ARTE- GELUCHO PUGA

Recordando a un amigo.

Gratos recordos de Gelucho, un pequeno gran home, natural do lugar da Piolla.

Foto de http://vellapontevedra.blogspot.com/2013/01/gelucho.html

Na praza da Ferrería tiven certa relación con Valentin, o castañeiro,  Dimas, o dos xeados, un pouco máis de relación tivena con Luís Pontevedra, o limpiabotas, que o adoitabas atopar debaixo dos soportais, sentado no seu banquiño o carón do ultramarinos Beledo, Luis de cando en vez viña por xunto miña para falar dalgunha cousa que lle sucedía, muitas delas non boas por certo, algunha xente metíase con él, e non foi nin unha nin duas as veces que entraba chorando pola tenda, eu si non tiña xente na tenda intentaba consolalo como podía dandolle consello. E por suposto tamén tiven relación con María a do Carrillo, toda unha institución na praza.

María, dicían algúns que parecía unha bruxa con aquel mal carácter que adoitaba ter, quizais porque os nenos sempre lle estaban facendo das súas, mentres uns pedían polo portelo dianteiro do kiosko, outros lle estaban roubando pola parte traseira.

O seu forte carácter foi quizais o causante de que moitos nenos e nenas fixésense tamén clientes de Gelucho, moito máis educado e de mellor trato con todos os pequenos que se lle achegaban a xunto él.

No seu pequeno kiosko da Ferrería estivo durante anos Celestino Puga, máis coñecido como Gelucho, o seu kiosko e o de María eran lugares por onde pasabamos todos os días , sempre iamos ás gominolas, pipas, chicles….etc.

Casi todolos días antes de entrar no colexio de Buela, sito na Praza de Mendez Núñez, un grupo de compañeiros visitábamos a Gelucho ou a María, así durante todo o curso…..

Co paso dos anos a miña época de estudante quedou atrás e pronto comecei a traballar nun establecemento de venda de confección, moi preto de onde estaba situado Gelucho, a miña empresa de nome Peral estába situada na Praza de Curros Enríquez e a miña parada durante anos antes de entrar a traballar pola mañán foi a Cafetería Pasaje, alí volvémonos a atopar de novo Gelucho e máis eu.

Recordo coma se fose hoxe as nosas charlas no Pasaje, alí pasabamos momentos inesquecibles, Gelucho falabame dos seus libros, das súas pinturas, da vida pontevedresa….gardei con muito agarimo os seus consellos, sempre bos.

Dou a casualidade que a súa vivenda, situada no Barrio dos Salgueiriños atopábase a uns cen metros da miña, un día Gelucho coñocendo donde eu vivía invitoume á súa casa , falamos coma sempre das cousas do día a día e de paso mostroume as súas pinturas, e con todo cariño agasalloume algunhas delas, hoxe en día gárdoas con moitísimo agarimo, foi o mellor agasallo que me puido facer.


Con esta lembranza quero homenaxear a ese gran home que viviu entre nós.

Máis información sobre Celestino Puga ” Gelucho” :

http://vellapontevedra.blogspot.com/2013/01/gelucho.html

2 comentarios en “ARTE- GELUCHO PUGA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s