A ERISIPELA EN CERPONZONS
A Erisipela é unha infección da pel, que provoca feridas vermellas, con moita inflamación e moi dolorosa. Esta enfermidade xa vén de moi antigo, segundo os datos que fun atopando dise que era xa coñecida na época dos tempos de Hipócrates e de Galeno.
Unha enfermidade que tiña tamén moita importancia entre os nosos paisanos, estaba tan estendida que en calquera aldea galega había polo menos unha persoa que era capaz de “cortala” ou “bendicila”.
Nos nosos tempos sabemos todo sobre esta enfermidade, unhas das causas que pode desenvolverse esta enfermidade é naquela persoa co sistema inmune debilitado, ou ben obesa ou con mala circulación.
Pero antiguamente pouco ou nada se sabía sobre a bacteria Streptococcus pyogenes, causante da enfermidade.
Nestes tempos a cura para o tratamento desta enfermidade é a de tomar antibióticos, e si cóllese a tempo rápidamente pasa, pero si non é o caso pódese volver crónica e faise difícil o eliminala.
Na publicación de Lis Quibén comenta que a Erisipela presentábase baixo tres formas diferentes : unha, localizada, outra, xeneralizada, e, outra , ulcerada, tomando así diversos nomes, segundo as localidades e a forma que adopta. En Cerponzons coñecíase a Erisipela como UCERA.
Son tantos os nomes que recibe esta enfermidade, que demostra a importancia que tiña entre as xentes, estaba estendida por toda Galicia e tamén en Portugal.
Exemplo de como se denominaba en lugares moi próximos : En Xeve: Decipela, en Vilaboa : Decípula, no Barrio da Moureira : Desipela, en Lalin : Erisipelón, en Marín : Amor Ardente, en Cotobade : Maldade…etc.
Tal era o estendida que estaba a enfermidade que aquelas persoas que tiñan o poder de curala, íana transmitindo aos seus descendientes, como o foron eles herdeiros de saber como ” cortar” e ” bendicir”.
SÍNTOMAS :
O máis sintomático é a sensación de ardor na zona afectada, con febre superior a 38º, acompañado de escalafríos, con moita calentura,ademáis a zona presentase encarnada e escarapelada.
Tamén ás veces a xente equivocabase con esta enfermidade e a de ” Mal dá Toupa”, debido a moitas similitudes entre elas.
Pero os nosos antepasados non coñecían de onde procedía esta enfermidade, e nin sabían que medios podían usar para previrse dela.
Só aparece unhas anotacións, unha nun pobo de Lugo, onde se indica que un veciño tivo esta enfermidade debido a que se mollou durante o cuarto de lúa chea, e outra nun pobo de Ourense, que seica foi debido a unha mala comida ou bebida, así que non tiñan máis remedio que acudir a aquelas persoas que a “cortaban” e ” bendicían “, pero esta enfermidade ao ser infecciosa chegaba a poñer en perigo as súas vidas, os remedios non eran satisfactorios.
Hoxe en día para tratar esta enfermidade, ademais dos antibióticos, recomendan repouso e elevación do membro afectado, si dáse o caso que a enfermidade sexa en brazos ou pernas. Tamén se recorre ao uso de medias elásticas e compresas frías .
Pero antiguamente a solución pasaba por bendicións, ensalmos e oracións.
Estaba claro que para curarse había que : Bendicir, cortar e disciplinar a enfermidade.
Describíanse cruces e círculos sobre a parte afectada, utilizábanse diferentes obxectos, se salivaba sobre a zona afectada, pero sempre recitando á vez ensalmos, dado que sen eles non serviría de nada todo o demais.
“Na parroquia de Cerponzones (Pontevedra ), hechan nun cacharro de barro, viño, aceite, sal e auga e, mollando nesta mestura un ramiño de oliveira, fan círculos sobre a parte doente, pronunciando estas palabras”…
Tres homes santos van por un camiño adiante,
Jesucristo encontraron, Jesucristo lles dixo:
-Homes santos, que buscais?
– imos ou Monte Calvario,
para buscar herbas pra bendicir
Uceras, Cirros, e Cánceres,
mores e todos os males que se fachen.
Todo esto cercaremos con: a onida (debe referirse os círculos que fan có ramiño de olivo),
viño de viña,
aceite de oliva,
sal do mar,
augua dá fonte tornar,
pra que este mal non coma,
nin beba, nin retoñe,
nin por frio, nin por xiada,
nin por calquer tempo que vaia.
Esta ceremonia levanna a cabo unha vez ao día, e durante nove seguidos.
Cada parroquia tiña a súa maneira particular para a curación da Erisipela, en Marcón, por exemplo, facían un hisopo cun paliño de carrasca e un mechón de lá de ovella viva e, mollándoo en aceite, facían cruces sobre a parte enferma. En Xeve usaban case o mesmo que na nosa parroquia de Cerponzóns, botaban nunha cuncha de vieira un pouco de auga, aceite e sal, cun pouco de la facían unha mecha, esta a metian na cuncha e plantábanlle lume, con outro pouco de lá, que mollaban no contido da cuncha, despois fregaban sobre a parte enferma e recitaban un salmo.
(Fontes: MUSEO DO POBO GALEGO; Monografías; “La medicina popular en Galicia”, autor; Victor Lis Quiben.La Medicina Popular Interpretada de Xosé Ramón Mariño).