OS MÚSICOS-ALEJANDRO DEL RÍO 

Hoxe, día de Sta. Cecilia, quero recordar a un gran amigo da miña familia política e meu tamén desde o día en que lle fixen unha visita á súa casa de Ourense. Trátase do mestre ourensán Alejandro del Río Fernández.
Alejandro del Río, o primeiro pola ezquerda.
O meu sogro, Bernardino e Alejandro coñecéronse facendo o servizo militar en Pontevedra, estiveron xuntos na Banda Militar. Desde aquel momento fixéronse moi amigos e sempre mantiveron moi boa relación, pasados os anos íbamos a Ourense a estar coa familia Del Río, nas comidas que tiñamos sempre se acaba falando de música. O último que souben do mestre foi polo mes de abril do ano 2011, cando a Banda de Bellas Artes de Cangas e a Coordinadora de Cofradías organizaron un concerto de marchas procesionais na Vila de Cangas. Tratábase dun evento que tiña como intención recuperar a música das procesións de Galicia e onde nese mesmo evento facíaselle unha homenaxe ao compositor ourensan Alejandro del Río, era a edición número VII do Concerto de Marchas Procesionais. Unha das obras que comprendía o programa era composición do mestre del Río, o seu título Paz Señor. Alejandro del Río compuxo moitas obras, destacando os seus famosos pasodobles : BOTAFUMEIROS e SETE ROSAS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s