OFICIOS DOS VECIÑOS (V) TRATANTE/RIFANTE

TRATANTE/RIFANTE : Persoa que trata ou comercia con algunha mercadoría, en particular a que trata con gando. Normalmente iban ataviados co seu mandilón de cor negra, para diferenciarse dos demáis.

Este oficio debido a economia pechada dos nosos campesiños non era mui necesario nas aldeas, en cambio, nas vilas e cidades si que habia muitos.

O paisano somentes gastaba a carne de vacuno ou de cabrio en momentos mui puntuais, por exemplo, nas festas da parroquia, polo que os tratantes ou rifantes tiñan pouco que facer a hora de vender polas aldeas.

O traballo que máis realiza o tratante ou rifante é o de mercar as vacas e os becerros, ben indo polas portas, ou nas feiras, logo mátaos él ou o matachin. Morto o animal, párteo, despedaza e logo vaino vendendo no posto que ten na praza. É nas vilas ou cidades donde o negocio está reglamentado, donde interveñen as autoridades sanitarias, non e así no campo, durante anos seguiron matando e despedazando, salando etc. a súa maneira, sin ningún control.

Muitos dos tratantes iban visitando as casas a pé ou a cabalo, e normalmente remataban o traballo nas tabernas. Solían ir con muitos cartos encima, xa que os paisanos daquela tiñan preferencia por cobrar o contado, e decir, no momento de pechar o trato, si se coñocian o trato remataba sin cartos por medio, o día que levaba a res era cando pagaba ou na seguinte feira.

Aunque había muita competencia entre os tratantes, había momentos que cando chegaban a feira poñianse dacordo para puxar polo gando, e decir poñían un tope e non daban máis do acordado entre eles.

Feira de gando, en Pontevedra
Na nosa parroquia lembro a varios veciños, O Fanchiquita,O Alvite, O Toval, Moncho o de Flora que tiñan de oficio o de tratante de gando , para ser tratantes había que ter unhas características moi especiais como capacidade de persuasión, labia que se diría agora, apreciar a calidade do gando sen mostrar interese, amorne para non quentarse, etc.. Fun testigo directo da maneira de traballar de un deles, refirome ao señor Daniel, cando quedaba co meu pai ou con outra persoa para facer un trato era máis ou menos así :

O trato comezaba despois de que Juan e Daniel situábanse ante a vaca obxecto de negociación no interior da cuadra, onde normalmente atopábase atada ao pesebre. Ao chegar á cuadra e si se atopaba tombada se lle facía poñer de pé. Juan , antes de nada adoitaba ponderar a nosa vaca facéndolle referencia ao brillo do pelo, ao mansa que era , á finura ou clase e ao gorda que estaba. Daniel , pola contra, buscáballe sempre algunha tacha ou falta, restándolle en calquera caso os méritos que apuntaba o meu pai e aceptando, como moito, que non estaba mal , pero que non era gran cousa.

Antes de que Juan “pedise ” a cantidade que desexaba (que sempre era superior á que en realidade estaba disposto a vender), Daniel adoitaba advertirlle: “Pero para estar pouco tempo, que a min non me gusta gitanear”. Á cantidade que lle dicía Juan , adoitaba responder Daniel con ironía, tratando de facerlle ver que era esaxerada e ofrecendo á súa vez unha cantidade moi por baixo do que estaría disposto a vender.

Daniel facíalle un examen completo o animal, palpándolle certas partes, observándolle a dentadura, etc., e de seguido volvía a axustar o prezo, eso si, coa discusión por medio, discuten, xesticulan e xuran, aparentaban estar enfadados entre eles, como si quixeran chegar as mans….

Con frases como: “Para que vexas que cha quero dar vou quitar tantas pesetas”, referíndose ao prezo primeiro, ofertaba novamente o meu pai . A esta oferta respondida Daniel en parecidos termos, é dicir, subindo sobre a primeira oferta realizada. E así continuaban , e se aos dous asistíalle o ánimo, ata que concertaban a cantidade definitiva que era , desde logo, intermedia entre as dúas ofertas primeiras.

Isto era o trato ideal, pero non todos os tratos eran así; adoitaba ocorrer que o algún veciño ” pedía ” unha cantidade moi alta ou que Daniel consideraba desproporcionada e nese caso negábase a ofertar. Ás veces ocorría tamén que o veciño quedaba curto e pedía unha cantidade baixa e Daniel tomáballe a palabra á primeira, aínda que isto de cando en cando adoitaba ocorrer xa que Daniel , por ética, sentía obrigado a ofrecer menos do que o veciño lle pedía e en todo caso ir cedendo despois na negociación, pero sacando sempre algo sobre a cantidade orixinal.

Unha vez que o trato quedaba feito, Juan e Daniel danse a man en sinal de peche, e íanse á taberna para tomar unha chiquita e así pechar o trato . Despois xa só quedaban pequenos detalles como o día e a hora en que levaría a vaca, –

Unha cousa curiosa era cando levaba a vaca o tratante, o paisano entrégalle a res, pero non a corda, porque hai crenza de que con ela vai a sorte da casa.

Ao ser coñecidos non había que entregar sinal ningunha, a palabra valía máis que calquera outra cousa.

Daniel na boda de Maricarmen, é o que está a dereita do novio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s