DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da devandita lingua. A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do “Rexurdimento” ou renacemento cultural do galego. 
A Asociación de Veciños O CHEDEIRO de Cerponzons colabora coa Concellería de Normalizacion Lingüística nunha serie de obxectivos que teñen como único fin a de incrementar o uso social da nosa lingua .
Podedes escoitar a achega da nosa Asociación hai uns días na emisora de radio Onda Cero

 

LECTURA DO ANO 2016

 

A nosa Asociación de Veciños O Chedeiro estivo presente no acto final da progamación de Maio , mes dá Lingua , organizado pola concellería de Normalizacion Lingüística do Concello de Pontevedra.

Desde O Chedeiro animámosvos a querer , amar e falar a nosa Lingua , un orgullo para todos nós os que vivimos aquí e para todos aqueles que polo Mundo adiante sintesén bendicidos por ser partícipes do idioma dos seus antepasados .

Agradecidos por contar connosco para celebrar este día.​

 

2 comentarios en “DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

  1. Manuel Dapena González

    Bos días. Son Manuel Dapena gonzález, mestre no colexio de Vigo Celso Emilio Ferreiro. Estamos preparando na radio escolar un programa sobre a cultura inmaterial e interésanos o toque das campás á man. Preguntábame se vos saberiades dalgúnha igrexa en Vigo que sigan tocando as campás á man.
    Se fose as,í agradeceriamos nos enviásedes o nome da parroquia onde se segue facendo.
    Grazas por atendernos.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s