OS AMULETOS MILAGREIROS.

Cerponzons, anos 60 do século pasado, mentres miña nai e máis miña avóa preparaban a comida que se facía daquela  na cociña de ferro, escoitaban as novas de Radio Pontevedra naquel transistor que apoiado nunha estantería, mesturabase coas velas,os mistos e algún que outro sobre de azafrán ou de sopa de cuscus que alí se gardaban , de paso que se facía a comida miña nai atendía a taberna,sempre a esa hora entraba algún obreiro que paraba a tomar unha chiquita antes de ir a comer é tamén aproveitaba ese momento para escoitar as novas da radio, momento que falaban do que acontecía na cidade e alrededores,ainda recordo como si fora hoxe aquel transistor, cuberto cuidadosamente cunha cortina de plástico, era o único medio de información que tiñamos naqueles tempos, e había que cuidalo dos fumes e as grasas que na cociña producíanse.

Do que escoitaba polo transistor o que máis me agradaba era cando salían as cancions dedicadas dos noivos ou dos homes casados que estaban facendo a mili ou traballando lexos das súas casas por haber emigrado a Suiza ou a  Francia, cando era a hora do cafe todos esperábamos en silenzo por si algún veciño da parroquia dedicaba algunha ese día, a veces escoitabas a locutora decir ” dedicamos la canción del emigrante a Josefa de San Vicente de Cerponzones, con todo cariño y recordándola todos los días, de quién ella sabe “,  é todos quedábamos intrigados de quen sería ese mozo que lle andaba rondando jajaja.


Pero mentras non estaba a comida, na eira seguíamos o meu avó, o meu pai e máis eu rematando a faena da mañá, eran días de ir buscar ” toxo” e facía pouco que chegaramos da cachada que tiñamos ao pasar o Chan do Monte, necesitabamos varios carros para estrumar as cortes das vacas e dos porcos, o primeiro que fixo o meu pai ao chegar a casa foi baleirar o carro e meter as vacas na corte. Aínda que isto que conto seguro que non é novo para a maioría de vós, era unha escena que se repetía en todas as casas.

Aproveitamos normalmente o sábado de ir buscar o toxo porque era cando estaba tamén en casa o meu avó Jesus, o seu traballo no tranvía de Vigo obrigáballe a estar toda a semana na cidade olivica.


Cando nos sentamos á mesa meu pai comezou a falar sobre unha das vacas que tiñamos na nosa casa, preocupáballe que cada día daba menos leite e decidiu pedir opinión e axuda para buscar algunha solución, miña avóa Ramona dixolle a meu pai de que ela xa levaba tempo decindo que a vaca non estaba ben, que algo lle habían feito, que xa llo daba o corpo, ela tiñalle muito cariño os animáis e sufría velos enfermos.
Tranquila, ao regreso da cachada pasarei pola casa de Manuela, haber que me dice.

Era xa de noitiña cando despois das faenas da tarde colleu camiño a casa da señora Manuela , a que tiña a pedra da pezoña e que cando nos picaba algún bicho acudiamos a ela para que nos sanase.

A señora Manuela conservaba unha pequena pedra milagrosa de supostas propiedades curativas, que se utilizaba exclusivamente para sanar as picaduras de reptiles, de animais que causan ponzoña, como sapos, salamandras, víboras e tamén arañas. 

A orixe da pedra para min é descoñecido, ” a pedra dá pezoña”, é unha especie de amuleto sanador, que se transmite en algunhas familias de xeración en xeración. Recordo de ver vir xente de moitos lados a que lle puxesen a pedra , “a pedra poñíaselle a todo ou mundo que viña buscando remedio ou seu mal e non cobrábase nada, pero a pedra non saía dá casa, non se lle prestaba a ninguén”, isto téñoo eu escoitado na taberna.Supoño que esa pedra viría herdada dos seus pais,como normalmente sucedía noutras parroquias que tamén algún veciño ou veciña tiñan en depósito dos seus antepasados.

Normalmente o uso da pedra era moi sinxelo, cando ía unha persoa cunha picadura, mollábase a pedra en saliva e colocábaselle no lugar onde lle picara o animal, onde estaba localizada a inflamación.A persoa que lle colocaba a pedra dependendo o hinchazón, deixáballe colocada a pedra unha media hora e repetíase según a necesidade.

Según as persoas que teñen a pedra comentaban que si a picadura era de pezoña, a pedra ao contacto coa pel quedábase pegada e non se caía, así dese xeito a inflamación acababa cedendo.Hoxe en día si temos algunha picadura acudimos ao medico ou á farmacia para que nos receten unha crema , o longo dos anos foise perdendo acudir aos servizos curativos da pedra como antiguamente adoitábase facer.

Pedra da Pezoña , do blog de Rafa Quintía.

 

Chamou por Manuela, non sin antes levar un susto que lle meteu o can que gardaba a casa é que de súbito apareceu encima do mallón , meu pai esperou un pouco e cando chegou o seu carón comentoulle a Manuela que unha das nosas vacas levaba un tempo que cada día daba menos leite, quería que lle dixera un remedio que lle fora bo para curala, seica era habitual nas vacas neses casos para que tivesen leite poñerlle colgados uns amuletos denominados leituarios é Manuela seguro que sabía darlle algún remedio de esos.

.

Dependendo de cada lugar da nosa Galicia os amuletos podían ser diferentes, na súa composición ou tamaño, material etc., ao meu pai díxolle a señora Manuela que nunha pequena bolsa introducise sal, allo é algo máis que xa non recordo ben.Así o fixo o día seguinte , puxollo como si fose un colgante, atada a bolsiña o redor da cabeza, e o cabo de un tempo a vaca comenzou a dar leite como antes.

Antiguamente ás vacas e porcos, animais que habitualmente tiñamos case todos os veciños nas nosas casas, cando tiñan algún problema envolvíaselles con amuletos, as nosas casas estaban cheas de escapularios, auga bendita e demais prácticas convidas, é outras veces acudíamos a algún veciño que podía ter algún amuleto axeitado según a necesidade, éste foi o caso de ir a pedir axuda a da Manuela.

Non todas as vacas eran provistas de amuletos, por unha banda poñianse tan só aquelas que daban leite que o mellor estaban expostas á envexa das bruxas ou aquelas outras que non daban leite, quizáis xa embruxadas por alguén que tiña mal de ollo.


AS VACAS, UN MEMBRO MÁIS DA FAMILIA.

Naquela época a maioría do que hoxe son pistas asfaltadas eran camiños de carro con innumerables baches ( iso si que eran lombos ), moitos días de inverno tiñamos que axudar ás vacas empuxando o carro cando se metía nun daqueles charcos enlamados é onde a metade das rodas do carro quedaban enterradas sen poder desprazarse, coa nosa axuda a gritos é a empurrons que faciamos ao unísono tratabamos de sacalo daquel sitio xunto co esforzo das vacas.

Foto de Gustav Henningsen*

Desde onde tiñamos a cachada ata chegar a casa a paisaxe era dun terreo onde abundaban os carballos, piñeiros e sobretodo de muitos toxos, ben visibles polo seu dominio da cor amarela sobre os demais arbustos.Como recordo aqueles pinchos dos ” toxos ” ! Non che librabas de ir para casa marcado polas pernas e brazos, pero era necesario en casa ter toxo e xa sabiamos que ese día sen pincharnos non quedabamos.

Ao chegar a casa introducíase na cuadra, alí a ouríña e os excrementos das vacas xunto co toxo convertíase nunha mezcla que se utilizaba de abono, basicamente dúas veces ao ano, na primavera e no outono, con aquel abono que se facía na cuadra nutríanse os campos.

En moitas casas os animais e a xente convivían na casa, aínda recordo unha casa duns amigos dos meus pais, situada preto de Santiago, exactamente en Ordes, o señor Jesus había collido familiaridade cos meus pais desde facía moitos anos, él era condutor dun camión que transportaba madeira para Celulosas, polas mañás adoitaba parar na taberna a tomarse un sol e sombra é esa amizade que se foi fraguando durante anos fixo que en varias ocasións eu estivese pasando algún que outro fin de semana na súa casa.

foto de Gustav Henningsen*

Unha das primeiras visitas que realicei á súa casa atopeime coa sorpresa que estando almorzando naquela cociña, onde a lareira alzábase sobre o chan rodeada de bancos, lugar de reunión da familia. Alí  no centro, sobre lume aberto facíase a comida. Preto, un pote de ferro negro preparado para cocer os desperdicios para os porcos ou cando eran días de moito frío que se lle daba ás vacas unha comida quente a base de salvado.

Recordo que estando alí sentado coas dúas fillas do matrimonio vin como as vacas pasaban polo pasillo da casa desde as súas cuadras en dirección á rúa para ir á leira a pastar, era unha cousa en grao sumo normal, eran da familia, tiñan a súa habitación á beira con outro habitáculo onde se gardaba o forraxe.

Aquela casa, era o que tiña na súa parte baixa, unha cociña coas cuadras , un habitáculo para o forraxe como dixen antes,é un pequeno salón sen apenas uso, pois a vida facíase prácticamente na cociña.

Na súa planta superior estaban as camas, cos seus armarios e unhas cadeiras, contábanme as fillas que antiguamente nesta planta antes non estaba dividida, onde a familia durmía toda xunta.

Recordo que tamén tiñan adornos pola parede, muitas estampas de santos que se dan nas romerías, algunhas daquelas cousas colgadas que alí tiñan non sabía exactamente o que eran nin o que significaban, un santo, aquela virxe, un calendario e varios amuletos que as fillas íanme dicindo para que se utilizaban, aínda que aquelas nenas dicíanme unhas cousas que eu non lles cría de todo, todos sabemos que a xente non sempre di a verdade, e normalmente si lle preguntaba por algún tema mentianme, as pequenas da casa seguían os dictados dos maiores…..
Eu non creo nas bruxas, pero habelas hainas, semexa ser a resposta preferida de nos os galegos, ainda que si lle preguntabas a calquer veciño si crían nas bruxas, na súa maioría negábano con rotundidad, pero si preguntábaslle que farían coa vaca si botase sangue ao ordeñala ou si a porca empeñásese en comer as súas cativas….o final sempre confesaban recurrir a remedios máxicos que podían ser vos para curar o mal.

En fin, que si amuletos de corno de cabra, que si porcos engalanados ao redor do pescozo…..o final sempre acudíamos a polos remedios máxicos.
En Galicia, se achaca todos os males que se padecen ao mal de ollo. Alvaro Cunqueiro, nunha entrevista mantida en 1974 con Joaquín Soler Serrano, afirmaba que os curandeiros, meigas ou desaojeadores eran moi necesarios. Dado que a sociedade galega cría firmemente en que se producían estes males, era aconsellable acudir a un mediador para evitar involucrarse personalmente e facer que a resposta ao aojamiento fose dada pola mesma vía recibida, sempre a través de curandeiros.
Se desaojaba aos animais seguindo o mesmo rito usado para as persoas. Pódeo producir en xeral calquera persoa que teña hostilidad ao dono do animal e teña poderes para facelo. Que teña ollo feridor e que senta moita envexa. Se cura con ruda, auga bendita e tres dentes de allo. Recítanse mentres se vai pasando o remedio polo lombo, oracións como as seguintes: 
Allo sagrado córtame esta mirada
Tres burricáns veñen, tres burricáns van

Un estalou, así lle rebenten os ollos

A quen mal mirouche.

Outra:

Facendo cruces coa ruda mollada en auga bendita:
Ruda rudero, curta o malo e deixa o bo.
NOTA :

*Gustav Henningsen foi un investigador danés que polos anos sesenta estivo por Galicia recollendo as supersticiones do noso pobo, estas fotos son daquela época.

( Gustav Hennigsen, historiador danés, es especialista en tradiciones populares y Magister artium en Folklorística Nórdica por la Universidad de Copenhague. Su interés por la brujería comenzó en una remota isla danesa y, años después, se profundizó con el desarrollo de un trabajo de campo en Galicia).

*Para saber máis sobre a Pedra da Pezoña :

http://galiciaencantada.com/archivos/docs/1555_Apedradapezo%C3%B1aeoutraspedrassandadorasdaculturapopulargalega.pdf

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s