CONTOS NA LAREIRA (5) A LENDA DA MOURA.

A LENDA DA MOURA.

A MULLER DE BRANCO

Contan os máis vellos da Parroquia……

A nosa Parroquia de Cerponzóns está chea de Lendas e Historias, historias de serpes, como da que se di procede o seu nome, do latín ‘serpo’, aparecendo a súa primeira mención nun documento do rei Afonso V, que a chamaba Serpentiones; pero tamén de antigas lendas de Mouras, como a que dicía que polas nosas terras de Cerponzóns andaba unha muller vestida de branco que preguntaba ás mozas do lugar se querían que as peitease, e logo de facerlles cocer un bolo de pan e meterllo na boca a unha serpe, esta dáballes un paquetiño que ó chegar á casa debían meter nunha arca, e ó día seguinte esa arca aparecía chea de ouro.



A lenda da muller vestida de branco é unha máis das tantas que hai no noso territorio, é curioso que nunha gran maioría destas lendas o protagonismo é o da muller, e o son en cuestións primordiales, como son a creación e a morte, dándolle ao home unha serie de relatos de tipo máis secundario.

Así é que a vida e a morte son nas lendas dominadas pola figura feminina, a cal reciben varios nomes : Doas, Damas, Mulleres Bonitas, Bruxas, Meigas, Vellas, Xigantas…todos estes nomes agrúpanse comúnmente nun : MOURAS

As Mouras sempre tiñan unha intención, tratar de quen as atopase fose sometido a unha serie de probas, e si a superaba sería recompensado, senón fose así, sería castigado.

A nosa lenda sucedida en Cerponzons tamén tivo unha serie de probas e coas mesmas consecuencias que se contan.

De sempre a visión das Mouras lucíndose ou peiteándose garda un significado solar, en moitos relatos europeos coméntanse que as Mouras, ao peitearse, provocaban a saída do sol.

O sol e o feminino está moi vinculado, desde o máis antigo, desde os tempos máis primitivos, pois o sol, xunto a terra e a auga, pertencía ao principio creador feminino, isto era debido porque nas linguas celtas, o substantivo sol era feminino.

Unha lenda recolleita por Xesús Pisón e un exemplo claro :

Unha nena do Chaíño, de Frexulfe viña para a casa cun feixe de molime cando viu unha muller sentada nunha pena con dous peites de ouro na man. A muller pediulle á nena que a peitease, mais esta tomou medo e escapou ás presas. E niso fíxose denoite.

(Os peites son de ouro porque as ninfas teñen os cabelos “de sol”,  é este non pode ter trato cunha substancia menos nobre, igual que sucede con diversos obxectos máxicos dás nosas lendas, tal é a trabe de ouro, que semella sustentar a orde primitiva)

Tamén temos un exemplo de outra lenda, donde o pan intervén coma na nosa de Cerponzóns :

 En Guilfonso había tres irmás que se chamaban Ana, Xoana e Viviana. Un día, ao pasaren o río, saíu o Encanto e levounas. O pai das rapazas, vendo que non voltaban para a casa, foi na súa procura e ao chegar ao río díxolle o Encanto: 

—Toma estes tres bolos de pan. Mañá, ao nacer o día, halos botar no río dicindo os nomes das nenas, e tenta con botalos enteiros, que se os botas encetados non as verás máis.
O home foise para a casa cos bolos, e para que a muller non llos vise agachounos na corte. Ao chegar a noite, a muller foille dar ás vacas e atopou os bolos, e como tiña fame deulle unha dentada a un deles, e o bolo sangrou. A muller agachouno onde estaba e foise deitar sen dicir palabra. Á mañá, cediño, o home voltou cos bolos para o río, guindou un deles na auga e dixo: 

—Ana. 

E saíu un cabalo coa filla máis vella. O home botou outro bolo e dixo: 

—Xoana. 

E saíu outro cabalo coa filla mediana. E botou o bolo encetado e dixo: 

—Viviana. 

E o cabalo que traía a máis nova non deu saído do río porque lle faltaba unha pata. Entón a rapaza díxolle ao pai: 

—Lévelle esta fita á mamá e dígalle que a amarre á cintura, que senón non me ha ver máis.
O home desconfiou daquelas palabras e amarrou a fita arredor dun carballo, e no momento a árbore arrancouse do sitio e afondou no río…..

Na festividade de San Xoán un aspecto importante a saber é a lenda da Moura nesta noite :

E na noite de San Xoán cando coincide co solsticio de  verán, de sempre sabemos que e unha noite máxica, onde ocorren fenómenos extraordinarios. Unha noite onde as forzas secretas dá natureza reinan de unha forma máxica, onde poden suceder cousas que normalmente non ocorren.

Se dí que non amencer do día de San Xoán o Sol baila non ceo, e as Mouras gustanlle de aparecer neste día, seica hai lendas que din que nesa mañan o Sol ponse a bailar por riba dá Moura.

Hai un artigo de R. Quintía onde di que o baile do Sol non é o único prodixio que ocorre leste día : a galiña dos pitos de ouro adoita saír na mañanciña de San Xoán, e as mouras e donas que habitan nas fontes encantadas e as lavandeiras saen dos  seus agochos e déixanse ver na noite de San Xoán. 

O carácter liminal dá noite de San Xoán fai que esta data sexa idónea para que a Moura amose os seus encantos e propicie os seus encontros. 
Fontes :

Fai clic para acceder a CANCI%C3%93N%20mitolox%C3%ADa%20da%20NAI%20no%20Valadouro(1).pdf

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s