Antonio González Calviño

RECORDOS DA SÚA FILLA DIGNA :

Recordo a Digna falar do seu pai na Historia de amor :

( https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/11/01/unha-historia-de-amor/ )

e comentábame a mala sorte que tivo coa súa enfermidade , á temperá idade de 42 anos.

Chamábase Antonio González Calviño , era do lugar de A Mean , e era máis coñecido na parroquia por Antonio Calviño , un home cheo de saúde , bo esposo , bo pai e con toda unha  vida por diante.Hai moitos anos disto , imaxinarvos que che diagnostiquen un tumor cerebral , aínda hoxe en día non sabes que ocorrerá despois dunha operación tan complicada como é esta.

Antonio traballou na fábrica de minerais da Cros , situada na Gándara , comenzou  a funcionar a fabrica sobre o ano 1954.

A fábrica era e segue sendo impresionante , cunha gran nave principal que tiña un gran espazo de almacenamento , concibido como unha gran estrutura de formigón a súa nave central , de considerable altura ,está constituída por unha cuberta curva formada por arcos atirantados .

( Para mais información da fabrica : http://pontevedraviva.com/xeral/19631/proponen-fabrica-cross-inclua-catalogo-bens-culturais-galicia/?lang=es )

Cando comezou a traballar na Cros tiña 19 anos , cargaba sacos de mineral durante 10 horas ao día , facendo enormes esforzos , algúns dos seus compañeiros de traballo non eran capaces de chegar á altura dos camións , entón el ofrecíase para axudalos.

Tiña un amigo , veciño de San Cayetano , o señor Herminio , un bo home e bo amigo , lembra Digna que o seu pai chegou un día a casa chorando , o seu compañeiro Herminio falecera ao ser esmagado por unha carga de mineral , pobre home , tiña tan só 36 anos .

 

A ENFERMEDADE .

A súa familia sabia daquela que se lograba sobrevivir á operación ían quedar secuelas que tería que vivir con elas o resto da súa vida.Despois dunha operación deste tipo , comezaba para Antonio unha nova vida que levou moitas limitacións.

A operación desenvolveuse en Madrid , no hospital da Paz , naqueles anos era o mellor centro hospitalario para este tipo de operacións.
Unha operación  moi delicada , tivéronlle que abrir a cabeza por tres partes diferentes para poder chegar ao tumor .
Esta intervención déixoo como estaba previsto con secuelas graves , media cara paralizada e a boca torcida , ademais dun ollo practicamente pechado , que sempre lle deu unha dor inmensa.
Á parte destas secuelas , era moi frecuente os ataques que lle daban e que lle facían perder o equilibrio e caerse , recibindo continuamente fortes golpes .
A súa filla Digna aínda lembra coma se fose hoxe a de veces que acudía a socorrerlle , prostrábase ante o seu querido pai tratando de reanimalo ata que volvía en si , muitas de esas veces perdía o coñocemento e tiñan que chamar a ambulancia.
Así foi a súa vida durante 26 amargados anos con esa tortura ata que falleceu.
Así viviu Digna a súa nenez desde os 15 anos , marcada por esta situación que lle afectou moitísimo anímicamente.


Enviamoslle unha forte aperta a Digna .

2 comentarios en “Antonio González Calviño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s