AS MIÑAS CANCIÓNS FAVORITAS E OS SEUS INTÉRPRETES.

AS CANCIONS QUE LEVO SEMPRE CONMIGO, TEMAS QUE MARCAN A VIDA.

ANDRÉS DO BARRO (1)

22/12/1989

Tal día coma hoxe fai 31 que nos deixaba Andrés do Barro…


Andrés Lapique do Barro (Ferrol, 1 de outubro de 1947 )(Madrid, 22 de decembro de 1989) Cantautor.


O meu recordo de niñez lévame a aqueles días onde sendo un cativo, nos momentos que tiña libres despois do colexio, dedicaba esas horas en axudar aos meus pais na faena do campo ou na tenda ultramarinos que tiñamos .

Un dos traballos encomendados era a de levar a nosa vaca a pastar polas corredoiras ou nas leiras da Rons ou do Cañoto.

E alí ía eu co meu pequeno transistor escoitando aquela música que retransmitía Radio Pontevedra, onde soaba dia si e día tamén o noso Andrés Dobarro, corría o ano 1969 cando quedoume grabado un tema para sempre…..

Non sei si saberedes que Andrés do Barro e o único cantante que alcanzou o número 1 en España cunha canción escrita en galego.


Os temas de Andrés interpretados en galego foron de gran axuda para que o meu agarimo polo noso idioma fose cada vez a máis, o meu paso por diferentes colexios, tanto no rural como na cidade non nos deixaban que falásemos a nosa lingua galega.


Aínda a miña memoria retén as risas dalgúns mestres e compañeiros que se metían conmigo porque falaba en galego, en moitas das ocasións o mestre de quenda chamábame a atención e castigaba con escribir duascentas veces unha frase : En clase se habla y escribe en castellano.


Anos máis tarde, xa no Instituto Sánchez Canton foron Fuxan Os Ventos, os que tamén me deron folgos suficientes para seguir amando a nosa fala, non esquezo áquel día no paraninfo a súa actuacion.
Dábame igual o que me dixesen, paríronme así, falando galego e escoitándoo desde o mesmo momento que vin a luz, na miña casa os meus pais e os meus avós criáronme é educáronme en galego.
Por iso antes de entrar e logo de saír do colexio a miña canción favorita durante muito tempo era esta que hoxe quero compartir con todos vos, un tema que me acompañaba a todas partes, coma cando ía a coller o vello trolebús que me levaba coma o tren de Andrés…..

https://youtu.be/94s3mBmoghc

Entrevista en Disco Expres, 11/01/1970 :

ANO 1971 :

ANO 1971, TEATRO MALVAR DE PONTEVEDRA

Fai pouco saiu á venda o disco de Andres Do Barro “Su Disco Perdido y Todas las Grabaciones en Belter (1973-1975). Un disco que recolle as cancións espalladas por recopilatorios de Belter que son moi difíciles de atopar, e o máis importante: 5 cancións inéditas procedentes do disco perdido gravado por Andrés a comezos dos 80.

Cancións como “Que lonxe fun” ou “O meu país” que son algunhas das mellores composicións que fixo Andrés nunca. 
Non deixedes de facervos co este traballo de gran valor.

O noso amigo GOGUE tamén participou nun evento relacionado con Andrés:

JUAN PARDO (2)

AS CANCIONS QUE LEVO SEMPRE CONMIGO, TEMAS QUE MARCAN A VIDA.

Hoxe 13/02/2020 celébrase o Día da Radio, vénme á memoria os anos sesenta e setenta….Juan Pardo na miña mocidade era un dos meus cantantes favoritos, o seu paso polos Pekenikes, Los Brincos, a dúo con Junior…ou ben cando comezou a cantar el só, as súas cancións estaban no alto da crista, era dos cantantes que escoitabas a todas horas, ademais foi un gran compositor e promoveu temas para infinidade de cantantes, entre eles Andrés do Barro, Xil Ríos, Luz Casal, Camilo Sesto…..

Un dos temas que escoitei centos de veces foi Mi Guitarra, co meu pequeno transistor de pilas, compañeiro meu durante anos, escoitaba a Juan Pardo polas leiras do Cañoto, A Laxe, na Rons…….

Me dejareis morir para escuchar mi llanto 
Y para verme sufrir sonreiréis a mi canto 
Pero nunca entenderéis a mí guitarra 
Y fundiréis mi anillo, derramaréis mi vino 
Porque olvidarse de mí, tendrá que ser muy sencillo 
Pero nunca entenderéis a mi guitarra 

Mi guitarra cantaba por mí 
y lloraba también cuando yo estaba triste 
Mi guitarra de astillas de amor 
Que algún alguien rompió sobre el mar 
Podréis vencer sobre mí y sobre mi alrededor 
Porque vencer me así no tiene ya ningún valor 
Pero nunca entenderéis a mí guitarra 
¡Escuchadla! 

Mi guitarra cantaba por mí 
y lloraba también cuando yo estaba triste 
Mi guitarra de astillas de amor 
Que algún alguien tiró sus pedazos al mar 

Me dejareis morir, para escuchar mi llanto 
Pero nunca entenderéis a mi guitarra 
pero nunca entenderéis a mi guitarra 
Pero nunca entenderéis a mi guitarra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s