CONVERSAS CON JESUS DOCAMPO DIAZ

JESUS DOCAMPO DÍAZ (22/11/1955)


Mércores 4 de Decembro 2019, 17:30 horas.

Lugar : Bar A Cañota, unha caña, un corto é un café cortado.

Fai uns meses que comecei a ter contacto con Jesus, nun momento determinado contestoume a unha publicación que eu fixera no grupo de San Vicente de Cerponzóns, a súa contestación foi : EU BAUTICEIME NESE LUGAR.

Así foi como nos coñecemos, o meu interese por saber de Jesus foi inmediato, conectei con él, e fomos coñecéndonos, ao pouco tempo Jesus xa estaba incluído no grupo de wasap que temos daquelas persoas que teñen relación coa parroquia e viven noutro lugar fora da provincia de Pontevedra.

Cando Jesus díxome que estaba en Pontevedra púxenme inmediatamente en contacto con él, quedamos de vernos ao seguinte día , fun buscalo a casa da súa irmá, no lugar de Casaldorado, de aí achegámonos a casa do meu primo Darío, o de Ponte Cabras, que casualidade, resulta que son cuñados.

Cantas cousas en común temos Jesus e eu e sen sabelas ata este día….

OS INICIOS

Jesus é fillo de José Docampo e Perfecta Díaz, os seus pais eran orixinarios de Orense e por motivos de traballo o pai de Jesus veu destinado a Pontevedra, era Policía Nacional.

A familia de Jesus viviu ao longo dos anos en varios lugares, por exemplo, recién chegados a Pontevedra estiveron vivindo nunha casa que era coñecida por LA PAMPA, fai anos foi unha taberna que había no lugar de Alba, alí naceu a súa irmán Sinda. Esta taberna para situala é ben fácil, é a segunda casa que hai logo de pasar a de LAPARUZAS, en dirección á vía do tren.

Despóis  viviron no lugar de Leborei, na casa onde viviu Suso O Mariñeiro, foi donde naceron os demáis fillos de José e de Perfecta, por aquel lugar tamén vivían os padriños de Jesus,  José Luís e Clara.

Jesus cos seus irmans, e cos fillos dos seus padriños.
Non son moitos os recordos que ten da súa estancia na nosa parroquia, pois aos cinco anos foise a vivir a Lérez e é alí foi  onde pasa gran parte da súa mocidade.

Jesus non chegou a estudar en ningún colexio da parroquia, aos cinco anos vaise toda a familia Docampo Díaz a vivir a Lérez, vivindo nun piso que no seu baixo estaba unha empresa de viños de nome Bodegas Rofer,  alí é onde estuda, recorda perfectamente que o primeiro colexio en que estivo era un que había logo de pasar a farmacia, e ao comentar isto vénlle tamén á memoria que debaixo da farmacia había un zapateiro, de nome Ramiro (era o meu tío de Campañó), Jesus xunto co seu irmán tiñan moita confianza co meu tío Ramiro, pois daqueles tempos que non había unha peseta no peto, eles os fins de semana ían para a zapatería e limpaban os zapatos que xa estaban arranxados, por ese traballo recibían entre tres e cinco pesetas e para eles era fenomenal, pois ese diñeiro utilizábano para poder comprar algún caramelo, chicle ou unhas pipas.

Pero un dos recordos que quedoulle gravado na súa mente foi a dunha morte…….

Os padriños  de Jesus tiñan dous fillos, Cholo e Mª Elena, e a señora Clara dera a luz a un terceiro fillo, pero no parto faleceu.

Jesus recorda no mesmo patio da casa dos seus padriños, que entre Cholo, Mª Elena, o seu irmán Manolo e él mesmo, colleron aquela caixiña pequena, de cor branca, por medio duns cordóns que tiña dita caixa en cada esquina, desde a casa dos seus padriños  foron en dirección ao cemiterio, levando aquel anxeliño a enterrar.

Nunca se puido borrar eses momentos da súa mente,  momentos que para uns nenos de tan curta idade causoulles moita tristeza, dor e bágoas.

Volvendo a Lérez recorda que cando estaba no tempo de facer a primeira comuñón había dous curas en Lérez, un era D. Manuel e outro D. Samuel.

Jesus rise cando comeza a dicirme que D. Samuel preguntáballes o catecismo cando os nenos estaban xogando ao fútbol, naquel campo que hai situado á beira do monasterio, onde case todos nós chegamos a xogar algún que outro partido amistoso contra os de Lérez na Festa da Mocidade.

D. Samuel andaba detrás deles e dicíalles que si non sabían o catecismo non poderían facer a Comuñón, así que co balón por medio, íalles preguntando o catecismo.

Tamén ten en mente aquel ano cando un camión de reparto de gaseosas atropellou ao seu irmán Manuel, foi un accidente moi grave, deixándolle graves secuelas para toda a vida a Manuel, corría o ano 1959.

A vida transcorría entre os estudos, os partidos de fútbol, onde Jesus comezaba a destacar, as horas na Zapateria do meu tío  Ramiro Esperon, e tamén os seus momentos de monaguillo. Recorda perfectamente os toques de campá que se usaban daquela dependendo para que, enterros, festas,incendios etc. Nesa época cando por exemplo viñan dende O Burgo acompañando un entierro, os nenos que llevaban as farolas cobraban 15 pesetas, Jesus sempre era o que iba coa cruz, como pesaba máis a él dabanlle 25 pesetas.

Despóis de un tempo vivindo en Lérez o seu destino e Ourense, o pouco tempo volven a vivir en Alba, esta vez en un piso propiedade da familia Toval, situado  encima do bar O Mirador de Alba, e de novo volven a Lérez, parando en outra casa, propiedade de Marcial e Clara. Nesta casa estivo vivindo ata os 18 anos que e cando se vaia vivir para Barcelona.

Jesus aos catorce anos  ponse a traballar, eran tempos duros e facían falta ingresos, así que consigue traballo en Talleres Catoira, unha empresa de reparacion de chapa e pintura, que había na carretera de Marin, comenzou con un sueldo de 200 pesetas a semana. No taller  comenzou con muita ilusión, pero ao pouco tempo tivo que deixalo, a súa alerxia a un compoñente que levaba a pintura, fixo que tivese que ir traballar a outro lugar.

Foi preto de onde vivía , no lugar da Ferreira, unha gran fábrica que se montou alí ábrelle as portas, Jesus comeza con 15 anos a súa aventura en Gonzatilve, estivo ata cando cumpriu os 18 anos, o seu traballo era a de tapicero, e cando se marchou da empresa o seu soldo á semana era de 2.500 pesetas, ainda se recorda do seu amigo inseparable, Santiago Losada, ( que casualidade da vida, antes falou de meu tío Ramiro, agora do meu compadre Santi).

Dime Jesus que sempre andaban xuntos, coñociannos por O Moreno é O Rubio.

O FÚTBOL, A SÚA PAIXÓN.

Na época de traballar en Gonzatilve, compaxinaba o seu traballo co fútbol, comezou nos xuvenís do Lérez, pois naquela época non había equipo na parroquia onde vivía, a de Alba. Recorda que tiña de adestrador un señor que o coñecían por Rianxo.

Un equipo donde aparece Rianxo, entrenador de Jesus.
Ao ano seguinte ficha polo Alba, por fin hai equipo na parroquia, presídeo Ramón, O LAPARUZAS.

Pero en pouco tempo de estar no Alba, Jesus comeza a estar en boca dos seguidores de fútbol e pronto se fala no mundillo do fútbol de un extremo rapidísimo que xoga no Alba, e que mete unha media de dous ou tres goles por partido.

Equipo do ALBA C.F. Donde aparece Jesus.

Ano 1972/73, nostalgias no Diario de Pontevedra.
É cando o Pontevedra C.F. chámao, e dille que vaía a adestrar co seu filial, o Atl. Pontevedrés, entrenado por aquel entonces polo que fora un dos compoñentes do Hai que roelo,  o mítico Ceresuela.

Así o fai, e co permiso do xefe da fábrica, pode ausentarse dúas tardes á semana para poder ir adestrar. O Pontevedra , logo de velo xogar durante unhas semanas decide fichalo, Jesus vaise ao seu equipo, o Alba, para pedir a baixa e fichar polo equipo da cidade, o’presidente non quixo darlle a baixa, non quería que a súa estrela fósese a xogar co At. Pontevedrés.

Entón sigue un tempo no Alba, a contra gusto, pero sigue entrenando con gañas e ilusión, estaba esperando cumplir os 18 anos, o seu destino BARCELONA, era o ano 1974.


Cando chega a Barcelona instálase nun pobo de nome CASTELLBISBAL, alí é onde comeza a súa nova vida, onde coñece á súa muller, cásase e ten dous fillos.


Por suposto que unha das primeiras cousas que fai é a de ir ao equipo de fútbol do pobo e pedir si podía xogar no equipo.


Ao pouco tempo ten que facer a mili, entra no sorteo co reemplazo de Pontevedra e o seu destino é Alacante, e logo da Xura de Bandeira tócalle ir para Lorca.

Cando levaba seis meses de servizo militar, danlle un permiso, vaise a Barcelona e alí , xogando ao fútbol, rómpese a tibia e o peroné, nese momento para Jesus acábase a mili e o fútbol, pasa oito meses no Hospital Militar, con infinidade de operacións na súa perna, daquela as infeccións e os malos coidados, fixeron que pasase un inferno durante todo ese tempo.

Volvo de novo  a preguntarlle por cousas da nosa parroquia….

Jesus, recordas algo das festas ?

Si, as festas de San Vicente, claro que recordo, ademáis dáse a casualidade que o meu pobo ten tamén de patrón a San Vicente.

Recordo que sacaban en procesión aos tres, San Vicente, San Antonio e Sta. Lucía, eu era asiduo ás verbenas da parroquia, ata que me fun para Barcelona, tamén me acordo de xogar cos fillos do caseiro do cura, alí no patio que tiñan fronte á súa casa tivemos moitos momentos de xogos.

Co paso do tempo os pais de Jesus volveron vivir en Cerponzóns, xusto na subida onde están as instalacións de Carro, alí en fronte, na casa que lle chamaban a do Rato.

Jesus, cos seus pais, cando vivían en Meán.
Jesus ten unha espiña cravada, cando a súa nai faleceu, el non puido vir ao seu enterro, pois estaba ingresado no Hospital Militar, aquela perna estáballe dando mil rompedeiros de cabeza, tivéronlle que facer naqueles días varios raspados no óso dada a infección que tiña.

Jesus traballou durante máis de 40 anos nunha empresa concesionaria da traída de augas, estivo desde moi xoven, nada máis chegar o seu pobo,  moi implicado nas actividades culturais e festivas, a súa maior satisfacción é o poder colaborar cos seus veciños en que as tradicións síganse mantendo ao longo de todos estes anos.


Agora xubilado vén con máis frecuencia á súa terra, a xunto a súa familia, e visita o cemiterio de Cerponzóns, onde está enterrada a súa querida nai.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s