27- AS FONTES MILAGREIRAS.

AS FONTES
A fonte de toda vida é a auga, como todos sabemos, desde a máis remota antigüidade foi obxecto de veneración.No século VI, San Martiño de Dumio realizaba unhas declaracións criticando a pagana veneración que tiñan os antigos habitantes da nosa Galicia aos astros, ao lume e ás augas, tanto subterráneas como os manantiaís.

Co tempo os costumes e cultos que aqueles habitantes tiñan con estas cousas fóronse cristianizando e así é como a día de hoxe atopamos moitas ermidas coa súa fonte milagrosa nas súas inmediacions , un exemplo próximo é Os Milagres de Amil, A Escravitude, San Andrés de Teixido….

Segundo o santuario que sexa, o tratamento que se debe realizar é diferente, cada fonte de cada santuario ten as súas características , pois non soamente é a auga da fonte a que ten capacidade total de cura, é necesario combinar as súas propiedades cunha serie de ritos e oracións.

Así podemos observar que non basta con beber nunha fonte unha vez nada máis, o enfermo terá que acudir durante varios días a beber nela, ou tamén pode suceder que o enfermo ten que acudir a varias fontes determinadas, con certas pautas, por exemplo, que as fontes a donde ten que acudir nunca secasen, tamén que o enfermo terá que beber a auga en ayunas, cos pés descalzos……

AUGA DE CINCO FONTES

Cerponzons e unha parroquia que está situada a poucos quilómetros de Pontevedra, unha parroquia que este ano conmemora o seu milenario, unha parroquia que a través da súa longa historia atesoura infinidade de lendas e crenzas as cales foron convivindo cos nosos veciños, e foronse transmitindo ano tras ano a fillos, netos, bisnetos…., moitos dos nosos antepasados enfrontábanse ás enfermidades con estes rituais, un destos rituais foi o que ten que ver coa AUGA DAS CINCO FONTES….

Carmen estaba preocupada, Juan, o seu marido, levaba días cunha forte dor de estómago, víao marcharse á leira retorcéndose de dor, e máis se retorcía cando tiña que estar agachado realizando os diversos traballos que tiña ao longo da dura xornada, e así un día tras outro.

Juan da Rons

Levaba moitos días medicándose , visitara varios doutores que lle recomendaron uns coñocidos, na taberna sempre había tempo para falar de todo, unhas veces podíase estar falando de arranxar un motor como de facer un edificio, tamén claro, falabase de mediciña, e con coñecemento de causa ! Todos sabían de todo !

Juan, toma isto que che digo, faime caso, a min púxome a andar aos tres días, mira que non tiña apetito ningún, estaba a sopas e algo de arroz cocido, ao terceiro día xa comía un carneiro si mo chegan a poñer diante !

E Juan facíalle caso, tanto aos veciños, como aos clientes que paraban na taberna, e que sendo doutros lugares comentábanlle o que adoitaban tomar pola súa terra e o ben que lle fixo a un primo ou ao veciño de quenda que estaba todo o día tirado polo chan da dor que tiña.

E Juan íalle facendo caso a uns e a outros, que si unhas pastillas marrons, que si uns polvos que había ir a mercar á farmacia da Rúa Real, que si panos quentes pola noite á hora de deitarse….ademais o seu optalidón non faltaba por tomar, seica ía ben para todo, e non deixaba de tomalo cando tiña calquera tipo de dor, seica un doutor que lle tiña muito respeto diseralle que calquera door que tivese tomara un o acostarse.

Un día estando na taberna Carmen chegou unha veciña, viña a comprar de todo un pouco á tenda ultramarinos que estaba integrada na taberna, daquela as tabernas das aldeas tiñan a función de que o mesmo de podía servir un viño como despachar un kilo de fariña , un cuartillo de aceite ou uns cordóns para os zocos.

Pois resulta que como dicía antes, chegou pola porta unha veciña e comezaron a falar do tempo e da saúde, cousa moi habitual naquelas épocas e tamén hoxe en día…

En canto puxéronse a falar da saúde, Carmen a taberneira , non esperou nin un minuto en comentar o mal que se atopaba o seu Juan, das súas fortes dores de estómago, das malas noites que pasaba…

Esta muller que a escoitaba díxolle que estabase falando moi ben dunha muller que se dedicaba a realizar uns brebaxes que resultaban moi bos para os males de estómago.

Carmen esperou polo seu marido que chegase do lugar de Parrei, Juan marchara moi cedo a podar a viña que tiña naquel lugar.

Foi ao chegar a hora da comida cando Carmen comentoulle o que lle dixo aquela muller, custoulle convencelo para ir a visitar a muller que sanaba, pero ao final Juan de mala gana non tivo máis remedio que ir, no fondo quería curarse daquela door fose como fose.

Alá fóronse ao día seguinte, Carmen co seu home, que non era mui amigo de ir a esas cousas de bruxas, pero non había volta atrás.Ao chegar esperaron a súa quenda e logo dunhas horas metidos nunha pequena sala xunto a catro persoas máis, unha señora chamoulles desde o fondo dunha pequena habitación destinada para consultas, polo que se observaba o que alí había tamén se usaba para coser nos momentos que tiña para iso, que non debían ser muitos dado a fama que estaba collendo, logo de examinalo concienzudamente dixolle que tiñan que coller unha serie de herbas para preparar o brevaxe, para as dores de estómago terá que facer infusións de té, herba luisa, espliego e chopo e tamén fror de toxo.


Todo isto con auga de cinco fontes que teñades pola aldea , pero tedes que buscar a auga daquelas fontes que nunca se secaron !!

Tamén había unha condición que era sumamente importante. Cando fosen buscar a auga ás fontes, tería que ser a unha hora en que ninguén os vise, si non fose así o poder de curación perderíase. Era imprescindible que as fontes non se secaran nunca, porque se dicía que ter preto un lugar onde a auga corre de forma continuada, podía ser unha fonte, un regato ou un manantial, era un signo de que aquel lugar estaba rodeado de forzas positivas, entón desta forma, con estas dúas premisas, tíñase asegurado que a curación iba a ser efectiva.

Mentres camiño de volta a casa, Carmen e Juan ían comentando o que lles dixo aquela muller.

Carmen por moito que me digas ti é esa muller non me convencedes, eu non creo niso.

Carmen insistía en que tiñan que buscar unha solución, esta era unha delas, á fin e ao cabo non lle ía a facer dano ningún e vaiche ti a saber…

Mira Juan, hai ducias e ducias de fontes que teñen propiedades. Unhas teñen augas que se utilizan para mellorar o benestar xeral ou para sanar diferentes partes do corpo, ti ben sabes das veces que se fala na taberna destas cousas.

Recordas aquel señor de Ordenes? Sempre nos fala dunha dor de oídos que o traían tolo, recordas que foi a buscar auga dunha fonte que había á beira da ermita dunha aldea preto de Santiago ? E de José, o Toco, recordas que se curou daquelas feridas que tiña na pel, ou non che acordas do que nos falaba Pepe o Peneiras que mellorara a vista con auga dunha fonte que lle trouxo un amigo.

Juan escoitaba, pero non o convencía….

Bo, bo, esas cousas son habladurías, a auga é auga sexa da fonte que sexa, Juan non cre niso.

Non crerás, pero recordas cando aquel peregrino parouse na taberna e comezaches a falar con él ? Vaía que che quedaches pensativo cando che dixo que na Escravitude, en Padrón, a fonte que hai alí salvou a un peregrino que tiña unha estraña enfermidade, unha enfermidade que tiña o home, que non podía beber auga e bebeu desa fonte e curouse para sempre. E non recordas que nos ten comentado o viaxante dos chocolates Chaparro, que no lugar de Avión, en Orense, os veciños teñen moita devoción á Virxe de Xestosa, alí teñen unha tumba de pedra e recollen a auga que ten depositada, segundo comentaba Chaparro, curaba todo tipo de grans e verrugas……Juan xa non sabía que decirlle, asentía cando recordaba o que lle decía Carmen, por outra banda non quería darlle a razón…..

E chegou a noite de ir a pola auga, eran as tres da mañan cando Carmen foi chamar pola súa filla Maricarmen: desperta, son horas de ir as fontes.

Estaban dispostas desde uns días antes, esperaron a un día propicio, o mellor día sempre era esperar o sábado, os homes quedaban ata as tantas na taberna xogando as cartas; o domingo non había que madrugar.

O pouco de acostarse Juan, foi cando Carmen chamou a súa filla, decidiron de ir as cinco fontes que nunca habían quedado secas, tiñan que aproveitar ese momento en que Juan non se iba a enterar do que tiñan tramado, o cansancio acumulado de toda a xornada no campo máis as tazas de viño que había tomado entre partida e partida, fixo que o chegar a habitación caíra rendido na cama.

Era noite pechada, acompañadas da luz da lúa e de ou pequeno farol fóronse andando en dirección á Ponte Malvar, ao cruzar a Ponte fixeron uña pequena parada no Cruceiro que estaba situado no interior do xardín, un padrenuestro rápido e de alí nuns minutos xa estaban na primeira fonte, aínda hoxe dita fonte segue vertendo auga da cal os veciños que viven ao seu carón adoitan ir de cando en vez, localízase fácilmente por estar á beira mesmo da estrada nacional 550 e fronte a unhas ruínas dunha casa que fai anos había nese lugar, en cuxo baixo estableceuse durante anos o colexio para as nenas da parroquia.

Despois seguiron a estrada en dirección á parroquia de Alba, mesmo ao finalizar Cerponzons e comeza Alba, a man esquerda está situada a outra fonte, volveron facer a mesma operación que na anterior fonte, dunha bolsa que colleran con cinco botellas baleiras de gaseosa, encheron a seguinte e seguidamente fóronse ás outras tres fontes situadas en Guxilde, San Caetano e Liborei.


Pasaron un medo a Carmen e a sua filla !  Aquelas horas !  A quen se lle conte !

Unha muller coa sua filla , levando unhas botellas de gaseosa para coller auga polas fontes…..pensarían que non debían estar mui ben da cabeza !

Pois así a todo fixeron o recado , recolleron a auga e o chegar a casa quentaronna toda nunha pota, deixaronna ferver e botaronlle as herbas que lle había dito a señora.Logo de ferver, deixaron que se arrefriase un pouco e seguidamente usando un vello calcetín coaron aquel brebaxe, despois coa axuda dun funil foron enchendo as cinco botellas.

Agora despois de feito ó brebaxe había que convencer a Juan de que bebera aquelo , coustoulle traballo a Carmen..

Decialle Carmen: Juan toma esto , que xa veras como che e bo ! Tomao quentiño para que che sente ben . E Juan , non mui convencido do que lle quería dar a beber Carmen , decialle si o qué quería e envenénalo, que él esas cousas non lle facia caso.

Pero o final , vendo a insistencia de Carmen e de que non tiña nada que perder bebeou un cuartillo daquel brevaxe, así o fixo a mañan , a hora da comida e tamén a noite cando iba para cama.

E sabedes que non lle sentou nada mal , o malestar que tiña durante tanto tempo foille pasando e así estivo con ese brevaxe durante un tempo , despois o cabo de uns meses deixou de tomala, as dores de estómago xa habían pasado totalmente.

Por certo, menos mal que non vivimos en Asturias, alí desenvolveron unha radical medicina para os que tiñan problemas de estómago , consistía en enterralos en estiércol durante un ou máis días para que a calor desprendida da fermentación da bosta axudáseos a tramitar a laboriosa digestión. Deixábanlles a cabeza fora para que puidesen respirar e lamentarse….

1- O AIRE DO MATRIMONIO METIDO NO NENO.

O AIRE DO MATRIMONIO METIDO NO NENO
Imaxinemos a escena. Anos de principios do 1900. Unha pequena aldea, onde chove copiosamente, e unha casiña a cuxa entrada, á tardiña, esperan algunhas persoas a ser atendidas polo señor que fai curacións, nesa casiña vive un home de avanzada idade, adornado cunha aureola de eficacia polos seus logros, fundamentalmente sobre persoas ás que a ciencia médica non lograra dar resposta. Todos os pacientes que acudían a xunto él tiñan un denominador común, os médicos que visitaron anteriormente eran persoas estrañas, na consulta eran reacios á hora de querer escoitar a súa vida,a maioría  dos doutores rexeitan o marco cultural das crenzas e costumes que lle da a coñecer o enfermo. Polo tanto, o médico descoñece todo o relacionado coa comunidade de onde procede o paciente, tratao indiferentemente, limítase a recetar unha medicación e cobrarlle uns cartos, rematandolle co dito de que “vuelva usted en  quince días”, para volver a recetarlle outra caixa de pastillas….

Desta maneira o paciente vai perdendo a fé no médico, no que lle díxo é no que lle recetou, xa lle había pasado con outro médico igual anteriormente, e da súa dor non daba curado.

Así é que logo dun tempo en que a súa enfermidade non dá pasado, que sinte que cada vez a doenza e máis acusada, muita desta xente enferma ou xente que ten algún familiar que non da curado coas mediciñas recetadas polo doutor decide achegarse a casa do señor que cura con cousas naturais, con auga,  con herbas… á fin e ao cabo, iso non ía a facerlle dano ningún…..

Pero é que ademáis o curandeiro daballe outra confianza, coñece o enfermo porque son veciños, sabe da súa  vida, pois pertencen á misma aldea ou son da aldea veciña, e ademáis o trato con él non ten nada que ver co do médico, é un trato máis persoal, moi receptivo e paternalista. O curandeiro coñoce ademáis as súas crenzas e os seus costumes, él e un home que participa na dinámica social cos seus veciños, en definitiva, que os veciños téñenlle confianza plena, tanto da súa persona coma nos seus remedios, cantas veces teñen comentado cos seus achegados: xa debíamos habelo levado antes ! Mira que rápido lle dou co que tiña ! Os médicos son uns come cartos !

Os curandeiros foron os máis comúns no rural galego, atendían diversas doencias , o mal de ollo, o mal do aire, tamén problemas de pel relacionados con verrugas, sabañons, tamén curaban a pezoña, os herpes etc. Para a cura deses males o habitual neles era utilizar herbas, auga, pedras…, xunto con fregas e determinadas frases curadoras….

Un destes curandeiros, vai ser o protagonista de unha historia que pasou na milenaria parroquia de Cerponzons (coñocida cómo Serpenciones ou Serpentiones no ano 1019).

Fai muitos anos había un señor en Pontevedra que tiña un fillo, de catro ou cinco anos coma muito, cunha enfermedade rara, pouco común, o rapaz estaba nos osos, non daban atopado solución para curalo, e iso que o señor era médico de profesión, pero nin él nin os seus colegas de profesión daban en acertar a enfermedade que tiña o raparigo, xa non había máis doutores a dónde acudir…..

Na casa deste señor traballaba unha rapaza que era veciña do lugar do Bravo ( Cerponzons) , levaba xa tempo traballando na casa do doutor e xa tiña suficiente confianza cos señores.
A rapaza era testemuña directa día a día de como aquel neno traveso e vivaracho estábase “achicando”, estábase quedando “seco”….Esta rapaza estaba o tanto que para os pais do neno aquela enfermidade era nova para eles, que non sabían que facer para poder curalo, que visitaran a varios compañeiros de profesión e ningún deles dáballe acertado na curación. Pero ela, a “criada”,  empezou a recordar que ela  xa pasara por casos similares na súa familia, e decidiu falar cos señores, os pais do pequeno, para botarlle unha man.

Miren unha cousa señor e señora, que non lle vaia a parecer mal o que quero dicirlles, pero a min o neno estame dando moita pena e creo que sei o que lle pasa e quen pode curalo.

O pai do pequeno mirou fixamente á “criada” e espetoulle duramente unhas verbas que viñan a dicirlle si ela tiña titulación de doutora e él non estaba enterado. A muller do doutor díxolle que non tiña porque contestarlle así desa forma, a moza tenlle agarimo ao neno, está tamén preocupada, anda sentate aí rapaza e conta o que teñas que contar.

Toda nerviosa tomou asento e empezou titubeante a contarlle o que a ela lle parecía que tiña o neno…..

Teño visto na miña parroquia algún neno cos mesmos síntomas, unha vez había un que tiña a barriga moi inchada , a cabeza grandísima e as orellas duras, pero duras como un cañoto, como ben se ve este neno ten a barriga tamén inchada e as orellas xa poden ver como están…..Esta criatura para o meu entender ten “O Aire”, non sei si vostedes saben que é iso, se cadra teñen oído á xente das aldeas falar de “Airo” ou de “Airada”, cando un pequeno está como este, así de seco, cada día achicándose máis e máis, que vaise consumindo os poucos….nunha palabra, o neno “mirrase”.

Cando falabas do curandeiro podías ter á xente a favor ou en contra, non había medias tintas. O doutor volveu mirar fixamente na súa criada e díxolle que iso do “Aire” eran tonterías….él non creía nesas cousas.

Mire señor doutor, hai pouco un veciño da miña aldea cando falaba co curandeiro sobre as curas que fai, preguntoulle si curaba de todo, o curandeiro contéstoulle que si él chegase a curar todas as enfermidades non levaría os seus fillos ao doutor, non, non curo todo, pero o que non entenden os doutores que o que eles curan non ten nada que ver co que fago eu, así que cada un que atenda ao seu, que nesta vida hai de todo…..e as enfermedades non son todas de curar con pastillas….

Según os estudados na materia sobre curacións podemos dividir en tres os motivos polos cales podía vir unha enfermidade.

O primeiro motivo procedía da aquela enfermidade que che podía vir por “vontade divina”, ante isto non había nin doutores , nin curandeiros, nin bruxas, nin sanadores….que o solucionase, darvos por perdidos veciños que non salíamos  vivos !

O segundo, era aquel que cando as doencias non procedían de causas ou forzas sobrenaturais, por exemplo unha dor de cabeza, de muelas, de oídos, o reuma etc…nestes casos acudíase ao médico e o solucionaba con unhas pastillas, un xarabe ou cun pinchazo, por certo, a min muitos optalidóns me deron, e pinchazos perdin a conta cos anos  !

Pero o conto ven no terceiro motivo, do que estou falando sobre o neno, onde a enfermidade procedía do home ou da muller, estas enfermidades podían inflixir malestares, ou ben desgrazas, ata inclusive a morte.

E todo iso viña a causa do “Mal de ollo” ou dun “Aire” , como exemplo podía darse este mal debido simplemente polo feito de que a muller tivese o periodo, e o neno estivese polo medio, coma máis adiante conto.

Tamén neste terceiro motivo hai que ampliar como causa destas enfermidades aos defuntos, causantes en moitas veces de moitos males nos vivos.

Así que a criada volveulle a insistir aos seus señores que si o neno estaba cruzado de envexa non ía haber médico nin medicina que o curase, vostedes verán !

Eu levaría ao neno a xunto deste señor, o que lle vai facer non lle vai ser mal ningún, el baséase nas forzas místicas das árbores , das pedras, os aceites, a auga e ademáis no seu forno, o que ten para cocer o pan, si señor, non me mire así, meteos no forno, o que fai con estas cousas e darlle enerxía para outorgar saúde ao enfermo, déixenme levalo, que me dá moita pena ou raparigo.

Pero que árbores e pedras e forno de pan me falas ! A quen se lle conte ! Anda, anda, analfabeta tiñas que ser ! Contestoulle o doutor.

Mire señor doutor, si o neno ten algunha envexa, ou un mal de ollo, unha maldicion….si ten algo diso, si estou no certo, ten que ir por outro camiño para sanar ao neno, por moi analfabeta que sexa o que lle digo é verdade !

A dona do doutor asentía ao que dicía a súa criada, deixa que o leve, non perdemos nada e sabe Deus si o mellor pode curalo.

Levao ! Fai ou que queiras ! exclamou o doutor, como xa non atopaba a solución en tantos días de doutores que habían visitado o final non tivo máis remedio que aceptar a que probase co curandeiro de Cerponzons.

Sen esperar a máis a criada colleu o raparigo no seu colo é alá marchou xunto o señor que curaba todolos males…..

Chegou a aldea preto dá hora para comer, chovía de verdade, antes de cruzar a Ponte Malvar parouse no Cruceiro que hai un pouquiño antes de dita ponte, situado entre Tilve e Pidre, o carón do camiño que leva o lugar da Balea,  rezou un Padrenuestro e un Ave María polo neno,  e foise correndo a casa do curandeiro, situada non mui lexos do lugar no que estaba en ese momento.


O curandeiro era un home de estatura baixa, de tez morena, sempre ven vestido e que non lle faltaba ou seu sombreiro na cabeza e a xogo coa vestimenta.

Chegou a criada co rapaz mais morto que vivo, tras un parco saúdo, mandou sentalo e o miralo frunciu o ceño , colleuno no colo, mantivo así durante un tempo, pechou os ollos, e con xesto de concentración preguntoulle a criada : Ti sabes con quen dorme o rapaz ?


Ela dixolle que o neno afacía durmir na cama cos seus pais , que ela cando chegaba a facer as cousas dá casa dos señores encontrabao ali, na cama deles, dormidiño e que de seguro levaban muito tempo así pois outra cama para o neno non tiña visto.

Este rapaz ten un aire metido no corpo , contestoulle, meteronlle a enfermedade seus pais ! Pero home como di que foron os seus pais os que lle meteron a enfermedade no corpo o neno ! pola Virxen dos Remedios ! nunca tal cousa había escoitado na miña vida , contestoulle a criada.

O curandeiro murmurou algo inintelixible e asegúralle de novo seriamente :

O rapaz ten o AIRE DO MATRIMONIO ! contestou enerxico !

Asombrada do que dixera o curandeiro, a criada calou e asintiu coa cabeza e facendo a sinal dá cruz deixou que seguise falando : 

Este rapaz recibiu o aire do seus país cando estaban facendo o amor, e o máis seguro que pasaron por encima do rapaz ( era costume de durmir entre o medio dous dous ) así foi coma enfermou, ou a nai estaba co periodo…..que tamén pode ser…..Tes que traermo durante nove noites seguidas a miña casa e cada día que veñas trae roupa nova para ou rapaz.

A criada tal como lle dixo marchou para súa casa, situada no lugar de O Bravo, co rapaz no colo e pensativa foise toda intranquila esperando o novo día para levar o neno xunto a él a esperar acontecementos. 

Chegou o día, eran as nove da noite cando chamou a porta, o curandeiro tiña na sua horta un pexegueiro formado por tres ramas , seica tiña que ser con tres ramas para facelo ritual, dito ritual consistía en darlle unhas voltas o rededor do pexegueiro, así todalas nove noites, sabendo a situación do neno do mal que tiña, o curandeiro adoitaba ter preparada unha mestura para estes casos.

O primeiro que facía era mandar buscar entre a medianoite  e a saída do sol un balde de auga dunha fonte que nunca se secara, despois esta auga fervíaa con certas plantas…e cando estivese co neno lavaríao de abaixo a arriba, seguidamente secábao no forno, e a roupa que traía posta o neno despóis tirabase o Río Rons, á criada  tiña que baixar coa roupa nun canastro donde poñiase cunha vela prendida, e así tiña que ir río abaixo sin apagarse. Era boa señal de que a vela  non se apagase porque significaba que o neno iba curando. 

Camiño enlosado de baixada o Rio Rons, o carón da Ponte Malvar.

Daquela despois de darlle as voltas no pexegueiro levaba o neno para dentro da súa casa.Díxolle á criada que pasase co neno á cociña, él deixou a cesta donde metera o neno na entrada a casa, á beira da pequena porta de madeira, a cal ao abrila, o fume que saía da lareira recibiunos xunto cun cheiro agradable que desprendía aquel enorme pote, que apoiado nunhas pedras mantíñase sempre ao lume, un lume que debido á humidade alí reinante facía que a fogueira desprendese tanto fume que non se apreciaba prácticamente nada máis que lume e fume do que había naquela estancia.


Ao pouco tempo a criada foise adaptando ao lugar e o pouco  xa a deixaba ver que non estaban sos na  cociña,  ao seu carón atopábase unha vaca que ceaba os restos das mondas de patacas e das coles que naquel pote botáranse. Os alimentos que había no pote era a comida e a cea habitual naquela casa (e na da maioría dos veciños tamén), estábase quentando é o seu cheiro mesturábase co fume dando un aroma á cociña característico das casas da aldea, ademáis  aderezado co cheiro que desprendían uns chourizos colgados no alto da  lareira, neses días hubera matanza e dous vellos paus aguantaban de unhas cuantas ducias de chourizos e de un paquete de unto. Él colleu o neno e levouno a donde tiña o forno, lavouno coa auga da arriba a abaixo,  despois meteuno dentro cando o forno estaba medio quente, seguidamente cubriuno con  unha tela de liño, e despóis o tiña un tempo así, ali dentro do forno…..


O curandeiro comentoulle á criada que a saúde do neno non se podía alcanzar sen o mantemento de frío e quente, por iso facía ese ritual e metíao no forno durante o tempo que él consideraba oportuno. 


Durante nove noites a criada fixo o indecible para poder salvar ao neno, tiña que soportar aquelas choivas, desde a súa casa situada nun dos sitios máis apartados da parroquia, prácticamente era de noite cando baixaba co neno en brazos, acompañada dun farol que lle axudaba a poder ver para pasar por aquelas corredoiras que entre aqueles bosques de piñeiros levábana ata a casa do curandeiro, despois, máis entrada a noite volvía de regreso a casa, salía da casa do curandeiro e baixaba o Rio Rons, botaba a roupa do neno rio abaixo é de seguido marchaba para O Bravo.

A volta era máis cansina, prácticamente todo o camiño era costa arriba, ela era unha muller forte pero había momentos que acusaba o agotamento que ao longo dos días íalle facendo mella.

As nove noites foron pasando e o rapaz empezou a mellorar de tal maneira que colleu muita fama en Pontevedra e nos alrrededores a curación que fixera o curandeiro de Cerponzons.

Seica según comentarios que me chegaron dos máis vellos do lugar, o pexegueiro os poucos días secabase o terminar de facerlle o ritual dos nove días o neno,  xa tiña sempre previsto que había que plantar un novo no lugar do que ía secar.

Os pais do neno o ver tal milagre quixeron compensar o señor, e os poucos días levaronlle 1000 pesetas daquel entonces, ademáis de un traxe coa súa camisa , unha garabata , calcentins , calzons , zapatos , sombreiro e bastón !
 

O cabo dos anos, cando falleceu o curandeiro seica esa roupa foi a que levou posta para o outro mundo.

O neno curou de todo, e hoxe en día en un señor xubilado que chegou a ser un afamado medico coma seu pai.

Coma o curandeiro de Cerponzons houbo muitos, centos de homes por toda Galicia, podemos decir que cada aldea tiña un, a súa misión era a devolver a saúde a quen llelo pedía. 
Ás veces atinaban e outras non, como sucedía cos doutores da Vila….

11- SAN ANTÓN 

O NOSO SAN ANTÓN 


Para quen profesa a fe cristiá, ou simplemente as tradicións, o  17 de xaneiro festéxase San Antón Abad, santo protector dos animais e que xa que logo podemos considerar o patrono dos gandeiros, onde por certo na nosa parroquia sempre foi lugar en que a profesión de gandeiro ten muita tradición, pois segue existindo hoxe en día, e así o longo de muitísimos anos.

A celebración do noso San Antón vén de moitos anos atrás, atopamos noticias na historia da parroquia onde se comenta que no ano 1737 encargábase o altar en honor a San Antonio, cun custo de 400 reais, poñendo o párroco 100 do seu peculio e supoño que o resto sería a cargo do pobo**.
Era moita a fe que se lle tiña a este santo e por iso decidiron telo presente nun dos tres dias das festas do patrón, xunto a San Vicente e Sta.Lucia.


Porque a devoción a San Antón vén de quen pedía protección para os seus animais, para que o Santo coidase das vacas, os porcos, as cabras, as ovellas…..Aínda que a petición de protección máis sentida era sempre para os animais de traballo, pois si morría a vaca coa que se araba a terra ou se tiraba do carro, a explotación parábase ata que se repoñía con outra vaca  xa ensinada para eses labores, e ás veces ese percance facíase moi difícil de levar, debido ao custo dunha vaca que estivese preparada para traballar en todo o ano.

Sendo eu pequeno recordo como se formou unha asociación na parroquia que tiña relación coas vacas, era como ter un seguro, cada veciño que se asociaba pagaba ao mes uns cartos, e si nalgún momento dado morríalle o animal, a asociación abonáballe o valor pola cantidade en que tiña “asegurada a vaca”.

San Antonio Abad ou Antoni Abbas (Alto Egipto , 251 ?/356) foi un monxe cristián pioneiro do eremitismo. É considerado o patrón dos animais de pé redondo e, por extensión, de todos os animais domésticos, así como dos arrieiros.
A lenda conta que era un gran amigo dos animais e, cando vía un ferido, curábao. Así o fixo cun porco pequeniño, que, para mostrarlle o seu agradecimiento, decidiu acompañalo o resto da súa vida; é por iso que popularmente chámaselle San Antón o do porquiño e, tamén, San Antón dos asnos. Non hai que confundilo con San Antón de Padua.

Teño recordos da veneración que moitos dos nosos veciños tíñanlle a este santo, por iso é polo que moitos dos anos en que se celebraban as festas Patronais había quen voluntariamente ofrecíase para encargarse de pedir pola parroquia para facer a festa de San Antón , quizais porque tivese no ano anterior algún percance cun animal da casa e intercedían ao Santo para que o salvase.


Por iso que o sentimento que deberon ter os nosos antepasados debeu ser moito cara a este santo, así é que no ano 1747 de novo realizábanse obras na igrexa, unha das cales foi a realización da capela no altar de San Antón.

Sobre o 1758 realízanse de novo máis obras na igrexa, tamén teñen que ver con San Antón, pois faise unha fiestra na capela, (actualmente non coincide co seu estado actual) onde se colocan vidros e ferros en devandita fiestra**.

É no ano 1760 e cando se empeza a pagar a Capela de San Antonio, os escritos recollen que o custo da cantería foi de 1000 reais, o retablo 1050 reais e por colocalo cobraron 100 reais.

A cantería fíxoa Benito Maquieira, o retablo Benito Rei, escultor de Pontevedra, e seica a montaxe do retablo in situ ocupou a tres homes durante 20 días.

Vida

San Antón naceu o ano 251 en Coma , preto de Heraclea (Egipto). Repartiu os seus bens aos 19 anos, e foi vivir só nas proximidades do seu lugar de nacemento. A dieta dura e os traballos que facía minaron a súa saúde, pero viviu moitos anos (supostamente ata os 105 anos).

No ano 285 retirouse ás montañas de Egipto oriental, nun castelo abandonado onde viviu 20 anos. Foi no ano 305 cando volveu á vida comunitaria e rodeouse dun número de discípulos, dise que facía milagres; cos seus seguidores fundou dous establecementos nas montañas orientais e outro preto de Arsinoe , e él mesmo pasaba o tempo nalgún destes establecementos.

Morreu o 17 de Xaneiro do ano 356.

Foi enterrado en segredo. Consérvanse unha veintena de cartas sopostamente súas, pero só sete son con seguridade xenuinas. San Atanasio escribiu a súa vida.

Un cartaz das Festas Patronais, ano 2001

Lenda do patrón dos animais

San Antón, segundo a biografía contada por San Atanasio de Alejandría , tiña 20 anos cando sentiu a chamada de Deus: «Si queres ser perfecto, anda, vende o que tes e dáo aos pobres, e terás un tesouro no ceo; despois ven, sígueme»(Mt 19:21).

Así o fixo, e retirouse a unha cova de Tebas. O diaño tentoulle con diversas visións mortificantes e pecaminosas, pero San Antón resistiuse. Finalmente, unha pléyade de demos asaltáronlle de noite e golpeárono.

A noite seguinte, os demos retornaron á cova , convertidos en comadrexas, para reabrir as feridas. Deus lanzou un brazo de luz na cova que atemorizou os diaños, desde aquela non volveron nunca máis. A proeza foise estendendo por todo e multiplicáronse as súas discípulos.


A imaxe representa a terceira escena dun tríptico pintado por Bernardo Parentino (1450-1500) sobre os feitos máis importantes da vida de San Antón Abad, nela aparecen os demos con formas monstruosas maltratándoo. Foi pintado entre 1480-1490, cando o pintor estivo na corte de Mantua (Lombardía, Italia) gobernada por Francisco II Gonzaga e onde coincidiu co famoso pintor Andrea Mantegna. Esta pintura áchase actualmente na Galería Doria Panphilj de Roma. 

Atributos

Represéntaselle cunha cruz en forma de tau ou de T , acompañado dun porquiño, ou ben cun libro nunha cova, ou ben cun cayado da que colga unha campanilla.

Festa

A súa festa celébrase o 17 de xaneiro , sendo unha celebración importante nos países de influencia cristiá.

Como tradicional protector dos animais útiles para os labores do campo, celébranse en honor a él gran número de festas populares, a fin de obter a fertilidad dos animais e os alimentos, e a súa purificación.

No pasado foi unha festa crave en moitas poboacións, sendo a festa maior de inverno en moitas delas.

Nos últimos anos, as noticias que aparecen nos medios relacionadas con esta festividade teñen pouco que ver co medio rural e céntranse máis nas cidades, na bendición ás mascotas (loros, periquitos, serpes, tortugas, …..pero nós teremos sempre presente ao noso santo, e dun xeito ou doutro celebrarémolo como boamente póidase.


**Documentación atopada sobre os traballos na Igrexa no blog de Ana http://serpenties.blogspot.com/2013/10/a-igrexa-de-cerponzonssu-historia.html

PUBLICADO EN : https://pontevedraviva.com/opinion/4430/noso-san-anton-juan-jose-esperon-festividade/