DÍA DA CANDELORIA/CANDELARIA

2 FEBREIRO , DÍA DA CANDELORIA/CANDELARIA


HOXE CASAN OS PAXARIÑOS !!!

Comenta hoxe o meu amigo Andrés que polo día de hoxe na súa infancia este día tiña unha gran importancia no comportamento noso cara os animais, neste caso as aves. O dous de febreiro casaban os paxariños, e iso era sagrado, non podía poñer gaiolas, nin visgo, nin tirarlle pedras. Comezaba a época de cría, e para nós comezaba o “ir aos niños”. Cada un de nós “acertaba” un niño e gardávao en segredo, non lle decía a ninguén onde estaba, so presumíamos del diante dos amigos: “teño un de merlo, dous de pimpín, outro de verderolo e outro de corvo”, pois decía outro teño “un de vichelocrego, tres de merlo e un de cuncheira”, e non faltaba o “pois nun de merlo xa teño tres ovos, son azuis!”. 

Eu tamén tiña os meus niños , uns pola Rons , outros no Cañoto e un estaba na cachada que hai na costa que sube para A Meán ( enfrente a nave de Construcciones Carro ) .

Ese “teño”, ese sentido da propiedade fixo que Andrés , e os seus amigos da nenez respetáramos sempre aos animais. Xa de grande sigue celebrando este día, sigue indo aos niños, agora con prismáticos e con telescopio, ou facer fotos, como fai o seu amigo Beiró. Vai aos niños aquí e onde se atope, nos Ancares ou en Doñana, en Estaca de Vares ou no Monfragüe, nas Illas Atlánticas ou na Costa Vicentina e Alentejana.

Por iso para todos nos hoxe é o Día máis Ecolóxico do ano, e imos ir aos niños.

En Galiza este día non é nin máis nin menos un día de cumplir ciclos, a avóa de Andrés, Pepa a Chicha decía: “o día da Candelaria, si chora ou ventea, o inverno entra. E si non ventea nin chora, inverno para fóra”. Co día que fai hoxe vós mesmos .

HOXE É O DÍA DA CANDELORIA !!!

O día no que casan os paxariños !!!!

O meu amigo Iglesias recorda neste día os ditos que din :

Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.

Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candeloria, a boa e a mala.

Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.

Se a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candeloria rí, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.

Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.

8 comentarios en “DÍA DA CANDELORIA/CANDELARIA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s