MARUJA FUENTES FUENTES

 

 

 

 

 

NACEU NO LUGAR DA RONS, DONDE ESTÁ O MUIÑO.

 

Filla de Camila Fuentes Fuentes e de Ramón Fuentes Blanco, nace no ano 1919

A señora Camila e o señor Ramón tiveron moitos fillos , entre eles a Maruja, unha muller que sempre a tiven no meu recordo de nenez, ela chegoume a coñecer, en cambio eu non manteño recordo de Maruja debido a que cando se marchou para a Arxentina eu tiña un ano de edade.

Pero na miña casa en multitude de ocasións falábase de Maruja, e iso fíxome querer saber máis sobre a súa vida e a da súa familia.

Agora despois de establecer contacto con algúns dos seus fillos e dun neto chegou o momento de escribir algo sobre ela, agora xa teño unha base coa cal poder falar sobre esta muller á cal sempre a tiven nos meus recordos de infancia.


Maruja foise para a Arxentina no ano 1961, é cando os meus pais quedan á fronte do ultramarinos e taberna que ata aquel momento rexentaba Maruja no lugar de Tilve, enfrente a casa de Hermosinda.


A súa situación de viúva, con dous fillos máis un terceiro que estaba xa vivindo en Buenos Aires fai que emigre buscando o mellor para a súa familia.

Maruja casou en Cerponzons o 18 de Outubro do ano 1942, o seu marido era de nacionalidade arxentina, e en tempos da guerra civil española presentouse voluntario, esta guerra marcouno para sempre, unha tuberculose contraída nesa época levoulle á morte con só 33 anos de idade.

Os dous anos de casados Constante encontra traballo no Concello de Pontevedra, pero o pouco tempo con 30 anos de idade, Constante afectado da súa grave enfermidade márchase para a súa Arxentina, quizais buscando un lugar onde a climatoloxía lle sexa máis beneficiosa que a da nosa terra galega, tres anos despois falleceu.

Anteriormente á marcha de Maruja para Buenos Aires tamén marchara o seu fillo maior Juan,foise moi novo a vivir en casa da súa avoa e tía por parte de pai.A intención era de darlle estudos e así foi.

Despois cando corría o ano 61 chega Maruja á Arxentina, alí atopa unha casa cun baixo comercial e ponse a preparalo para convertelo nun Ultramarinos, os seus coñecementos anteriores en Cerponzons fai que se decida a seguir traballando nesta actividade.

Pero a vida de Maruja ten pouco percorrido, a desgraza chega de novo á familia, unha leucemia galopante fai mella nela e morre aos 51 anos de idade, un 9 de Febreiro do 1970.

Os seus fillos, coa axuda da familia, van saíndo adiante e co paso dos anos a ilusión de Constante de volver á terra que o viu nacer fai que no ano 2001 veña acompañado do seu sobriño Sebas e a esposa deste, Paola.
José, pai de Sebas, volve a España 40 anos despois da súa marcha da parroquia, pola contra o irmán maior dos tres, Juan, nunca máis volveu.

Despois de pasar 10 anos vivindo aquí de novo, concretamente en Lérez, regresan á Arxentina sobre o ano 2012, a súa estancia durante estes anos fixo que se fosen para terras arxentinas con dúas galleguiñas, as fillas de Sebas nacidas en Pontevedra, Lucero Castro e Avril Castro.



  

Nesta foto vemos a Maruja co seu fillo José, nos seus brazos ten a filla de Lino, irmán de Maruja.

 


Éste e Constantino Castro Fariña, o marido de Maruja :

Estos son os datos donde embarcou:

BARCO TUCUMÁN 2): Flota Argentina de Navegación de Ultramar. Vapor de ultramar y carga, construido en el año 1945 en el astillero Bethlehem Steel, de Estados Unidos. Capacidad para 827 pasajeros, 26 en primera clase y el resto para inmigrantes. Capacidad de carga 5390 m3. Se propulsaba con una turbina con 6000 CV, siendo su velocidad de servicio de 15 nudos. Fue incorporado en 1947 y desguazado en 1969 en Taiwan. Perteneció a la empresa Dodero hasta su estatización. 



También llegaron ese mismo día y en el mismo barco :

 El 26 de enero de 1949, arribaron al puerto de Bs. As., Jerónimo Manuel Becares Villar, su cónyuge Gertrudis Cenador Fernández y sus pequeños hijos Manuel Ezequiel de 6 años y Jesús Ezequiel Becares Cenador, de un año. Los mencionados, oriundos de Castro Calbón en León, embarcaron en Vigo y se radicaron en Argentina en primera instancia en Hilario Ascasubi y luego en Bahía Blanca.

Junto a ellos, arribaron a la Argentina, Vicente Becares Villar, su cónyuge Esperanza Alonso Pérez y su hija Vicenta Becares. Estos, originarios de la misma localidad, embarcaron también en Vigo y se radicaron en Hilario Ascasubi.

También, el 26 de enero de 1949, llegaron al puerto de Bs. As., Herminia Alvarez Fernández de Arias y su hijo Raúl Arias Alvarez. Oriundos de Rabal, en Orense, embarcaron en Vigo y se radicaron en Capital Federal.

Para saber más sobre este barco :

http://www.histarmar.com.ar/BuquesMercantes/Marina%20Mercante%20Argentina/Pasaje/Tucuman-2.htm

En esta outra foto vemos a Josefa Fariña Falcón, sogra de Maruja, co seu neto Juan, fillo de Maruja e Constantino.

Polo que puden saber a señora Josefa era do lugar de Reiriz.

En esta outra  fotografía vemos a dous dos tres fillos de Maruja, son José e Constantino.

E nesta outra, aparecen os tres fillos, Constantino, José e Juan.

Este documento e o pasaporte de Constantino Castro Fariña, marido de Maruja.

Constantino traballou no Concello de Pontevedra, era o ano 1944, aquí tedes o contrato co nomeamento de :

AGENTE DE RECONOCIMIENTO SANITARIO DEL EXC. AYUNTAMIENDE PONTEVEDRA.

O seu soldo eran 300 pesetas o mes.

Agora Maruja alá onde estea estará feliz escoitando a música de Ezequiel, o seu neto.

https:// youtu. be/ pkVCqkSgrEs

Para quen queira saber da Taberna de Maruja :

https://roquecerponzons.wordpress.com/2017/05/07/carmen-da-rons-taberneira/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s