ÁNGEL NIETO , ÍDOLO DA XUVENTUDE DE CERPONZONS

Fai dous anos falecía Ángel Nieto , en homenaxe a él poño uns cuantos recordos da miña mocidade ….

Nun sitio como este que adoito comentar case a maioría de temas relacionados coa parroquia preguntarédesvos o porqué publicar aquí algo sobre Angel Nieto.

A miña mocidade tivo unha serie de ídolos como a todos de nós pasounos , e os anos setenta estabamos necesitados de ídolos aos cales renderlle a nosa afección e a nosa admiración e de paso querer emulalos.

No boxeo destacaba entre unha serie de boxeadores Urtain , cantas noites na taberna da Rons os homes da parroquia esperaban á retransmisión do combate do ano , que maneira de gozar vendo como largaban uns guantazos de aquí espéroche o Urtain e compañía , os nosos pais e os nosos avós dalgúns dos que estades a ler isto tiñan os seus momentos de lecer en ir xogar ás cartas e ver un pouco a televisión , eran anos que os televisores na parroquia contábanse cos dedos da man.

E os máis novos que tamén adoitaban estar a ver a televisión íanse decantando polo boxeo , o tenis con Manolo Santana , por suposto o fútbol cos xogadores daquela época , a min persoalmente gustábame moito o porteiro do Ath.de Bilbao , Iribar , quizais porque nos meus tempos de cando xogaba co Cerponzons fíxeno case sempre de porteiro e despois durante anos seguín séndoo de fútbol sala .

Pero o que máis nos atraía naqueles tempos era un mozo nado en Zamora no ano 1947 , que comezou aos trece anos a súa traxectoria deportiva , a súa primeira moto oficial foi unha Ducati , despois una de márcaa Derbi onde comezou a cultivar triunfos e máis triunfos , despois tamén os obtivo con varias marcas máis de motos , como a Bultaco.


E claro estes triunfos íanse apoderando de nós e por suposto empezamos a ser fieis seguidores dos éxitos de Angel Nieto , e claro , tamén queriamos emular ao noso campión.

Así foi como en pouco tempo os mozos da parroquia que xa comezaban a traballar foron adquirindo as súas motocicletas , practicamente todas da mesma marca que usaba Ángel Nieto , a Derbi e a Bultaco foron unhas das máis adquiridas , as marcas naqueles tempos de Ángel , como tamén as italianas Morbidelli , Minarelli etc.

Daba a casualidade que na parroquia temos uns veciños de apelido Nieto , e ademais naquela época decidiron montar un taller de motos en Pontevedra , concretamente na rúa Rua Nova , un taller que despois de pechar á noite convertíase durante un tempo en local de ensaio dun grupo musical , bo isto xa o comentarei noutro momento.

E dada a cantidade de motos que houbo naqueles anos na parroquia chegaron a realizarse algunha que outra proba polo lugar da Rons , na estrada nacional 550 que daquela era a existente antes do novo trazado que temos actualmente.

Lembro chegar a contabilizar unhas vinte motos polo menos aparcadas na taberna dos meus pais, inclusive moitos dos pilotos eran de Campañó , cando as acendían todas á vez aquilo parecía que estabamos nun circuíto de carreiras , jajajaja, aínda me acordo da miña nai que se asustaba toda con tanto ruído ensordecedor.

Unha das probas que para min era máis espectacular era a que ía desde a casa do señor Magdalena ata o xardín onde estaba situado o cruceiro , despois de pasar a ponte Malvar .

Consistía en quen tomaba as curvas máis deitado ao asfalto , que sensación ver aqueles emuladores de Ángel Nieto, recordo que o que mellor o facía era Manolo o Lavaradas, tamén Tomás, veciño de Sabaris, non se quedaba atrás…..

E tamén eu teño a miña anécdota cunha desas motos , foi no campo de fútbol de Chan do Monte , antes de comezar o partido que era habitual todos os domingos , moitos daqueles mozos viñan coa súa moto , e eu tamén tiña as ganas en pilotar unha delas , achegueime a Adonis e pedinlle se ma deixaba un pouco , él consentiu e explícome un pouco as marchas e como acendela.

Ao pouco eu xa estaba montado na Derbi de Adonis , comecei a acelerar amodo e funme dirección ao camiño existente que levaba a casa de O Panasco , pero a metade de camiño quixen frear e non sabia onde estaba o freo , a situación era embarazosa , non sabia como parar a moto , así que me metín monte arriba entre os toxos ata que a moto parou por si soa , despois dei a volta como puiden e leveina andando ata o campo para evitar males maiores e que Adonis botáseme unha bronca .

Descanse en Paz Ángel Nieto , un dos meus ídolos de xuventude.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s