto sucedía , algúns dos irmáns maiores de Modesto habíanse ido para Arxentina e Brasil , había que buscar sustento e esa era a maneira máis factible naqueles tempos .

Un dos irmáns escribiulle para convencelo de que se fose cara alá, comentáballe que era o mellor que podía facer , primeiro porque así eran menos en casa e alixeirábanse bocas para alimentar e desde alí podíalles enviar unha axuda .

Había tamén unha razón para que se marchase de España , e era que así se libraba de ter que ir ao servizo militar , unha razón que convenceu definitivamente a Modesto para coller a maleta e marcharse.

Así Modesto decide embarcarse para Brasil , compra cos seus aforros a pasaxe e embarca en Vigo nun barco de nome ALCANTARA, propiedade dunha compañía inglesa , que facía a liña desde Sothampton a Brasil con escalas en varios países.



Este barco ten mención especial porque ao principio da súa construción fose pensado para levar pasaxeiros dun continente a outro , substituíu a outro co mesmo nomee que fora afundido uns anos antes , despois tamén tivo unha época de ser utilizado para a guerra e finalmente volvérono a ampliar para servizo de pasaxeiros , ao final un armador japones cómprao e cámbialle de nome , pásase a chamar Kaisho Muro e a finais do ano 1958 é despezado.

O barco era fermoso , con capacidade para mais de mil pasaxeiros, distribuidos en tres categorías ; os de primeira clase collian 432 , nos de segunda 200 e nos de terceira ( donde iba Modesto ) collian 674 pasaxeiros , todos apiñados , e sin as comodidades que tiñan os das clases superiores coma se pode observar nas fotos.




Esta era a zona de segunda clase , os que iban en terceira non dispoñian destas comodidades


Nin dormían os de terceira clase así de cómodos .

Á chegada a Salvador de Bahia atopouse que a maioría da actividade comercial de artigos máis sofisticados desenvolvíase en en as principais rúas da cidade , Misericordia , Ajuda , Carlos Gomes , Avenida Sete , e nas ruas de Baixa dúas Sapateiros , Rua Dr.J.J. Seabra atopábanse localizados os comercios máis populares.

O comercio polas rúas era realizado por vendedores ambulantes , e así comezou Modesto a traballar de vendedor e repartidor , era necesario comenzar a traballar , do que fora .

O pouco tempo comenzou a traballar nunha fabrica de café .


Mentras , o irmán de Modesto traballaba en unha empresa de un señor que logo máis tarde sería o sogro de Modesto , tiñan boa relación por ser todos españois e nada máis chegar alí xa se puxo a traballar na súa empresa ; alí coñeceu á filla do dono e namoráronse ao pouco tempo.

Tras tres anos de noivado decidiron casar , os pais da noiva volvíanse a España e non querían deixar alí á súa filla solteira , esa foi unha das razóns polas cal decidiron casar.



O matrimonio coa sua filla

Aos poucos foron progresando , con moito traballo puideron montar un negocio de Panaderia , que despois chegou a convertirse nun ultramarinos .

O traballo iba ben , e todo ía como soñaran , aos seis anos de casados nace a súa filla Dolores na cidade de Salvador de Bahia. Pero aos poucos anos , un novo revés volve cruzarse nas súas vidas , os socios cos que tiñan negocios os sogros de Modesto fan unhas operacións que os enganan e iso fai que decidan vir para España , coméntanllo a Modesto e á súa filla e anímanos a que tamén volvan con eles ás súas raíces , era o ano 1971 .

Volven todos ao seu Galicia e empezan desde cero , cunha sensación que a día de hoxe aínda queda a amargura de non quedar por aquelas terras brasileiras , Modesto sempre comenta aos seus familiares máis directos que foi unha equivocación o vir para aquí , que alí estarían moito mellor .

Modesto ten agora 79 anos e ten unha memoria estupenda , lembra perfectamente estas,vivencias e fai que a súa filla emociónese e cada vez éntrenlle máis ganas de poder chegar un día o monte Porroso para atopar aquelas pedras e ver o nome do seu pai alí gravado , ou se algún veciño que coñeza a zona viunas e poder achegarse con ela o lugar , para así sentir nese momento a sensación de felicidade ao botar a vista atrás e sentir na súa alma ese paso da mocidade do seu pai por ese sitio.


Modesto sempre foi mui aficionado a caza.





Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s