RUBÉN RUIBAL IGLESIAS, paixón polo fútbol 

Rubén Ruibal Iglesias ( 31/01/1991 )

Rubén Ruibal


Comezou a súa carreira deportiva durante dous anos na escola de fútbol do Pontevedra C.F., aínda non podía competir en benjamines debido á súa curta idade.

Xa en idade de benjamín, debuta no Pontevedra C. F. Na tempada 99/00 , estando tamén na 2000/01
Sobe á categoría de alevin no Pontevedra, disputando a liga galega, estando na máxima categoría. Era a tempada 2001/02 e 2002-03


Rubén despunta calidades e pasa na tempada 2003/04 a xogar nos Infantís do Pontevedra cf , tamén na liga galega, tamén na máxima categoría.


Na tempada 2005/06 fai a súa debut nos Cadetes do Pontevedra cf , estando o equipo en división de honor , máxima categoría na que se pode xogar a esta idade.Tamén xoga na mesma categoría na tempada 2006-2007.

Os Xuvenís do Pontevedra cf son o seu seguinte paso , tamén están na máxima categoría, a división de honor, sucede na tempada 2007/08 , 2008/09 e 2009/2010


É na tempada 2010/11 cando dá o salto á 3ª división da man do Portonovo C.F. na categoría senior.

Á tempada seguinte 2011/12 vaise a xogar ao Sporting de Marin, este ano xoga en 1ª Rexional, ao pouco tempo sufre unha grave lesión de ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.

Debido aos seus estudos e as molestias que seguía tendo no xeonllo, decide virse a xogar co noso equipo, o Cerponzons C. F. En 3 ª rexional, así podía xogar cos seus amigos da parroquia, era o ano 2013.

Foi no ano 2015 cando debido a unha pulbagia decide colgar as botas.


Rubén destacou na súa posición de defensa central, destacaba pola súa colocación e anticipación, a súa velocidade e concentración, grazas a estas calidades fixo que fose un dos mellores futbolistas galegos nesa posición, a súa achega aos equipos polos que pasou foi a de intentar co seu labor no campo que a portería dos seus equipos mantivésense a cero en multitude de partidos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s