Estudio Histórico – Xeográfico e Galeguización da Toponimia de Cerponzons , ano de 1991

ESTUDIÓ HISTÓRICO – XEOGRÁFICO E GALEGUIZACIÓN DA TOPONIMIA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA ( 1991 )

SAN VICENTE DE CERPONZONS.


– [ ] A PARROQUIA DE SAN VICENTE DE CERPONZONS ESTÁ SITUADA Ó NORTE DO TÉRMINO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA.

– [ ] FORMA PARTE DO ARCIPRESTAZGO DE MORAÑA DE ARRIBA E DIÓCESE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

– [ ] LIMITA POLO NORTE CO CONCELLO DE BARRO , POLO ESTE COA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE VERDUCIDO , POLO SUR COA DE SAN SALVADOR DE LÉREZ E POLO OESTE COA DE SANTA MARÍA DE ALBA.


          E bastante montañosa , alcanzando a súa máxima altura no OUTEIRO DA PORCA ( 328 m. ) , especialmente na súa parte norte , Monte Acibal , e logo baixa ó sur , alcanzando por esta parte e a oeste unha zona de planicie que forma parte do val de Alba. Predominio das terras pardas máis evolucionadas , as mesotróficas con textura de area.

          As súas montañas configuran unha barreira natural que dificulta as líneas de acceso , así únicamente hai unha vía principal de comunicación que cruza a parroquia de norte a sur ( a N-550 , de Coruña a Tui ) o resto das vías de comunicación son camiños asfaltados e pistas , xeralmente en mal estado , dificultade que aumenta no inverno.

           O río Rons cruza a parroquia en dirección NE-SW ata a súa desembocadura no río Granda ou Alba ( xa na parroquia de Alba ) , e o rego da Costa cruza en sentido W-E ata que verte no Alba


           A flora que predomina na parroquia pódese asociar ó monte ( principalmente eucaliptos e pinos , matorral e toxos ).

           Os núcleos de poboación concéntranse cara a zona sur da parroquia, porque non é tan montañosa como o resto e ó estar cercada polos ríos que a cruzan é a parte na que producen os cultivos ; así gran cantidade de veciños viven do campo , pero a man de obra é fundamentalmente feminina.

Cultívase patacas , legumes e maínzo , o ganado é especialmente vacuno e porcino.

          Evolución da poboación:

– [ ] 1970 Poboación 799 , número de entidades 14 , poboación media 57

– [ ] 1981 Poboación 878 , número de entidades 14 , poboación media 62,70

– [ ] 1991 Poboación 841 , número de entidades 14 , poboación media 60

LUGARES : A BALEA , BOUZA , O BRAVO , O CASTRADO , A COSTA , O CUNCHIDO , A ERMIDA , LEBOREI , A MEÁN , PIDRE , O QUEIMADO , SAN CAETANO , TILVE , VIGARIO.

FESTAS DA PARROQUIA

– [ ] San Vicente , 22 de Xaneiro 

– [ ] Santísimo , domingo seguinte ó Corpus.

– [ ] Virxe do Carme , 16 de Xullo

 TODAS NA IGREXA PARROQUIAL.

      Dentro do Inventario do Patrimonio Histórico-Artístico atropamos na arquitectura relixiosa a Igrexa parroquial e a Casa Rectoral.

        Podemos destacar , das que están dentro do inventario , a Casa Señoran e os muiños de auga.

        A actual parroquia de San Vicente de Cerponzons formaba parte en 1575 do Xuzgado de Cedofeita xunto coas parroquias de Alba , Lérez , Burgo , Campañó , Verducido e os dous Xeves. A súa vez o Xuzgado de Cedofeita dependía do Partido de Pontevedra , no que residía o xuíz nomeado polo arcebispo de Santiago.

        O Catastro do Marqués da Ensenada ( 1752 ) , fai o interrogatorio da parroquia de San Vicente de Cerponzóns , en compañía das de Alba , Verducido, Campañó , Lérez e os dous Poio , ás que se consideraba ” parte de la jurisdicción y partido de esta villa y a quién tienen por cabeza y están sujetas “. Polo tanto, entre 1575 e 1752 , o Xuzgado de Cedofeita desapareceu , inscribíndose as parroquias que o formaban no de Pontevedra , engadíndoselle as de San Salvador e San Xoan de Poio , que no Nomenclator de Floridablanca , realizado en 1785 aparece formando o Partido de Combarron, polo que pensamos que pouco tempo formaron parte os dous Poios ó Partido de Pontevedra.

        A parroquia de San Vicente de Cerponzóns era , di o Catastro , do señorío do arcebispo de Santiago , en recoñocemento desde señorío os seus veciños pagaban anualmente o servicio denominado de ” hangar ” de tradición medieval , que tiña que sustentar ó señor e ós seus enviados cando estés estivesen no lugar onde habitaban os vasalos. Como a maioría dos servicios persoais foise transformando nun imposto anual , así en 1752 , os habitantes da parroquia de Cerponzóns pagaban anualmente ó arcebispo un real por cada veciño casado ou viúvo e medio real polas viúvas.

        O arcebispo obtén pola propiedade das alcabalas de Lérez que era un imposto legalmente do 10% sobre as compra- vendas. En vez de adminístralas directamente o arcebispo chegou a un acordo cos veciños de Cerponzóns para que pagasen unha cantidade fixa tódolos anos , 177 reais ó ano , que se repartían entre eles.

        Os límites da parroquia de Cerponzóns neste momento ( 1752 ) son os seguintes: ” linda por el Levante con Berducido , por el Poniente con Alba , por el Norte con Silva da Portela , y por el Mediodía con Lérez y Alba. Su figura es irregular , con diversas entradas y salidas , por lo más largo tendrá tres cuartos de legua , y por lo ancho cuarto y medio , y se andará su circunferencia en cuatro horas por el mal terreno “.

        Coa reforma administrativa de Javier de Burgos de 1833 , base dos Concellos liberais, a parroquia de Cerponzóns forma parte do Concello de Verducido e os dous Xeves. En 1841 Cerponzóns sepárase do Concello de Verducido para integrarse no de Alba. En 1844 o Concello de Alba solicita a incorporación ó Concello de Pontevedra, pero esta proposta non fructifica en 1853 insiste nuevamente na incorporación, que é redituada pola corporación municipal da capital provincial.

        Despois de 1867 o Concello de Pontevedra inicia unha política de incorporación de parroquias rurais, empezando os trámites para a anexión dos Concellos de Alba , Mourente e Salcedo, o que legalmente acada o 6 de Outubro de 1868. O sexenio revolucionario pospón a incorporación definitiva de Cerponzóns ó Concello de Pontevedra ata o 1 de Xullo de 1869.

TOPONIMIA DA PARROQUIA DE SAN VICENTE DE CERPONZÓNS

     A primeira vista o que nos pode chama-la atención desta parroquia é que precisamente o nome da mesma non está representado en ningún lugar concreto.
Mais atendendo ó conjunto das mesmas que forman o Concello actual de Pontevedra notamos que este non é o único caso , senón que aproximadamente o 50% das mesmas están nesta situación.

– [ ] BALEA

     Balea , derivada da palabra celta BALAZN – significa xesta ou basóira rústrica feita con xestas.

       E frecuente que o tipo de vexetación ou características do terreo dera orixe á voz toponimica coa que se coñoce ó lugar.

– [ ] BOUZA

   BAL-TEUS – significa cinturón o cinto como opina A. Nascentes e outros lingüistas. Deribación que pensamos ten bastantes obxeccións.

       BALSA ( voz preromana hispana , celta ) – significa oquedade empantanada un terreo.

       Pola confusión de ambas etimoloxías mesturándose os resultados fonéticos e semánticos.

       É mui  abundante tanto en Galicia como en Portugal , as veces acompañada cun adxetivo: Bouza Boa , Bouza Valada , Bouzalonga….

       A significación fundamental sería a don terreo a monte , cheo de vexetación de árbores , moi tupido , e na súa parte baixa con matorral.

– [ ] O BRAVO

      Significa agreste e deriva da palabra BRAVUS do baixo latín.

– [ ] O CASTRADO

       Castrado < CASTRARE – extirpar o inutiliza-os órganos reproductores de persoas , animais ou plantas. Pode significar tamén extraer das colmeas do mel.

– [ ] A COSTA

       Costa < COSTA – lado , terreo en pendente, declive. Litoral , veiramar.

– [ ] A ERMIDA

       Ermida < EREMITA – santuario ou capela nun lugar deserto ou solitario.

       O máis importante aquí é a desaparición da intertónica e a sonorización da oclusiva dental xorda , xa que estamos na Romania Occidental , ou sexa , nun territorio que formó u no seu momento parte do Imperio Romano e no que hoxe fallamos unha lingua derivada do latín.

– [ ] LIBOREI

       Leboreiro < LEBORARIU < LEPORE – liebre , terreo con muitas lebres ou relacionado con elas.

       Sonorización da oclusiva intervocálica P que pasa a b.

       Metátese do iode que forma o diptongo ai secundario e que pasa posteriormente a ei no galego.

– [ ] A MEAN

       Palabra de orixe celta que significa Pedra grande , aínda hoxe podemos ver esta pedra con casal enriba e parte do camiño picado na rocha.

– [ ] O QUEIMADO

       Queimar < * CAIMARE < CREMARE por cruce co crego KAIMA significa queimadura . Propoñémo-lo. * CAIMARE , modificación de CREMARE por un cruce coa palabra grega.

       Para Corominas existen obstáculos fonéticos que impiden derriba-lo verbo queimar do latín CREMARE. Estes obstáculos sintetixados son primeiro o E breve latino dá en galego e aberto e non ei que debería proceder de AI , segundo , eliminación do R en CREMARE xa que os grupos iniciáis deste tipo aparecen conservados no galego, por exemplo CREDERE > creer.

– [ ] SAN CAETANO

       Do latín CAIETANUS : habitante de Caieta, hoxe Gaeta. Nome de varón San Caetano de Thiene.

       Foi un eclesiástico italiano do século XV-XVI ( 1480-1547) fundador dos clérigos regulares xunto con Juan Pedro Caraffa ( logo Papa co nome de Paulo IV , bispo de Chienti ) que despois tomaron o nome de teatianos derivado do latín THEATES pola procedencia do seu fundador.

       Esta orde foi creada en Roma entre 1516 e 1517 e aprobada polo Papa Clemente VII o 24 de Xuño de 1524 . O núcleo da orde foi Oratorio do Amor Divino.

       Adicáronse moi especialmente a axudar a ben morrer ós condeados a morte, e influiron coa austeridade da súa vida na reforma católica , mais en séculos posteriores foron decaendo, ate que Pío X os restauró no 1909 . Por confusión , coñécense tamén con este nome os da Compañía de Xesús.

       San Caetano foi canonizado no 1671 e a súa festa celébrase o 7 de Agosto.

       Na Romaria Occidental ( territoris que no seu momento formaron parte do Imperio Romano e nos que hoxen falan linguas derivadas do latín ) os sustantivos veñen prácticamente sempre do acusativo latino , tendo algunhas excepcions como nas palabras que indican nombres propios.

       Este é o caso de Caetano que ten a súa orixe no nominativo latino CAIETANUS , destacando na súa evolución fonética a non desaparición de n intervocálico, e a non sonorización de fonema dental oclusivo /t/ .

Débense estes dous fenómenos a que a procedencia deste nome de varón ten a súa orixe na toponimia dun territorio da Romania Oriental.

– [ ] VIGARIO

       Vigario < VICARIU . En algúns lugares de Galicia é o alcalde de aldea. Membro dun gremio ou cofradía con certa autoridade xuridiccional e con amplas facultades. Vicario.

NOTA : O Cunchido, Pidre e Tilve non aparecen neste documento sobre toponimia.

Grazas o Arquivo do Concello de Pontevedra.

 

3 comentarios en “Estudio Histórico – Xeográfico e Galeguización da Toponimia de Cerponzons , ano de 1991

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s