AS ESPULLAS.

COMO ELIMINAR AS ESPULLAS/VERRUGAS 
Son coñecidas tamén co nome de ” Varrugas” ou ” Vurrugas”, fai muitos anos críase que nacen por poñernos a contar as estrelas e que se ademais se sinalas unha parte do corpo, e decías  : Estreliña alí- verruguiña aquí, salía unha Verruga na parte que se marcaba, quizais fose verdade, pero eu que as tiven en mans e cóbados non lembro estar a ver as estrelas e sinalando ningunha parte do corpo….


Como noutras enfermidades que vou comentando, son moitas as formas en que se podían curar as Espullas , había quen usaba un cordel que ataba ao redor da Espulla, isto fai que acelere a súa desaparición, hai que me comentou que o mellor era atar unha serda do rabo dunha vaca arredor da verruga e agardar a que seque,  tamén había que para curarse ía a casa dun veciño que tivese dúas portas, unha de entrada e outra de saída, o enfermo levaba unha man chea de sal, entraba pola porta e tiraba o sal ao lume da lareira, mentres ao mesmo tempo dicía:

Verrugas traio,

Verrugas vendo

aquí as deixo

e vóume correndo.

Saía correndo pola outra porta e ao pouco tempo as Espullas ían caindo. Tamén suliñar que estas palabras que dicía o enfermo tiña que repetilas nove veces seguidas e ademais sen respirar, é dicir, facías a inspiración e recitabas as palabras, e despois de terminar volvías respirar, así nove veces.

Outra das prácticas que había era a de ver a dous homes montados nun cabalo, e ao pasar por diante dun dicíase: Aí van dous dacabalo dunas miñas verruguiñas salten non cu dun”. Para que fose efectiva esta curación non se debía acordar antes cos homes que montasen no cabalo.

Tamén se cría que para curar as espullas era moi efectivo unha Babosa.

Collíase unha e matábase, despois deixábase secar encima de onde tivésemos as espullas e despois de realizar esta operación o paciente tiña que evitar pasar durante un ano polo lugar onde collera a Babosa, se non cumpría isto as espullas  reproducíanse de novo, pero en maior cantidade e sen posibilidade de curar.

Hai quen coas Babosas realizaba a curación doutra maneira, primeiramente era buscar unha Babosa viva e de cor branca (non podía ser negra), despois crávase nun pau e espichase no chan, recóllese a súa baba e se unta polos sitios onde teñamos as Espullas, despois é esperar a que se seque a Babosa e ao mesmo tempo as Espullas iranse caendo….


Na nosa Parroquia vas falando cos veciños e son muitos os que din que se eles curaronse con auga de unha fonte, outros con leite de figos verdes……Outro remedio era coller unha moeda de cobre e metela nun tarro con aceite e despois aplicaba coa moeda este aceite sobre a espulla………Pódese fregar a verruga co zume da planta chamada ceridonia (ceruda, herba das andoriñas) durante dúas ou tres semanas ata que seque……

Pero se un quere curarse, eu dígolles a todos que como San Benitiño ningún, pero o de Lérez ! Aínda así hai quen solicita o favor a tres dos santos máis venerados na nosa Galicia, San Benito de Lores, San Benito de Lérez e San Benito de Cambados.
Eu era moi pequeno e tiña espullas nas mans e cóbados, un día de San Benito de Lérez a miña avoa Ramona colleume da man e levoume andando ata San Benitiño, levaba consigo unha botella de aceite e media ducia de ovos para darlle o San Benitiño ( seica había que levar un ovo por cada espulla que tivese) pa min que eu tiña máis de vinte, pero bueno, tampouco íamos a quedar sin ovos na casa, pensaría miña avóa, escoitamos a misa, despóis pasamos tres veces por debaixo do Santo, nunha botella de gaseosa Feijoo, das que tiñan cierre a presión, colleu o aceite bendecido, máis tarde xa na casa pasáronme o aceite polas espullas e o día seguinte non quedaba unha….

A miña avóa Ramona respectaba todos os costumes, como a maioría dos devotos, o pasar por baixo do altar do Santo, ofrecer unha figura de cera que representaba a parte do corpo que tiña enferma, tamén pasar o pano pola imaxe do Santo e despois me frotaba por onde tiña as espullas…..

Que eu recorde era a primeira vez que fun a San Benito, cando cheguei quedeime asombrado, ver aquelas persoas subir 44 peldaños e 4 descansos de xeonllos, agora é raro ver esa devoción….pero é que naqueles anos eran muitísima a xente que se ofrecía a ir de xeonllos.

Agora xa outros medios para eliminar as espullas, os tempos cambian, esperemos que non se perdan as tradicions…


Fontes : MUSEO DO POBO GALEGO; Monografías; “A medicina popular en Galicia”, autor; V. Lis Quiben, é tamén de publicacions de Jorge Romani e Xosé Ramón Mariño.

2 comentarios en “AS ESPULLAS.

  1. Merchy

    Mi hijo las tuvo en la planta de los pies, no recuerdo como las llamó el médico, nos recetó un medicamento para untar en cada una de las verrugas, alguna de ellas bastante g randota, poco a poco comenzaron a despegarse desde la raíz hasta que todas ellas le cayeron, hasta el día de hoy, por entonces era casi un bebé y hoy ya es hombretón.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s