TEATRO NA PARROQUIA.

AQUELAS OBRAS DE TEATRO….

Ás veces cando estou enfronte ao ordenador fago un repaso de todo aquilo que fun publicando durante este últimos catro anos. Publicacións que en moitos dos casos son máis que nada unha fotografía e un pequeno texto referíndose aos que saen nela e pouco máis.

Hai uns días quédeime ollando unha foto de unhas nenas que no ano 1987 representaron unha obra de teatro, era pola época da festividade do Corpus.

Contactei con protagonistas e falamos telefonicamente sobre este evento que sucedeu fai máis de trinta anos…….

 

JJ….Ola veciñas, que recordos vos traen esta fotografía, este momento ?

…Uf ! Son uns momentos inesquecibles, parece que foi onte e xa van máis de trinta anos, trinta e dous, exactamente.

JJ…A quen se lle ocorreu a idea de facer representacións de teatro ?

Veciña 1…Todo saía de D. Manuel, o noso cura, a súa chegada á parroquia foi algo fantástico, sobretodo para os que eramos uns nenos naquel momento, él comezou a desenvolver unha serie de actividades que nos enganchou de tal forma que estabamos encantados. As excursións, xunto as alfombras florais, o teatro e moitas cousas máis, fixeron que a nosa mocidade fose unha época que nos quedou gravada por todo o ben que o pasamos.

JJ….Porqué creedes que decidiu facer obras de teatro ?

Veciña 2…Eu creo que a D. Manuel en principio tiña que gustarlle esa actividade, senón non a faría, penso eu, e despóis porque a actividade de teatro é unha maneira onde o neno goza vendo teatro, o neno sinte cómo están contandolle unha historia que él mismo está vivindo en directo, e fai que neses mismos momentos desarrolle a súa atención, dase conta que hai unhas normas básicas de comportamento ou experimenta o poder poñerse no lugar do actor. 

JJ….Entón D. Manuel, segundo vos,mirou unha forma de aprendizaxe de valores a través do teatro ?

Veciña 2….Si, eu penso que si. Todas as cousas que se fixeron naqueles anos partían de D. Manuel, as súas ansias por facer cousas, o interese que lle poñía, o poder traer cultura á parroquia, é unha persoa que sempre quixo enriquecer á parroquia con esta serie de actividades.

D. Manuel sabía que os nenos necesitaban dun adulto déselle unha funcionalidade ao que estabamos a facer, só así sabía que nos iamos a implicar. Porque facendo teatro gozabamos e de paso desenvolviamos aspectos de moita importancia, aspectos como a linguaxe, valores de respecto cara aos demais, o coñecemento da contorna a través da historia que representabamos nese momento….resumindo, que o pasabamos xenial e de paso esa actividade foi para nós moi importante no noso desenvolvemento cultural e persoal.

JJ….Que lembrades máis deses días ?

Veciña 1…A ver, a miña memoria non é mui boa que digamos……pero lembro que iamos todas as semanas a ensaiar, estabamos a desexar que chegase o día para ir ensaiar, jajajaja.

Tamén lembro que o día da estrea estabamos cunha tensión polas nubes, D. Manuel tranquilizábanos, dábanos seguridade e confianza en nós mesmos, e todo foi saíndo de marabilla.

JJ…E despois de trinta anos, que vos queda de recordo ?

Veciña 2…Quédame todo o bo que pasamos naqueles anos marabillosos, mira, non fai moito eu levei unha grata sorpresa. D. Manuel fíxome un agasallo, chamoume e doume un cartafol, nese cartafol estaban todos os guións das obras de teatro que se fixeron na parroquia, tíñaa gardada como ouro en pano.

Para min foi unha alegría enorme, que tivese ese detalle comigo é de agradecer.

JJ….Algo máis que engadir ?

Veciña 1…Que che vou a contar máis ! Quizáis que calquera das outras nenas e nenos pódenche dicir máis cousas, xa sabes o que che dixen, teño pouca memoria. Seguro que algúns dos protagonistas lembran moitas máis cousas que eu.

JJ…Grazas veciñas pola vosa colaboración por lembrar aqueles momentos.

Grazas a ti JJ.

 

QUEN SE ACORDA DE ESTE MOMENTO ?

CORRIA  O ANO 1987

Ana . Ursula . Bea. Celeste. Silvia. Gemma. María Dolores y Monica

 

hostal-zona-cafeteria-cocina-y-bodega-043

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s