DOMINGO DE RAMOS

Debido á pandemia o día de hoxe non se celebra como anos anteriores, pero estou seguro que para o próximo ano celebrarémolo como antes desta maldicion que nos tocou vivir, quizáis máis que nunca necesitemos dos nosos ramos…

O domingo de Ramos tamén se consideraba unha data especial para lucir as mellores galas, e mesmo estrear roupa de nova tempada, hai un refrán popular que dicía de que quen non tiña mans, no sentido de non ter traballo e ademais non saber coser, era considerado pobre para poder estrear, pero o máis importante nestas datas non e a roupa, sinón os amuletos de Pascua….imos recordar algúns…..

O Ramo do Domingo de Ramos era outro deses amuletos protectores contra o trebón. Normalmente composto de loureiro, oliveira, mirra, romeu, malvarrosa e acivro, este ramo bendícese na misa parroquial do Domingo de Ramos e gárdase para queimar nos días de tormenta,tamén  para protexer contra o mal de ollo e o meigallo. Hai en muitos lugares donde a tradición di que o ramo ten que estar composto polo menos de ruda e olivo, porque si non e así non quita o mal de ollo, nin tampouco serve contra o meigallo.

Na nosa parroquia a maioría dos veciños levaban a bendicir un ramo donde non faltaba a oliveira e o loureiro, eu recordo cómo o día anterior percorríamos miña irmán e máis eu as corredoiras da Rons buscando plantas.

Despóis de ser bendecido gárdase na casa, era cómo un amuleto para ter a man en momentos de necesidade de empregar como fin protector. Recordo cómo nos días de tormenta miña avóa Ramona usaba o loureiro do ramo para queimar neses días, a protección estaba asegurada !

Tamén recordo de quen a oliveira que tiña o ramo usabana para dar a extrema unción.

Había quen bendecía a casa con unha pola do ramo , así quedaba protexida de todo o mal, e seica había veciños en muitas parroquias que percorrrían as fincas bendecindo as súas fincas, normalmente facían a bendición os días seguintes de Pascua.

Seguro que os que tedes xa unha edade, recordades aquela veciña, creo que vivía no lugar de Liborei, recordó que vivía coa muda, traía unha rama de oliveira máis grande que ela ! A veces costaballe metela pola porta grande da Igrexa !. Si, era a señora Severina ….

No século XX chegaron as palmas, que eran máis habituais nas cidades e que ademais requirían unha certa capacidade económica para a súa adquisición. Estas fóronse impoñendo sobre o clásico ramo que con tanta ilusión faciamos os máis pequenos.

Tres veciños da parroquia, algún levaba o ramo ben grande…

AS VELAS
 No Xoves Santo séguense levando as velas á igrexa para bendicilas e despois gárdanse como poderosos amuletos para acendelas os días de tormenta e manter a casa protexida da acción do raio. O mesmo ocorre coas velas da Candeloria; estas candeas, queimadas na misa da Candeloria, son gardadas como poderosos amuletos capaces de esconxurar e protexer do trono e da tormenta.


CRUZ DE CARAVACA
A famosa cruz de Caravaca é outro potente amuleto polivalente que protexe contra as tormentas e hai incluso quen di que pode predicilas. En moitos lugares ponse a pa do forno fóra da casa, estratexicamente colocada diante da porta, da ventá ou apoiada na parede da casa para protexerse da tormenta. Noutros lugares o que se coloca é a vasoira detrás da porta ou a pa e a vasoira facendo unha cruz.

SEIXOS
Seixos apotropaicos son colocados protexendo ventás, portas e mesmo incrustados entre a cachotería das casas tradicionais galegas, sobre todo nas do interior do país, como amuleto protector da vivenda. Os seixos cumiais, pedras máis ou menos talladas que se porían nos cumios dos tellados, tiñan a función de atraer a fartura e bonanza, de salvagardar a saúde dos que viven na casa e do gando e tamén de protexer contra a acción maligna do raio e da tormenta.

AUGA BENDITA

 Noutros sitios era costume pór unha botella de auga bendita no pincho do tellado para manter a casa a salvo do raio, esta costume a veces pasaba de unha parroquia a outras, seica un veciño que casou na parroquia tiña por costume facelo na casa dos seus pais, e así o fixo despóis na casa dos seus sogros.

A Auga do Sábado Santo emprégase para bendicir a casa, os campos, os froitos e os animais domésticos co obxecto de mantelos libres de todo mal, como a acción perniciosa das forzas da natureza. Non só había que manter a casa e as xentes a salvo, tamén era necesario protexer os animais. Contaronme que nunha parroquia para protexer as galiñas púñase unha lima vella baixo as pallas do niño cando había tormenta. 

A CAMPÁ

O poderoso son da campá tamén pode afastar e desfacer as tormentas; de feito moitas campás levan a inscrición en latín “Tespestatem fugo” e eran tanxidas polas mans espertas dos campaneiros cando se achegaba o trebón para facelo escorrentar.
Muitas das cousas que comento eiquí recollinas de artigos feitos por Rafa Quintía,  él e o seu equipo, estivo dándonos charlas durante todo o ano 2019 con motivo do Milenario da Parroquia.

Un comentario en “DOMINGO DE RAMOS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s