HISTORIAS DOS NOSOS VECIÑOS EMIGRADOS (7)

Ramón Barragans Bea (Moncho),  un veciño que vive a 17712 Km. da súa parroquia dende fai máis de 30 anos.

Fillo de Ramón e Felisa, é o maior de catro irmáns, sendo Ramón o primogénito, tras el viñeron ao mundo Remedios, Esperanza e Mónica.

Naceu en Cerponzons ( Pidre ) no ano 1957 e aínda que me leva tres anos estivemos xuntos no mesmo colexio, daquela estabamos todos os nenos na mesma aula.

Recordo que cando era a hora de ir para o colexio, eu subía desde Rons por un pequeno carreiro que había de servizo para as leiras, e pasaba por xunto a casa de Moncho, alí subiamos moitas veces xuntos cara ao noso inesquecible centro de estudos.

Nesta fotografía podedes observar os que daquela estabamos no aula de nenos, e ademais pódovos contar unha anécdota con este profesor ( ao que por desgraza non recordo o seu nome).


Os mestres daquela época eran todos moi parecidos, e a forma de actuar cos alumnos era prácticamente a mesma en todos eles, si non sabias unha cousa, a regra estaba presente para darche nas mans as veces que o mestre consideraba que che dese nelas, tamén a de poñerche de xeonllos, en fronte á parede, cos brazos estendidos e as mans cargadas de libros e que non se che caesen !

Pero cando nos concederon este mestre para a escola todo cambiou !

O seu xeito de ensino, a súa forma de ser connosco, as súas modales …e o seu novo ensino no mundo do deporte, algo que daquela non se le daba muita importancia, daquela o deporte só estaba presente no recreo, pouco máis.

Unha pequena pelota feita do que podiamos facer nun momento determinado, que si un trapo, unha botella de plástico ou ás veces unha pelota que alguén traía da súa casa e que duraba ás veces pouco, unhas porqué rompíase e outras porque desaparecía entre os toxos que había preto do noso patio.

ÉPOCA DO SERVIZO MILITAR :



UN LONGO VIAXE

Do que teño atopado sobre estudos de poboación, en Australia hai aproximadamente uns 58.000 australianos de ascendencia española, a maioría dos cales residen nas principais cidades de Sídney e Melbourne.

Destes, segundo o censo do ano 2006 en Australia, máis de 12000 naceron en España, destos son 1700 galegos,  un deles é o noso querido Moncho.



A FAMILIA DE AUSTRALIA :

Susie, a súa dona desde o ano 1984

Moncho co seu fillo Raimon

A Avóa



Moncho e Susie viven na cidade de Melbourne, a segunda cidade máis poboada de Australia, con máis de 4 millóns de habitantes.



Está situada na bahía de Port Philip, e é unha cidade que está considerada como a cidade como o mellor lugar do mundo para vivir.

Malia ter o típico centro financeiro con edificios altos, Melbourne é unha cidade basicamente baixa, estendida cara aos costados, cruzada por avenidas amplas pero tamén por rúas pequenas plenas de lugares para comer, centros comerciais para comprar e camiñar con pracer, case sen descanso.

SOBRE A EMIGRACIÓN:

Nun traballo realizado por Rodríguez Galdo e Losada Álvarez presentan a Galicia como ” un país de vellos emigrantes “.

Comentan no seu estudo que alá polo século VIII se documenta a saída de galegos cara a outros territorios peninsulares. «Do medioevo, pois, arrinca o primeiro club da emigración galega, que polo destino dos seus efectivos humanos recibirá o nome de intrapeninsular. Comprende cando menos ata ben avanzado o século XIX, e ata pervive no século XX, aínda que rexistrando variacións e desfases intraterritoriales. Tres son os destinos predominantes dos emigrantes galegos neste primeiro ciclo: Castilla, Andalucía e Portugal, por orde de importancia e prelación cronolóxica. E dous as variantes que presenta: unha de carácter estacional ou golondrina, e outra de duración máis demorada, sen chegar habitualmente a converterse en definitiva». Nun segundo ciclo, desde finais do século XVIII ata mediados do século XX, a meta da emigración sitúase en América. Nun terceiro ciclo, cara a mediados do século XX, a emigración diríxese ás Europas prodixiosas do «plan Marshall» e ás zonas máis industrializadas de España (Madrid, Cataluña e Vascongadas, principalmente). Pero dentro do segundo ciclo, o galego encamiñarase tamén cara ao Pacífico e Australia, debido á creación na Coruña da Casa de Contratación de Especiería, en 1522. Durante a expedición de Jofre de Loaysa, que levaba como piloto a Elcano, sepárase dela a nave «San Lesmes», tripulada por galegos, que chega ata o que hoxe é Nova Zelanda. Esta relación do galego coas terras australes non se interromperá, destacando a gran figura de Rosendo Salvado (1814-1900), bispo de Porto Vitoria e colonizador.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s