CONVERSAS CON CELIA, a filla da Tetilleira

Conversa con Celia Falcón Vieitez, a filla da Tetilleira.

Domingo, 5 de Xaneiro de 2020, lugar de Pidre.

Taberna da Rons, corría o ano de 1971…..

Juanciño, vente conmigo a Pidre, a casa da Tetilleira, imos mercar unhas tetillas.Miña nai solía ter sempre na taberna da Rons, para poñer de tapa os clientes, tetilla, membrillo, chourizos e cando era a epoca, unha caixa de arenques. Cando tiña necesidade de algún de estos productos urxentemente, eu era o que llos traía os sábados da Praza de Abastos, pero a mellor tetilla que había na parroquia, era a de Carmen A Tetilleira, por tal motivo cada semana íamos  a casa da señora Carmen …..

OS INICIOS

Carmen Vieitez Casalderrey naceu no lugar de O Bravo, foi casar con José Falcón Gómez, nado no lugar de Reiriz, viviron os seus primeiros anos en Reiriz precisamente, alí comenzaron a súa actividade relacionada coa venta de queixos e tetillas. Do matrimonio naceron duas fillas, unha delas leva 60 anos no Brasil, fai catro que volveu por uns dias ás súas orixes, foise con vinte anos, en Brasil casou, tivo un fillo que eu sepa, e fai un tempo que enviudóu.

A outra filla, Celia, foi a que estivo conversando comigo, pedinlle por favor que me dese un pouco do seu tempo, para que me recordase cousas dos seus pais, máis ben eu quería saber sobre todo o que rodeaba á súa nai, aquela señora que me quedou gravada na miña memoria para sempre, aquela señora que me daba a proba das tetillas para que eu escollese a máis sabrosa…..anda Juanciño, proba, haber proba estoutra, cal che gusta máis …..?

Celia sentou conmigo, funlle preguntando, aunque decía que non tiña muito que contar, eu recollin desta maneira a nosa conversa…..

Logo dun tempo vivindo en Reiriz, fóronse a vivir para a casa que todos coñeciamos pola de Carballo, a elección de escoller esta casa foi porque lle quedaba máis cómoda para recoller os seus queixos e tetillas, o autobús que llas traía paraba alí mesmo e aforráballe dese xeito tempo e traballo.

Carmen afacía comprar a súa mercancía na provincia da Coruña, en Arzúa, Sobrado dos Monxes, Curtis…..buscaba os mellores lugares onde se facían as máis sabrosas, daquela Carmen tiña muita clientela, valoraban muito o seu traballo por ter sempre boa calidade.

En un lugar de Sobrado dos Monxes. Foto de Alberto Martí, editada en La Voz de Galicia.
Estando vivindo en Reiriz, quedáballes lonxe da súa casa a parada do “Cuntis”, o autobús de liña, desde aquel lugar que quedaba naquel fondo, con aqueles camiños impracticables, ter que subir e baixar tanta carga, fixo que buscasen unha casa que estivera o carón da carretera, que foxe máis adecuada para o seu traballo.

Tamén usaban as empresas ” La Estradense” e ¨Garrido¨para as viaxes nos días que tiña que ir a mercar o producto, pero cando iba a vender, vivindo na casa de Carballo, tiña que ir co remolque andando ata Alba, a coller o trole.

CAMBIO DE CASA

Un día nun das súas viaxes no trole, atopouse cunha veciña de Pidre, moi amiga dela, adoitaba achegarse a casa de Carmen a comprarlle os queixos e os chourizos, que tamén era un dos produtos que tiña á venda, entón comezaron a falar e Carmen queixábase do lonxe que aínda lle quedaba a súa casa da parada do trole.

A veciña de Pidre ao escoitala propúxolle a venda dunha propiedade que tiña cerca da súa casa,  había mercado facía un tempo a uns veciños que emigraron para a Arxentina unha casiña, eran dos da Moleta”.

Teño unha propiedade que che podía encaixar para ter de almacen para os teus queixos, un día que queiras imos velo.

Así foi, o lugar tiña un muro enorme, cun espazo interior amplo, despois co paso do tempo todo isto foi levado por diante coa ampliación da n550. Chegaron a un acordo rápidamente, a Carmen encaixáballe o lugar e aquel baixo era ideal para os seus queixos e tetillas, e tamén para vivir.

A familia veuse a vivir para Pidre o día 19 de Marzo de 1971, celebración do día do pai, e ao pouco tempo ampliaron as súas propiedades comprando moi preto da casa unha finca a unha veciña do lugar de A Bouza, a señora Eusebia “A Morrona”. Unha finca na cal fixeron unha viña,  que o cabo dun tempo daba moi bo viño e que naquelas épocas ía cubrir con fartura a necesidade de ter unha parte da alimentación básica daqueles tempos cuberta.

O marido de Carmen decidiu comprar aquela finca, convencido que xa iban ter asegurado ter viño para moitos anos, o prezo ademais fóra moi adecuado, hoxe en día aínda se segue traballando dita viña, o marido de Celia pasa moitas horas do seu tempo nela, é un entretenimiento, máis que unha necesidade imperiosa, como o era nos anos en que vivían Carmen e José.

A VIDA VAISELLE A CARMEN

Xa tiñan a súa casiña, a súa viña, o seu traballo…..pero pouco durou a alegría, Carmen morre no ano 1977, no mellor da súa vida.

Estaba contenta, naquel ano xa estaba cobrando unha paga, exactamente 18000 pesetas, e ademais aínda seguía vendendo os queixos, xa que o seu marido seguía co negocio. José traballara algún tempo como tratante de gando, pero foi por pouco tempo, el estivo á beira de Carmen, encargábase dos traballos de campo e cando podía botáballe unha man a Carmen.

En tres meses a vida fóiselle a Carmen, en tres meses cambiou todo na familia, un cancer de peito levouna para o outro mundo. Ainda que foi unha das primeiras mulleres que había sido operada de ese mal, non se pudo facer nada por ela. Estivo activa ata o final, despois da operación ainda tivo forzas para empurrar polo remolque e ir a vender os queixos e as tetillas…..

O falecer Carmen, José seguiu traballando un tempo máis, tiña os clientes feitos e había que seguir a vida, pero ao pouco tempo, o seu saúde comezaba a deteriorarse, as súas pernas empezaban a fallar e a súa filla convenceulle de que o fose deixando, xa comezará a cobrar a súa paga e non tiña porque seguir andando dun lado para outro vendendo queixos.

Unha das cousas que máis me sorprenderon desta conversación con Celia foi cando se referiu á morte dos seus pais :

Juan, mira como é a vida, a miña nai faleceu o 15 de Xaneiro de 1977, á unha da mañá, e o meu pai faleceu dez anos máis tarde un 15 de Xaneiro de 1987, á unha de mañá, en ambos casos atopándome eu soa na casa.

RECORDANDO A SÚA LABOR COAS TETILLAS E OS QUEIXOS

O seu traballo, non era soamente ir compralas e levalas á praza a vendelas.

Algúns dos produtos viñan aínda frescos, sen curar de todo….había que lavalas, cambiarlle a palla, poñerlle os panos…..

Carmen tiña confianza coa xente que facíanlle os queixos, unha xente que tiña unha labor mui encomiable, agora xa se fan os queixos con munguidura mecánica, con conservacions en tanques de frío, usan tanques de aceiro inoxidable, moldes de plástico etc., pero antes, antes sí que era un traballo artesanal :

O primeiro que facían as queixeiras daquela época era ir a mungui-las vacas á man, depositando ó leite nunha “canada”. Da canada íao repartindo na pota ou potes de leite, segundo fixera un queixo ou máis en cada moguedura. Despóis puña a pota co leite na lareira rondando as brasas para que acadara a temperatura axeitada, botáballe o callo xusto e revolvíao no leite coa man. Deixábase calla-lo leite e cando xa estaba poñíase a elabora-lo queixo collendo da pota presas de materia prima, botándoas para o molde ou “taza de face-lo queixo”, que era de madeira ou de porcelana e amasándoas coas mans. Despóis apertaba unha e outra vez a bóla de queixo ata sacarlle todo o soro de leite. Cando xa está ben apertado e rematado, volve metelo no molde para darlle a forma desexada. Despóis envolveo nun pano limpo e pono a secar e a madurar na queixeira, onde os ía acumulando e cambiándolle-lo pano para favorecer-lo secado e a maduración. Cada quince días aproximadamente levabáos vender á feira de costume. A véspera lavábanos ben lavadiños e colocábanos na cesta dos queixos. Cando Carmen mercaba, algúns dos queixos había que curalos …..

Ao principio de vivir en Pidre na casa de Carmen non tiñan muita auga, tiñan que ir cargadas cos queixos ata o lugar da Balé, todos os días tiñan que ir levandos uns cuantos. Un día deses, un dos veciños do lugar, chamado José Losada, achegouse a Carmen e á súa filla e díxolles que o que estaban facendo era un sacrificio, que non podían seguir así toda a vida, que ían esgotar a saúde.

Elas duas, unha coa tina na cabeza e a outra co remolque quedaron caladas, miraron para José e asentiron.

Nin curto nin perezoso, José decidiu ampliarlle o pozo de auga da súa casa.

Un dos días que se achegou a casa de Carmen, José ía acompañado da súa esposa Obdulia. José dirixiuse a Carmen e díxolle :

Carmen, mecajonacona, non podedes seguir así, a túa filla vai rebentar con esa tina chea de trapos na cabeza.

Agora mesmo vou ampliarche o pozo de auga ! Púxose mans o choio e con cinco metros de profundidade máis  o pozo estaba feito, ainda hoxe en día ten auga suficiente para o servizo da casa, visto polos meus ollos.

Carmen sempre lle quedou agradecida a José Losada pola súa axuda.

Coma recordo ainda é hoxe o día que gardan a rodalna que había no pozo para subir os cubos de auga, moitos cubos sacáronse de auga do pozo ! Cando foi da ampliación da estrada, Celia tiña medo a que lle levasen o pozo, salvouse por pouco e hoxe en día aí segue, como servizo e como recordo daqueles tempos, xunto a aquela báscula de agulla, que usaba a súa nai para pesar os queixos e as tetillas.

POSTOS DE VENDA

Normalmente iba a Marin a vender, collía o trole en Alba ata Pontevedra, despóis collía de novo o trole que se dirixía a Marin, o chegar iba en dirección a Praza, tiña un posto fixo, mismo na entrada, polo que tiña que pagar un alugueiro e tamén a cota de autónomos conforme desenvolvía esta actividade profesional.

Tamén había días que paraba en Pontevedra, normalmente cando había feira, muitas das veces a súa filla Celia era a que quedaba en Pontevedra a vender, pero sempre poñialle unha condición a nai : que lle deixara as mellores, as máis sabrosas tetillas, porque non quería que os clientes chamaranlle a atención na próxima feira.

ANÉCDOTAS

Tiñan uns días determinados para ir ás feiras de Arzúa, Sobrado dúas Monxes, Curtís….

Recorda Celia que cando vivían en Reiriz subían co carro de vacas ata a casa de “A Mariqueta”, alí recollía toda a compra que traían dalgúns dos lugares antes citados.

Un día, era xa noite pechada, ao baixar co carro xa cargado de tetillas, perderon unha parte da carga, eran unhas duas mil pesetas o valorado, cando chegaron a casa déronse de conta e foron rápidamente polo camiño a buscar onde caera.

Non había rastro de queixos, nin de tetillas, ata que ao pasar por diante dunha casa, que nese momento tiña o portal aberto, viron que estaban alí, entón entraron a polos queixos e as tetillas, os donos da casa quedaron todos sorprendidos e puxéronlle de escusa que pensaban que eran doutro veciño e que o ían avisar dun momento a outro.

Grazas Celina pola túa colaboracion.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s