A CRUZ DE CARAVACA.

A CRUZ DE CARAVACA

Unha historia que ten parte de realidade, algún de vos quizáis recordará algo desta historia, por suposto, os nomes son inventados…
Mercedes terminara a súa xornada de traballo nunha  leira situada preto de Parrei, dita leira era a que máis lexos tiñan os seus pais da súa casa, herdárona da súa avóa e aínda que quedaba bastante lonxe, era onde mellor dábaselle a colleita de millo, a  Mercedes víala pasar moi cedo, acompañada da súa vaca e co seu carro, pasábase todo o día na leira, e subía cara á súa casa xa á noitiña, cansa, suorenta e como ben podía alzando a súa voz cara a Marela, a súa vaquiña e compañeira de fatigas, imos Marela imos, que xa por hoxe acabamos…..


Aquel día , como outros tantos, Mercedes chegou a casa e o primeiro que fixo foi meter na cuadra a Mareliña, para iso pasaba por diante da cociña, a cuadra quedaba ao carón daquela estancia, contaba cunha porta que se abría pola metade e que deixaba asomar a cabeza de Marela para que compartise como un membro máis da familia todos os comentarios e chismes do día, doulle a súa comida e de beber, e ao pechar a porta inferior comezou a decir unha oración dando as grazas por todo o traballo realizado, pedindo saúde á Virxe e que coidase da súa Mareliña de calquera mal de ollo que podían botarlle.

Ao entrar na cociña cambiouse de calzado, quitouse aqueles pesados zocos e púxose unhas zapatillas que deixaban ver cada unha delas o dedo gordo de cada pé, un día destes teño que ir a feira, estas zapatillas están cada día máis roídas, malditos ratos !

Pronto se esqueceu das zapatillas, entrando na cociña veulle o cheiro habitual, o do fume que saía da lareira, alí seguía a fogueira que desde a primeira hora da mañá crepitaba durante todo o día e non se apagaba ata chegar a noite, nese momento, na lareira, quentábase un enorme pote que era onde se cociñaba o sustento de toda a familia, as paredes exteriores do pote retiñan anos de innumerables lumes, no interior del, as súas paredes ía gardando sabores indefinidos de tantas comidas feitas.

Nunha esquina da cociña atopábanse ceando as dúas irmás menores de Mercedes, apoiadas na artesa e coas súas cucharas de madeira raspando naqueles pratos para aproveitar ata o mínimo alimento que puidese quedar.

Mentras tanto Marela deitouse encima dun montículo feito de toxo e palla, o día fora agotador e necesitaba o seu descanso, non estaba para escoitar contos, Mercedes pechaba a media porta para evitar no posible que aquel cheiro desprendido da cuadra non se mesturase no ambiente da cociña, aínda así o estiércol era como un ambientador dos que temos hoxe en día, ao presionar o bote automáticamente a fragrancia vaise desprazando por todas as estancias….

Sin ganas, Mercedes colleu algo para cear e púxose á mesa, Faustino, o seu pai, espetoulle: hoxe chegaches moi tarde, seguro que estiveches parada polo camiño con esas chismosas que viven na Bouza, si fosen traballar ! mentres dicía isto Faustino metía unha cunca dentro do pote para servirse aquel caldo que viña acompañado duns anacos de patacas, algo de unto e un par de garavanzos.

Hoxe estivo aquí a señora Xusta, quere falar contigo, necesita de alguén que a vaia a coidar e que seguramente co paso do tempo quedarse a vivir na súa casa, séntese maior e moi cansa, está soa e ten medo de que un día páselle algo e ninguén a poida axudar.

Mercedes comezara a cear, escoitaba con  pouco interese no que lle estaba comentando o seu pai, si Marela estaba cansada ela non se quedaba atrás, o seu pai insistía: penso que é unha boa oportunidade, a señora Xusta non ten parentes próximos, e ti podes chegar a quedar coa súa herdanza, hai pouco que comprou unha xovenca e un carro cun arado na feira de Mosteiro, e muller de fartura.

Para Mercedes o que lle dicía o seu pai éralle irrevelante, ela non tiña en mente ir vivir cunha señora, o que ela quería era ser costureira e xa estivera falando cunha veciña de Tilve que levaba dous anos na capital aprendendo o oficio e xa estaba gañando uns cartos, por cada basta de unha falda dabanlle dez patacos.

Mercedes cenaba, o seu pai seguía insistindo en que tiña que ir visitar á señora Xusta, foi cando nese momento entraba na casa Lola, a nai de Mercedes, saíra a gardar as galiñas e entraba xa escoitando a voz alterada do seu home, ela coma se non quixese a cousa, púxose a comentar algo sobre un tal Leovigildo, que tiña un autobús e dedicábase a ir ás feiras, resulta que viña cargado con dous porcos , cinco leitons é unhas ducias de galiñas e nunha curva foiselle a carga para un lado e os pobres animáis saliron despedidos polo aire !

O seu marido díxolle que se deixase de contar tonterías e que convencese a Mercedes de que tiña que ir falar coa señora Xusta.

Fixo un xesto cos ombreiros e mirando á súa filla indicoulle cun pechar de ollos que se tranquilizará e que despois xa falarían as dúas, era a maneira de comunicarse entre elas cando había algo que era mellor falar a soas.

Cando as irmás pequenas fóronse para cama e o pai habíase tamén retirado, quedaron a fregar os pratos, como habitualmente facían todas as noites, era o momento en que aproveitaban para comentar o máis íntimo ou ben cando sucedía algo como o que se falou na cea ou calquer outra cousa que querían falalo con máis intimidade.

Mira filla, eu creo que sería bo para ti ir servir a casa da señora Xusta, o que tes que facer é o mesmo que estás facendo todolos días en casa, así que non che vai a ser complicado, ademais vaiche a sobrar o tempo para que poidas coser tamén, terás unha habitación para ti soa e poderás ir cosendo para ela e para a xente de fóra, nunca se sabe o que un vai necesitar…

Mercedes foise para a cama media convencida pola súa nai, esperou ao domingo e ao saír de misa, cerca da oliveira que hai o carón das escaleiras fixolle a espera, cando a señora Xusta comenzaba a baixar achegouse Mercedes para falar con ela, non tiveron que falar moito, mentres baixaban Tilve abaixo en dirección ás súas casas foron comentando algunhas cousas, a señora Xusta quería que Mercedes fose vivir con ela, pero Mercedes non estaba convencida, de momento quería seguir vivindo cos seus pais.

Si vostede necesita en calquera momento do día ou da noite axuda, só ten que chamar por min, as nosas casas están cerca e en nada xa estou xunto súa.

Mira rapaza, eu o que quero é que veñas vivir á miña casa, pero bueno, co tempo xa che irei convencendo, non hai présa. Si quero que veñas ti a vivir comigo é porque che coñezo ben, eres traballadora e educada e sabes facer de todo, que saibas que si vés vivir comigo a miña herdanza será para ti, sabes que teño só de familia dous sobriños e nunca se preocuparon por min , e iso que eu ao seu pai o queria moito e crieino eu ! Non sei a donde imos chegar, esta xuventude non ten respeto ningún…..bueno miña filla,ti ven e probas, xa verás cómo vas estar a gusto, e así foi….

Aos poucos días Mercedes foise ocupando dos quefaceres da casa de Xusta, unhas veces íalle ás súas leiras, outras lle facía a limpeza de casa, a comida….de todo un pouco, menos coser, porque de momento o tempo que dispoñía non lle daba para máis.

Así foron pasando os anos e cada vez foron collendo máis confianza, quizais demasiada confianza….

Mercedes comezaba a ter as mans un pouco longas, seguramente pensaba que como todo o que había naquela casa sería o día de mañá para ela non pasaba nada, e sen pedir permiso ía levando de cando en vez algunha manta, outras veces unhas sábanas , que si un mantel……a señora Xusta xa prácticamente non se levantaba da súa cama e isto aproveitábao Mercedes para ir levándose cousas para casa dos pais, eles pensaban que coa paga da señora Xusta iba mercando os días de Feira.

Un día , revolvendo nos caixóns dun moble que presidía unha pequena estancia que facía a función de salita, Mercedes atopouse cun collar de perlas que tiña unha cruz de Caravaca, chamoulle a atención e gardoulla no sostén, xunto ao collar.

Para os creyentes a Cruz de Caravaca ten un infinito poder de protección e de bos augurios. O significado esotérico da Cruz é o cruzamento do espírito (liña vertical) e o plano material (linea horizontal). É usada en distintos rituais esotéricos pois é un amuleto sumamente eficaz, outorga protección contra todo tipo de males, protexe ao fogar e aos seus habitantes, rexeita as malas enerxías e os danos, protexe a economía familiar e brinda prosperidad.


Ao cabo dun tempo, a señora Xusta púxose moi doente, a cousa pintaba mal, días antes da súa morte deulle as últimas instrucións a Mercedes, dixolle como quería ir vestida na caixa, cantas misas quería que se lle fixesen ( sempre andaba decindo que cando morrese non iba haber naide que lle fixera unha misa ), as flores que máis lle gustaban para adornar no seu nicho, ah ! E non se che esqueza de ir ao primeiro caixón do moble da salita, alí teño unha cadea coa Cruz de Caravaca, posma entre as miñas mans, que quero tela sempre comigo.

Aos poucos días Mercedes era a nova dona da casa, morrera Xusta e por fin estaba liberada e podería facer o que mellor lle conveñia, nada de andar a traballar  no campo, tiñao decidido, iba a poñerse a coser.

Pero ao pouco tempo da morte da señora Xusta, Mercedes comezou a sentirse mal, sentía como unha presión no peito, cada día maior, non a deixaba respirar, tiña algo metido no corpo, no sabía cómo poñerse, na cama non aguantaba, de pé tampouco….comezou a estar preocupada.
Aconsellada pola súa nai foise a xunto dunha señora que tiña fama de curar os males de ollos e os do aire, esta señora ao vela xa lle deu unha mala sensación, engurrou o ceño e fíxolle varias preguntas, ao momento díxolle a Mercedes o que lle sucedía.

Ti tes algo que non é teu, e alguén o está reclamando desde o outro mundo.

Mercedes ao escoitar isto púxose toda colorada e ao principio non quería asentir que efectivamente tiña certas cousas que non eran súas, que as colleu de casa da señora Xusta.

Mira rapaza, ti colliches algo que terás que devolvelo ao seu dono, porque si non, non curarás.

Avergoñada, Mercedes díxolle a verdade…..algunha cousa levei para a miña casa, unha manta, unhas sabanas…pouca cousa, tamén unha Cruz de Caravaca que tiña nun caixón, pouco máis, xurollo !

Pois claro ! a Cruz de Caravaca ! Terás que ir ao cemiterio e abrirlle o nicho onde está enterrada e meter a Cruz de Caravaca con ela, é eso, non cumpliches co que che pediu.

Mercedes estaba toda asustada, Dios mío ! En que lio me metín ! Teño que ir ao cemiterio e abrir o nicho da señora e meter a Cruz !

O primeiro que fixo foi contarllo á súa nai, mamá, mamá, que fago ?

Pois que terás que facer o que che din, ti así non podes seguir, mira, hoxe mesmo imos ir a falar co enterrador, comentámoslle o que che sucede, e seguro que cunha boa propina fainos o favor de ir abrir o nicho.

Así foi, convenceron ao enterrador e quedaron para facer a operación a unha hora en que todo os veciños máis próximos a Perre ( nome do lugar onde está situado o cemiterio) estivesen durmidos.

Así que eran as dúas da mañá e atopáronse onde está situado o cruceiro situado á beira da Ponte Malvar, subiron xuntos pola estrada e foron meténdose polos carreiros por onde non houbese muitas casas preto é así poder pasar o máis desapercibidos posible, aínda que algún can comezou a ladrar ao sentir que se achegaban ás súas casas, pero nadie se levantou haber quen pasaba.

Aquel día chovía.E mentres ían camiño do cemiterio a choiva intensa provocaba a néboa máis espesa que xamais viran. Pero nese momento só podían notar que tremían, e que os seus dedos cravábanse sen poder evitalo nos seus brazos cruzados, agarrados fuertemente por instinto.

A néboa, impregnada daquela luminosidad estraña, froito dos candís, a ras de chan, empezou a arremoliñarse e parecía cobrar vida, ascendendo ao redor delas, que momentos xamais vividos !

Chegaron ao cemiterio e elas duas estaban asustadisimas, ademais Mercedes estaba asfixiada, o seu peito estaba a piques de reventar, desde a súa casa ata o cemiterio tiveron que facer varias paradas, sentarse un tempo e poder así retomar o camiño.

O enterrador abriu o portal do cemiterio e penetrou el só : Maldita porta ! Como chirría esta porta, vai espertar a todos !

O enterrador sempre foi un home con humor especial…sempre andaba a presumir de ser o que máis dentes de ouro tiña na casa…..

Ao pouco xa non vía nada, virou a cabeza e alzando un pouco a voz díxolle a Lola : achegarvos, trae un candil ou un raio , que non vexo nada e aínda me vou a caer de cabeza !

Lola apresurouse e levoulle suficiente luz para poder ver por onde pisaba, pronto chegaron ao nicho da señora Xusta, agachouse e palpou haber que había diante do nicho, aínda quedaban algunhas flores que prácticamente estaban todas marchitas, o enterrador dou un paletazo e deixou nun momento todo despexado, retirou a placa de mármol e colleu o martillo, comezou a romper a parede de ladrillo que el días atrás fixera.

Mentres, detrás, Mercedes e a súa nai gardaban silencio e abrazábanse unha á outra, molladas  cóma pitos, debaixo daquela parroquia que tiñan para levar o muiño.

Mercedes temblorosa mantiña a man dereita pechada, nela tiña o collar coa Cruz de Caravaca, non lle chegaba o momento de meter a Cruz no nicho e escapar de alí o máis rápido posible.

Nisto o enterrador xa fixera espazo suficiente no nicho, e meteu as dúas mans para poder arrastrar o ataude, agora quitarei a caixa hacía fora e vós encargádesvos de abrir a tapa, despois Mercedes introduces a Cruz e de novo baixades con coidado a tapa, eu despois xa volvo metela dentro.

Así o fixeron, aínda que á hora de levantar a tapa a Mercedes tremíanlle tanto as pernas e as mans que non daba aberto o ataude, foron momentos moi tensos, Lola mentres tanto rezaba en voz alta, e ao final puideron terminar de colocar sobre aquelas mans xa nun estado de putrefacción e de paso soportando á vez o nauseabundo cheiro que desprendía o cadaver da señora Xusta.

Mercedes tan mal estaba de door e aínda por encima soportando aquel cheiro e a situación, que se volveu uns pasos e comezou a vomitar, a súa nai véndoa así tamén púxose a facer o mesmo, mentras o enterrador berreaba con elas, mala chispa vos coma! Acercade o candil ! Que non vexo ! Eu quiero acabar canto antes é ir para casa a dormir, que mañán teño traballo!

Alá como puido Lola achegoulle o candil, en pouco tempo o enterrador xa había de novo levantado a parede do nicho.

Colocaron de novo aquelas flores marchitas e a fume de carozo fóronse para as súas casas.

Esa noite Mercedes quixo quedar a durmir na casa dos seus pais, a noite deulle moitos sustos e seguramente poñeríase a soñar con todo o que lle sucedera.

Mercedes caeu rendida na cama, e con todo que lle pasou, durmiu de seguido, non tivo ningún pesadelo, ao contrario, xa non recordaba o tempo que non durmía tan ben.

Á mañá seguinte parecía outra, aquela dor que non a deixaba vivir desaparecera, nin rastro del.

Mirou ao ceo, pechou os ollos e cunha oración deu grazas e pediulle perdón á señora Xusta.

NOTA :

Un tempo despois, unha veciña, vendo que naide facialle unha misa a señora Xusta, foi xunto o cura e mandoulle facer unha misa, habíallo prometido a señora Xusta, unha tarde de outono a señora Xusta comentaballe a veciña que tiña pena porque estaba segura que naide despois de que morrera se iba a acordar dela, nin lle farian unha misa.

A Veciña tranquilizouna, non se preocupe, si non hai naide que lle faga unha misa, fareilla eu.

FIN.

3 comentarios en “A CRUZ DE CARAVACA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s