HISTORIAS DOS NOSOS VECIÑOS EMIGRADOS (4)

RECORDANDO A EMIGRACIÓN, RECORDANDO O MEU PAI 

Juan Esperon Moldes

Quen non ten nas nosas familias, alguén que nun momento determinado emigrou en busca dun mundo mellor ?

Imaxinarvos o duro que tivo que ser para eles deixar á súa familia , ao seu fogar, á súa terra que os viu nacer. Decidiron buscar novos horizontes para ter un futuro mellor vendo que onde estaban non tiñan oportunidades de ter un traballo que lle dese unha estabilidade .

E alá fóronse , moitos deles nun barco decidíronse a cruzar o charco , coa súa mirada posta na terra que abandonaban , coas bágoas nos seus ollos vían como aquel porto íase quedando lonxe e convertíase nun punto no horizonte.

Como pode chegar ese momento en que decides elixir entre a túa familia , as túas raíces e un futuro que non sabes que vai pasarche naquelas terras afastadas ?

Cuantos deles pensaron en que nunca máis volverían pisar a súa terra ? Cantos deles pensarían en que xamais volverían ver aos seus seres queridos ?

Alá fóronse , cunha maleta cun pouco de roupa e algún que outro recordo , quizais unha fotografía dos seus pais , dos seus irmáns e pouco máis .

E un deles que se marchou foi o meu pai :


JUAN ESPERON MOLDES ( 1925-2001)

Fillo de Ramiro e Constancia , natural de Campaño ( Pontevedra )

Contraeu matrimonio con Carmen Recarey Cochon en San Vicente de Cerponzons, tiveron dous fillos de nome Maria do Carmen e Juan Jose. 

Juan desde moi novo sempre foi moi traballador e á parte dos labores do campo aprendeu o oficio de albañil.

Os seus primeiros traballos de aprendiz de albañil os desenvolveu en Pontevedra cun construtor de apelido Esperon.

Chegou a Republica Arxentina a bordo do vapor Salta o dia 28-04-1950 , daquela o seu estado civil era solteiro .

Rexistrase coa profesión de albañil .


Mentres aquí quedaban as súa nai , coma tantas nais que chorarían día si e día tamén a ausencia dese fillo , cantos pais reprimiron as suas lagrimas ao velos partir ?



Os nosos avós , pais , curmáns , veciños etc.saíron para outro mundo sen billete de regreso , chegaron coas súas mans baleiras , soamente a súa memoria ía chea de recordos e talvez chea de ter a esperanza de poder regresar algún día .

E así comezaron unha nova vida , buscando un traballo, creando unha familia a cal foron contándolle aos seus fillos os seus recordos , lembrándolles todo o que deixaran , relatándolle as súas historias de mocidade , de todo o que habían deixado , e seguramente a promesa dalgún día volver con eles á súa querida terra.

Pero o tempo pasaba e o volver facíase cada vez máis difícil , cada un por diferentes motivos , aquela idea íase perdendo cada día que pasaba.

Algúns deles puideron volver ao cabo de moitos anos , outros soamente quedoulles a satisfacción de poder cultivar nos seus fillos e netos o agarimo por un lugar moi afastado que non coñecían fisicamente pero que o tiñan arquivado na súa memoria debido a tantas e tantas veces que llo contaron de tal maneira que o seu legado seguiu cultivándose neles , e así seguir tendo amor por aquelas tradicións , por aquel pobo que os seus antepasados un día decidiron deixalo por un novo país que os recibiron cos brazos abertos.


Ao ano seguinte de chegar o meu pai fixérono as súas irmás Matilde e Rosa (24-05-1951). Tamén en outras datas emigraron Teresa e Pastor.

O meu pai estivo uns anos e regresou, despois tamén estivo en Venezuela


Foi por pouco tempo , volveu para a súa casa con intención de levar á súa dona e filla , pero os meus avós convencérono de que non se fosen , a miña nai era filla única e non querían quedar sós.



Juan quedou e comezou unha nova vida en Cerponzons …..

Os contactos cos seus irmáns  eran por carta e recordo con emoción aqueles días en que chegaba algunha carta das Américas. Moitas desas cartas foron lidas por min , aínda gardo algunha coma se fose un tesouro. Recordo como o meu pai e a miña nai escoitaban atentamente as novidades que chegaban de Arxentina e do Brasil , emocionábanse de todo o que lle dicían os seus irmáns , tamén había momentos de tristeza e preocupación porque a sorte non lles sorría a todos por igual.

Co paso dos anos ao meu pai cada vez entrábanlle máis ganas de viaxar á Arxentina , os outros irmáns que estaban en Brasil xa regresaran para Pontevedra, pero quedaban duas irmáns cos seus fillos e fillas.

Un día decidiron ir , corría o ano 1986 e Juan e Carmen emprenderon viaxe , esta vez sería máis cómodo que cando Juan se fora  en barco no ano 51 , un avión levounos á nosa querida Arxentina.

Juan foi inmensamente feliz aqueles días que pasou xunto ás súas irmás e os seus sobriños e sobriñas , percorreu os lugares onde el estivera traballando , un deses sitios foi a localidade de Aldo Bonzi , era evidente que tiña unha ilusión enorme volver estar de novo por eses sitios , volver ver aquelas edificacións , aquelas rúas , tomar un café no centro da cidade na cafetería onde el paraba todos os días , La Puerto Rico era o seu nome , ademais de ser un dos lugares onde ao principio traballara por un tempo , xunto cun irmán do seu cuñado , de nome Antonio.



Á volta de Arxentina os meus pais non deixaban de comentarme todo o que visitaran , de como era a vida alí , do ben que o pasaban coas súas antigas amizades e do excelente que o trataron as súas irmás.


Por si pode interesar , co meu pai tamén naquelas datas foron no mismo barco :

O 28 de abril de 1950,tamén desembarcaron no porto de Bs. As., Xullo Martín Mielgo, o seu cónyuge Teresa Santos das Heras, e as súas 2 fillos, Ana e Xullo Martín Santos. Proviñan de Almeida de Sayago, en Zamora, embarcaron en Vigo e radicáronse en Ciudadela, en Bs. As. Dores Carrillo Garrido. Oriunda da Coruña, embarcou en Vigo e radicouse no Uruguay. María do Socorro Sánchez Lorenzo. Oriunda de Villagarcia de Arousa, en Pontevedra, embarcou en Vigo e radicouse en Ciudadela.

Miguel Pons Fullana e Rafael Llompart Canaves. Oriundos de Porto Pollenza, en Baleares, embarcaron en Vigo e radicáronse en Laprida.

Ventura Andujar Méndez. Oriundo de Tufions, na Coruña, embarcou en Vigo e radicouse en Vila Soldati, en Capital Federal.

O meu pai foi un home que traballou arreo , todolos días do ano, pero cando chegaban as datas de Semana Santa non facia nada , aunque hubera muito apuro na finca ou na granxa, e durante muitos anos sempre no día de Xoves Santo ou Venres, recordo que sentaba conmigo e me decía :

Xoves Santo e Venres Santo tres días antes de Pascua

Cando o redentor do mundo aos seus discípulos chama.

Chamábaos nun en nun e de dous en dous contábaos

Cal dos que estades aquí morreredes por min mañá ?

Míranse duns a outros e ningún di nada.

Xa viron saír un home por unhas claras montañas.

Eu morrerei polo meu Deus, que morrer por Deus non

Átanlle unha soga ao cuello, o noso señor axeonllábase

Non te axeonlles o meu deus, di o casado.

Alá no monte Calvario acharás as tres criadas

A unha é a Madalena, a outra é a María Marta

A outra é a Virxe María, a que mais dores pasa

A outra lávalle os pés, a outra lávalle a cara

A outra recolle o sangue que Xesucristo derramaba.


Sempre estarás no meu recordo pai.




8 comentarios en “HISTORIAS DOS NOSOS VECIÑOS EMIGRADOS (4)

  1. Ana Maria

    Cuanto que habrán sufrido, mis papas también llegaron a Bs As, cada uno por su lado ambos Coruñeses, uno de Vimianzo y otro de Cee, solo volviwron una sola vez A terriña, yo orgullosa de el legado que recibi, soy Argentina pero Gallega por que asi lo quiero

    Gústame

  2. marité

    Su estadía en estas tierras le han marcado profundamente. Me constan el amor, cariño y nostalgia que despertaban tantos recuerdos de su Buenos Aires querido.
    Con el paso del tiempo, la vida le regaló la posibilidad de volver a recorrer tantos lugares que anidaban en su memoria y de poder compartir la experiencia con la mujer que supo acompañarle toda su vida.
    Orgullo de padre Juan !!!

    Gústame

  3. Pingback: O apelido Esperón – O Roque de Cerponzóns

  4. Pingback: EMIGRANTES DE CERPONZONS, CASTELAO E O CENTRO PONTEVEDRES. – O Roque de Cerponzóns

  5. Antonio Alberto Sánchez

    Que emotiva historia de tu padre! Tengo mucho en común contigo.. mí padre también viajo en 1951 en un vapor que se llamaba Entre Ríos. También como tu padre fue presidente de un club: Silleda y luego del club Lalín ( directivo) . También fue constructor y dejo muchas obras por BS AS .. que luego vendió y así la vida , quedamos anclados aquí pero siempre con la mirada en nuestra Galicia 💙 . Te felicito por todas las documentaciones que guardas , yo tengo algunas pero no es mucha. Aperta Roque ..teu amigo Antonio.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s