JOSÉ NIETO BARREIRO 

JOSÉ NIETO BARREIRO , SAXOFONISTA .


Ás veces a vida pasa tan rápido que non sabemos apreciar nin valorar os bos momentos que pasamos.

Hoxe teño o meu recordo nun dos meus ídolos musicais , José Nieto Barreiro  , máis coñocido por Pepe O Lavaradas 

Comezou moi novo o noso veciño Pepe no mundo da música , lémbroo sendo eu un crío de dez anos cando coa súa guitarra comezaba a estudar solfeo , tería él entre quince ou dezaseis anos .

Pepe naceu un 24 de Xaneiro , día que se celebraba na parroquia a festa de Santa Lucia , parecía que estaba predestinado que  a súa vida iba estar relacionada coa festa .

Pepe ao chegar de Pontevedra parábase na taberna da Rons , alí estabamos os tres amigos de aventuras ( Lito , Manolo e Juanito ) xogando coas bicicletas recicladas daqueles antigos Velosolex que nos regalaba Manolo , o irmán de Pepe , achegábase O Lavaradas a xunto nosa e tocábanos os seus últimos coñecementos do método de solfeo que ía aprendendo , explicábanos o do re o mi fa sol , o método era a base dicíanos Pepe , que se o diafragma era a cuestión de saber tocar ben o saxo …..

Pepe cando viña da academia situada en Pontevedra paraba na Rons nos días que chegaba cedo a casa e aínda era de día , no inverno practicamente durmía todos os días nun portal dunha casa situada preto de onde ía a estudiar o solfeo.

O lugar onde vivía Pepe ( A Bouza ) era e é un dos sitios máis afastados da parroquia e practicamente no medio do monte , sen muitas casas , nin estrada , nin luces , daquela un camiño de carro era o que o levaba a casa .

Sendo tan novo como era , o medo en pasar por aqueles lugares facíanlle que tivese que quedar a durmir de noite nun portal,e volver a casa pola mañá.

Cantas noites pasou así Pepe , pero a súa afección pola música era tal que podía máis iso que ter que durmir así desa maneira.

Por aqueles anos 70 tiñamos un interese na música que empezaba a escoitarse na radio e naquela televisión de branco e negro que emitía progamas musicais como Mundo Pop , Estudio Abierto , A su aire etc. , 

Entón , xunto aos meus amigos da infancia , os irmáns Lito e Manolo , empezamos a sentir a espiral de querer tamén ser famosos no mundo da música e comezamos a formar un grupo musical , realizabamos os ensaios no alboio onde gardaban o carro e demais aveños do campo .

A nosa batería era dúas ou tres cubos de plástico e unha tapa dunha tarteira , unha pequena guitarra que me regalara o meu cuñado Gonzalo traída de Barcelona e unha trompeta comprada nas últimas festas do patrón . Alí os tres tocabamos e cantabamos os últimos éxitos de Fórmula V , Os Brincos , Juan Pardo , Albert Hamond e moitísimos máis grupos e cantantes famosos naqueles anos , que dubida cabe que o noso era por pasar o tempo e non tiñamos máis interese que pasar un intre agradable imitando a ser músicos .

Mentres tanto o que si ía en serio era o de Pepe , el se tiña claro que quería ser músico , aínda que tiña tamén o seu traballo porque de algo tiña que traballar para pagar as súas clases de música e os seus instrumentos.

Os Beatles estaban a facer furor e creábanse grupos formados por mozos con ganas de pasalo ben e de paso gañarse unhas pesetas , esa era a idea de Pepe e así nolo comentaba , e falábanos de grupos que se estaban formando en Pontevedra , lembro nomes de grupos que Pepe ía dicindo : Os Royal , Os Verdugo , La Camiseta , Queimada , Los Phonix , Dumpers….

Entón coñeceu a uns cuantos mozos coas mesmas inquietudes que él para querer ser algo no mundo musical , un deles , Lucho Loureiro foi a alma mater da creación do grupo California , onde Pepe pasou uns cuantos anos , estivo nos inicios do grupo , despois tivo que ir facer a mili e de novo volveu a California.


Para a creación de California xuntáronse compoñentes dos grupos Liberación e Safari , Lucho foi o que se encargou de xuntar aos compoñentes do novo California , os primeiros ensaios realizábanos na Rua Nova , alí Manuel Nieto xunto ao seu irmán Pepe montaran un taller de motos , era unha época onde a venda de motos estaba no máximo apoxeo debido aos éxitos do piloto desgraciadamente falecido fai uns días , Ángel Nieto.

Despois do peche do taller era o momento de ensaiar e o local adaptábase para iso , de aí saíron as súas primeiras versións tan exitosas ao longo daqueles anos .


Pepe estreouse no grupo aínda non levando o de California , senón o de Safari , con este nome una das primeiras actuacións foi no Hotel Universo e a última nas festas do lugar de Sabaris , en Campañó despois xa comezaron coa súa nova denominación como Grupo California.

O seu primeiro traballo como California foi nunhas festas dunha parroquia próxima , tiñan ao seu lado a Orquestra Poceiro , naquela época unha das mellores do momento.


Foi un éxito rotundo , os comentarios da xente que acudiu ese día á verbena , xunto cos da Comisión de Festas , eran que estiveran xeniais , que lles deran unha pasada aos de Poceiro.
Non era de estrañar que sucedese isto , o grupo California estaba composto por seis mozos que rondaban os vinte anos , cunha posta en escena moi rechamante , os seus traxes con aqueles pantalóns de campá, o seu bo tipo , xunto ás súas melenas rompían coa imaxe daquelas orquestras que se compoñían de homes máis maduros e que xa non atraían tanto aos máis novos que estaban desexosos de escoitar temas máis do estilo daqueles melenas , que con temas como Black is Black do grupo Los Bravos , volvían tolas a todas aquelas nenas adolescentes que se namoraban perdidamente de Jorge , Lucho , Moncho , Chavo , Paco e Pepe.


Era o ano 1973 e en moi pouco tempo eran xa uns profesionais totalmente , ali estaban facendo muitas actuacions xunto con grupos e orquestras daqueles tempos, Los Kinfers , Los Gales de España , Los Play Boys , Los Magos de España , Los Chicos del Jazz , Orquesta X , Orquesta Palma……

Pouco tempo despois foise do grupo Paco , substituíndoo Fredy , hoxe en día batería do grupo Black Stones .


Pepe , como os demais membros do grupo dedicáronse en corpo e alma no grupo , os seus temas estaban preparados concienzudamente, a música ía ser o seu medio de vida e non podían deixar por nada que algo saíse mal.


Aínda así houbo as súas anécdotas, como aquela vez que foron contratados para unha verbena , pero non se deron de conta que xa tiñan unha actuación para a mesma data .

Para saír do apuro contrataron un grupo que coñecían e pedíronlles por favor que os suplisen ata que eles acabasen a súa actuación no outro lugar , claro o grupo fixo o que puido pero a xente estaba a darse de conta de que aqueles non eran California e por pouco móntase unha de aquí espéroche.

Mentres tanto en Quireza fóronse a metade dos compoñentes , os outros decidiron ir botar unha man ao outro grupo que estaban a tocar por eles , en Quireza atopábanse nunha situación similar , eran tres e non sabían que facer , faltaba o órgano , un dos instrumentos imprescindible para que o grupo sonara ben .


Aquel día Pepe tivo que poñerse á batería e ademais cantar algún tema , cousa que non fixo nada mal , pois Pepe cantaba algúns temas bastante ben e así foron tocando ese día ,claro, co mosqueo da xente e dos da Comisión de Festas que non as tiñan todas consigo e tiñan intención de non abonarlles a actuación , ao acabar o primeiro pase foron cear e atopáronse que a señora da taberna que lles ía a servir a cea tamén estaba mosqueada e tardou máis do debido en poñerlles a cea , despois no seguinte pase xa chegaran os compoñentes que faltaban e puideron terminar ao grande e co beneplácito dos compoñentes da Comisión .


Nunha noiteboa tiveron unha actuación nun lugar que non había maneira de poder achegar o furgón ao lugar da verbena , aquel día os integrantes da Comisión de Festas tiveron que axudarlles a subir os instrumentos ata o palco , Pepe e os seus compañeiros estaban un pouco nerviosos , aquela noite non comezaba como eles tiñan pensado , máis tarde , ao pouco de montar todo o instrumental comezaron a poñer a punto o saxo , guitarras , órgano e demais instrumentos, a Pepe o saxo comezoulle a dar unhas notas que non eran as adecuadas , cando se pon a repasar o saxo , dáse de conta que nos buracos de ton faltábanlle un par de almohadillas , que son as que presionan os buracos para producir un selado hermético e así dar a nota perfecta , entón comeza a buscar polo palco , pola maleta onde traía o saxo , por todos os lados , pero non daba atopado as almohadillas, de súpeto pensa que se cadra se atopaban no furgón que os desprazaba ata o lugar , pero xa se había ido , o mozo encargado de conducir o furgón non estaba e a situación era embarazosa para Pepe , como ía soar aquel saxo ! Pero aí non quedaba a cousa , os da Comisión conectaron a corrente trifasica e os do grupo non se decataron , conclusión , cando empezaron a tocar aquilo era espectacular ! que ben soaban ! Que pasada de son ! Pero claro ao pouco tempo todo volveuse do revés , as amplificacións empezaron a botar fume , o órgano para soar como unha gaita , o saxo de Pepe xa vos podedes imaxinar as notas que soltaba sen as dúas almohadillas…..un desastre ! Non sabían que facer , xa estaban a observar como algún paisano estaba a apropiarse dalgunha que outra pedra para lanzarlla en calquera momento , non se andaban con chiquitas , non era a primeira vez nin a última que algunha verbena acaba como o rosario da Aurora.
Outras veces pasaba coa corrente ao revés , teñen vido tocar as festas de san vicente de Cerponzons e ten pasado algún que outro problema , cando querian empezar a tocar, ìbase a luz, moita xente dicía que era culpa do grupo que non valia nada, o problema era que non habia potencia de corrente e coas amplificacións que traían aquela potencia que lles chegaba non era suficiente .


Iso sucedía porque naqueles anos 73/74 os grupos e as orquestras tocaban en directo , non había trampa nin cartón , despois máis adiante xa coa música enlatada podían saír do apuro se nalgún momento sucedía o mesmo que ese día .

Outras veces , por exemplo na sala A Goulla atopáronse cun novo problema , o batería e outro compoñente do grupo leáronse con duas fans é non daban chegado para comenzar a tocar , non era de estrañar que moitas mozas que ían velos namorábanse perdidamente daqueles apostos músicos , tan guapos , coas súas melenas e cantando en inglés , así foi que de novo tiveron que velas e inxenialas para poder comezar a tocar coa falta de dous dos seus compoñentes , e por sorte atopáronse na sala de festas cun mozo de nome Tomás , veciño do lugar de Sabaris , en Campañó , este rapaz máis tarde casou cunha veciña de Cerponzons .

Pois ben , Tomás que tiña unha noción de tocar a batería estaba ese día na sala para escoitar os de California , non sabía él que ía ser un dos protagonistas na sala de festas , pedíronlle os do grupo que lles botara unha man , en este caso as duas jajajaja , nin curto nin preguiceiro Tomás púxose ao choio e puideron saír do apuro .

O grupo California tocou nas Salas máis famosas de Galicia , inclusive chegaron a desprazarse ata Suíza onde no Centro Galego pasaban as mellores Orquestras e Grupos galegos do momento.
Salas como A Miramar en Villalonga , Oseve en Vigo , Avenida de Sanxenxo , Hermida 5000 na estrada de Vilagarcia , en Caleiro , no Verxel de Marin,etc. por suposto non podía faltar na Sala do Pino na Avenida de Vigo , onde eu puiden asistir a velos unas cantas veces.

Na voda da súa irmá Marisa ( q.e.p.d. ) , onde o grupo California amenizou a comida , aquí vemos a Pepe entre a súa irmá e o seu cuñado Manuel .

 Na Sala do Pino fixeron de teloneiros de Julio Iglesias e de Mike Kennedy e noutras Salas estiveron cos Diablos , Os Puntos , Rumba 3 etc. , mentres estes grupos conocidísimos viñan cos seus últimos éxitos que se escoitaban todos os días nos programas de radio , como aquel de cancións dedicadas , California tocaba moitas versións conocidísimas e de actualidade , un tema de Albert Hammond , o titulado Nunca chove ao sur de California e outro titulado Satisfaction dos Rolling Stones saíanlles bordados e a xente pasáballo en grande con eles.

Falando con Paco , un dos compoñentes de California, comentábame que un día en Sanxenxo tocaban xunto a un grupo dos que estaban a arrasar musicalmente naqueles anos por toda España .

O grupo chamábase Rumba 3 e lembra que chegaron tarde ao seu pase , sen instrumental e sen cambiar , entón os da Comisión apurábanos e eles pedían de cambiarse nalgún lugar , daquela non había vestiarios nin nada que se lle parecese , tiveron que levalos a casa dun da Comisión e os instrumentos que usaron foron os de California .

Dicir que a súa actuación deixou que desexar e que a xente os abucheou, non así con California que triunfaron unha vez máis .


O grupo California estivo en activo ata o ano 2010 , por el pasaron varios compoñentes ao longo destes anos , mentres Pepe despois de pasar uns anos con eles foise a probar sorte noutros grupos como Zorba , Caravana , Álamo , América , Hiroshima, Mar Azul.


..tamén tivo Pepe e o seu grupo California momentos de tristeza , cando estaban no seu mellor momento  , todos  cheos de ilusión polo ben que estaban a sair as cousas, as súas actuacións cada vez tiñan máis éxitos e alí onde acudían a tocar  seguíanlles moitos afeccionados para velos e escoitalos , pero un fatídico día , vindo da Sala O Verxel de Marin de actuar como outras tantas veces , subíronse a aquel vello automóbil dodge dart , un coche con moitos anos e quilómetros encima , aos poucos quilómetros de iniciar a marcha cara a Pontevedra xurdiu unha desgraza que marcaría aos integrantes do grupo para toda a súa vida , o coche foise contra un farol e o accidente cobrouse a vida de Moncho , un excelente rapaz con tan só 19 anos e un fenómeno como cantaba .

Aquel transo foi moi duro de superar para o grupo , todos eles eran moi novos e custoulles moito superar ese grolo , aínda hoxe é do día que o recordo de Moncho perdura en todos eles .
Unha longa traxectoria musical a do noso veciño Pepe Nieto Barreiro , que para moitos de nós foi un referente para saber apreciar a música ben feita en directo , foron moitas as ocasións que seguiamos os pasos do grupo e alá onde actuaba iamos varios mozos da parroquia , creo que a última vez que eu os vin foi na Sala Anllada de Cuntis.


Hoxe en día os fillos de Pepe están a seguir os pasos do seu pai e polo que me din contan cunha traxectoria que lles augura moitos éxitos no mundo da música .

Recorda o seu cuñado Manolo :

No ano 79 veu a amenizar co grupo Zorba a festa do fin de curso no instituto politecnico maritimo do atlantico de Vigo,onde eu estaba a facer os meus estudos de nautica.

Formei parte daquela Comisión como delegado do curso e contratamolos a eles.

A cea fixemola na casa do mar que estaba o ladiño , foi espectacular a súa actuación.

AGRADECEMENTOS :

Dou as grazas á colaboración de Tino ( Black Stones ) e Paco ( California ) e Margarita.

28 de Agosto de 2017 , articulo de Tino Dominguez :

Outro dos grupos de PEPE :

PEPE e JUAN , dous veciños da RONS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s