XACEMENTO DE BERILO NO LUGAR DA ERMIDA

DESCUBRIMENTO DE BERILO EN CERPONZÓNS.


O Berilo é coñecido no mundo da xeoloxía como a ” nai das xemas ” pola súa variedade en pedras preciosas, entre elas están a Esmeralda e a Aguamarina.

En España abunda o Berilo común, que se atopa con facilidade nas pegmatitas de Pontevedra , onde os cristais alcanzan considerables tamaños.

En Cerponzons tamén se chegou a descubrir un xacemento .

Segundo testemuños recolleitos nun foro de mineraloxía, do cal é autor Jorge Oureta , o noso xacemento localizouse no Km.107/108 da estrada de Pontevedra a Santiago , a 600 metros do hectómetro 6 en dirección Norte Sur .
Esta localización está recollida sobre os anos 20 do século XX, aparece a descripción de esta forma :

Lugar Campo D’Armide en San Vicente de Cerponzones de 30×8 cm.

É bastante conciso , co nome defectuoso , o máis seguro recollido estes datos por persoas vindas de Castela , como sucedeu en moitos casos , e escribir segundo eles entendían que quedaba “mellor” , por último hai que ter en conta que a estrada á o que se refire , a coñecida agora por N550 , ao longo dos anos sufriu variacións e a quilometraxe non coincida co actual.

O descubridor do xacemento de Berilo foi Ramón Sobrino Buhigas, nacido en Pontevedra no ano 1888.


Don Ramón foi, entre outras cousas, naturalista e arqueólogo, xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra, membro da Real Sociedade Española de Historia Natural.

No seu traballo de xeoloxía: Contribución a la Gea de Galicia ( nuevo yacimiento de Berilo), conta os xacementos que descobre, entre eles o situado na nosa parroquia, e ao cal dálle unha gran importancia.

Xunto con él participaron varios personaxes ilustres, o profesor Martín Cardoso, Isidro Parga e Osorio Tafall, todos eles membros da Junta de Ampliación de Estudios.

Nunha publicación atopamos un articulos onde di : Contribución a la Gea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo), no que dá conta dá existencia de varios depósitos deste mineral localizados en: quilómetro 2 dá estrada de Pontevedra a Vigo, na Ramallosa, Carballeira, San Juan de Pesqueiras, Poio e outros de menor importancia. Considera todos de menor entidade, excepto o que descobre en Cerponzóns (Pontevedra), un depósito do que extrae cristais de berilo dun tamaño relativamente colosal e que xuzgaba, polos datos que poseía, o maior ou un dos maiores recolleitos en Galicia (Sobrino,1916, p. 542).

Don Ramón achégase o 9 de Novembro do 1916 á nosa parroquia, acompañado dos seus alumnos de sexto.

Anteriormente estiveran en varios lugares da provincia de Pontevedra, este día áchanse situados á altura do km. 107/108 da estrada nacional de Pontevedra a Santiago, a uns 600 metros do hectómetro 6 en dirección N.S. do lugar chamado Campo D’Armida, que pertence á parroquia de San Vicente de Cerponzones.

O seu descubrimento, ao cal déronlle unha gran importancia, foi nun pequeno montículo, que estaba revestido por unha capa de granito e algo de gneis, o cal cubría todos os materiais que atoparon nese cono.

Dita capa de granito e gneis fora destruída para recoller a cuarcita que se achaba formando diques, pois sería usada para o afirmado da estrada, este material é máis coñecido entre nós co nome de seixo.

Comezan os traballos e vanse atopando varios exemplares de diferentes tamaños, ata chegar a un total de 45.

Entre estos exemplares encontrados un deles tiña un tamaño colosal, e segundo os datos que posuía Don Ramón era o maior ou uns dos maiores de toda Galicia.

O cristal de maior tamaño ten forma de prisma exagonal, cunha cor verdoso no seu interior, mentres que nalgunhas das súas superficies é de cor terroso, está constituído pola unión de dous prismas, un deles moi esmagado e entre dúas caras de devandita forma existe un ángulo entrante formado por dúas caras de prisma e acusa unha gran macla de contacto.

Os cristais que alí atopan ( xunto con masas de cuarcita, teldespato ortosa, anacos de moscovita, de biotita e algúns de pegmatita) ocupaban a parte superior e interna do montículo que fixen referencia.

Aquí déixovos os datos onde se fai referencia a este achado :





Un comentario en “XACEMENTO DE BERILO NO LUGAR DA ERMIDA

  1. Pingback: CERPONZÓNS, DATOS DE INTERÉS. – O Roque de Cerponzóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s