GEORGE BROWN, O SEU PASO POLO CAMIÑO REAL.

GEORGE BROWN PASOU POR CERPONZÓNS 
Hai un tempo que caeu nas miñas mans un libro titulado Cuentos Municipales, con prólogo de Enrique Gil, unha serie de personaxes escriben o seu paso por varias cidades españolas. Referente á nosa cidade de Pontevedra, no libro aparecen dous personaxes, un era Ramón María del Valle-Inclán e o outro, George Borrow, máis coñecido por *Jorgito el Inglés*.

George Borrow naceu en 1803, fillo de militar, pasou a súa infancia entre Inglaterra e Escocia.

Desde moi pequeno douselle moi ben os idiomas, así que ao morrer o seu pai decidiuse por facer carreira en Londres como tradutor, pero a fortuna non lle acompañou.

Con 30 anos, a súa vida dá un xiro, un pastor da Sociedade Bíblica británica, indúceo a que difunda o Novo Testamento por varios países. A súa inusitada capacidade para os idiomas, a súa mocidade , xunto á súa excentricidade e as ganas de aventura que tiña lanzárono a percorrer primeiramente Rusia e despois a España no ano 1836 ata o 1840.

Percorreu aqueles camiños de todas as formas posibles, dilixencia, sobre un cabalo, unha mula, un borrico….Na súa biografía acredita que era un pouco raro, que tiña unha gran capacidade para os idiomas é excepcionais dotes de observación, así o reflicte tempo despois a súa obra La Biblia en España. O escritor Julio Llamazares, tamén viaxeiro, afirmaba hai pouco tempo que George Borrow é “o escritor inglés que máis fondo e detido percorreu os camiños españois ao longo do século XIX”.

Os españois daquela época sempre lembraron con agarimo a Don Jorgito el Inglés, cargado cos seus Novos Testamentos, para ir deixándoos polas librerías por onde pasaba.

Na súa etapa por Galicia, recollín estas anotacións :

Tras quince días en Santiago, Borrow viaxa a Vigo. Pernoita en Padrón e, ao día seguinte, Caldas de los Reyes, ateigada de xente que acudía a curarse coas augas.

Cualifica Pontevedra de cidade monumental. A pesar da suntuosidad dos seus edificios públicos e da riqueza da terra contigua, estima que a cidade está en gran decadencia; quéixase da sucidade, da miseria e do mal xenio da posadera, ademais a pousada era unha miseria, o compañeiro de George, de nome Antonio, queixouse á posadera da calidade dalgúns dos comestibles que lles servía, a posadera na lingua do país, a única que sabía falar, comezou a maldicirlle violentamente e ameazoulle : como tentes producir desorde na miña casa, bótovos á rúa, a ti, aos cabalos e ao teu amo.

En Pontevedra vende os seus Testamentos o notario señor García, un patriota entusiasta da cidade e crítico cos vigueses, que aspiraban a arrebatarlle a capitalidade: unha capital de provincia non ten necesidade de bahía, senón de bos edificios públicos onde poidan reunirse os deputados provinciais a tratar dos seus asuntos, edificios dos que carece Vigo…..

Recolle nas súas anotacións Jorgito que a maior parte dos pobos eran un conxunto de miserables chozas, con teitume de bálago ( Palla longa dos cereais que queda despois de quitarlles a espiga), empapada de humidade e cuberta frecuentemente de vexetación silvestre. Había cheas de esterco diante das portas e abundaban os charcos e lameiras. Como podedes ler, as súas primeiras impresións son case repugnantes.

Ademais, aqueles camiños, especialmente os que unían as capitais do norte de Galicia, estaban en mans de despiadados bandoleiros que non dubidaban en degollar ás súas vítimas. Contra eles, o goberno mandaba aos migueletes, unha especie de Garda Civil (aínda non fora creada) que tiñan tan malas maneiras como os mesmos delincuentes.

Na súa referencia a Pontevedra, comentaba Jorgito, que deixaban atrás a cidade de Caldas de los Reyes, ateigada de xente naqueles días que acudía a curarse coas augas dos mananciais que alí había. Como lle dicían que por este traxecto non había ladróns, viaxaban sós e sen escolta. Refírese ao Camiño Real, que construíra en gran parte o Arcebispo Malvar, como pintoresco e belo, aínda que algo solitario, sobretodo despois de deixar Caldas.

Seguía Jorgito falando sobre o seu paso despois de Caldas : é un camiño montuoso e canso, tivemos moita calor, e as nubes de moscas, unha das pragas de Galicia, molestaban tanto aos nosos cabalos que nos obrigaron a cortar ramas de árbores para protexerlles a cabeza e o pescozo contra os atormentadores aguillóns daqueles insectos sedientos de sangue.

Xa lle advertían que naquela época do ano recomendábanlle que para viaxar en cabalo por Galicia era bo levar unha rede fina para defensa do animal, era un remedio seguro e cómodo, en Galicia este remedio era completamente descoñecido polo que observara, con todo, Jorgito, cría que quizais fose o país do mundo en que máis se necesitaba usar dita rede.

Jorgito ía recollendo a inimizade que había entre Pontevedra e Vigo, a de Santiago coa Coruña, a desconfianza da xente, a superstición, as estradas infestadas de bandidos e moita miseria….

Antes de irse en dirección a Vigo, o notario señor García seguíalle demostrando a gran fobia que tiña cara á veciña cidade de Vigo. «Dígolle a vostede, amigo, que me importaría moi pouco que ardese Vigo con cuantos mentecatos e bribons  encerra.

En Vigo atópase unha cidade vital, cuxas rúas estaban abarrotadas e todo era ruído e xolda, a súa estancia non foi moi afortunada, non dou vendido ningún exemplar do Novo Testamento e ademáis foi tomado por espía cando ascendeu o monte do Castro para ver a ría desde unha perspectiva privilexiada.
Ref. Cuentos Municipales  é La España de las  aventuras de George Borrow (Ana Moreno)

2 comentarios en “GEORGE BROWN, O SEU PASO POLO CAMIÑO REAL.

  1. Pingback: CERPONZÓNS, DATOS DE INTERÉS. – O Roque de Cerponzóns

  2. Pingback: CITAS LITERARIAS (2) programa Festas 2003 – O Roque de Cerponzóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s