HISTORIAS DOS NOSOS VECIÑOS EMIGRADOS (6)

EMILIANO, O NETO DA MOLETA.

UN NENO DE CERPONZONS , QUE EMIGROU A ARXENTINA .

Marchouse un día chorando

de tanto que a quería.

Unha era a sua vida

a outra,a sua aldeiña.

Marchouse e iba pensando

que algún día volvería.

E volver sí que volveu,

pero xa ali non vivía

A sua casa xa non estaba;

tampouco aquela aldeiña.

Veu e non puido chorar,

porque bágoas xa non tiña,

de tanto chorar, moi lonxe,

ó que ahora non vería.

¡Non había muiños , 

nin nenos polos camiños , 

nin xente que coñocía 

coma a sua familia .

¡E nonas puido chorar,

porque bágoas xa non tiña!


Emiliano Duarte Castro , nace no lugar de Pidre , parroquia de Cerponzons ( Pontevedra ) un 25 de Maio de 1948 .

A súa casa estaba situada a pé da estrada nacional 550 , casi enfronte a que foi a súa casa está  a fonte de Pidre , o lugar é unha das zonas máis privilexiadas da parroquia , situada na vertente do monte que nos separa da parroquia de Berducido e con terreos frutíferos situados á beira do río Rons , muitos destes térreos ali existentes eran daquela da familia de Emiliano.

Emiliano e a súa familia ( de alcume OS DA MOLETA )viviron nunha casa de planta baixa que ben podemos imaxinala como moitas outras que había daquela na parroquia, cuns tres ou catro metros de fachada por outros tantos de fondo , unha lareira , cun pequeno ventanuco que apenas deixaba entrar a luz do sol e ao fondo un lugar bastante escuro habilitado como habitación, pegada á parede dá casa atopábase a cuadra dá vaca , que era a que daba a calefacción que daquela había nas   casas, aparte o lume dá lareira.

CON SU ABUELA MATERNA , SUS PADRES Y SUS TÍOS MATERNOS , DELIA Y MANOLO Y CON SUS PADRES PATERNOS :


Nun dos laterais do muro da casa tiñan un buraco feito que comunicaba coa casa dos veciños , por este buraco comunicábanse , tanto para dar algunha noticia como para pedir nun momento determinado algún produto que nese momento non tiñan ao seu alcance , unha vez o sal , o azucre , un anaco de unto etc.

Coma tantas mulleres da parroquia, a súa avoa Rosa A Moleta ía vender produtos como castañas , ovos , patacas …ás prazas de Pontevedra , lembra de ir con ela , e tamén a comprar a vaca á praza de Barcelos.


Non ten noción de porque lle puxeron de alcume á súa familia A Moleta , quizais o alcume por parte de pai Os  Chuivas fose porque o seu avó sempre andaba dicindo vai chover , vai chover.

Emiliano foise no ano 1958 para Arxentina , mentres tanto ata esa data a súa vida na parroquia foi como a demais nenos , un pouco de colexio e axudar nos labores de casa , aqueles labores agrícolas que tiñan destinadas para os máis pequenos.

Aqueles días de vendima , que ía toda a familia a axudar , aínda lembra perfectamente como a súa nai levaba unha tarteira repleta de xurelitos en escabeche para comer alí na viña con un cacho de pan.

Emiliano ten na entrada da súa casa , debuxado na parede unha árbore xealóxico , alí aparecen os seus avós Casilda e Joaquin , do lugar de Castrado , onde vive a súa curmá , filla de José Fontecoba .

Da súa avoa Casilda lémbraa que se dedicaba a ir con aquela cesta enorme encima da súa cabeza , facía un moído cun trapo e botábase encima esa cesta repleta de peixe que compraba en Pontevedra , desde alí viña vendendo as sardiñas , os xurelos e algún que outro bacallau , por todas as parroquias que situadas pola estrada nacional que leva a Santiago de Compostela , Lerez , Alba e a nosa parroquia de Cerponzons ata o lugar do Castrado .


O seu sacrifico foi enorme , necesitaba criar aos seus doce fillos , ademais co desgraciado de marido que lle tocaba , de profesión feirante cando viña  de volta da feira parábase en Alba , despois de onde estaba situada a taberna do Laparuzas e en dirección ao paso a nivel que había máis abaixo , atopábase nun baixo dunha casa que alí aínda se conserva a taberna de nome Pampero , debido que o dono era de procedencia arxentina.

Alí , no Pampero o avó de Emiliano gastábase todo o seu diñeiro e non levaba nada para a súa casa 

Que exemplo de muller a avoa de Emiliano , toda unha vida traballando e loitando por sacar unha familia adiante , morreu con 92 anos.

Unha das fillas do matrimonio casou con José Fontecoba , tiveran tres fillos , CONSTANTINO , JOSÉ MANUEL e CANDIDO .

AS SUAS AVOAS :



Emiliano vai debullando os seus recordos , da súa nenez coméntame de que ía á escola de Rita ( a escola situada na casa da señora Hermosinda ) .

Emiliano tiña unha tía que era modista é ela era a que o achegaba a este colexio , alí empezou a aprender as súas primeiras letras e números , de paso tamén a probar aquela manteiga que daba no recreo o mestre , lembra perfectamente Emiliano que a manteiga se gardaba nunhas caixas de cartón , con forma redonda , na taberna situada enfronte ao colexio , a que estaba rexentada pola señora Maruja e anos máis tarde polos meus pais .

Móstrame o dedo meñique e vexo unha cicatriz nel , é o recordo da porta de entrada do colexio que quedou para toda a vida.

O COLEXIO DOS NENOS :

AS NENAS NO COLEXIO DE PIDRE :


Naqueles anos os nenos ían a un colexio e as nenas a outro , lembra Emiliano que o de nenas estaba situado á beira da súa casa e o de nenos onde antes comentara , na casa de Rita.

Había uns cuantos nenos máis trastes que outros , entre estes estaban Rogelio Cons , Manuel Segade o de Cecila ( Q.E.P.D. ) Bituco e como non Emiliano.

Aínda se lembra coma se fose onte cando un día prendéronlle lume a un palleiro en casa de Rogelio , a que armaron ese día !

Algúns deles eran uns pouco vagos á hora de facer os deberes , Emiliano encargábase de facerlle os deberes para libralos do castigo.

A TABERNA :


 A avoa de Emiliano era clienta dunha taberna ultramarinos situada en Alba , despois da tenda do Laparuzas , un pouco máis ao fondo , cara á vía do tren , moitas veces tenlle comprado aquel pan de millo cunha banana no medio para que levara á boca o seu netiño pequeno Emiliano , eran tempos duros , con falta de todo , onde escaseaban todo tipo de alimentos , aquela manteiga que servían no colexio era incapaz de tomala , aínda coa necesidade naqueles tempos de botar algo á boca.


Foise para Arxentina coa súa nai á idade de nove anos , o seu pai de nome tamén Emiliano , fixera o servizo militar no Ferrol , tiña intención de seguir a carreira militar , pero unha enfermidade debida a unhas glándulas situadas á altura do pescozo que lle rebentaron estando de servizo non lle permitiron seguir.

EMILIANO , CO SEU PAI E CO SEU TIO , DE FONDO O LUGAR DA RONS :


Despois tívose que poñer a traballar de albanel , o que gañaba non lle daba para comprarse un anaco de pan cun pouco de chourizo , decidiu entón emigrar a Brasil , onde tiña a dous irmáns .

O pai de Emiliano cando chegou a Brasil traballou de albanel , era moi novo cando lle teñen que extirpar un ril , pero aínda así segue traballando, a súa forza de vontade era enorme, foi un galego espectacular, un home sempre alegre , con ganas sempre de cantar e participar en reunións familiares.

Morreu aos 69 anos , unha gran perda , unha gran pena non poder estar connosco , xunto aos teus pais e demais amizades para poder reunirnos e poder celebrar reunións para lembrar os seus tempos e os nosos actuais.


Alí o pai de Emiliano estivo uns anos, pero decidiu un tempo despois irse para a Arxentina , o ambiente en que vivía non lle convencía , quizais debido a que había moita xente de cor e a el non lle inspiraban confianza , había que poñerse na súa situación , un home que saíu de Galicia e o cambio que se atopa nese novo país naqueles anos é brutal , totalmente distinto aos seus hábitos e costumes.

Por iso , que despois de estar uns tres anos en Brasil , decide irse para a Arxentina .

Ao chegar a este novo país é cando reclama á súa muller e os seus fillos , un ano máis tarde sería a súa nai a que acode para xunto eles.

EMILIANO , COS SEUS PAIS E A SÚA IRMÁN:


Aquí quedan as súas terras , onde a avoa de Emiliano era propietaria de gran cantidade de leiras situadas en Pidre , á marxe dereita da estrada en dirección a Santiago .

Fotografia realizada nos terreos dos antepasados de Emiliano , de fronte pódese observar no outro outeiro a Igrexa de San Vicente de Cerponzones


Emiliano cando chega á Arxentina ponse a estudar , son poucos os anos que dedica aos estudos , termina os Estudos Primarios e á idade de trece anos ponse a traballar , eran tempos de botar unha man .


Incorpórase a unha fábrica de televisores , era época do comezo da televisión e a súa dedicación foi tal que estivo practicamente toda a súa vida traballando niso.

A fábrica onde comezou a traballar Emiliano era propiedade de Dumont , unha fábrica de televisores e equipos televisivos.

Os inicios de Emiliano na fábrica de televisores coinciden coa época onde todo o mundo saía a comprar a antena especial para ver unha nova canle , a canle 2 de La Plata.

No ano 1969 instálase a primeira estación para transmisións vía satélite en Balcarce , dando lugar a poder ver a chegada do home á Lúa.

Eran tempos aqueles de series inesquecibles :

Ou Club do Clan, vos Xantares de Mirtha Legrand, As Obras Mestras do Terror con Narciso Ibáñez Menta, Sábados Circulares con Nicolás Mancera , Pepe Biondi, Alberto Migré cos seus telenovelas dá tarde, A porca , por suposto non faltaron as series como Viaxe ao Fondo do Mar , Tato Bores , Bonanza , Ou túnel do tempo , Jim West .


Na súa mocidade atópase cunha bellísima muller , de nome Bety , aquela moza arxentina, de pai árabe e nai alemá , faríase a súa esposa e nai dos seus fillos .


Formaron unha familia onde naceron tres fillos , os cales co paso do tempo déronlles a Bety e a Emiliano catro netos , os seus tesouros .


Emiliano foi un home , como bo galego , moi traballador , non tiña días de descanso , os sábados e domingos aproveitábaos para irse á fábrica de televisores e aprender , non desaproveitaba ningún momento , quería aspirar a máis e ter unha boa posición , para iso sabía que tiña que pasar uns anos de moito sacrificio para sacar á súa familia adiante.

Aínda así tiña tempo para gozar tamén , desde moi novos fanse  socios de dous clubs , situados cerca de donde vivían , e por afinidade e proximidade decidiron facerse socios.

Fanse socios do club Español :

En 1852, co nome da Sala Española de Comercio, constituíuse a primeira asociación que representaba á extensa colectividade española que se atopaba na Arxentina. Ao disolverse en 1857 os seus asociados continuaron reuníndose no que chamaron o Casino Español, constituído o 8 de setembro de 1866, na Rúa Vitoria (actual Hipólito Yrigoyen) e Perú, e logo denominaron en forma definitiva, en 1872, Club Español. 

E tamén do Centro Rexión Leonesa

Fundado o día 2 de xullo de 1916 na capital arxentina, o Centro Rexión Leonesa de Buenos Aires constituíuse como o lugar de reunión de leoneses das tres provincias (algo que indican os seus estatutos) e o núcleo das actividades de salmantinos, zamoranos e leoneses. En 1918 o centro contaba con 154 socios, que en 1920 xa eran 584 e en 1924 chegaban aos 1.079.


Moitas ocasións quixeron nos dous clubs nomealo directivo , pero por falta de tempo nunca quixo , é tal a súa forma de ser que non é capaz de facer unha cousa e que non poida prestarlle o tempo necesaria para poder chegar a bo porto.
Lembra de ir xogar ao Chan do Monte , lembra que antes era todo chairo onde xogaban , non había árbores practicamente .Encantáballe xogar ao fútbol , hoxe en día é seguidor do Boca Júnior , daquel recordo do Chan do Monte , para un neno como él quedoulle gravado.Así é como se vai creando en Emiliano unha necesidade dalgún día ter un campo para él e a súa familia  e con traballo e constancia ao cabo de moitos anos ve lograda a súa ilusión .

A un 600 Km. do lugar da súa residencia , cómprase un terreo , un fermoso terreo de 400 hectáreas , onde existe Serra , porque Buenos Aires é completamente chairo , este lugar é o único que ten Serra .

O lugar coñécese como Sierra de la Ventana é unha localidade situada no partido de Tornquist, ao suroeste da provincia de Buenos Aires, Arxentina. É un dos centros turísticos desa rexión bonaerense.

O Sistema de Ventania, xeograficamente as Serras Austrais do Sur Bonaerense, compóñeno os “cordóns” de Pigüé, Puan, Tres Picos e as estribaciones de Pillahuincó, que se aprecian ben desde a Ruta Nacional 33, logo de pasar por Pigüé e que acompañan (polo nordés) ao viaxeiro cara á cidade de Baía Branca.As serras teñen 195 km de noroeste a suroeste, sendo as máis altas da Provincia de Buenos Aires e pertencen ao Período Terciario.

Alí ten espazo suficiente para ter as súas vacas , os seus porcos , ovellas , galiñas …aproximadamente uns 300 animais en total.

Tamén sementa xirasol , avena , trigo, todo no seu enorme campo rodeado dun río e de moitísimas árbores .


O mellor agasallo para Emiliano é que os seus netos sigan cos seus gustos ,coa sua tradición, co cuidado da finca ,  que sigan coidando esas 120 árbores que recentemente plantaron e que Emiliano lembra emocionado cando lle dixo ao seu neto que tería que pagarlle un diñeiro por axudar na plantación .

A frase con que lle contestou o seu neto quedou gravada para toda a súa vida :

Avó , compartir contigo todo isto é o máis fermoso , non tes que pagarme nada.

Emiliano está namorado de Galicia , un galego organizado , que non pasou nunca fame , pero si moitas necesidades , que fixo a súa prata a base do seu traballo , onde tiveron que pasar corenta anos para poder volver á súa amada terra e revivir os seus recordos de nenez , ao chegar aqueles recordos que tiña de todo o que deixara atrás non tiñan nada que ver co que se atopou , son moitos os lugares que percorre pola súa querida terra e emociónase por cada recuncho galego que acode a visitar , agora cada vez que pode volve ás súas orixes , gústalle a paisaxe dos nosos montes , o mar , as edificacións de pedra , os hórreos …


Pásase horas e horas observando á xente , segue emocionándose ao ver ás mulleres nas faenas do campo , aquelas mulleres con idades avanzadas que lle fai lembrar ás súas avoas Rosa e Casilda , cando facían os traballos do campo , vendo aqueloutras que hai pouco de visita a parroquia de Carril vía como traballaban na recollida da ameixa .

Volve á súa memoria cando neno que lembra tamén ir ao muíño situado no lugar da Balea , á beira do río Rons, ía coa súa avoa desde Pidre , sendo o moi neno recibira a noticia de que unha veciña afogouse nese lugar.

Ás veces tiñan que ir moer a altas horas da madrugada , aqueles camiños de noite de duro inverno , con tormentas , tronos e raios , o vento que facía mover aquelas árbores que acompañan á canle do río Rons ao longo de todo o seu traxecto sementaban ao pequeno Emiliano un medo escénico , lembrando á señora afogada e que detrás daquelas árbores podíalle estar a esperar alguén para Dios saber o que facerlle .


E si , tamén Emiliano lembra de estar na casa da señorita Carmiña e recibir algún ensino do seu parte , os seus recordos son dunha muller con pantalóns , cos ollos pintados , moi extravagante para aquela época , daquela era imaxinable ver na nosa aldea a unha muller así e que por encima fumaba !!!

A SEÑORITA CARMIÑA E RESTOS DA SUA CASA :

Pola época das festas do patrón Emiliano subía coa súa avoa para axudarlle a colocar o posto de rosquillas , tiña sete anos e como neto maior correspondíalle a función de axudar á súa avoa , a avoa adoitaba colocarse á esquerda da subida das escaleiras que van dar á antiga casa dos Caseiros , á dereita colocábase outra señora que vendía caramelos .


Coa súa curta idade Emiliano xa gustaba de gozar dos bailes , e despois de axudar á súa avoa achegábase cara ao palco dos músicos , aquel palco que os homes que compoñían a comisión de festas fixeran con piñeiros e táboas e unhas cantas ramas para cubrilo .

E foi como un dos días de festa xurdiu un flechazo inocente cunha das fillas do Caseiro , unha xoven nena que Emiliano para poder conquistala propúxose unha estratexia.

A pequena era , como antes dixen , filla dos caseiros do cura Don Jesus , o señor Francisco e as señora Dores .

Estes caseiros procedían do pobo de Arzúa .

Tiñan cinco fillos , Concha , Mercedes , María , Pilar e un home bautizado co nome de Vicente en recordo ao patrón da parroquia.

CASA DOS CASEIROS :


Estivera con ela bailando e cando os músicos paraban un momento para descansar fóronse cara ás escaleiras que están situadas na porta lateral da Igrexa , alí sentados empezaron unha charla que Emiliano viu propicia para poder conquistala , díxolle que esperase un momento e foise ao posto dos caramelos , co pillo que era , llas inxenia para que sen darse conta a señora sóubolle ” levar ” un caramelo para a súa ” noiva ” , cousa que lle saíu ben e volveu repetir a pillería de novo para ter el tamén o seu caramelo .

Así foi como se iniciou este idilio , que non durou moito , pois ao pouco tempo Emiliano marchábase moi lonxe e alí quedaba triste e soa o seu primeiro amor infantil chorando á porta da Igrexa.

Quen ía dicir que ao cabo de moitos anos , xa embaraza a súa muller Bety , fai uns corenta anos , nunha visita que realizou Emiliano a Brasil co seu pai para ver aos tíos e curmáns , tiveron que pasar por Uruguai e ao chegar a Montevideo vivía un veciño de Cerponzons , da familia dos jaxes dá Rons , de nome Lino .

Tamén se atopou con outra veciña que viviu no lugar de Tilve , exactamente detrás da Igrexa , en casa dela estiveron convidados a comer e saíu na conversación o nome daquela nena , resulta que vivía coa súa familia xusto enfronte onde eles estaban naquel momento . E Emiliano quixo de novo volver vela , saudáronse e lembraron a historia do seu noivado , a ela fíxolle moita graza aquela anécdota que sucedese fai case corenta anos .

Ao chegar ao destino que tiñan pensado onde se atoparían cos seus parentes levaron unha desagradable noticia , xa non vivían alí , senón nun lugar totalmente oposto onde se atopaban , decidiron tomar rumbo cara ao lugar onde se atopaban vivindo actualmente, por fin atopáronos e por fin puideron reagruparse todos e celebrar o encontro , moitos deles non se levaban e Emiliano foi o artífice que soubo xuntalos de novo .

O mesmo sucedeulle na súa terra natal , tamén o tío Pepe non levaba coa súa irmá que vivía no Castrado , non se querían ver , non sabían o porque estaban enfadados e Emiliano de novo logrou unilos .

Aos poucos , cada vez que viaxaba a Galicia , a ilusión de Emiliano era coñecer a todos os curmáns , foi capaz aos poucos de ir convencéndoos e por fin un ano os xuntos a todos nun restaurante e celebrar unha gran comida familiar , moitos dos seus curmáns felicitábano e dicíanlle que tivo que vir él da Arxentina para poder unir a toda a familia.

Emiliano foi crecendo no seu traballo e aos poucos anos xa tiña o seu propio negocio , tivo épocas boas e outras non tan boas , con ocasións de pasar por momentos moi difíciles cando en varias ocasións trataron de asaltarlles nos seus negocios.

Agora son os seus fillos os que son os que levan o temón da súa empresa , Emiliano traballou o suficiente para que hoxe en día poida vivir sen apuros e poder viaxar coa súa esposa por todas as partes do mundo , viaxaron a Inglaterra , Francia , Austria , Italia , Bélxica, Portugal , Marrocos , Brasil , Chile , Méjico , Cuba , Miami ……agora iranse a Grecia .

A súa maior ilusión cando vai de viaxe é o meterse dentro dá historia dá cidade , o saber a vida dás súas xentes , o sentir dás persoas , de que forma viven e desenvólvense ……

EMILIANO E BETY ACTUALMENTE :

A NAI DE EMILIANO , CARMEN CASTRO , CON 90 AÑOS.

Falleceu o 25 de Xullo do 2017

2 comentarios en “HISTORIAS DOS NOSOS VECIÑOS EMIGRADOS (6)

  1. Angélica Lucia Otero

    Una vida con muchas cosas en común con la de otros inmigrantes, tratando de buscar en otros lugares sus recuerdos su familia perdida, añorando pertenecer Pero siempre con esfuerzo y trabajo cambiando su historia y transformando la con un final feliz👏👏👏

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s