A PEÑA CELTISTA DE CERPONZONES

A PEÑA CELTISTA DE CERPONZONES, ACONTECEU FAI MÁIS DE 40 ANOS.



Era costume que nas tabernas, separadamente da súa función natural, fose un lugar que podiamos denominar daquela o Centro Social da Parroquia.

Na que se refire á que tiñan os meus pais xa teño escrito algo sobre a que acontecía ao longo do día e da noite, normalmente pola mañá podíase dividir en dúas partes, as primeiras horas enchíase de camioneiros  e obreiros, despois, a partir das dez e media aproximadamente, a taberna pasaba a ser xa máis ultramarinos, as mulleres viñan a por os víveres necesarios e de paso a charlar un pouco, o que si era curioso é que a ningunha delas ocorríaselle pedir unha consumición, naqueles anos soamente podíase ver a unha muller tomando unha consumición nunha taberna cando era un día “especial”, unha festa, unha comuñón, o día de defuntos …. eran días contados, a vez que máis mulleres vin na taberna tomándose unha consumición foi o día en que se casou a miña irmá.

Á tardiña de novo eran os homes os que facían acto de presenza mayoritariamente, chegaban os obreiros de traballar e os camioneiros e de novo facían a súa parada, terminaba a xornada cos veciños habituais que viñan xogar as súas partidas de tute, subastado e sobre todo a raíña das partidas : a brisca de seis.

Tamén adoitaban facer algún campionato de chave, o meu pai colocara no aparcamento unha chave, era moi habitual sobre todo os sábados e domingos o ver como se xogaban as consumicions.

Pero tamén o fútbol estaba presente, e por diversas razóns cada un tiñamos o noso club de preferencia, refírome a que si uns eran do Barcelona, outros do Madrid, iso si, todos eramos do Pontevedra C.F., bo, todos non, había algún que era do Celta jajajajaja.

E nun deses días que se comeza a falar de fútbol, de que si unha Peña  dun lugar próximo á nosa parroquia tocoulle un bo pellizco xogando á quiniela, de que fan excursións, e tamén que van ver ao Celta a Balaidos….

Fóronse animando uns cantos ese día e comezaron a comentarllo a máis veciños, así foi como nace a PEÑA CELTISTA DE CERPONZONES, fai deste acontecemento 40 anos.

Un dos principais culpables de crear a Peña Celtista foi Honorio.

Honorio era un hincha empedernido do Celta, eu recórdoo toda a vida falando do seu Celta, era socio e tamén según me tiña comentado tivo unha época en que tiña algunha acción do club vigués.

Os anos 70 non foron anos moi bos para o Celta, era un equipo dos denominados “ascensor”, un ano en Primeira, outro en Segunda, inclusive chegou a baixar a 2ª B, precisamente cando se crea a nosa Peña.

Pero daba o mismo o lugar en que estivese o Celta, o empeño por crear a Peña estaba xa en mente desde facía un tempo e por fin logrouse.

Nesta mesma época eu estaba facendo a mili en Figueirido, alí fun amigo dun dos mellores xogadores daquel Celta, o seu nome Angel Castiñeiras Beiras, máis coñocido por Gelo, recordo que me contara que comenzou a xogar no Vista Alegre de Santiago, e nesa época foi a facer unha proba polo Barcelona, ao final non lles convenceu e fichou polo Celta, donde estivo dez anos.

Entón, habendo un suficiente número de voluntarios para crear a Peña, decídese realizar os trámites oportunos para que se faga oficial e con todas as da lei.

Así é como uns cantos socios deciden achegarse ata o Gobierno Civil e facer as xestións oportunas para formalizar a Peña Celtista.

É un 5 de Setembro de 1979 cando se inscribe e rexístrase o Libro de Registro de Socios, o cal é asinado polo Secretario General del Gobierno Civil, pero a Peña Celtista xa levaba desde Xuño funcionando.

Aqueles días de Xuño, de preparación da Peña Celtista estaban cheos de ilusión, algúns dos socios falaban de si chegáselles a tocar, que festa ibamos facer !

Albino ! Vaite preparando para traer ás mellores orquestas de España ! Dixolle o señor Celestino.

É que cantos máis sexamos, máis oportunidades temos, mira que xa que tocou a algunha peña por aí adiante, comentaba Adonis, mentras o seu irmán Marcelino asentía.

E claro, cada vez que saía unha quiniela con poucos acertantes e aparecía un novo millonario, crecía máis a ilusión en todos os que pertenciamos á nova Peña Celtista. Neste mesmo ano de 1979 foran agraciados con máis de cen millóns das antigas pesetas, un albañil, unha empregada da Cruz Vermella e dúas señoras que eran viudas.

Seguro que nos vai a tocar pronto, seguro ! Decía Germán Chapi, teño que mercar unha avioneta para sulfatar as viñas, vaime vir ben gañar unha de catorce !

Cantas columnas facemos esta semana ? Son a quince pesetas ! Facemos o boleto enteiro ? Preguntaba Moncho o Jaxe, desta imos ir a París ! Para un pouco ! De momento facemos duas columnas, que a xente ainda non abonou o mes, contestaballe o tesorero, Juan o da RONS.

Pero a fortuna non nos chamou á porta, o que nos foi tocando eran pellizcos moi pequenos, que apenas daban para facer unha cea a final de tempada, ademais tamén xogabamos algunhas pesetas coa lotería de Nadal, pero o mesmo que coas quinielas, todos seguimos as nosas vidas igual de millonarios como cando empezamos coa Peña Celtista.

O mellor que recordo eran aquelas noites onde nos reuniamos e poñiámonos a cubrir o boleto, coas típicas discusións dos máis entendidos de fútbol cos que eran máis afins aos seus equipos preferidos, e que sempre daban a vitoria aos seus, jajajaja, que risas ao ver os resultados e as broncas que había por fallar naquelas casillas que algúns estaban seguros de que o seu equipo do alma gañaba seguro, que tempos máis entrañables !

Unha das primeiras quinielas que se fixo na Peña Celtista (10/06/1979)

LISTADO DE SOCIOS QUE CONFORMARON A PEÑA CELTISTA DE CERPONZONES

DÍA DE ALTA DE SOCIOS NO LIBRO DO REXISTRO : 12 de XUÑO 1979

VECIÑOS DE LIBOREI :

Manuel Maquieira

Rogelio Calviño

VECIÑOS DA BOUZA :

Candido Casas

VECIÑOS DE TILVE :

Luis Honorio

José Cochon García 

Adonis Pérez 

Juan Esperón

Gonzalo Costas

José Luis Torres

Emilio Calvete

Ramón Fuentes

Juan Pombo

Faustino Solla

José Luis Pintos Souto

Marcelino Pérez 

Juan Esperón Recarey

Manuel Lijero Araujo

VECIÑOS DE A MEÁN :

Albino Chan

Celestino González Calviño

VECIÑOS DE PIDRE :

German López 

Rogelio Castro

VECIÑOS DA CAÑOTA :

David Abilleira
 


Non podo decir con exatitude cando se decidiu darse de baixa a Peña Celtista, teño algunha referencia con data do 1/06/1981 que seguía activa, despóis seguramente que hubo desacordos e foise desfacendo a Peña Celtista.

Por desgraza non teño ningunha foto da Peña celtista, pero si teño dunha onde estaba Honorio Outeda, un dos promotores da creación da Peña de Cerponzóns :

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s