8- O PASO DO BARÓN LEÓN DE ROSMITHAL POR CERPONZÓNS.

O BARÓN LEÓN DE ROSMITHAL ENFRONTADO COS VECIÑOS DE LEBOREI



León de Rosmithal de Blatna
foi un nobre de orixe checo, naceu sobre o ano 1425 e a súa morte produciuse en 1486. A súa fama debeuse a que realizou unha viaxe por toda Europa co obxectivo de estudar as disciplinas militares dos paises por onde pasaba e ademáis analizar as costumes relioxas que había en cada un dos lugares por onde foi pasando, visitando templos e interesándose por aqueles santos máis milagreiros, o inicio desta viaxe comézao saíndo desde Praga alá polo ano 1465 e chegando a España en 1466, na súa viaxe viñan con él unhas corenta persoas e cincuenta e dous cabalos.

Era unha época na que era pouco frecuente realizar este tipo de excursións, debido a que ofrecían moitísimas dificultades e perigos, unha destas situacións sucedeulle o Barón León de Rosmithal  na nosa parroquia de Cerponzóns, concretamente polo lugar de Leborei.

Un dos seus desexos nesta longa viaxe era ir a Santiago, naquela época era un das viaxes máis importantes que se podían facer, xunto á peregrinación a Xerusalén. Ao chegar a España visita varias cidades e despois encamíñase cara a Portugal, onde chega en balsa a través do Río Douro, o primeiro pobo que visita é Freixo dá Spada, atópase co Rei de Portugal Alfonso V, para o cal lle tiña unhas cartas da irmá Leonor, casada co o emperador alemán Federico III.

O Rei recibiuno con todas as honras e ofreceulle de todo, cousa que o Barón declinou, pois a saída da súa terra era sen ánimo de lucro, a súa idea era a de gañar honra e ademáis instruírse.

O único que lle pediu ao Rei foron dous negros e un gimio, o cal lles fixo entrega.

O Barón Rosmithal prosegue co seu séquito a viaxe, penétrase de novo no reino de Castela, está vez por Galicia, camiño de Santiago.

De novo comezarán os traballos e perigos para todos eles, aos poucos días perden ao cociñeiro, ven obrigados a desollar calquera animal e cociñalos eles mesmos, teñen que segar para dar para comer aos cabalos… van pasando por Tui, Redondela, Pontevedra.

En Pontevedra onde observan un pobo grande e rico que ten unha ponte longa que cercan o pobo por unha banda, ao pouco de pasar pola ponte do Burgo, deciden ir uns doce homes a pé, tamén de cando en vez fai o mesmo o Barón, así van un pouco dacabalo e outro pouco a pé, desta maneira chegan a Alba, exactamente á Granxa de Alba, o trazado do camiño lévaos a San Caetano e despois a Leborei, a estas alturas atópanse un bosque de castiñeiros, nese momento, un raparigo, paxe do Barón, ía cunha vara golpeando pedras, o vira facer aos habitantes do lugar que tiraban desa forma as pedras moi alto e moi lonxe, e quixo imitalos, ninguén da expedición reparou en que o paxe puidese facer dano a ninguén, pero unha das pedras que lanzou feriu imprudentemente a un dos aldeáns, a pedrada foi de consideración e fíxoo sangrar abundantemente, o home todo fora de si , insultounos con ira.

Na expedición iba un home, un tal Herold, que coñecía o idioma galego e contestoulle ao paisano : Non te indignes tanto por este suceso, bo home, o mozo non che viu e fíxoo sen intención.

O paisano contestoulle e ameazándoos a todos dirixiuse a Herold dicíndolle que habían de pagar eles a culpa, marchou pa casa, a curarse das feridas, mentras que a expedición seguía o seu camiño, pero xunto ao lugar dos feitos había unha pousada, onde era habitual que se detivesen os camiñantes para comer e beber, porque despois en cinco millas non había nin pousada nin castelo, e quedaron a comer. Despois de comer seguiron o camiño ata chegar a Santiago, alí tamén pasaron as súas adversidades que non veñen eiqui o conto.

Seguramente o noso paisano mentres se ía para a súa casa todo ensanguentado ía pensando en vingarse de toda aquela tropa de xente que lle fixeran aquela ferida. É de supoñer que alguén estaría á espera controlando desde algún punto estratéxico para dar aviso de que chegaban (quizáis fose con axuda do repenique das campás) para que no momento que pasasen por Leborei estivesen todos os veciños no lugar previsto con tempo para facerlle a espera.

Así uns días despois, cando volvían de Santiago, camiñando da misma maneira, uns a pé e outros dacabalo, ao chegar á pousada onde estiveran á ida, atopáronse con preto de cen homes, que congregará o paisano que fora ferido polo paxe, estaban armados de espadas, picas e ballestas, a intención era matalos….

Herold púxose á fronte da expedición e falándolle outra vez en en galego, díxolles :

 -Por vingar unha ferida tan leve queredes matarnos a todos ?

-Ignorades que este señor é de alta e nobilísima alcurnia e que vai peregrinando para ver as córtes dos Reis como á tal varon cumpre ? Por tanto, sabede que se nos matades tan sen causa, non quedaredes impunes.

Oído isto, separáronse a metade dos veciños para consultar entre eles que medidas ían tomar, mentres tanto os outros cincuenta mantiñan rodeados aos homes do Barón, incluido él.

Nisto que o Barón lles dicía aos seus homes : Queridos amigos, estade atentos a si estes homes determinan a nosa destruccion, e se así fose, será mester que lles resistamos e defendámonos con bizarría, porque as súplicas non serán de proveito; así que si é preciso o caso acometereilles, e vós imitarme e seguídeme en todo; e se perecemos no trance, o noso nome quedará perenne e glorioso polo valor que mostremos no noso fin.

Pero despois de que falaron entre si os veciños, quizais fose o impoñente discurso de Herold, ou ben pola disposición mostrada polo Barón, a cuestión é que chegou a calma, así que tras parlamentar durante un tempo achegáronse a Herold e dille un deles : Dille a ese ilustre Señor que non queremos facerlle forza nin a él nin aos seus compañeiros; que esquecemos o acontecido e que se o desexa estamos ao seu servizo para acompañarlle ata o lugar onde vaia a descansar.

Desta forma tranquilizáronse todos e sen outro contratempo fóronse marchando do lugar.

Datos recollidos no Museo de Pontevedra (La gran obra de los Caminos de Santiago, de Francisco Rodriguez Iglesias).

5 comentarios en “8- O PASO DO BARÓN LEÓN DE ROSMITHAL POR CERPONZÓNS.

  1. Pingback: CERPONZÓNS, DATOS DE INTERÉS. – O Roque de Cerponzóns

Deixa unha resposta a roquecerponzons Cancelar a resposta