AS LEITEIRAS 

AS NOSAS LEITEIRAS , A MIÑA HOMENAXE A ESTAS MULLERES DA PARROQUIA ,  EN ESPECIAL A SEÑORA ROSA .

Seguramente moitos dos máis novos que lean este artigo non viviron aqueles anos onde en moitas das parroquias da nosa cidade habían unhas señoras que tiñan un oficio que hai anos desapareceu.

Refírome ás leiteiras e con iso quero facer a miña pequena homenaxe a todas aquelas que pertencen á nosa parroquia , en especial a nosa veciña de Pidre , a señora Rosa Solla Sabaris.


Estas mulleres tiveron un traballo moi sacrificado , primeiro porque tiñan que madrugar moitísimo , antes de chegar á capital para vender o leite tiñan que recollela casa por casa , así todos os días , pensade que ademais tiñan as labores da sua casa , os fillos etc.

Practicamente todos os veciños tiñamos unha ou dúas vacas en cada casa e o leite sobraba , por iso é polo que se vendía a que nos sobraba a estas leiteiras , as cales xa dispoñían dunha rede de clientes fixos na cidade onde lle levaban todolos días o seu produto.

Cada familia pontevedresa tiña a súa propia leiteira , de Tomeza , Lérez , Xeve , Cerponzons…..acudían ao principio cuns cántaros , primeiro na cabeza e máis tarde cun carriño , casa por casa , vendendo o leite das nosas vacas.


Eu aínda teño en mente aquelas leiteiras que todas as mañás pasaban por diante da miña casa , parábanse , recollían o leite e co seu carriño alá íanse a capital,  o seu horario era sempre o mesmo , sabían que tiñan que entregar o leite aos seus respectivos clientes naquela hora acordada, e todos os días os clientes de cada unha delas recibían a chamada da súa leiteira á porta da súa casa , sempre á mesma hora .


Algúns daqueles clientes comentábanme  que sendo eles uns nenos lembraban á señora leiteira coma se fose hoxe , dicíame fai un tempo José Luis que todos os días cando soaba o timbre xa sabían que era a leiteira , tiña algo especial ao pulsalo que xa ao momento a súa nai advertía que fosen abrir a porta que xa chegara a leiteira.

Lembra José Luis que ao ferver o leite formábase unha capa de nata duns tres centímetros de espesor que se utilizaba para untar no pan e tomábanllo de merenda , tamén a súa nai utilizábaa para facer manteiga e algún que outro biscoito.


Tíñanlle moito agarimo , pois era unha persoa que se facía querer e en datas sinaladas leváballes algún obsequio tradicional da súa casa , uns ovos , unhas mazás , laranxas, figos….era como un integrante máis da familia.

Toda unha vida de arriba para abaixo , sígoas lembrando igual que antes , así como baixaban á primeira hora da mañá , como tamén cando subían para as súas casas , o seu rostro reflectía o duro que era percorrer tantos quilómetros para arriba e para abaixo, cantas molladuras, canto frío pasaron…..Pero nunca se viñan abaixo , era o seu medio de vida e nunca desfaleceron, ata que sobre o ano 1976 unha orde ministerial outorgou ás Centrais Leiteiras a venda exclusiva do leite fresco e prohíbese totalmente a venda a granel.

A cousa xa viña de moi atrás, era polo ano 1952 cando un Decreto de Presidencia indicaba que quedaba prohibida a venda de leite de vaca a granel por temas de saúde e que as Centrais Leiteiras comprarían todo o leite, polo cal o prexuízo económico que se lle puidese causar desaparecía e ademais así evitaban que tivesen que desprazarse todos os días para realizar a venda do produto.


Supoño que se faría de boa fe a de prohibir este tipo de venda por temas de salubridade , pero aquelas merendas co pan e a nata , os biscoitos e a mantequilla que se facía en casa de José Luis como en tantas outras nunca máis se volvería a repetir.

Pero con esta Orde do Ministerio do ano 76 empezou o momento en que en moitas casas fóronse desfacendo das súas vacas , porque aúnque prometeuse que as Centrais recollerían o leite , os prezos a que a pagaban eran a menos da metade que as leiteiras nola pagaban a nós . E claro , era moita leite a que daba unha vaca para bebérnola toda nas nosas casas, así que non quedaba máis remedio, os meus pais e os demáis Veciños tiveron que ir vendendo as vacas.


Se facemos un cálculo así por encima , fai uns trinta anos , na Parroquia de Cerponzons había en cada casa polo menos unha vaca , cando non dúas ou tres…Poderiamos calcular que habería polo menos unhas 400 vacas , hoxe non creo que chegue a unha ducia.


Como dicía José Luis,  hoxe en día el ten unha dúbida , se esa cousa branca envasada nun cartón e que pode ser enteira , desnatada ou semidesnatada , teña algo que ver coas vacas , porque mesmo algunhas marcas din que lle engaden calcio e vitaminas . Ao leite de Rosa non había que engadirlle nada, era pura leite recién saída do teto é con todalas vitaminas incluidas, nin máis nin menos

A labor de Rosa foi máis aló de vender leite, grazas a ela e ás demais mulleres das nosas aldeas que acudían coas súas verduras, froitas, leña etc. foron portadoras da nosa cultura popular levándoa á cidade e dándo a coñecer os costumes, sendo ademais parte activa do noso idioma falándoo e levándoo porta a porta.

ROSA, NON TE ESQUECEREMOS, XA FORMAS PARTE DA NOSA MEMORIA.

Rosa xunto a Srta. Carmiña

( Agradezementos a J.L. Sieira e A.Fernandez )

O día 2 de Febreiro do 2018 aparece esta carta relacionada coas leiteiras no Diario de Pontevedra , pensó que sería unha boa idea :



4 comentarios en “AS LEITEIRAS 

  1. JOSEJA ZAMARBIDE

    Estimados señores:
    Soy Joseja Zamarbide de Pamplona, productor de un documental sobre Pamplona Antaño. Estoy investigando para encontrar al propietario de la foto en donde salen las dos señoras con los carros llevando las lecheras, si pueden informarme se lo agradecería.
    Gracias

    Liked by 1 person

    1. Hola Joseba, hace un tiempo encontré la foto en Pinterest, y la guardé porque me gustó para poner en mi historia sobre una vecina mía que se dedicaba a repartir leche.
      No recuerdo más, buscaré en cuando tenga un tiempo por si puedo darte más información.
      Suerte !

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s