15- CONVERSAS CON XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO

HAI ALGUNHA FOSA COMÚN NA CHAN DO MONTE ?

Hai tempo chegou aos meus oídos un tema relacionado con uns feitos sucedidos na época máis negra da nosa historia, estou seguro que daríamos o que fose para que non chegasen a suceder esos feitos que marcaron para sempre a moita xente, por suposto a moitos dos nosos veciños e tamén seguramente a familiares nosos.

Agora co traslado dos restos do dictador veume á memoria uns comentarios que escoitei fai un tempo pola parroquia, os que o comentaron facíano en voz baixa e como que non querían falar do tema nin que se soubese quen o dicía, o medo aínda pervive en moitas mentes.

Entón decidín falar cunha persoa que é un estudioso do tema, quería preguntarlle si sabía de algo, si estaba documentado nalgún lado que en Cerponzóns había algunha fosa, ou ben si sábese si chegaron a matar na nosa parroquia a algún preso.

Fai uns días tiven unha nova conversa, esta vez co historiador Xose Álvarez Castro ( Pontevedra, 1953).

Xosé Álvarez Castro, mestre, licenciado en Xeografía e Historia. Master en Educación Ambiental.

30 de Outubro 2019.

Café Moderno, un café con leite é un descafeinado.
Pepe Álvarez e un home que participa activamente no asociacionismo cultural (Cedofeita), e na recuperación da Memoria Histórica, entre outras muitas máis cousas, ademáis por poñer aigún exemplo, e autor de numerosos artigos sobre historia e medio ambiente, como tamén autor do blog ” Pontevedra nos anos do medo”
Dime Pepe, cómo sucedían os “paseos” ?

Os represores manexaban unhas listas que en ocasións eran modificadas, tanto para engadir nomes como para eliminar outros, debido a vinganzas persoais, relacións de amizade ou recomendaciones e sobornos a determinados elementos das milicias cívico-falangistas. Outras veces, os represaliados eran detidos nas súas casas ou nos seus refuxios, xeneralmente nos montes dos alrededores, aos que fuxiran como medida de precaución ante o cariz que tomaban as cousas.

Na maioría dos casos, os detidos eran torturados antes de ser asasinados e os seus cadáveres depositábanse nas cunetas das estradas de acceso á cidade, proximidades de cemiterios, ou en lugares transitados, para que o sucedido tivese un valor exemplarizante. O cemiterio de San Mauro, a curva de O Couto en Tenorio, os malecons da estrada cara a Monte Porreiro, o monte da Caeira, o lugar de Carabelos….son sitios de triste memoria en Pontevedra.

Polo que me conta Pepe a estrada nacional 550 foi tamén un lugar por onde se chegaron a realizar moitos casos destes, un dos lugares próximos á nosa parroquia onde hai recolleitos datos é a parroquia de Alba, exactamente por onde estaba o cruce hacia San Caetano que había fronte ao Restaurante Corinto.

Tamén o máis seguro que en algún lugar de Cerponzóns sucedesen casos, un dos lugares seguramente fose no límite co Concello de Barro, e tamén outro sitio na zona do Chan do Monte……
Hai de quén dixo fai tempo que algún veciño da Parroquia cando era un neno había visto polo Chan do Monte que andaban a matar nos homes, polo que hai escrito en libros, artigos e documentales de cómo facían “os paseos” aos que mataban nunca eran da Parroquia donde sucedían os feitos, poida que este relato que poño a continuación teña que ver con aquel fatídico día, o cal viviron algúns veciños, entre eles o neno que muitos anos despóis volveu a recordar aquel feito, donde él tamén estaba nese momento tan desgraciado polo Chan do Monte …..
En un dos libros do historiador Dionisio Pereira conta o seguinte :

…. a partir da data fatídica do 11 de Agosto, todo mudou.

Os falanxistas cerdedenses habían recibido unha notificación da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra para que baixaran seis veciños daqueles máis destacados das esquerdas.

A condición que lle poñían era que tiñan que chegar mortos á capital da provincia.

Os elixidos foron Severino Bugallo, Manuel Garrido, José Torres, José Cortizo, xunto cos souteláns Jose Maria Taberneiro, alcumado “O Rolo de Vilapouca”, e Jesús González.

Non se chegou a saber si foi grazas a intervención de Vicente Bugallo, irmán de Severino e Xefe da Falange de Soutelo de Montes, á instancias da súa cuñada Jovita, ou polo prurito de non asasinar ” in situ” aos conveciños, o caso é que os falanxistas cerdedenses decidiron baixar os reos a Pontevedra pero vivos, e alí decidir qué facer.

De novo a intromisión de Vicente Bugallo, que intercedeu polo seu irmán e conseguiu que alguén o reclamara da Comandancia e o metera nunha fonda, frustrou parcialmente os seus plans; sen embargo, ao día seguinte, catro corpos nos primeiros kilómetros da estrada de Pontevedra a Santiago. Faltaba o de Manuel Garrido, alcumado ” O Negro”, que foi dado por morto cun tiro no peito na altura dos Milagres de Amil e puido zafar mercé algunha persoa solidaria que lle axudou a voltar ao seu domicilio, onde a muller agachóuno e procedeu a curarlle as feridas. Dende aquela, a Garrido chamóuselle tamén “O Resucitado”.

N550, pola zona do Chan do Monte

Outros comentarios de veciños  da parroquia dicían sobre este feito que había unha fosa polo lugar do Chan do Monte, e que alí os enterraban e ata algún aínda estaba vivo cando estaban botándolle terra encima.

Estes comentarios nunca foron lidos en documentación algunha polos historiadores, polo cal a dúbida de que exista unha fosa común na Chan do Monte seguirá existindo.

Sigo preguntando aos veciños por si recordan oír este suceso, unha veciña comentábame fai uns días de escoitar que pola Tilleira sucedera ese feito, pero non recorda máis.

Outro veciño coméntame de que uns nenos atoparan fai anos uns ósos, que debido ao tamaño que tiñan parecían de humanos, pero non quixeron dicir nada porque por medo a que lles dixesen algo volveron a enterralos.

Outra veciña é máis explícita ao contar este feito :Recorda que foron seis homes os que aquel fatídico día ían darlle o tiro de graza, polas inmediacions do Chan do Monte, conta que ao chegar ao lugar baixáronos do camión e dispararon a todos, cinco deles morreron no acto e un gravemente ferido escapouse, chegou a Moraña desangrado, unha veciña do lugar socorreuno e tívoo escondido na súa casa durante uns días ata que avisaron á súa muller que veu a por el, polo que soubo despóis de un tempo este home era de natural de Campolameiro.

NOTA :

Con Xosé decateime que un dos peores asasinos máis coñocido daquela época que houbo en Pontevedra non o querían nin ver na Falange, imaxinarvos como sería, eu ata ese momento estaba convencido que era falangista, pero hai documentación donde se dí claramente o rechazo que había hacía él, ata na súa familia no podían ver. 

Este enlace e sobre o noso vecino Juan Magdalena :

https://anosdomedo.blogspot.com/2019/11/contra-o-esquecemento-juan-magdalena.html

14- CONVERSAS CON GLORIA LIS CORRAL

Gloria foi a última mestra que impartiu clases na ESCUELA PARROQUIAL DE CERPONZONES, hoxe en día coñocida como Casa do Pobo de Cerponzóns.

Gloria Lis Corral

28 de Outubro 2019

Lugar : Café Moderno, un mosto é un café con leite.

Nome : Gloria Lis Corral (27/06/1943) Villalonga.

Impartiu clases por vez primeira nun pobo que se chama CABEZA DE CAMPO, corrían os anos 1963/64, o diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar indicaba o seguinte sobre este lugar :

Lugar en la provincia de León, partido judicial de Villafranca del Bierzo, diócesis (vere nullius), perteneciente a la abadía de Villafranca, ayuntamiento de Corullón; Situado en una llanura a la margen izquierda del río Selmo, con libre ventilación y clima bastante sano. Tiene iglesia parroquial servida por un cura, y buenas aguas potables. Confina N Melezna; E Arnadelo; S Sobredo, y O el río Selmo. El terreno es llano la mayor parte; le fertilizan las aguas del indicado río, y produce castañas, centeno, vino, habas y alguna fruta; cría ganado vacuno, lanar y cabrío; caza de varios animales, y pesca de truchas y otros peces. Población: 67 vecinos, 287 almas. Contribución: con el ayuntamiento.

Cabeza de Campo, ano 1964.

Gloria después de estar dos años en Cabeza de Campo, se traslada al pueblecito de Villategil, una localidad del concejo de Cangas de Narcea, este precioso lugar está situado a una altitud de 770 m., actualmente tiene una población de 27 personas y 8 viviendas. En este lugar está desde 1964 ata finalizar o curso escolar do ano  1965.

Villategil

Gloria contrae matrimonio en 1965 con José Rivas Fontán. O matrimonio tivo catro fillos, tres deles naceron na época que estivo de mestra en Cerponzóns.
Gloria comezou a impartir clases en Cerponzóns o día 1 de Setembro do ano 1968 e finalizou o 31 de Decembro do ano 1973.

Edición do Concurso General de Traslados, 17/06/1966
Aparece como destino de Gloria San Esteban de Salto, pero o lugar a cal foi destinada era Vilela
Contraportada da edición, o costo da publicación era 53 pts.

Gloria levaba tres anos de casada, e anteriormente o seu destino fora o pobo de Vilela (Rodeiro), foron uns meses soamente impartindo clases nese lugar, pois o xefe do seu marido naquel momento, o señor Cifuentes, ao decatarse de que estaba nese lugar e ademáis cunha filla de pouca idade, uns meses nada máis, a cal levaba consigo para a escola donde estaba, un lugar que as paredes estaban cheas de humidade, terminando en dar as clases na cociña da casa habilitada en colexio, contaba con tres alumnos.

Igrexa da Parroquia de Vilela

 

Santa María de Vilela é unha parroquia que pertece o Concello de Rodeiro, actualmente anda nos 90 habitantes. Constitúe o extremo nororiental do municipio. Destaca o emplazamento castrexo de Cantelle (901m) desde onde se chega a divisar ata a Serra do Courel e os Ancares. O castro conta cun anel defensivo en todo o perímetro, con porta dobre e dende el pódese apreciar outros 3 emplazamentos castrexos nunha paisaxe de claro interese.

Paisaxe de Vilela

CHEGADA A CERPONZÓNS : 

O señor Cifuentes dille a Pepe Rivas que Gloria non podía seguir así naquela situación, soa, cunha nena e tan afastada do seu marido e da súa familia. Cifuentes exercía de Inspector de Educación e coméntalle a Pepe Rivas que Gloria pida a excedencia, que él xa arranxaría para que puidese estar máis preto de Pontevedra, quizáis nunha Escola de Patronato que estivese naquel momento sen mestres en algunha parroquia da provincia.

Cifuentes díxolle a Pepe Rivas, que daquela estaba exercendo de mestre, que intentase pescudar si había algunha escola por algunha parroquia da súa contorna.

Foi cando entra en escena o cura párroco D. Benito, tanto Gloria como Pepe gardan un grato recordo deste cura, como tamén de D. Manuel é de D. Luis Alcántara.

Falaron con D. Benito por si sabía de algunha parroquia que necesitase de mestra, así foi como comentoulle da parroquia de Cerponzóns, que era o lugar indicado para Gloria.

Recibiron de parte de D. Benito un gran apoio, primeiro pola axuda que lle dou para preparar todo o papeleo para presentar ante o Obispado , D. Benito dirixiulle unha carta onde escribía da súa propia man que era necesario impartir clases no lugar de Tilve, que era moi necesaria ter escola alí, e ademais era viable, dado a cantidade de nenos e nenas que por aquel lugar e alrededores había sen escolarizar.

Aínda así Gloria e máis Pepe, ainda coa axuda de D. Benito, tiñan as súas dúbidas para poder levar cabo aquela aventura, a casa-colexio estaba moi deteriorada e necesitaba dun arranxo, cousa que tiña que ser realizada por parte deles, eran tempos difíciles, ademáis estaban recentemente casados e cunha filla de pouco tempo, naquel momento non tiñan suficiente diñeiro para acometer as obras necesarias, era imprescindible pedir un crédito sinón non podían arranxar o que hoxe coñocemos pola Casa do Pobo, e alí estaba D. Benito para animalos e convencelos de que fosen ao Banco e pedisen un crédito, acompañounos á entidade bancaria para negociar e ser ademáis aval para a xoven parella de mestres que estaba comezando a súa vida matrimonial.

Era unha considerable suma de diñeiro a que facía falta, tiveron que afrontala naqueles anos con muitos sacrificios, entrañaballe moitas dúbidas de si poderían levar a cabo o que tiñan en mente, Don Benito non dubidaba en que sairían adiante co seu proxecto e asi foi.

NOMEAMENTO DE GLORIA LIS , ANO 1968

Doña María Gloria Lis Corral, excedente, para la mixta creada por orden ministerial de 26 de Junio de 1967 en San Vicente de Cerponzones (Pontevedra), del Patronato Diocesano, previo reingreso en el servicio activo de la enseñanza.

Para Gloria a estancia en Cerponzóns foi un periodo moi significativo na súa vida, como dixen anteriormente, tres dos seus catro embarazos levounos consigo estando na nosa parroquia.

Para ela o cambio de escola foi rotundo, para empezar o arranxo que había que realizar naquela casa e logo disto, a cantidade de nenos e nenas que tivo ao seu cargo, dado que nas outras escolas o número de alumnos oscilaba entre tres e ao moito dez.

Todo o contrario ocorreulle en Cerponzóns, tivo alumnos que oscilaban entre os seis e catorce anos, e chegou a ter en clase a uns cincuenta, a época en que menos tivo foron corenta.

Gloria comeza a recordar e vaime dicindo o que máis lle sorprendeu ao chegar a Cerponzóns…..

Juan, notei un cambio enorme, dos pobos en que eu estiven, pobos de moi interior, onde a xente tíñase que desprazar en burro e tardaban horas en chegar ao lugar de destino, vía como estaban interesados en que os seus fillos estudasen, que puidesen ser algo o día de mañá, todos os pais , todos, querían o mellor para os seus fillos.

En cambio en Cerponzóns , como tamén ocorría noutras parroquias, a unha gran maioría dos pais non lle daban esa importancia que eu vía nos outros lugares onde había estado impartindo ensino, os fillos tiñan que botar unha man nas tarefas do campo, e cando non había nada que facer, entón enviábanos ao colexio.

Había moita miseria, moitos pais analfabetos, algunha familia con problemas de alcohol que os transmitían aos seus fillos….recordo unha vez de ter que falar coa nai dunha nena, a pequena chegábame a clase cun cheiro a aguardiente impresionante, ao comentarllo á nai da criatura, contestoume que co frío que facía pola mañá o mellor que había para entrar en calor era unha copiña de aguardiente, que iso non lle facía mal á nena.

Outro día, estando no recreo, (os recreos eran no xardín que había detrás da escola, colocaba aos nenos naquela mesa enorme de pedra, debaixo do camelio, alí estábase xenial), un dos nenos, moi travieso por certo, púxose a subir a un dos frutales e ao saltar caeuse encima dunha táboa que tiña clavos oxidados.


Inmediatamente ao ver a ferida chamei a María Luisa, a irmá de D. Benito, fixémoslle as primeiras curas e mandei recado por un dos nenos que fose avisar á nai do pequeno.

Ao chegar a nai comenteille o sucedido e inviteille a baixar comigo no coche para ir ao médico e así poñerlle a vacuna do tétano.

Así foi, eu daquela vivía por Benito Corbal e moi preto miña había un médico coñecido, o doutor Fernandez Arruti, fomos xunto a él, púxolle a vacuna e fíxolle de novo as curas.

O doutor deulle as instrucións á nai do pequeno de como tiña que facerlle durante uns días e por suposto que non lle fose dar a beber nada que contivese alcohol, o doutor dábao por feito, pero a súa sorpresa foi maiúscula cando escoitoulle dicir á nai : bo doutor, un vasiño de viño a comida non lle fai dano….

A RELACIÓN CON D. BENITO E D. MANUEL

Á hora de preguntarlle a Gloria polo tipo de ensino que ela impartía, na época franquista máis ben, eu quería saber si era libre para dar as asignaturas que ela vise conveniente, ou ben tiña que obedecer ao ordenado.

Gloria tiña liberdade de cátedra, ainda que daquela era habitúal seguir uns hábitos ao chegar a clase, había que persignarse, dicir unha oración etc. Ela iso o foi deixando de lado, non vía normal esa actitude cos nenos, para ela cada un tiña na súa casa e na Igrexa os lugares apropiados para que lle ensinasen o crían conveniente.

Ao preguntarlle si D. Benito vía ben o seu ensino, deixando de lado o relixioso, Gloria contestábame que nunca lle dixo nada, nunca me chamou a atención por iso, D. Benito entendíao e xamais me dixo nada, asentiu.

Vólvoche a dicir que aínda que eu procedo dunha familia moi relixiosa, en cambio eu nunca fun de ir moito a misa, pero a miña relación cos tres curas que che dixen foi sempre marabillosa.

De D. Manuel, só podo dicir que CHAPÓ para él, sempre respectou as miñas ideas, a súa relación foi sempre en grao sumo cordial.

Eu sempre o tiven claro, o meu método de ensino era para todos os meus alumnos de igual xeito, respectando sempre a súa raza, cor, relixión etc. Dábame rabia escoitar como algúns dos meus compañeiros querían influír no seu alumnado impartiendo materias que eu as vía impropias, eu estaba no ensino para o que estaba, non quería discriminar a ninguén por motivos políticos , relixiosos ou de calquera outra índole.

NA XUNQUEIRA

Baixo o punto de vista de Gloria a creación de grandes colexios con aulas adecuadas á idade do alumnado, exemplo o colexio A Xunqueira , o primeiro colexio deste tipo a nivel nacional, fixo que aqueles colexios de patronato e os colexios nacionais creados polos anos sesenta por muitas parroquias, fosen desaparecendo.

Os nenos ían estar mellor atendidos e ensinados, ao longo dos anos en que estiven destinada na Xunqueira, dime Gloria, non perdín contacto cos pais e cos nenos de Cerponzóns, gustábame ir vendo a súa evolución e sempre que estaba cos pais dicíalles o mesmo : facede todo o posible para darlle estudos aos vosos fillos, é a mellor herdanza que podedes deixarlle, o día de mañá agradeceránvolo.

CURIOSIDADES

Tamén me contou Gloria que os anos sesenta os dia un de cada mes non había colexio, ese día era cando todos os mestres das parroquias e vilas viñan á cidade de Pontevedra, tiñan que ir a un lugar onde lles pagaban a súa mensualidade,  moitos destes mestres e mestras inclusive viñan a Pontevedra o día anterior ao finalizar as clases, e durmían na cidade, así o día de cobro dedicábano a realizar visitas a médicos, a ir de compras etc. e así durante todos os meses do ano, ata que anos despóis xa foron cobrando por medio da Caixa de Aforros.

<><><><><><><>

Unha das súas alumnas máis coñecidas por todos é a que foi veciña da parroquia, Elvira Ribeiro Tobío,  gran escritora con varios premios acadados nestes últimos anos.

Gloria recórdaa desde moi pequena e xa lle notaba os seus dotes como poeta.

<><><><><><>

Tivo unha época onde pediu a excedencia de casada, pouco despois tivo que pedir de novo permiso para exercer e así non perder os dereitos adquiridos.

Información sobre as leis da época:

http://www.ub.edu/ciudadania/hipertexto/evolucion/trabajos/9900/2/reformas.htm

PREOCUPACIONS

O que Gloria nota máis en falta nos colexios é a falta de profesionais que puidesen axudar a nenos e nenas con problemas estructurales, aqueles que non tiveron axuda, información e consellos para poder evitar entrar no mundo da droga, a delincuencia etc., esa falta de profesorado adecuado é o que máis bota en falta Gloria.

><><><><><><><

Gloria ve con tristeza como as parroquias cada vez están máis despobladas, como a xente vai deixando de traballar as súas terras, das mellores que hai para cultivar, e ve con pena que moita xente que ten a súa leira para cosechar prefiren ir comprar as patacas e as cebolas ao supermercado.

ACTUALMENTE 

Gloria logo de pasar 40 anos no ensino xubílase no ano 2003, podía seguir pero a intención era axudar ás súas fillas no coidado dos seus netos, pero aos poucos anos, cando estaban xa crecidos, atopouse que tiña moito tempo libre e que necesitaba dalgunha actividade, foi precisamente na Cruz Vermella e desde o ano 2013 que está a impartir clases uns días á semana, alfabetización a grupos de adultos, séntese moi ilusionada vendo como van avanzando en lectura e tamén en matemáticas, o máis básico e necesario para eles.


ALCUMES PONTEVEDRESES DO S. XIX

Teño interés en dar a coñocer o recollido por un gran personaxe que viviu no século XIX na nosa cidade, D. José Casal Lois, o médico dos pobres, así era coñecido con este apelativo en Pontevedra este médico e polígrafo que exerceu a súa profesión no servizo da Benificiencia Municipal.

Participou moi activamente na vida social e cultural da nosa cidade, pertenceu a sociedades de todo tipo, recopilou oracions populares, xogos, diversions,contos, refrans, adiviñanzas, cantares de “Xaneiras” e de “Reis” ou “Sarralladas” como a que tivo lugar na parroquia de Bora no ano 1897 cando casou “O Tapón ” e ” A Xabaya”, según recolle nun artigo José Fuentes Allende, secretario técnico do Museo de Pontevedra no ano 2009.

Entre tantas cousas que fixo hai unha que me chamou a atención, unha colección de “alcuñas” pontevedresas do século en que viviu, o XIX.

Por iso gustaríame compartir con todos vós a colección de alcumes que naqueles anos coñecíanse a moitos dos nosos veciños.

A súa colección comeza recollendo o que el titula como :


TIPOS POPULARES E CABALEIROS JOCOSOS :

Antoniña a das ratas, Antoniño Labaradas, Barajera, Blas, Cachapo, Cafetero (O), Caga na Caldeira, Camilo, Campañó, Canta o galo, Capitán Cobas, Carrapato, Cesáreo (D), Cordoneiro o Tentesé, Corneta (O), Cregiña (A)…..

Domingo lo Gato, Enterradora (A),Escacho (O), Eufrasio, Fuseiro (O), Giralda (Dª Ramona), Giricha (A), Guiana a cega, Guimeráns, Chilgorro (O), Choqueiro (O), Chuchona, Inchavo, Juan Francisco, Lendú, Lidón, Listona, Mariano, Matilda, Morcega (A), Napoleón, Nelo (O), Pacheco, Paletilla, Parrandón, Paternina, Pisa birbirichos, Quiquirico, Quirós, Ruisa (A), Simó o Maya, Tosta (O), Vixo, Uhí, Zúñiga.

TIPOS POPULARES Y CABALLEROS SERIOS :

Alfondigueiro, Sr. Lourenzo (O), Andrés da Pena (Sr.), Antelo, Antonio el Barbero, Arrola ( Gabriel O ), Bárbara (Dª), Barqueiro (O), Benitillo, Biscoiteiro, Bodegas, Bombardino (D.), Brabo, Butrón, Cadonca, Caramboliña, Carantola, Carlos Viaño, Carnán, Clemente Mediavilla (D.), Cobas, Cristobo (D.), Cruces (Juana), Custodia (Dª), Durana (A), Escadio, Espatera (A), Fermina (Dª), Ferrol, Chías (Juana das), Chinco cheis, Choíña, Ignacio Reyes, Jorge, José Bernardín (D. Emilio), Juan Ambrosio (D.), Luciana (A), Mariqueiro (O), Memelo, Mudo (O), Nartillo, Nespral, Pablo (D.), Paxaro (O), Porrelas, Puncho, Quijano, Roma, Ruano, Sacristana, Tambor da villa, Vellar (D. Mauro), Vitorra (Siña).

ALCUÑAS

 LETRA A :

Acidente, Afusílote, Alacrún, Alxouxora, Amor libre, Amor que pasa, Anamorada, Aresta, Arquitecto, Arría o chavo, Arroás, Arrola, Arrucheiro, Artilleiro, Asedía, Atrancada, Avellón, Arre demo que frío, Arrancapinos, Avestrús, Avo María.

LETRA B :

Baila na criba, Baixo la luna, Baldón, Barallocas, Barqueiro, Barriga de saín, Bartola, Baxaroucas, Becerro, Bechas, Berradora, Besugo, Betanceira, Blanquiña, Boba (A), Bicudo, Bilbaína, Biscoiteiro, Boca de ballena, Boca de ran, Boca de raya, Boca de sapo, Bodegas, Bodón, Boi, Boleira (O), Bomba, Bombón, Boreiro, Boticas, Boulon, Brincanta, Brisa, Bugallo, Bujía, Busca amores.

LETRA C

Cabala (O), Cabasa (O), Cabazo, Cabeza de calacú, Cabezudo, Cabo das tortas, Cabrita, Caco, Cachano, Cacheiras, Cachelos, Cachimán, Cachina, Cadela, Cadenas, Cadorna, Caga estacas, Caga torcidas, Cagainas, Caica, Caifás, Calacú, Calandria, Caldereta, Calderilla, Calditos, Calenta, Calleiro, Callón, Cambanés, Cambanota, Campañó, Campeleiro, Can sentado, Canario, Candiña, Canelido, Caneludo, Cangallo, Cangueiro, Cangrexo, Canta o galo, Canteiro, Cañenta, Cañón, Cañoto, Capador, Capeleiras, Capitán, -a, Cara de pan, Caraba, Carabinera, Carabuñera, Carambola, Caramboliña, Caramés, Caramixa, Carandola, Carantoña, Carcamán, Carepas, Carita, Carmín, Carneasada, Carouco, Carpanta, Carrantrán, Carrapato, Carrapela, Carriso, Carrola, Carroucho, Castrona, Catabalco, Catalán, Catanocu, Catapol, Catela, Cavila, Ceboleiro, Cebollica, Cempés, Cencerro, Centiuda, Centolo, Cepilla, Cerbala, Claraboya, Cocidos, Cocheros, Coitela, Colilla, Compuesto, Conexo, Coqueiro,-a, Corita, Corneta, Cotexa, Cotiño, Cotorra, Coxo, Crego,-a, Creguiña, Cistoba, Cosita, Cuadas, Cuaño, Cubita, Cuca, Cucote, Cuchereira, Cuica, Culebrón, Cupido, Cuqueiriño, Cuquiña, Curresa, Curriló, Currillo, Curruncha, Cuspe, Chalán, Chamelo, Chanfaina, Chanidas, Chaparrones, Chaquetillo, Charanga, Charol, Charla, Chasco, Chatos, Chave do baúl, Cheira, Chicharro, Chifras, Chileno, Chilgorio, Chincocheis, Chinchorra, Chinito, Chino, Chispillas, Chiva, Choca, Chocho, Choíña, Chopada, Choqueiro, Chorón,-a, Chourizo, Chuca, Chuchón-a, Chuello, Chunchao, Churuvilo.

LETRA D

Dansante, Deja, Demoniña, Deztán, Diosiño, Disgustillo, Divino rostro, Domingo lo gato, Don Sabino, Dulces meneos.
LETRA E

Enterradora, Escacho, Escangallado, Espartera, Esta piedra es mía.

LETRA F

Fabica, Facundo, Fachoulo, Falchocas, Fan pasalladas, Fanchulas, Fanequeira, Fanuquena, Farafullas, Farpallazo, Fauscas, Felipe el Hermoso, Ferranchas, Ferreira -o, Fervello, Fervuras, Figura fina, Figurilla, Física, Fiuncho, Foca, Fochanca, Folisios, Formigueira, Fosanca, Frade ( a do), Francés, Freba (o), Freixeiro, Frixidas, Fuciños, fuchica, Funguiña, Funica,

LETRA G

Gadaña, Gaibota, Gaiteiro, Galiña, Gallardo, Gansola, Gañán, Garbanzo, Gaspacho, Gateira, Gato, Gato morto, Gato negro, Gitano, Gobelete, Gorda, Goriño, Gorrión, Grelo (o), Grilo, Gueva, Guimeráns.

LETRA H

Habilidosa, Hernan o terrible, Herodes.

LETRA I

Ignació, Inglesita, Isichavo, Italiano.

LETRA J

Jaibota, Jansola, Jarandilla, Jiricho, Jota, Juan de la Porra.

LETRA K

Káiser

LETRA L

Labaradas, Laberca, Labia, Labrandeira, Labreja, Lagartiño, Lagarto, Laila laila, Lambeta, Lambespiñas, Lameiro, Lamparilla, Lampaxe, Landra, Laneiro, Lañetas, Lavica, Lechuza, Leirado, Lendú, Lerú, Lidón, Lindo, Limpiaespiñas, Leona, Landú, Linvaina, Listona, Loca de la casa, Loquerías, Lorito, Louro, Lumbrís, Luré, Lusio.

LETRA M

Macha, Machoulo, Madalén, Madrola, Malcañí, Malcarita, Malfeito, Malta, Mama o leite, Mameta, Manco, Manchada, Manchuga, Mapa, Maragato, Maragota, Maragota pis, Marcela, Marcha can, Marchante, Marelo, Mariqueiro, Marolo, Marta, Martida, Martín fora, Mata cans, Mata demos, Mata lobos, Mata lumbrices, Matamoros, Mataporcos, Matos, Meco, Meixón, Menguecho, Mentireiro, Menú, Menxelo, Merda de can, Merda negra, Meuxueiro, Mi morena, Mil homes, Milorcha, Milord, Minerva, Mingurrilla, Miñocas, Miñoto, Mira al aire, Mira al cielo, Mixiriqueira, Moncho, Monona, Morada, Morcego, Mornido, Morqueira, Morrión, Morte, Moucho, Moulán.

LETRA N

Napoleón, Nartello, Negrito, Nelo, Nena.

LETRA O

Ollos de estaño, Orellas, Outeira, Oveiro, Ovella.

LETRA P 

Paila, Paletilla, Palleiro, Paloma, Pan e porco, Pacholas, Palomo, Pallán, Panderetas, Padolleiro, Pandura, Pañeterillo, Papalandochas, Papamoscas, Paparrabias, Paparraxeiras, Parrandero, Parrilla, Partanús, Pasaportes, Pastoriza, Pata, Patacas, Pataqueiras, Pataqueiro, Patarro, Patita, Patoeira, Paxaro, Pechecho, Pedriñas, Pedro el Cruel (D.), Pedrol, Peiduxa, Peilán, Peito de Galiña, Peitudo, Peleirado, Pelendres, Pelícano, Pelo novo, Pelos (a dos), Pepito bobó, Perfumes, Perillán, Periquiña, Perna encarnada, Perna lavada, Perrita, Perrochico, Perrogordo, Perucheiro, Pes d’unto, Pescadas, Pescosillo, Pescozo de pan, Pesquello, Petorella, Picador, Picatrés, Pichona, Pierna, Piloto, Pimpín, Pimpirina, Pintado, Pinturas, Pinturillas, Pirata, Pisa birbirichos, Pisco, Pisota, Pita, Pitelos, Pitís, Pitiso, Pito, Pola, Polaco, Polainas, Polveira, Porco de pe, Porcona, Porqueira, Porrelas, Porto Santo, Portugués, Prohombre, Pucheiros, Pucho, Pulga, Puncho.

LETRA Q 

Queimacera, Queixadas, Quinientos, Quinta, Quiquirrio, Quirote.

LETRA R

Rachaina, Raña, Raña cus, Rapapelos, Rapeiro, Rapiña, Raspa, Rata, -O, Raviso, Raxeiro, Rebolo, Recocho, Redonda, Rela, -O, Reina, Reituxa, Reuma, Rianxo, Rolda, Roquiño, Roucho, Rúan, Ruisa, Rusas, Ruso, Ruzo.

LETRA S

Saiñeira, Saín, Salepán, Salera, Salta mi tendarte, Salta mi teniente, Santeira, Santo dos nuiséns, Sapo, Sapucho, Saramago, Sarando, Sénica, Señor de quedó bien, Señorita fúnebre, Señorito, Señorito da casa, Serena, Sete cabezas, Sete cus, Sete Mendes, Sete pais, Sete refaixos, Sinco sientos, Sineiro, Sirín, Sueño de la Carpanta.

LETRA T

Tapalatá, Tapatatán, Tato, Telmas, Tente en el aire, Tereteré, Texo, Tiboga, Tiburón, Tiquirití, Toda la calle es mía, Tolerías, Tomate, Tonís, Toralla, Torera, Torto, Tosta, Trasno, Trenco, Tres pelos, Trincha perdís, Tripas, Trisca, Trompín, Trompo, Trouxa.

LETRA U

Uy

LETRA V

Vello, Veluria, Venta, -O, Verduras, Vilurico, Viracopas, Vitra, Vixo.

LETRA X

Xabonado, Xaco bi o bo, Xadiñas, Xajaxa, Xan carallás, Xan das chías, Xaneiro, Xaneta, Xangrania, Xaranga, Xareula, Xaroucas, Xatevexo, Xenxa, Xerucadas, Xeveiro, Xiadas, Xirigota, Xoubeiro-o, Xubia, Xudías, Xurela.

LETRA Z

Zaba, Zulú

MOTES DE OFICIOS :

Barberos : Rapabarbas, Albañiles : Cherigantes, Canteros : Arxinas, Sastres : Os da Agulla, Zapateros : Cuachas

DICTADOS DE PARROQUIAS Y PUEBLOS :

Almofrey : Aguaneiros, Cotobad : Os do cañón de pau, Dacón : Os do Meco, Dacón : Os do Xamón, Jeve: Corta orellas, Lérez : Os da carabuña, Maside: Aceiteiros, Monforte: Os da colada, Padrón : Os afogados de, Redondela : Choqueiros, Rivadavia: Xudeus, Santiago : Picherelos, Tenorio: Trazantes

DE PUENTECALDELAS :

Pousa : Ratuñeiros, Caritel: Triquiñóns, Fraga : Campadeiras (las de), Portosanto : Gatos, Laxosa: Raposos, Caldelas : Rexidores, Gradín : Cabritallos, Paradela : Percalláns, Parada : Ricos porcos, Cuiñas : Probes d’espíritu, Pazos : Profetas

 

3- O REAL PLANTÍO POR CERPONZÓNS.

O REAL PLANTÍO POR CERPONZÓNS

Cando na miña época de estudante tiven de Director do Instituto Sánchez Cantón a D. José Filgueira Valverde, daquela eu non tiña referencia ningunha sobre o Camiño Real, a Ponte Malvar e o Real Plantío, foi unha pena non departir con él sobre isto.

 Os alumnos que cursábamos estudos no Sánchez e viviamos lonxe do Instituto tiñamos a opción para comer alí, recordo que un día veu polo comedor D. José para coñecernos e foi preguntándonos de onde eramos, cando chegou a miña quenda ao dicirlle de Cerponzones miroume e sorrindo comentou algo sobre o lugar, e aí quedou a cousa.

En fin unha magoa non aproveitar unha conversa….

Corría o 10 de Marzo de 1761, Carlos III quere mellorar as vías de comunicación, e ordena nun Real Decreto :

….hacer Caminos rectos, y sólidos en España, que faciliten el Comercio de unas Provincias á otras, dando principio por los de Andalucia, Cathaluña, Galicia y Valencia.

Sebastián Malvar e Pinto chega a Cádiz, encontrase con un conflicto aduaneiro debido as riquezas que traía no equipaxe e non había declarado, enton decide entrevistarse co Rei o seu sobriño Pedro de Acuña, convencéndoo de que o seu tío quería gastar as riquezas para mellorar as obras públicas da terra donde había nacido.

Comentaba o pontevedrés José Millán, sobre este asunto: Después (de chegar de Arxentina e antes de tomar posesión da sé compostelá) se trasladó á Madrid donde permaneció una larga temporada. Allí dio gracias al Monarca por su nombramiento, haciendo constar á la vez que todo el capital que de América traía lo donaba á la Corona. El Rey le encomendó el empleo de aquél y de ahí la construcción de la carretera de Puente-Valga á Puente-Sampayo, que le valió la Cruz de Carlos III, «por hacer carreteras en Galicia por su propia cuenta».

O arcebispo comenza a encargarse das obras do Camiño Real a partir de Ponte Valga, pero a punto de concluir todo o traxecto o arcebispo morre, era o 25 de Setembro do 1795, quedaba por facer a plantación que ía adornar o Camiño Real máis fermoso de Europa.

O Real Plantío proxectouse cando habían pasado dous anos do pasamento do arcebispo, corría o ano 1797.

Este Real Plantío estaba composto de catro ringleiras a ambos os dous lados, compostos de árbores de froita, carballos, álamos e videiras, a súa función era a de dar sombra e solaz aos camiñantes. A idea era que o tramo que cubría desde Compostela a Ponte Sampaio estivese totalmente plantado, pero sólo chegou de Compostela ata Pontevedra…..
 Se halla existente a las margenes del Camino Real, que sigue desde esta Ciudad á la villa de Pontevedra, y se compone de Alamos, y Robles con su correspondiente Cepa de Viña enlazada en cada uno, puestos todos con el mejor orden y simetria, á los que acompañan otras dos diferentes hileras de Frutales de las mejores especies, plantados en medio de aquellos, asi en las tierras valdías, como en las testeras de las heredades, que confrontan con dho. Real Camino, formando asi la mas bella harmonia y hermosura que se dexa ver en Plano que acompaña á esta: cuyos arboles, que se hallan numerados se han repartido á los vecinos de las Parroquias mas inmediatas, y están hechos cargo de su conservación y subsistencia, como consta de los Testimonios que han dado las Justicias de sus respectivos territórios según la instrucción que para ello se le ha comunicado por dho. Sr. Exmo.; Y para que mas bien conste el numero de que se compone cada Parroquia, se insertan aquí en la manera siguiente… 

A plantación total foi a cerca de 32.000 árbores, de cales máis de 11.000 eran carballos e álamos, outros 11.000 eran videiras e o resto eran os árbores de froita.

Hoxe en día quizáis quede algún, pero seguramente contanse cos dedos de unha man os que poidan haber o longo da carretera que divide en dous a Cerponzóns.


Cerponzóns foi un dos lugares onde o Real Plantío luciu con gran esplendor, as ordenanzas que foron emitidas tiveron que ser acatadas por todos os veciños que tiñan propiedades situadas á beira do Camiño Real, o que hoxe en día coñocemos por N-550

Pese a que o arzobispo Malvar xa falecera, a idea de realizar a plantación ao longo do Camiño Real xa estaba prevista, e así foi como se deu paso ao seguinte :

RAZON DEL REAL PLANTIO 

Que a expensas del Excmo. S.D. FR.SEBASTIAN MALVAR Y PINTO,

Arzobispo y señor de la ciudad y arzobispado de Santiago.
Se halla existente a las margenes del Camino Real, que sigue desde esta ciudad á la villa de Pontevedra, y la compone de Alamos, y Robles con su correspondiente Cepa de Viña enlazada en cada uno, puestos todos con el mejor orden y simetria, álos que acompañan otras dos diferentes hiléras de Frutales de las mejóres especies, plantados en medio de aquellos, asi en las tierras valdías, como en las testéras de las heredades, que confróntan con el Reál Camino, fórmando asi la mas bella hármonia y hermosura que se dexa ver en Plano que acompaña á esta: cuyos arboles, que se hallan numerados se han repartido á los vecinos de las Parroquias mas inmediatas, y están, hechos cargo de su conservación y subsistencia, como consta delos Testimonios que han dado las Justicias de sus respectivos territórios, según la instruccion que para ello se le ha comunicado por dho. Sr. Exmo., Y para que mas bien conste el numero de que se compone cada Parroquia, se insertan aqui en la manera siguiente.


JURISDICION DELA VILLA DE PONTEVEDRA, que pertenece al Alcalde

Tienen los vecinos de esta a su cargo hasta el Puente de dha Villa desde donde termina la del Juez.
CONSTITUCIONES que se forman para la conservacion, subsistencia, y estabilidad del nuevo Plantio Real, que existe á las margenes del Camino tambien Real, desde la Ciudad de Santiago hasta la villa de Pontevedra, y de alli al Puente San-Payo.


Debe haber un Juez Conservador y Visitador, que por si mismo reconozca el referido Plantio dos veces en cada año para notar la situacion en que se hallasén los Arboles, Robles y Cepas, y para disponer lo que halle mas conveniente para el aumento y consistencia de dho Real Plantío.

Para el resguardo de los Robles y Alamos que tienen al pie su cepa de viña como de los Frutales que estan puestos en los valdíos se hará a cada uno una paredilla al rededor de piedra de alto de tres quartas y el ancho correspondiente con buena uniformidad y firmeza para evitar que los carruajes y cerdos no puedan ofenderles, cuya piedra despues de arraygados y presos los referidos Robles, Alamos, Frutales y Cepas se debera invertir precisamente en el bonbao de dho Real Camino siempre que necesite repararse.

Y consistiendo, como consiste, en la buena disposiciones delos robles al amparo de las orillas que discurren el nominado Camino Real y que le impiden desgusciarse, se pondran ellos con la mejor orden y simetría, guardando todos una misma uniformidad.

Y paraque en sus debidos tipos no le falte el auxilio debido en el mes de Noviembre de cada año se limpiarán todos los Árboles, y se acortaran sus ramas extraviadas, y las guias paraque acopten y nose eléven á una altura considerable, a cuyo efecto el Mayordomo Pedaneo de cada Parroquia fixará a los vecinos de ella el día en que debe practicarse esta operación, paraque concurran á su execucion, á la que indispensablemente asistirá dicho Mayordomo, á fin de que no haya en ello desorden alguno.

En los meses de Diciembre y Enero, los Mayordomos tendrán el cuydado de que se poden las viñas, dexandole el brazo o brazos que sean precisos, y la vara que pueda ofrecer mas fruto y no arrase la Cepa, y si alguno se resistiese para la poda, y no concurriese en el día prefixado despues de avisados con el adelanto de quince días a cumplir con sus obligaciones lo anote y de quenta al visitador de dho Real Plantio, paraque este providencie segun el delito que cometa el sugeto.

Habrá la obligación de que cada vecino o dueño delos arboles que le correspondan reconozca de ocho en ocho dias sus plantas, y si alguna con los temporales se doblase desdiciendo de las demás , se le ponga en su debido lugar enderizandole de tal modo que no discrepe delos que están bien.

Los Mayordomos Pedaneos harán un Padron de su vecindario, que de hecho presentarán a la Justicia de su domicilio; paraque esta comparta a cada vecino los arboles que segun el le puedan corresponder advirtiendoles el lugar é hiléra donde le pertenecen anotando nombres y apellidos y de dónde son los vecinos, y numerando los dhos arboles, paraque de ellos vivan inteligenciados; de cuya precaucion resulta evitar confusiones y fomentar questiones entre ellos, y para luego que se observe la falta de algun arbol, se convoque al Dueño de el, paraque inmediatamente le reemplace.

Y para la mayor formalidad, y que dho.Real Plantio por su extensión así lo pide, deberán los Jueces de las Jurisdicciones por donde sigue el dho Camino y Plantío Real recoger de dhós Mayordomos Pedaneos las Relaciones del Vecindario, formanlas general que deberá subsistir en su poder, o enel Escribano de Numero, y éste tendrá la obligación de entregar un testimonio, que deberá ser con la mayor pureza, al referido Juez Conservador, paraque pueda según executar su visita en los tpos. que ván prescriptos, a cuyo acto deberán asistirle para mas bien autentizarla sinque a ello puedan resistirse; Y paraque no aleguen disculpa con tpo. avisará dho.Juez á las Justicias propias en el que le señale, vivan prevenidos.

Las referidas Justicias al expecificado Juez le impertiran todo el auxilio que necesite, y por sí mismo pueda como Juez de este Real Plantío tomar las oportunas providencias que conduzcan a hermosear el Camino Real, conserva..on..aum..to y estabilidad del dha pª p este metodo pueda tener el Real la abundancia de que careció por impericia hasta aquí.

Los dueños de cada arbol se aprovecharán de sus despojos y recogerán su fruto, aguardando a cogerlos en sus debidos tiempos y en la sazón de cada uno, pero no podrán cortar ninguno por el pie sinque primero proceda la necesidad que para ello tengan, e informe que tomará dho Juez Conservador, paraque siendo efectiva, pueda hacerla presente a S.M. por si se dignase concederle su Real permiso; y en tal caso pondrán enel mismo sitio otro arbol de su especie bien corpulento y grueso.

Y porquanto se halla concluido el Real Plantío desde la ciudad de Santiago asi de Robles, como de Frutales y Cepas, haciendo en dos hileras diferentes la mejor y mas bella harmonia, sinqué quede valdio ni cercado á las orillas de dho Real Camino hasta la villa de Pontevedra, deberá dho Visitador comenzar su visita en el primero mes de Mayo, haciendo las demás, todas las veces que quedan especificadas.

Tendrá dho Juez Conservador la precisa e indispensable obligacion de comenzar de mas Plantío que resta desde la Villa de Pontevedra hasta el Puente San-Payo en el proximo mes de Noviembre, cuidando vaiga con la misma uniformidad que el antecedente.

Quizáis sexan éstos árbores que se ven o longo da N550 restos do Real Plantío ?

NOTA :

D. José Filgueira Valverde comentaba sobre o arzobispo que era un home extraordinario e discutido, contradictorio, humilde e violento, tosco e agudo, apaciguador e pleiteante…., pero digno de perenne gratitud.

Sebastián Malvar e Pinto era fillo de labradores, naceu no lugar de ” Cancela”, da parroquia de Salcedo. De neno, o seu despexo e a súa viveza de xenio espertaron a atención do párroco Marzoa, o cal fíxoo monaguillo, ensinándolle latín e animándolle a realizar estudos superiores.

Foi tal a súa capacidade de estudos que no Colexio de Alba de Tormes chamábanlle ” El Estudiantón”.

Ano 1973

Fontes : Pontevedreses Universales, de José Filgueira Valverde.

Clodio González Pérez : http://www.anuariobrigantino.betanzos.net/AB2018PDF/463_492_clodio_marcos_da_legua_anuario_brigantino_2018_g1.pdf

10- O LOITO, VELORIOS….

O LOITO

Cando comezo a pensar nos meus recordos sobre o loito, un dos primeiros que me vén á memoria é aquel día que estando na igrexa unha muller choraba desconsolada a perda do seu home. Eu non o entendía, fun testemuña durante anos do maltratada que era por parte do seu marido, si, daquel que estaba de corpo presente e que durante anos habíalle feito a vida imposible, non o entendía, debía de estar chea de ledicia ( pensaba eu), da que se librou !

E gardoulle loito, por suposto, seguramente o facía polo que dirían, e que non se lle ocorrese unha segundas nupcias, porque inmediatamente era xulgada de forma negativa, seguro que recordades algunha cencerrada na nosa parroquia.

Cantas noites chegóuselle a facer a vida imposible a aquelas mulleres viúvas que querían vivir cun home….caldeiros, chocas, sarténs, pitos e todo canto podía facer ruído, aquilo era algo por de máis, que mal o pasaron…..

 Así era daqueles anos, cantas veces nos contaron, por exemplo, que a unha nena con 3 anos vestírona de loito porque morrera o seu pai, e cando recentemente cumpridos os 5 seguía de loito debido á morte da súa tía, e aos 9 o seu padriño…e así pasaba os anos, de loito seguido, e despois o seu marido e máis tarde un fillo….así ata os 94 anos, sempre de loito, sempre de negro.

A duración do loito dependía do grado de parentesco co finado. Por exemplo, polos pais, fillos, irmáns, tíos e sobrinos, oscilaba entre tres meses e un ano.

Polo marido adoitaba gardarse durante dous anos polo menos, aínda que un gran número de mulleres mantíñano durante o resto da súa vida, e ao final, nos últimos anos, pasaban a certo tipo de pezas de cores escuras, coñecéndose como vestirse “de alivio”.

Recordades ás vosas avóas ? Recordades algo que vos contaron da súa mocidade si estaban de loito ? Hai quen me comenta que á súa avóa non a deixaban escoitar música, que tiña que facelo ás agachadas, ou cando pasaba por diante da casa as gaitas ou a banda de música o día de festa, sempre escoitándoos os seus pasacalles coa fiestra pechada, ou quen non tivo unha avóa que non puido facer a Primeira Comuñón vestida de branco, e tivo que facelo de alivio ? 

En cambio os homes non se enlutaban como as mulleres, salvo cambiar a cor dos botóns das camisas ou poñer un brazalete negro na manga da camisa, e pouco máis. As prohibicións pagábanas mayoritariamente as mulleres.
O loito é unha forma de expresarse en resposta á morte, é dicir é o xeito de mostrar externamente os sentimentos de dor e pena ante o falecemento dun ser querido, eu sempre penso que a dor vai por dentro, por fora mostras a veces algo que non compartes, pero faise polo qué dirán……

Son varios os aspectos que se centran na morte, nos enterros, a roupa etc., porque tamén forma parte do noso patrimonio cultural e que non ven mal recordar.

Poida que quizáis muitos de nos non sabemos que o orixe de levar loito vén da época dos Reis Católicos, debido a unha serie de leis e reglamentos que dispuxeran a raíz da morte dun príncipe. Os Reis ordenaron a Pragmática de Luto y Cera, pola cal o loito debía representarse coa cor negra, antes desta lei, o loito era branco, e foi a partir de aí cando as manifestacións de dor e de pena pola morte dun ser querido faríase co negro.

Coa nova Lei tratábase tamén de regular que número de persoas vestirían de loito, así que se ordena que os vivos vestírian loito polos pais, avós, sogros, marido, muller, irmáns…Tamén se estipula o atuendo que deberían vestir e o que non, tamén o tempo de loito,  como se tiña que ornamentar a casa onde se se ía a manifestar o duelo, o que se podía poñer nas igrexas, incluída a cantidade de cera.

A parte relativa a cera e que é tan importante como para formar parte do título da lei, céntrase na prohibición de poñer na sepultura máis de doce hachons ou cirios, e o curioso é que non entraban nesa prohibición as candeas e velas que portaban os clérigos, nenos de doutrina e cofrades que acompañan os cortexos de defuntos. Tampouco entraba na prohibición a cera que se doaba á Igrexa por parte do falecido ou os seus herdeiros, á que se comparaba cunha esmola.

No que non había prohibición era no número de misas, e a cantidade de esmola que se entregaba á igrexa polo alma do defunto, xa fose por disposición testamentaria do falecido ou realizado polos seus herdeiros; de feito o texto da lei animaba a que o que antes se gastaba en demostracións e aparencias, gástese e distribúa no que é servizo de Deus e aumento do culto divino e ben das ánimas dos defuntos.

A lei desapareceu, pero converteuse en costume muitas destas ordenanzas.

O PORQUÉ DA COR NEGRA.

Escolleuse a cor negra para o loito debido a que o negro é a cor da noite, da escuridade, do misterio, do tétrico, en si a morte evocaba medo e o xeito de expresar ese medo era en negro.

Así que co loito condenábase aos parentes do finado a estar nun estado de tristeza, a non poder facer unha vida como calquera outro veciño, tiñan que ser unha vida en soidade, de reclusión, sendo parcos en adornos, é dicir, o loito conlevaba ademáis de ir de negro a ter unha serie de actitudes e de prácticas que ían dirixidas a vivir nunha profunda tristeza.

A vida dunha muller viuda, por poñer un exemplo, era estar recluída na súa casa, coas fiestras pechadas, tíñase que afastar de todo o superfluo e de luxos.

Na nosa parroquia, como nas outras, a veciñanza tivo que acollerse a estes reglamentos, formando xa parte do acervo cultural.

Porque en cada lugar os costumes podían variar algo, pero foron persistindo de unha maneira ou de outra na nosa sociedade, con pequenas variacións, por exemplo o levar o atuendo en cor negro, as manifestacións de dor dos máis achegados ao defunto, o illamento social debido á vez que tiñas que gardar loito durante meses ou anos……
Antiguamente estas mostras de dor polo falecemento dun ser querido era moito máis esaxerado que hoxe en día, chegaban a extremos de abnegación profunda.

 Aínda que a dor fose sinceira ou non, a propia sociedade impoñíache unha serie de obrigacións que un tiña que cumprir para así mostrar a súa fidelidade á persoa falecida, e que dicir con respecto á muller, tiña que ter unha vida piadosa, de recollemento, de silencio…era moito máis acentuada que no home.

Moitos de vós recordaredes aquelas mulleres vestidas de xeito total de negro, incluíndo os complementos. O negro copábao todo.

Por outra banda, tamén é de recoñecer que as manifestacións de dor eran moito máis acentuadas nas mulleres que nos homes.

OS CAMBIOS O LONGO DOS ANOS 

Polo século III d.C. os galegos incorporamos a practica funeraria da inhumación dos corpos, de esa forma sustituía a cremación castrexa, pasando así a enterrar os morto en cadaleitos, a maioría deles feitos con tellas planas ou tamén con lousas de pedra.

Na cultura na que vivimos actualmente o home vive de costas á morte, sempre cunha actitude negativa fronte á mesma. Pero a morte non se pode evitar, é por iso que cando chega o momento os rituais que se levan a término son o máis rápido posible, para que pase canto antes ese momento tan doloroso.
Pero antiguamente non era así, as despedidas aos seres máis queridos convertíanse nuns actos sociais de envergadura.

O defunto velábase na casa, logo ía aos ombreiros ata a igrexa e despois finalmente ao cemiterio., todo isto cun gran acompañamiento, participaba prácticamente todos os veciños, tanto co corpo presente como de volta a casa despóis do enterro, comían e bebían, había tamén momentos en que non faltaban os chistes picantes e as bromas macabras.

Máis dunha vez ten sucedido que o chan da casa onde se velaba ao defunto viñésese abaixo, daquela o chan era de madeira e coa cantidade de xente que ía dar o pésame non era de estrañar que se afundise e aparecesen na cuadra da vaca, veciños, familiares e o difuntiño.

A AGONÍA

Segundo os cánones que imperaban na Galicia tradicional, era importante que durante a agonía o moribundo mantivese a conciencia ata o último momento. Rodeado da familia máis achegada, colaboraba nos rezos, conversaba cos seus e dáballes os últimos consellos, recibía o viático e a extremaunción. Era unha agonía que transcorría nun ambiente cargado de sacralidad, rodeado de cirios, rosarios, escapularios e de imaxes da Virxe e de santos.

Había casos en que se contrataban ás plañideiras, mulleres que se dedicaban a percorrer as aldeas cando había defunto, a cambio dun pouco de unto ou un pouco de fariña , pasábanse chorando todo o proceso, esta era un xeito onde se medía a ostentación, cantas máis mulleres plañideiras, máis rica era a familia do defunto. Eu aínda teño recordo de acudir á casa dalgún defunto e oír ás choronas…Todos escoitamos infinidade de veces a frase : ” a chorar a Cangas”, vén precisamente de fai moitos anos da vila de Cangas, onde eran moi famosas as choradeiras, onde a máis popular era unha muller que a coñecían pola Torrosa, fixo da congoxa a súa forma de vida.

Tras o deceso, toda a aldea pecha filas en torno a familia, o duelo era menos duelo coa axuda da contorna social, que se encargaba en apoiarche en todo o posible, os veciños eran alertados polo repique das campás e acudían á casa do defunto, desde ese momento facíanse co timón dos acontecementos. Mentres as mulleres preparaban un refrigerio para os invitados e visten ao defunto coas súas mellores galas, os homes encargábanse de procurar sustento para o gando.

Fai moitos anos os enterramentos producíanse ao redor da igrexa, os membros máis notables da parroquia ocupaban o interior, mentres que o resto da poboación eran enterrados nos terreos colindantes. Pero a propagación de enfermidades e epidemias fixo que se empezará a prohibir os enterros nos templos e nos seus alrededores, é polo ano 1785 cando se comezan a realizar os primeiros cemiterios civís en España. E a partir dese momento os cemiterios municipais, despois na década dos 50 comezan a modernizarse os servizos funerarios e os costumes van cambiando, ata os anos 60 a igrexa aconsellaba a sepultura do cadáver pero recoñecía que a cremación non era contraria a ningunha verdade natural ou sobrenatural e por ese motivo non se debía negar os sacramentos e os funerales para aqueles que solicitasen ser cremados, máis tarde, no ano 2016, ante o gran incremento da taxa global de incineración, o Vaticano establece unha regra, as cinzas do defunto, por regra xeral, deben manterse nun lugar sagrado como un cemiterio, unha igrexa ou un área dedicada a tal fin. É dicir que a igrexa non permite a conservación das cinzas no fogar, como sucede ás veces, excepto nalgúns casos en que se conceda un permiso especial.

A construción de tanatorios (os primeiros foron ao final dos anos 60) fai que moitas dos costumes ata ese momento vaian desaparecendo, nas parroquias aínda tardou un pouco máis, pois custaba cambiar a forma tradicional que ao longo de tantos anos tíñase asimilada.

É a mediados dos 70 cando se comenza a montar os fornos crematorios no noso país, unha “moda” que ao principio moi pouca xente estaba por ela, nos anos 80 soamente un 2% dos falecidos era incinerado, hoxe en día calcúlase que está nun 40%, chegando nalgunhas cidades ata o 70%, aínda que na contorna do rural a porcentaxe segue sendo moi inferior a estas cifras, os hábitos custan cambialos.

33- ACCIDENTES NA PONTE MALVAR OU DA RONS

Foron muitos os accidentes que ao longo dos anos aconteceron na Ponte Malvar, para moitos dos veciños coñecido pola Ponte dá Rons.

De momento non son moitos os accidentes que atopei nas noticias da prensa das épocas en que ocorreron, será cuestión de tempo de ir buscando.

Nun artigo publicado hai pouco na Voz de Galicia, facíase referencia dun suceso acontecido muitísimos anos atrás, tamén se comentaba dos recordos que un veciño do lugar e que foille comentando á xornalista.

Comentaba este veciño que sendo moi pequeno viu como un autobús da empresa Castromil quedábase balanceándose de tal forma que pouco lle faltou para que se caese ao río Rons. O autobús ía cheo de viaxeiros e aínda que o susto foi maiúsculo, non resultou ninguén ferido de gravidade, soamente uns poucos feridos leves.

Tamén recordou o mesmo veciño o sucedido cun camión do Exército , estivo a piques de precipitarse pola ponte, decialle o veciño a periodista que quizáis o cruceiro que preside a entrada á ponte realizase un ” milagre”, ao non suceder danos de consideración, nin persoais, nin materiais, sólo quedou nun susto.

Nos anos 60/70 eu tamén recordo de vivir moitos accidentes, os que máis recordos teño polo espectaculares que foron : Aquel domingo en que espertamos sobresaltados, un coche da marca Seat 850, baixara todo dereito pola leira situada á dereita da ponte, dirección Santiago, e terminou acabando no río, os seus catro ocupantes subíronse ao teito do coche para pedir auxilio, viñan dunha despedida de solteiro, segundo comentarios deles mesmos, daquela viñera unha enorme grúa de Doniz para poder sacar o coche do cauce do rio.

Outro accidente, con consecuencias moi graves, foi o dun vehículo que se levou a metade da barandilla e caeuse ao fondo da ponte, quedou apoiado co morro , pegado ao lateral da ponte, cando os veciños que estaban na taberna xogando ás cartas foron a rescatar aos ocupantes, para poder ver, tiveron que meter un coche no prado, dado que non se miraba absolutamente nada. O espectáculo era dantesco, o sangue estaba por todas as partes do coche, aquelas cabezas que saían polas fiestras….todos os alí presentes estaban sobrecollidos ao ver aquilo, para min foi moi forte, tería uns dez anos e nunca vira tal cousa.

Os accidentes foron marcando a todos aqueles homes que pasaban unhas horas na taberna coa intención de pasar un momento de lecer logo das duras faenas do campo, tarde ou cedo sabían que terían que ir acudir á chamada de auxilio dalgún accidentado, nunca llo agradeceron, nin as administracións, nin os propios accidentados, recordo a rifa que a miña nai tivo con uns mozos que encaixaran o seu coche contra os petriles da ponte, quedaron debaixo deles e outra vez os homes foron a socorrelos, meses despois viñeron facerse unhas fotos, sen ter intención de dar as grazas aos que os axudaron.

A miña nai observaba o que facían e cando terminaran de facer as fotos e dispoñíanse a marchar no coche, chamoulles e púxolles as pilas.

E outro día un camión, e ao cabo de quince días un coche, que houbo que suxeitalo co adibal que tiñamos na casa, para así evitar que se fose ao fondo.

E aquel que se caeu encima dunhas árbores e cando o sacaron do coche empeza a preguntar pola súa muller, todos comezaron a preguntarse onde estaría a muller, pois no coche non había ninguén máis que o condutor…..comezaron río abaixo e río arriba a ver si estaba a muller do paisano, completamente mollados, en pleno inverno, non a daban atopado….ata que aproximadamente media hora máis tarde o condutor comentaba que a muller quedara na casa facendo o cocido, que ía só no coche……

15 de Mayo de 1912

EL ECO DE SANTIAGO

En la carretera de Pontevedra a Santiago, ha ocurrido un desgraciado accidente.

El vecino de Caldas de Reyes, Ignacio Couto Bastón, de 32 años, casado, iba en bicicleta por dicha carretera.

Al llegar al puente de Cerponzóns, perdió el equilibrio, y cayó de aquel abajo.

Recogido por las personas que acudieron a prestarle auxilio, se vió que tenía en la cabeza lesiones que luego fueron calificadas de pronóstico reservado.

ANO DE 1913

COSTURERA SE TIRA DEL PUENTE RONS DE UNA ALTURA DE 50 METROS

«Se arrojó del puente Rons de una altura de 50 metros, una agraciada joven de 18 años de edad llamada Dolores que vivía en el lugar de Tilve, parroquia de Cerponzones, vivía con la costurera Manuela Eiras, esta había recogido a Dolores del Hospicio, quiso matarse Dolores por contrariedades amorosas, momentos antes de arrojarse del puente estuvo hablando con su novio Aurelio, en la puerta de la casa donde vivía. Cuatro vecinos la encontraron en grave estado y la trasladaron a su domicilio donde le prestaron los primeros auxilios, el practicante Sr. Losa. El juzgado fue a Cerponzones con el médico D. José Filgueira para instruir diligencias, Dolores presentaba una herida bajo la barba, el médico le dio 11 puntadas. Créese que la suicida intentó antes tirarse en un pozo en cuyo dintel apareció un pañuelo de mujer». El texto, publicado en el Diario Palentino el 9 de agosto de 1913, parece una prueba más de que al puente Malvar sobrevive todo aquel que lo cruza.

Noticia no periódico.

15 de Noviembre 1913

EL ECO DE SANTIAGO

El automóvil de línea que hace el recorrido de Pontevedra a Lalin, perteneciente a la empresa de los Sres.Martinez, de Silleda y Campos, de la Estrada, sufrió ayer tarde en la parroquia de Cerponzones,muy grave accidente.

Por rotura del guía, se precipitó a un barranco que existe en dicho lugar. El conductor resultó con cuatro costillas rotas. Cuatro viajeros recibieron también Fuertes golpes, uno de los heridos es el joven diputado provincial Sr. Otero. La primera cura se la practicó en el lugar del suceso el médico Sr. ESMORIS.

25 FEBRERO 1929

DIARIO DE PONTEVEDRA

ACCIDENTE AUTOMOVILISTA

El coche de la Empresa Castromil, que había salido de esta capital ayer a las nueve de la mañana sufrió un accidente en el puente de San Vicente de Cerponzones.

A causa de habérsele roto la dirección, el coche fué a chocar contra el puente, tirando diez metros de petril.

Una de las ruedas del vehículo quedó en el aire. Un pequeño impulso más lo hubiera lanzado al fondo.

Por fortuna, los nueve viajeros no sufrieron la menor herida.

Seguidamente se dió aviso a Pontevedra, saliendo otro coche en el que continuaron viaje los que ocupaban el inutilizado.

Numerosas personas de esta capital fueron a San Vicente para ver como había quedado el coche.

Fué verdaderamente milagroso que el coche no cayese de aquella altura.

Por la tarde llegó al lugar del suceso una brigada de obreros de la Empresa Castromil que llevó el coche a Santiago.

04-01-1930
FUERON DADOS DE ALTA LOS HERIDOS DEL ACCIDENTE DE CERPONZONES

Pontevedra.- Fueron dados de alta los dos heridos que el día 24 de diciembre sufrieron un accidente automovilístico en la inmediata parroquia de Cerponzones.

Por cierto, que tenemos que rectificar un pequeño detalle : el accidente no se produjo por haber sido deslumbrado el automóvil que conducía a los heridos por los faros de otro que venía detrás, sino por tratarse de una curva muy peligrosa, que sólo a los que la conocen es fácil salvar con facilidad. Y el automóvil accidentado era de matrícula de Madrid y su conductor no conocía el peligro que encerraba.

El auto que iba detrás era del industrial de esta plaza D. Valentín Rodríguez, que se dirigía a Moraña en compañía de dos personas, entre ellas un tal Andrés << El Dapi>>

El señor Rodríguez y <<El Dapi>>, vieron como el primer auto se fue por el puente de Cerponzones a una altura de 12 metros, quedando con las ruedas hacia arriba, y debajo aplastados y dando ayes a sus ocupantes.

ANO 1972, VARIOS HERIDOS EN ACCIDENTE 

En términos de Cerponzones de la carretera 550 La Coruña a Portugal, el vehículo conducido por Bas Pazos Iglesias, vecino de Marin, por causas que desconocemos derrapó en el mencionado lugar, sufriendo éste contusiones y erosiones en cara y rodilla izquierda : Celia Otero Villar, de Combarro, traumatismo craneal y herida inciso contusa de 7 centímetros en la región frontal : Adoración Costas Figueiras, de 20 años, de Marin, contusión craneal, heridas en mentón y erosiones múltiples y Manuel Otero de 19 años de Cam.

ANO 1975, FALLECIÓ UNO DE LOS HERIDOS…

SUCESOS

FALLECIÓ UNO DE LOS HERIDOS EN EL ACCIDENTE DE CERPONZONES

En la mañana de ayer, y después de recibir los cuidados médicos que la ciencia puede ofrecer, visto el estado desesperado en que se encontraba el paciente, fue trasladado del sanatorio en que se hallaba a su domicilio en estado preagónico, en donde falleció el joven Belarmino Conde Lusquiños, vecino de Taboadelo-Puente Caldelas, que había sufrido un accidente al colisionar el turismo en que viajaba contra un puente en términos de San Vicente de Cerponzones, suceso del que dimos amplia cuenta a nuestros lectores en el número del pasado martes día 25.

13- CONVERSAS CON PILAR CARBALLO

CONVERSAS CON…
Pilar Carballo


1 de Outubro 2019,  17:00 horas, na casa de Pilar.
Facía uns días recibía unha chamada de teléfono, era Pilar Carballo, foi grazas a sua sobriña Monica ( filla de Amalia),que foi quen lle falou de min, falamos das miñas intencions, e así foi como puiden atoparme con ela para conversar dos seus recordos de Cerponzóns.

Sendo eu  moi pequeno a miña irmá Maricarmen levoume ao colexio, a actual Casa do Pobo, onde durante anos impartiron clases a saga dos Carballo, eu era moi pequeno e poucas cousas teño na miña memoria sobre eses momentos.

A miña irmá tenme falado moito sobre as irmás Carballo, hoxe será Pilar a que me conte os seus recordos e anécdotas que garda na súa memoria.

Todo comeza en Pedrafita do Cebreiro (Lugo), lugar onde naceu o seu avó Luciano Carballo, e de Vega de Valcarce  ( León) de onde era natural a súa avóa.

A PRIMEIRA MESTRA DA SAGA DOS CARBALLO :

Unha tía de Pilar, María Aurelia, foi a primeira mestra da familia que estivo dando clases en Cerponzóns, aprobara as oposicións, pero con 17 anos aínda non podía exercer, entón desde o Obispado cedéronlle a casa para poder dar clases, a que pertencía á Fundación Fernández de Prada, Pilar recorda que daquela época a paga que tiñan os mestres era moi pouca e ademais pagábanlla anualmente.

Mª Aurelia Carballo Valcarce, mestra en Cerponzóns nos anos 20

Esta documentación é do ano 1929, aparecen nomes de mestres, pódese observar unha subvención concedida á Fundación Fernández e González de Prada. Estaba naquel momento de mestra María Aurelia Carballo.

Comenza o texto decindo : Maestros de Patronato y Congregaciones religiosas a quién se concede subvención. María Aurelia Carballo recibiu ese ano 1.500 pesetas, e decir 125 pesetas ao mes.


Ao falar da Casa do Pobo a Pilar vénlle á memoria o grande que era aquela casa,  e o gran terreo que tiña ao seu ao redor, era unha pasada dime, alí criámonos todos, o terreo chegaba ao que hoxe é a parte nova do cemiterio, na época do seu avó, que chegou desde Campaño ( o primeiro destino que tivo en Pontevedra), recorda que había muitísimos animais, gansos, galiñas, ovellas, porcos…

Como dixen antes, o seu avó era da provincia de Lugo e a súa avóa pertencía a unha familia moi importante de Vega de Valcarce, situada na comarca do Bierzo, provincia de León.

Pedrafita do Cebreiro
Vega de Valcarce

O AVÓ LUCIANO

O avó de Pilar, separadamente de mestre era perito calígrafo, sendo moi novo un tío da súa muller pediulle facer un documento no cal comprometíase porque ademais quería que realizase unha firma que non era a súa, ante esa situación o avó de Pilar negouse e desde aquel momento as relacions familiares foron alonxandose. Vendo a situación incómoda en que a partir dese momento comezaron a ter co seu parente, decidiron marcharse do lugar, o avó tiña un bo número de promoción e pediu destino, a parroquia de Campañó fué a donde o enviaron.

Veuse toda a familia, numerosa por certo, a tía Aurelia era a maior dos irmáns e instaláronse na Casa do Pobo.

Era o 10 de Novembro de 1931 cando a publicación ECOS DEL MAGISTERIO fai referencia a un escrito de Luciano Carballo Quiroga.

Era debido a un pleito en beneficio da Comunidade de Mestres.

Ao final do escrito indicaba onde podían enviar a correspondencia : para enviar correspondencia dirixirse a Luciano Carballo Quiroga, Mestre Nacional Xubilado

San Vicente de Cerponzones.

Luciano Carballo Quiroga, en Ecos del Magisterio

PILAR, ESPERANZA, PEPA…..

Pilar emociónase de novo ao recordar o lugar donde viviu, era precioso, eu era a máis pequena e gozaba cos meus irmáns de todo aquel lugar, había figueiras, cereixos, manzanos, perales, viñedos con variedade de uvas, tiñamos unha bodega, un forno , cuadras….

Cando eu nacín, dime Pilar, corría o ano 1940, veu para miña casa unha señora que era do lugar do Cunchido, chamábase Esperanza, coñecíana polo alcumo da Chinchilla, unha sobriña dela fora a vivir para Lerez, según  Pilar cree que aínda vive hoxe en día nesa parroquia.

Só foi nomear a Esperanza e a Pilar crébaselle a voz e comeza a chorar, para ela Esperanza o foi todo na súa niñez, para ela foi a súa segunda nai, Esperanza  estaba solteira e co tempo tiña a súa habitación en casa dos Carballo, foi unha máis na familia.

É que Esperanza crioume, eu andaba sempre detrás dela, como un cordeiriño, eu tiña poucos anos e recordo que daquela íase andando a Pontevedra, eu ía con ela, a recordo coma se fose hoxe, con aquela cestiña na cabeza.

Chegaban a Pontevedra e mercaban o pouco peixe que había, ou a carne si se daba que había algunha festa, despois ao subir para Cerponzóns paraban nun ultramarinos que había en Lérez, alí entregaban a cartilla de racionamiento e recollían a fariña , o arroz, o aceite…Pilar volve a sollozar e vaime dicindo que para ela Esperanza foi a muller máis boa do mundo, sécase as bágoas e segue recordándoa, quedoume moita pena cando me fun para Asturias, ela xa era moi maior, cando había algunha discusión entre a miña nai e ela, eu me poñia no medio das dúas, defendendo a Esperanza, queríaa muitisimo.

Doume muita rabia cando me enterei que estaba no Asilo, eu estaba en Asturias, mui lexos, a miña idea era tela conmigo, pero a distancia era muita, ainda así cando fomos destinados a outro lugar que tiña unha casa máis grande, quixen traer a Encarna, pero xa era tarde, había falecido.

Recórdaa facendo pan no forno e roscas, muitas roscas ! Os seus pais chegaron a ter máis de vinte afillados  na parroquia.


En época de traballar as terras viña xente a axudar, era moito o terreo que había para sementar, e recorda moitísimo agarimo tamén a unha señora de nome Pepa.

Pepa era moi baixiña, vivía en fronte á gasolinera da Ermida, mira si era baixa, dime Pilar, que o mango do lejón era máis alto que ela, imaxína como sería !

De Pepa recorda que tiña un fillo e unha filla, a filla de nome era Carmen, do fillo non se recorda, a filla Carmen co tempo era a que ía a Pontevedra a facer os recados que habitualmente realizábaos Esperanza, pero ao facerse maior foi Carmen a que se encargaba. Que traballadora era Pepa ! Comezaba a traballar e non paraba, era seguido o seu traballo, só paraba á hora para comer, que muller máis traballadora !.

Nós iamos á tenda de Falcón, quedaba preto de casa claro, comprabamos pouca cousa, de paso collíamos o pan que nos deixaba alí o panadeiro de Lerez.

Os recordos de Esperanza vólvenlle á memoria a Pilar, de cando a acompañaba ao Caeiro, a lavar a roupa, ela era pequena, pero sempre a donde ía Esperanza, ía ela.

Falamos de novo da enorme leira que había detrás da súa casa, mira Juan, recordo que tiñamos unhas maceiras  que estaban situadas á beira mesmo do cemiterio, as súas mazás eran de cor vermella e coñeciámolas co nome das mazás do demo e moita xente non as comía porque dicían que sabían a morto.

Tamén recordo ver ao meu pai estar encima das ramas dos cereixos, que cereixas tan grandes tiñan !

No verán adoitabamos comer na mesa de pedra que está situada debaixo do camelio, por certo ese camelio plantouno o meu avó, mira que si ten anos !

Camelio e mesa de pedra donde comía a familia Carballo.


E na parte superior, onde está situado o muro había un viñedo que tiña diferentes clases de uvas.

O meu pai era un gran cazador e pescador, recordo de que ía moito por Santarandán, aínda hoxe en día temos algunha propiedade alí, aínda que algún veciño xa anduvo cambiando os marcos jajaja. Pois falando de meu pai, a veces collía no rio Rons as troitas a man, de tantas que había !
Pola parte dianteira da casa tiñamos unha galería onde se vía o cruceiro, había tamén unha gran robleda onde xogabamos os nenos e as nenas, por diante da casa pasaba a presa do auga, e teño un recordo que me fai moita graza.

Canducho, que vivía na Bouza, traía sempre na súa cabeza unha boina posta, achegábase á presa e collia a boina coa man e tirábaa á presa, mentres dicía: EU SONCHE ASÍ ! E despois volvíaa a colocar a boina na cabeza toda mollada, jajajaja.

A EMIGRACIÓN

Cando empezamos a falar da emigración a Pilar volvéronlle a caer as bagoas , aínda que a ela directamente non lle afectou que na súa familia emigraran, pero causáballe moita pena ver que aqueles veciños e veciñas que tiña moita relación con eles  e marchábanse da súas casas, e os seus amigos , que pena lle daba, íanse os seus amigos de infancia !  aqueles con os cales xogaba e merendaban debaixo do camelio, na mesa de pedra, onde a súa nai preparáballes na época do Entroido as filloas e follas de limón.

Acórdase de Faustino do lugar de A Bouza, fillo de Eugenia,  era un home marabilloso, moi boa persoa, tivo unha enfermidade moi grave, daquela non se sabía o que era, hoxe en día sí, tivera un Cancer de colon, pasouno moi mal, un dos seus fillos de nome Inocente era afillado dos seus pais, Faustino morreu os 34 anos.

Recorda que Eugenia quedara cos netos, aos cales deulles clase a nai de Pilar, máis tarde fóronse para Montevideo, onde estaba Fina, a súa nai, anos máis tarde Fina volveu á súa terra, quizais a vender as propiedades que herdaran, pronto se foi de novo, máis tarde tamén se foi Eugenia un tempo cara alá.

Despois cando Pilar foise para Asturias xa non soubo máis desta familia.

Tamén recorda a unha señora, de nome Dolores, era a caseira do cura, tamén lle deu moita pena a súa marcha para o Uruguay, un día Pilar foi co seu pai ao porto de Vigo, a despedir a uns veciños, era horrible ver aquel barco con tanta xente chorando, tanto os que se quedaban como os que se ían, recorda entre bagoas.

Pilar aínda é hoxe o día que cando ve pola televisión a toda a xente que emigra comeza a chorar, os recordos daqueles anos están sempre presentes na súa mente.

O CHAN DO MONTE

Pilar recorda ao seu pai de ir xogar ao fútbol ao Chan do Monte, e tamén cando ían a Verducido a xogar , nai miña ! que pelexas se montaban entre eles ! O meu pai sempre o comentaba en casa cando estabamos comendo, sempre que xogaban entre eles, sempre acaba en pelexas entre uns e outros.

D. José Carballo , pai de Pilar

Unha vez iamos uns cantos nenos en dirección ao Chan do Monte e a metade de camiño pasoume un detalle de coidado, eu tería daquela cinco ou seis anos.

Si vas desde a Casa do Pobo en dirección ao Chan do Monte a metade de camiño aproximadamente, e a man esquerda había no monte unha especie de focha enorme, parecía como unha cova .

Recordo que na época dos Reis Magos o meu pai traía de Pontevedra xoguetes para todos os nenos que ían ao colexio, daquela o meu pai coñocia a xente importante da cidade e pedíalles os xoguetes.
Os días de Reis na miña casa era un número, coméntame Pilar, ver aqueles nenos subir a casa todos ilusionados por ver que lle trouxeron os Reis, recorda Pilar que subían as escaleiras e atopábanse cun recibidor, o cal estaba adornado cuns mobles de mimbre, e había unha porta enorme para entrar na escola.

Dita porta era moi pesada, ata cre recordar que tiña unha tranca. É aquela porta tiña por unha banda unha estantería chea de libros, e pola outra parte era normal.

Recordando os libros da porta vénlle o recordo da cantidade de libros que había naquela casa, tiñan libros das carreiras dos seus tíos, tamén había colección de novelas, había centos de libros, a pena foi que ao final terminaron queimándoos, aínda hoxe en día una das fillas de Pilar aínda se bota as mans á cabeza por terminar desa forma a gran colección de libros que alí tiñan. Con respecto á porta Pilar volve falarme dela, é que era enorme, debía pesar uns mil quilos, e un deses día de Reis meus pais abrían a Porta, e o entrar na escola alí estaban os xoguetes, recorda que os seus pais trouxéronlle aquel ano un moneco de cor negro, Pilar emocionouse de tal forma que comezou a chorar o ver o moneco.

Tamén ten un recordo doutro día de Reis, os seus pais baixaran á capital para recoller os xoguetes que lles tiñan preparados, mentres tanto os nenos e as nenas decidiron ir ata o Chan do Monte, e achegáronse á focha que comentara antes, Pilar levaba posto un abrigo e o seu pelo iba recolleito con duas coletas enormes.

De súpeto todos se puxeron ao redor daquela focha, para eles era como unha cova, era moi fonda, acórdase perfectamente que estaba o seu irmán e catro ou cinco pícaros máis, puxéronse todos agachados mirando cara ao fondo, e de súpeto un dos nenos colleu unhas cascas de eucalipto e prendeulle lume, seguidamente outro neno fixo o mesmo e comezaron a dar voltas á focha con aquelas cascas ardendo, vese que un dos nenos ao pasar por xunto Pilar caeulle parte das cascas ardendo é ela non se decatou, cando se deu conta diso o abrigo estaba ardendo completamente, Pilar comezou toda asustada ás presas a correr monte adiante e o seu irmán intentando ir detrás dela para apagar o lume, as trenzas do pelo salvoullas por pouco e o seu irmán sempre que recordaban ese momento metíase con Pilar dicíndolle que grazas a él salvoulle a vida, Pilar rise por primeira vez recordándome esa anécdota.

Foi un susto moi grande, o meu irmán tivo que desprenderse do seu chaquetón para apagarme o lume, quedeime en camiseta e braguiñas.

Baixaba cara a casa cunha dor espantosa, a señora Casilda, o señor Gumersindo…estaban todos asustados ao verme así, que boa era Casilda, sempre en época das cereixas dábanos das súas, que ricas sabían ! recordoa indo a Pontevedra a vender sementes, como a señora Hermosinda. As dúas eran moi amigas, si non mal recordo creo que Casilda era madriña da Rita, a filla de Hermosinda.

A Casilda unha vez botáronlle a culpa dun roubo e os meus pais defendérona con uñas e dentes, estaba traballando na casa duns señores e faltoulle algo, quixeron botarlle a culpa a Casilda, co a boa persoa que era, Casilda nunca faría eso.

Pois Casilda, mentres os meus pais non chegaban de Pontevedra foi a que me estivo coidando e poñéndome uns parches para acougar a dor, por certo que non sei que era o que me estivo botando, pero tiña un cheiro que hoxe en día me dá un non sei que, era un ungüento de cor amarelo, non recordo o nome.

Foi a única cousa de gravidade que pasei na miña niñez en San Vicente.

Tamén unha vez fomos ao río varios nenos, preto de Santarandán, un pouco máis abaixo de onde tiñamos a toxeiras, eramos uns oito raparigos, catro eramos irmáns…..comezamos a xogar e cando nos demos conta fíxose de noite, entón os meus pais e os pais dos outros raparigos comezaron a preocuparse pola nosa falta, empezaron a dar a voz de alarma e foron falar co cura para que tocasen as campás, todo o mundo implicouse na procura, cando nos atoparon a miña nai dou lles unha boa malleira aos meus irmáns, a min, como era a pequena non me tocou, pero os demais levaron de xeito abondo, os meus irmáns aínda é hoxe o día que mo botan en cara jajaja, cando nos reunimos nalgunha comida familiar e recordamos estas cousas sempre están dicíndome que eu me salvei da malleira, eu contéstolle que non tiven a culpa, eu era a máis pequena e que facíalles caso a eles.

PILAR CASA CON CANDIDO

Mentres os anos ían pasando, a súa tía conseguía unha nova escola, era máis importante que a nosa e vaise de Cerponzóns,  collendo a substitución María Severina, a nai de Pilar.

Pero o tempo ía pasando e despois ao facernos maiores fomos a vivir a Pontevedra, pois para estudar éranos máis cómodo.

Houbo unha época en que a nai de Pilar tivo que irse por un ano a Madrid, a opositar, foi cando, con permiso do Obispado, Pilar comeza a dar clases con 17 anos en Cerponzóns, o seu agarimo pola parroquia era tal que non podían deixar de dar clases a aqueles nenos e nenas.

Pilar cásase no ano 1961, rise cando pensa en que ninguén da súa familia pensaba que se fose a casar con Candido, con aquel señor maior, que estivo soamente un ano en Cerponzons, pois o seu posto era temporal, e tivo que irse  a dar clases a Salvatierra, nadie podía pensar que o amor xa prendera en eles, e seguiron véndose….

Candido aínda estando en Salvatierra, todos os fins de semana viña para Pontevedra, e Pilar collía o autobús e íao velo, recorda Pilar que un día o seu pai a viuna  na parada do autobús e preguntoulle a donde ía, ela non quería dicirlle que ía xunto a Candido, díxolle que ía de visita, pero él non lle deixou ir, Pilar non tivo máis remedio que irse para casa, imaxínache, dime Pilar, como quedou chafado o meu marido, é que ademais non podía avisalo de ningún xeito, daquela non había teléfono móbil jajaja.

Pilar e Candido, vanse de lúa de mel, a súa primeira parada é na Coruña, Candido quería ensinarlle a Pilar onde pasara o servizo militar, si mal non recorda fora sarxento naquel tempo.

Logo de estar alí un día , vanse camiño de Oviedo, enamóranse daquela paisaxe, das súas xentes…deciden quedarse alí e pasan máis de dez anos por aqueles pobos, nas zonas mineiras,  Cangas de Onis, Mieres…..dando clases nos colexios e moitas clases particulares, moitas.

Cangas de Onis, anos 60

A súa intención era quedarse a vivir en Asturias, pero o pai de Pilar insistíalle cada certo tempo en que volvesen ás súas orixes, eles non estaban polo labor, eran felices alí, pero ao final volveron. Candido comezou unha nova andadura no mundo da enseñanza, impartiu clases no Hospicio e despois pasou para o Príncipe Felipe.

Un pouco despóis de falar da época de Asturias, pregunteille si casouse na nosa parroquia, si, contéstame, eu fun bautizada alí, fixen a primeira comuñón, confirmáronme, como os meus outros irmáns, todo en Cerponzóns…A maioría da miña familia está enterrada no cemiterio da parroquia, á beira do que durante anos foi nosa casa.

Alí está o meu marido, que se morreu no ano 1998, tamén teño á miña nai, a meu sogro…excepto ao meu pai, que está enterrado en San Mauro.

DOUS ANOS FATÍDICOS

Pilar gozou muitísimo na época que pasou vivindo na parroquia, encantáballe onde vivía, aquela casa tan grande, os animais, a leira coa horta…..cando tivo que vivir nun piso non se deu nunca adaptado, sentía a necesidade de ter unha casa, coa súa leira e o seu horto, hoxe en día goza precisamente disto, e cando ten calquera momento de tristeza e preocupación por algún motivo, vaise para o seu xardín e coida das súas plantas, alí esquécese de todo, e iso que o seu xardín quédalle pequeno ! A súa ilusión de sempre era comprarse unha casa, aínda que fose antiga e tivese que restaurala, e que tivese moito terreo para poder sentirse como na súa mocidade, añora esa falta toda a vida.

Pilar dime que si chegase a vivir o seu marido seguro que a haberían ter.

A falta do marido e doutros seres queridos nun periodo curto de tempo fixo mella en Pilar, non esquecerá nunca o que en dous anos sucedeulle, morreu o seu pai, o seu marido, o seu sogro e o seu xenro , catro homes en dous anos, foi horrible, chegou a odiar as flores, os cemiterios e todo o relacionado coa morte. Máis tarde morreu a súa nai, un sobriño xovenciño, cun futuro enorme por diante….máis adiante falece o seu irmán, sentiuno muitisimo, era un ano máis maior que ela e sempre pasaron xuntos a niñez, fálame que o seu irmán César fora un gran médico, traballou durante anos exercendo no Hospital Xeral de Vigo, estivo uns anos de xefe de urxencias.

Un home buenísimo, mui querido polos seus pacientes, ata tratou a algunha veciña da parroquia. Aínda sendo xa maior, Pilar recorda de ir á Casa do Pobo, miñas irmás levaban os amigos que tiñan en Pontevedra a pasar o fin de semana, eramos moitos os que estabamos alí, todos quedaban impresionados da enorme leira que había, cos frutáis, daquela aínda non estaba feita a parte nova do cemiterio.

Mentres miramos algunha foto que lle vou mostrando no móvil , imos falando dalgúns veciños que lle veñen á memoria, pregúntame por Clara, como está Clara ? Antes cando subía a Cerponzons víaa alí fóra da súa casa, fai tempo que non a vexo, ela foi moi traballadora, a recordo traballar na nosa casa, tamén lle ía a facer a limpeza ao despacho do meu cuñado…tamén me comenta dalgúns veciños aos cales o seu pai influíu para que lle desen traballo na Cross…seguimos vendo fotos do blog de Ana, voulle indicando quen son os das fotos e comeza a falar de moitos deles, Isabel, Valentín, o cura….de cando en vez sorpréndese dalgunha foto, noutras comenta o guapas que saen as mozas….Pilar non sabía que tiñamos tantas fotos, seguimos vendo máis…. , as festas do ano 1923….

Son tantas as fotos e fanlle tanta ilusión que lle deixo a dirección do blog de Ana para que as vexa noutro momento.

Aínda que non é de ver moitas fotos, e menos que fáganlle fotos a ela, porque di que sae moi fea nelas, pero faille ilusión ver as da xente da parroquia, mentras eu pídolle que me mostra algunha das súas…

Pilar mostramé as fotos que ten expostas no salón da súa casa, tivo catro fillos, que lle deron tres netos, en un dos mobles do salón os tennos a todos alí, presidindo a exposicion está colgada na parede a foto da tía Aurelia, a primeira mestra da saga dos Carballo.

Pilar sempre terá no seu corazón á súa parroquia que a viu nacer, cando lle pregunto si os seus fillos e netos teñen o mesmo sentimento por Cerponzóns contéstame que non, xa que eles non naceron alí, non viviron nunca, soamente teñen un lazo de unión coa parroquia porque lle acompañan cada ano ao cemiterio, a visitar o lugar onde están parte dos seus seres máis queridos.

Grazas Pilar por esta conversa.