GERMÁN de CHAPÍN

GERMÁN LÓPEZ PAZO

( 1931/2014 )

Cada un de nós temos a unha ou varias persoas na vida que marcan as nosas vidas ao longo dos anos, neste caso que vou comentar foi no aspecto musical, onde Germán foi para min o home que me deu a oportunidade de amar a música en todos os aspectos.

Nos anos sesenta e setenta acudían nas épocas das festas Patronais da parroquia moitas orquestas, nos intermedios da súa actuación viñan os compoñentes desas orquestas a cear á taberna dos meus pais, a min ver aquelas figuras da música na miña casa gustábame, e cando tiña un pouco de amizade con algún dos compoñentes pedíalles o seu póster, ao día seguinte colocábao nas paredes da taberna, tamén recordo ter algún que conseguía por outros medios e que eran daquela época os meus cantantes favoritos, como aquel enorme foto de Jorge Sepúlveda, intérprete do famoso tema ” Mirando al mar soñé “.

Nuns deses días que estaba colocando algún novo ídolo ou quizais a foto dos Chicos del Jazz, Compostela, Florida……chegou Germán á taberna, era polo ano 1970/71, recién chegado a parroquia.

Vexo que tes afección pola música ! Tes que facerche cantante, tes madeira ! Germán tiña moita retranca, era o mellor !

Comezamos a falar sobre o mundo da música, as orquestas, os grupos que estaban triunfando naqueles anos…..de súpeto díxome :

En casa teño un tocadiscos e moitos discos, si che gusta a música pódocho deixar para que escoites e lle collas afición .


Non me esperaba que me ofrecese o seu tocadiscos e a súa colección, pero non deixei escapar a oportunidade, cando Germán foise para a súa casa fun a pedirlle permiso á miña nai para que me deixase ir a polo tocadiscos, a miña nai ao principio contestoume que non, que como ía ter en casa unha cousa de tanto valor e que podía estropeárllo, pero tal foi a miña insistencia que ao final deixoume ir.

Saín de casa disparado, cruzei a ponte e collin un ataxo que había desde a estrada en dirección a casa de Germán, era o mesmo que usabamos os nenos que iamos ao colexio, que había mui preto da súa casa.


Ao verme, invitoume a pasar ao seu salón e díxome : ahí o tes, colle os discos que queiras e valos escoitando, despois vés a por máis, tiña infinidade discos, recordo aqueles que viñan co coñac Fundador….



Baixei con moitísimo coidado aquel camiño e con toda a ilusión do mundo ao chegar a casa púxenme a colocar o tocadiscos nunha esquina da taberna, onde está hoxe en día a cheminea, antes ocupado por unha máquina de bólas que era o único xogo electrónico que había por aquel entón.
 E así, cada sábado achegábame a casa de Germán, leváballe os discos que escoitara durante a semana e volvía á miña casa con outros cantos éxitos daquelas épocas, deseoso de escoitar aos Los Ángeles, Los Diablos, Fórmula V……

Co paso do tempo puiden aforrarme un diñeiro e compreime un radiocasete, comentárallo a Germán e indicoume que para min era moito máis cómodo e que se escoitaba igual de ben, foi cando fomos un día a Pedra, en Vigo, e alí conseguin un dos mellores radiocasetes do momento, aconsellado por Germán que me había levado no seu coche.

AUTOESCUELA PERNAS

Aos poucos fomos perdendo o contacto tan asiduo, pero a nosa amizade seguía como o primeiro día, el viña ata a taberna e viámosnos de vez en cando. Despois cando aos dezaseis anos comecei a traballar cando chegaba a taberna xa se había ido Germán e miramonos un pouco menos, pero aos dezaoito anos recentemente cumpridos fun a falar con él para que me indicase como tiña que facer para inscribirme na autoescuela onde el traballaba.

Aos poucos días xa estaba eu aprendendo os sinais e as normas de tráfico, era a autoescuela PERNAS, unha das mellores que había naqueles tempos.

Cando comecei coas prácticas de coche tocoume un mozo que máis tarde o vin traballando na Deputacion de Pontevedra, era moi bo profesor.

Pero a min gustábame máis Germán, e debo dicir que grazas a él tiven clases de condución extra gratis, todas as tardes víñame a recoller á Rons, desde a miña casa ata Pontevedra levaba eu o coche, alí estábame esperando o profesor que me asignaron e comezaba a realizar a práctica correspondente de pago.

Germán era como profesor un home que se facía respetar, pois ante todo respetaba aos seus alumnos, ás veces cando empezaba a conducir e dicíame que fixese determinada manobra, eu dicíalle que non podía, é contestábame ” Si Podes ” e así me ía ensinando a ir aos poucos a dominar calquera situación que se podía dar conducindo, grazas a Germán fun madurando e dominando eu ao coche e non o coche a min, como adoitaba sucederme ao principio.

O traballo de profesor de autoescuela é un traballo moi duro psicológicamente, tes que ensinar a multitude de persoas con diferentes actitudes e características, unha gran maioría terminada a súa aprendizaxe e aprobado o exame, séntense agradecidos para co profesor, outros, os menos, son aqueles inmaduros e inseguros de si mesmos que lles custa sacar o carnet e que fan responsables aos profesores dos seus desacertos.
Fai pouco publicouse este recordo no Diario de Pontevedra, era no ano 1983,  sobre a xuntanza que tiveron os propietarios e traballadores de Autoescolas, Germán traballou muitos anos de profesor.

ANO  1975, INAUGURACIÓN DE AUTOESCOLA PERNAS, LUGAR DE TRABALLO DE GERMÁN 

ANO 1974

Corría o ano 1998 , na época de Nadal , cando saliu publicada unha entrevista na Voz do Rons que lle fixeran o que foi noso veciño durante anos Germán.
ENTREVISTA CUN ARTESANO :

Germán López Pazo
Este noso veciño de Pidre , natural de Cuntis, leva 28 anos vivindo na parroquia onde ten a súa casa e tamén o seu taller de cesteria situado na Praza do Cotilleo , diante da escola de Meán.


Ata os 23 anos adicouse á cesteria , pero como él di , cando chegou o plástico o negocio non era rentable porque neste oficio todo se realiza a man e leva moito tempo rematar unha peza. Isto fixo que cambiase o oficio polo de monitor de Auto-Escola , do que fai pouco se xubilou.


 Agora dispón de máis tempo para traballar de novo a madeira e os bimbios que ós 14 anos aprendera do seu pai e pola súa conta foise perfeccionando no transcorrer dos anos ; polo o que o Sr.German pode facer de un feixe de bimbios e uns anacos de madeira : un cesto , unha lámpara, un botelleiro, un cabeceiro, unha banqueta, un moble….Estes bimbios non son baratos cando proceden da fora , pero él traballa cos que lle regalan ainda que os nosos , según explica o Sr. Germán, teñen mais nudos e leva muito tempo preparalos : Hay que metelos en auga é en febreiro, cando brotan , quitarlle a cáscara e logo poñelos a secar.

En Pontevedra había Veciños que ían vender bimbias :

Tivo encargos mui especiais pero precisa tempo para facelos e incluso ten tirado pezas que a él non lle gustaban, ainda que os clientes estivesen conformes.

Un destes especiais encargos tratábase dunha roca de fiar que inxeniou cunha bara de salgueiro é dous arcos de bimbios.

O proceso de fabricar pezas novas require tallar primeiramente un molde con madeira de abeneiro para logo trenza-los bimbios sobre esa base. Así tivo que facer coa primeira cesta de troitas que creou.

Moitos nenos coñecen os seus trompos que bailan que mete medo velos.

Outra afición é a música porque tocaba o saxofón e o clarinete con ” Los Musicales ” nos bailes da Cañota , Vista Alegre ( Lérez  ) , A Paloma ( A Seca ) …Hoxe non toca en ningún grupo pero as veces ameniza as reunións dos veciños na praza do Cotilleo co seu órgano electrónico.

Grupo Los Musicales, Germán e o do centro.

A Agrupación Cultural – Deportiva quere felicítalo por ser un home cheo de recursos , capaz de contaxiar a súa vitalidade , e pola ilusión que pon en todo o que fai. 

OUTRAS ORQUESTAS DONDE ESTIVO GERMAN :

Orquesta Sur, German e o primeiro pola ezquerda, o do saxo.
Orquesta Termas, a ezquerda co saxo, Germán

NO ANO 1965 ERA NOTICIA CUNTIS, O POBO DE DONDE ERA ORIXINARIO GERMAN :

A vila de Cuntis foi unha das máis significativas vilas termais da Gallaecia. Os romanos asentáronse no lugar atraídos polas súas augas quentes fundando unha vila chamada Aqua Calidae. A vila situada na vía XIX do itinerario Antonino, que unía Lucus e Bracara, moi preto de Aquis Celenis, actual Caldas, foi un dos asentamentos termais máis importantes do occidente da Gallaecia.

Máis información:

http://historiadegalicia.gal/2018/05/cuntis-a-antiga-aqua-calidae-quere-facer-arqueoloxia-da-auga/?utm_source=feedburner&utm_medium=email&utm_campaign=Feed%3A+HistoriaDeGalicia+%28Historia+de+Galicia%29

Germán tivo irmáns que foron compoñentes da Orquesta Los Cunter’s, ainda recordo nos anos 60, a súa participación na TVE.

Corría o ano 1963 cando cinco compoñentes da orquesta Burgas puxeron en marcha outro proxecto, o grupo Los Cunter’s. Debutaron en agosto de 1964 en Vilagarcía.

 Tamén o xardín do Hotel Universo de Pontevedra foi o escenario dunha das súas actuacións, e durante dous meses amenizaron as xornadas dos veraneantes na Toxa. 

Un catarro de un dos seus compoñentes impediulle viaxar a Benidorm.
Os Teleclubs: 

Fai 50 anos creouse en España o primeiro teleclub, un espazo público e aberto a todos onde podía verse o máis moderno do momento: a televisión. Todos os pobos de España tiveron o seu teleclub. Chegaron a crearse uns seis mil, organizados nunha rede nacional que revolucionou o mundo rural.

ANO 1966, ARTIGO NO DIARIO DE PONTEVEDRA , POESÍA MUSICAL GALLEGA EN BENIDORM :

Na foto Los Cunter’s acompañados da súa amiga Lola.

PROGAMA CAMPO POP , ANO 1970 

Tele-Club Campo Pop” é un dos programas máis sorprendentes da historia de televisión española organizado polo Ministerio de Información e Turismo e a poderosa rede de 4.000 teleclubs que se propuxo a toleada misión de localizar no prazo de 9 meses ao mellor grupo de Pop Rural alá polo ano 1968. Entre os 9.300 pobos con menos de 10.000 habitantes que había en toda España. Estivo presentado por Alfredo Amestoy.

Eiqui podedes ollar o concurso, donde Los Cunter’s saen na segunda actuación:

https://youtu.be/xEfOHRlACDU

“Música Ligerísima 1”

Repaso á música lixeira dos anos 50, 60 e 70 a través do arquivo de TVE.

Música ligerísima recoñece o valor de música popular en España para entender, a través da mesma, a historia do país. O final dos 60 e os primeiros anos da década dos 70 foron excepcionais para a música popular española. Máis aló de tópicos e lugares comúns, sorprende a cantidade de artistas e propostas. Trátase, en moitos casos, de música comercial destinada a audiencias masivas, tamén se crearon obras menos comerciais, máis arriscadas e vanguardistas, que tamén teñen o seu xusto reflexo en Música ligerísima.

O progama CAMPO POP, era presentado por Alfredo Amestoy, un predecesor do “Gran Prix” de Ramonchu aplicado ao pop xuvenil, pobos de menos de 10.000 habitantes demostrando que pode haber vida moderna debaixo das tradicións e bailes populares.

No xurado recoñecemos a Pilar Miró, Rafael Revert e Miguel de los Santos.

https://youtu.be/Rn1DIdwZgcw

Na orquestra Los Cunter’ s estaban dous irmáns de Germán, Lito ( batería) e Pepe ( Trompeta)


Germán sempre me falaba deles e dos bos que eran, así foi como comezou sendo unha das miñas orquestras preferidas.

Nunha das fotos que conseguín, hai xa un tempo e non recordo onde foi, comentaba a foto Mina López, neta de Lito, que estaba Lito, o seu avó , é Pepe o seu irmán, máis  coñocidos por os Chapín.

Esta é a foto :

Germán foi para min o veciño con máis sentido do humor que houbo na parroquia, un sentido do humor propio da nosa terra, a súa mestura de sarcasmo e ironía sa dominábaa perfectamente.

Canto me ría con él cando empezaba a falar da súa extensión de terreo dedicado á vide, era tan grande o terreo que posuía de viñedos que tiña que recorrer ao aluguer dunha avioneta para sulfatar todas as súas viñas.

E críanllo, vaia que llo crían jajajaja

Para min foi o mellor retranqueiro da parroquia.

ALGO MÁIS RELACIONADO CO NOSO VECIÑO…
ARTIGO NA VOZ DE GALICIA, ENTREVISTA A UN SOBRIÑO DE GERMÁN :

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/cuntis/2016/05/12/pelo-cortaba-vino/0003_201605P12C7991.htm

2 comentarios en “GERMÁN de CHAPÍN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s