AS FONTES MILAGREIRAS.

AS FONTES
A fonte de toda vida é a auga, como todos sabemos, desde a máis remota antigüidade foi obxecto de veneración.No século VI, San Martiño de Dumio realizaba unhas declaracións criticando a pagana veneración que tiñan os antigos habitantes da nosa Galicia aos astros, ao lume e ás augas, tanto subterráneas como os manantiaís.

Co tempo os costumes e cultos que aqueles habitantes tiñan con estas cousas fóronse cristianizando e así é como a día de hoxe atopamos moitas ermidas coa súa fonte milagrosa nas súas inmediacions , un exemplo próximo é Os Milagres de Amil, A Escravitude, San Andrés de Teixido….

Segundo o santuario que sexa, o tratamento que se debe realizar é diferente, cada fonte de cada santuario ten as súas características , pois non soamente é a auga da fonte a que ten capacidade total de cura, é necesario combinar as súas propiedades cunha serie de ritos e oracións.

Así podemos observar que non basta con beber nunha fonte unha vez nada máis, o enfermo terá que acudir durante varios días a beber nela, ou tamén pode suceder que o enfermo ten que acudir a varias fontes determinadas, con certas pautas, por exemplo, que as fontes a donde ten que acudir nunca secasen, tamén que o enfermo terá que beber a auga en ayunas, cos pés descalzos……

AUGA DE CINCO FONTES

Cerponzons e unha parroquia que está situada a poucos quilómetros de Pontevedra, unha parroquia que este ano conmemora o seu milenario, unha parroquia que a través da súa longa historia atesoura infinidade de lendas e crenzas as cales foron convivindo cos nosos veciños, e foronse transmitindo ano tras ano a fillos, netos, bisnetos…., moitos dos nosos antepasados enfrontábanse ás enfermidades con estes rituais, un destos rituais foi o que ten que ver coa AUGA DAS CINCO FONTES….

Carmen estaba preocupada, Juan, o seu marido, levaba días cunha forte dor de estómago, víao marcharse á leira retorcéndose de dor, e máis se retorcía cando tiña que estar agachado realizando os diversos traballos que tiña ao longo da dura xornada, e así un día tras outro.

Juan da Rons

Levaba moitos días medicándose , visitara varios doutores que lle recomendaron uns coñocidos, na taberna sempre había tempo para falar de todo, unhas veces podíase estar falando de arranxar un motor como de facer un edificio, tamén claro, falabase de mediciña, e con coñecemento de causa ! Todos sabían de todo !

Juan, toma isto que che digo, faime caso, a min púxome a andar aos tres días, mira que non tiña apetito ningún, estaba a sopas e algo de arroz cocido, ao terceiro día xa comía un carneiro si mo chegan a poñer diante !

E Juan facíalle caso, tanto aos veciños, como aos clientes que paraban na taberna, e que sendo doutros lugares comentábanlle o que adoitaban tomar pola súa terra e o ben que lle fixo a un primo ou ao veciño de quenda que estaba todo o día tirado polo chan da dor que tiña.

E Juan íalle facendo caso a uns e a outros, que si unhas pastillas marrons, que si uns polvos que había ir a mercar á farmacia da Rúa Real, que si panos quentes pola noite á hora de deitarse….ademais o seu optalidón non faltaba por tomar, seica ía ben para todo, e non deixaba de tomalo cando tiña calquera tipo de dor, seica un doutor que lle tiña muito respeto diseralle que calquera door que tivese tomara un o acostarse.

Un día estando na taberna Carmen chegou unha veciña, viña a comprar de todo un pouco á tenda ultramarinos que estaba integrada na taberna, daquela as tabernas das aldeas tiñan a función de que o mesmo de podía servir un viño como despachar un kilo de fariña , un cuartillo de aceite ou uns cordóns para os zocos.

Pois resulta que como dicía antes, chegou pola porta unha veciña e comezaron a falar do tempo e da saúde, cousa moi habitual naquelas épocas e tamén hoxe en día…

En canto puxéronse a falar da saúde, Carmen a taberneira , non esperou nin un minuto en comentar o mal que se atopaba o seu Juan, das súas fortes dores de estómago, das malas noites que pasaba…

Esta muller que a escoitaba díxolle que estabase falando moi ben dunha muller que se dedicaba a realizar uns brebaxes que resultaban moi bos para os males de estómago.

Carmen esperou polo seu marido que chegase do lugar de Parrei, Juan marchara moi cedo a podar a viña que tiña naquel lugar.

Foi ao chegar a hora da comida cando Carmen comentoulle o que lle dixo aquela muller, custoulle convencelo para ir a visitar a muller que sanaba, pero ao final Juan de mala gana non tivo máis remedio que ir, no fondo quería curarse daquela door fose como fose.

Alá fóronse ao día seguinte, Carmen co seu home, que non era mui amigo de ir a esas cousas de bruxas, pero non había volta atrás.Ao chegar esperaron a súa quenda e logo dunhas horas metidos nunha pequena sala xunto a catro persoas máis, unha señora chamoulles desde o fondo dunha pequena habitación destinada para consultas, polo que se observaba o que alí había tamén se usaba para coser nos momentos que tiña para iso, que non debían ser muitos dado a fama que estaba collendo, logo de examinalo concienzudamente dixolle que tiñan que coller unha serie de herbas para preparar o brevaxe, para as dores de estómago terá que facer infusións de té, herba luisa, espliego e chopo e tamén fror de toxo.


Todo isto con auga de cinco fontes que teñades pola aldea , pero tedes que buscar a auga daquelas fontes que nunca se secaron !!

Tamén había unha condición que era sumamente importante. Cando fosen buscar a auga ás fontes, tería que ser a unha hora en que ninguén os vise, si non fose así o poder de curación perderíase. Era imprescindible que as fontes non se secaran nunca, porque se dicía que ter preto un lugar onde a auga corre de forma continuada, podía ser unha fonte, un regato ou un manantial, era un signo de que aquel lugar estaba rodeado de forzas positivas, entón desta forma, con estas dúas premisas, tíñase asegurado que a curación iba a ser efectiva.

Mentres camiño de volta a casa, Carmen e Juan ían comentando o que lles dixo aquela muller.

Carmen por moito que me digas ti é esa muller non me convencedes, eu non creo niso.

Carmen insistía en que tiñan que buscar unha solución, esta era unha delas, á fin e ao cabo non lle ía a facer dano ningún e vaiche ti a saber…

Mira Juan, hai ducias e ducias de fontes que teñen propiedades. Unhas teñen augas que se utilizan para mellorar o benestar xeral ou para sanar diferentes partes do corpo, ti ben sabes das veces que se fala na taberna destas cousas.

Recordas aquel señor de Ordenes? Sempre nos fala dunha dor de oídos que o traían tolo, recordas que foi a buscar auga dunha fonte que había á beira da ermita dunha aldea preto de Santiago ? E de José, o Toco, recordas que se curou daquelas feridas que tiña na pel, ou non che acordas do que nos falaba Pepe o Peneiras que mellorara a vista con auga dunha fonte que lle trouxo un amigo.

Juan escoitaba, pero non o convencía….

Bo, bo, esas cousas son habladurías, a auga é auga sexa da fonte que sexa, Juan non cre niso.

Non crerás, pero recordas cando aquel peregrino parouse na taberna e comezaches a falar con él ? Vaía que che quedaches pensativo cando che dixo que na Escravitude, en Padrón, a fonte que hai alí salvou a un peregrino que tiña unha estraña enfermidade, unha enfermidade que tiña o home, que non podía beber auga e bebeu desa fonte e curouse para sempre. E non recordas que nos ten comentado o viaxante dos chocolates Chaparro, que no lugar de Avión, en Orense, os veciños teñen moita devoción á Virxe de Xestosa, alí teñen unha tumba de pedra e recollen a auga que ten depositada, segundo comentaba Chaparro, curaba todo tipo de grans e verrugas……Juan xa non sabía que decirlle, asentía cando recordaba o que lle decía Carmen, por outra banda non quería darlle a razón…..

E chegou a noite de ir a pola auga, eran as tres da mañan cando Carmen foi chamar pola súa filla Maricarmen: desperta, son horas de ir as fontes.

Estaban dispostas desde uns días antes, esperaron a un día propicio, o mellor día sempre era esperar o sábado, os homes quedaban ata as tantas na taberna xogando as cartas; o domingo non había que madrugar.

O pouco de acostarse Juan, foi cando Carmen chamou a súa filla, decidiron de ir as cinco fontes que nunca habían quedado secas, tiñan que aproveitar ese momento en que Juan non se iba a enterar do que tiñan tramado, o cansancio acumulado de toda a xornada no campo máis as tazas de viño que había tomado entre partida e partida, fixo que o chegar a habitación caíra rendido na cama.

Era noite pechada, acompañadas da luz da lúa e de ou pequeno farol fóronse andando en dirección á Ponte Malvar, ao cruzar a Ponte fixeron uña pequena parada no Cruceiro que estaba situado no interior do xardín, un padrenuestro rápido e de alí nuns minutos xa estaban na primeira fonte, aínda hoxe dita fonte segue vertendo auga da cal os veciños que viven ao seu carón adoitan ir de cando en vez, localízase fácilmente por estar á beira mesmo da estrada nacional 550 e fronte a unhas ruínas dunha casa que fai anos había nese lugar, en cuxo baixo estableceuse durante anos o colexio para as nenas da parroquia.

Despois seguiron a estrada en dirección á parroquia de Alba, mesmo ao finalizar Cerponzons e comeza Alba, a man esquerda está situada a outra fonte, volveron facer a mesma operación que na anterior fonte, dunha bolsa que colleran con cinco botellas baleiras de gaseosa, encheron a seguinte e seguidamente fóronse ás outras tres fontes situadas en Guxilde, San Caetano e Liborei.


Pasaron un medo a Carmen e a sua filla !  Aquelas horas !  A quen se lle conte !

Unha muller coa sua filla , levando unhas botellas de gaseosa para coller auga polas fontes…..pensarían que non debían estar mui ben da cabeza !

Pois así a todo fixeron o recado , recolleron a auga e o chegar a casa quentaronna toda nunha pota, deixaronna ferver e botaronlle as herbas que lle había dito a señora.Logo de ferver, deixaron que se arrefriase un pouco e seguidamente usando un vello calcetín coaron aquel brebaxe, despois coa axuda dun funil foron enchendo as cinco botellas.

Agora despois de feito ó brebaxe había que convencer a Juan de que bebera aquelo , coustoulle traballo a Carmen..

Decialle Carmen: Juan toma esto , que xa veras como che e bo ! Tomao quentiño para que che sente ben . E Juan , non mui convencido do que lle quería dar a beber Carmen , decialle si o qué quería e envenénalo, que él esas cousas non lle facia caso.

Pero o final , vendo a insistencia de Carmen e de que non tiña nada que perder bebeou un cuartillo daquel brevaxe, así o fixo a mañan , a hora da comida e tamén a noite cando iba para cama.

E sabedes que non lle sentou nada mal , o malestar que tiña durante tanto tempo foille pasando e así estivo con ese brevaxe durante un tempo , despois o cabo de uns meses deixou de tomala, as dores de estómago xa habían pasado totalmente.

Un comentario en “AS FONTES MILAGREIRAS.

  1. Pingback: O CAMIÑO PORTUGUÉS O SEU PASO POR CERPONZÓNS  – O Roque de Cerponzóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s