A ESCOLA DONDE A LETRA….

ACONTECEU NO COLEXIO SITUADO NA CASA DA SEÑORA HERMOSINDA.

Casa da señora Hermosinda


Aos catro anos comecei a asistir á escola, foi no baixo da casa da señora Hermosinda , onde nos atopabamos nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 14-15 anos. Eramos raparigos de varios lugares da parroquia, había nenos do Castrado, de Leborei, de Tilve…. , eramos os mesmos que xogabamos xuntos ao saír da Escola, ou cando estábamos na Igrexa, ou que compartiamos as tarefas habituáis da vida da parroquia, compartíamos todo. Recordo que o asistir á escola con catro anos non supoñía para min ningún problema, xa que era unha tarefa máis que formaba parte da vida diaria, era habitual ver desde a Taberna dos meus pais a chegada dos rapaces, é eu tamén quería ir con eles. A escola era unha casa máis do pobo , de maneira que axiña que como se saía dela xa se conectaba directamente co ambiente natural da parroquia , de volta para casa os nenos ían xogando uns cos outros, ou se paraban a falar con algún vello da nosa parroquia que afacía contarlle algunha historia da súa mocidade….pero cómo era vida na Escola ?

Posto que a función do mestre baséase no principio de autoridade, na escola os castigos estaban á hora do día e, segundo quen os aplicase, podían ser en verdade crueis e humillantes para o alumno , este foi o caso do mestre que nos tocou por aqueles anos sesenta……..Calquera falta ou incumplimiento da norma, por leve que fóra, era merecedora dunha reprimenda ou unha penalización. Os castigos máis habituais eran colocarnos nun recuncho, de cara á parede, con pesadas pilas de libros nas mans , os palmetazos, os coscorrons e algún que outro bofetón era costume habitual na sua maneira de facer a sua enseñanza.

Era tamén costume facer que o alumno copiase cincocentas ou mil veces unha frase relacionada co delito, como No hablaré  en clase , ou No contestaré  a mi maestro.


Fai uns meses dous dos rapaces que foron xuntos a escola volveronse a ver despois de muitos anos sin facelo, saludaronse efusivamente, é claro , os recordos sobre a sua época de colexio saliron a escea……a cousa máis ou menos foi sucedeu así :


Sen pensalo RB e JC atopáronse fronte a fronte tomando un café en Ponte Caldelas , eran moitos os anos que non se vían pero parecía que fose onte cando despois de saudarse empezaron a lembrar os seus tempos de mozos naquel colexio que había debaixo da casa da señora Hermosinda.

Os seus recordos da infancia amontoáronse, e a súa etapa de ensino naquel colexio de pupitres de dous en dous e co oco para a tinta da pluma que se usaba para facer aqueles ditados e multiplicacións que o profesor de quenda ( mellor non nomealo ) poñíalles durante a clase.

Unha clase na que todos os días o pasar a lista nomeábanse os alumnos en voz alta, como un resorte levantábanse ao escoitar o seu nome e brazo estirado tiñan que responder PRESENTE !


RB e JC lembran os dous á vez que un día chegou un novo alumno a escola , viña de outro lugar ven lexos da parroquia

Chamávase Sabino e viña procedente de Asturias cos seus pais , Sabino era un neno de estatura baixa e regordete , calado e desconfiado , ao principio a súa actitude era de poucos amigos debido á súa estrañeza con aqueles novos veciños de Cerponzons.

Foi cando lles veu á memoria a RB e JC a misma vez unha anécdota de cando nenos na escola, resulta que pasados unos cuantos días da chegada a escola de Sabino o profesor miraba que o rapaz non obedecía ao que él quería impoñerlle, chamouno a xunto del , e púxoo de pé pegado á parede , Sabino obedeceu sen rechistar sabendo as malas pulgas que se traía o mestre da escola  en poucos días que levaba no Colexio xa se dera de conta), no momento que Sabino estaba xunto a él súbitamente abalanzouse e co brazo estirado lanzoulle unha labazada con toda a mala leite que vos podedes imaxinar……Sabino en un instinto de protección agachouse e a man do mestre foi a parar á parede recibindo toda a dor que aquel tortazo levaba , a súa man quedou para o arrastre durante unha boa tempada.

Pero día si e día tamén os abusos do mestre eran frecuentes , coméntame Pepe , outro dos alumnos que estiveran naquela época ,decíame Pepe : acordóme coma si fora hoxe que un día doulle unha bofetada o pobre do Angel que o tirou da silla o chan , recordas a Ángel ? Sí , contesteille eu , o irmán de Antonio , fillos do señor José o Laracho o de Pidre , fixaros que clase de mestre tiñamos , eu teño un pequeno recordo da imaxen de Antonio e Angel alí sentados no pupitre, eran mui bos estudiantes.

Eu estaba sentado o carón de Antonio E de Ángel. Un día a miña nai falara co mestre para que me tivera alí entrentenido facendo círculos e cadrados , é este home deixabame estar alí sentado nun pupitre , eu tendría tres ou catro anos , e conmigo non se metía , mandavame facer dibuxos e pouco mais.


Coma a taberna estaba mismo enfrente a escola, eu so tiña que cruzar a carretera e xa estaba dentro , a veces iba a hora do recreo , cando os rapaces acudían a taberna para mercar un bocadillo de chorizo que xa lles tiña preparado miña nai , era cando despois de comer o cacho de pan co chourizo, tiñan tempo para xogar un pouco , baixaban pola parte de atrás da taberna , por donde vai o camiño que leva a Laxe , alí tiñan os seus xoguetes agachados , os aros , pelotas de trapo, as chapas, co tirachinas, etc. xogaban un pouco e cando voltaban a escola eu xa iba con eles , algúnhas veces , outras por medo o mestre decialle a miña nai que me doía a cabeza ou que tiña frío e quedaba na casa…..


Falaba destes tempos fai pouco, o mestre era amigo destas animaladas para cos rapaces , coméntame outro veciño que foi a esa escola, si estivera vivo Sabino o carteiro , seguro que se acordaba das que pasamos con él.

Sabino era un gran rapaz , sigue coméntame Pepe , eu queríalle moito e o cabron do mestre non podia con él a pesar de mallar nel todos os días , e igual lle fixo o pobre do Manolo o Chelo que nunha mañan de xiada fixo ir a lavar a cara a un regato que habia o lado da taberna que ti as de saber Juan .

Si , contesteille a Pepe , o regato e o que viña da pista de Tilve , o que vai dirección a Igrexa , e o chegar a casa da señora Hermosinda pasa por debaixo da carretera , seguía o carón da miña casa hacia as fincas da Laxe.

Mentras tanto en Pontecaldelas seguían recordando…..Con tantas e tantas que lles facía o mestre os rapaces , un día RB propúxose os compañeiros darlle un escarmento .

Daquela o mestre para chegar a Cerponzons acudía desde Pontevedra á escola en bicicleta , Pepe e algún veciño mais lémbrano chegar polas mañás con aqueles pantalóns recolleitos naquelas pinzas para non mancharse coa cadea da bicicleta , baixábase , retiraba as pinzas e a poñíaa arrimada a unha das cepas da viña que había diante da casa colexio.


Seguidamente cruzaba a estrada e ía á taberna que había enfronte rexentada por Carmen e Juan , alí tomába o seu café de pota e unha copa de augardente para entrar en faena con aqueles rapaces.

Mentres tanto RB tramaba o seu plan , achegouse á bicicleta e afróuxolle os parafusos do asento , a idea era que ao saír da clase ao montar nela e coller impulso coa primeira pedalada o asento se lle escurrira e ao querer sentar non sentiría o placido asento senón o ferro en vertical onde o cu do mestre incrustouse de tal maneira que os seus chillidos escoitáronse ata na taberna , mentres RB xunto JC e os seus compañeiros escondíanse no camiño paralelo á taberna e vingábanse asi coas súas risas e xestos dos malos momentos que pasaban en clase , por soposto que entre eles quen mais risas botou foi o Sabino !

Imaxinaros o día seguinte o qué pasaría, pero as risas dese día valeron a pena.

Por certo, porqué non decilo, o nome do mestre era Paulino , chegou sobre o ano 63 .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s