ALCUMES DOS VECIÑOS DE CERPONZÓNS.

NOVAS RELACIONADAS COS ALCUMES DOS SERPENTIONENSES :

Fai uns días mantiven unha reunión co Concelleiro Alberto Oubiña, mostreille o traballo relacionado coa recolleita de alcumes da Parroquia de Cerponzóns.

Comenteille como cheguei a reunir os 571 alcumes, a maioría deles coa colaboración de moitos veciños e veciñas da Parroquia, outros alcumes funos atopando tras un labor de horas de investigación en varios documentos que fun atopando en diversos organismos.

Logo da explicación pedinlle axuda económica para poder facer copias suficientes para que os socios da Asc. De Veciños O Chedeiro de Cerponzóns dispoña dun exemplar dos Alcumes.

Aínda que o orzamento para facer unhas copias non era moi elevado tivo que pasar a petición polos conductos reglamentarios e aprobar dita petición.

Acaban de informarme que foi aceptada a miña petición, así que en breve comezarán a editar os exemplares e comenzar co reparto en canto poidamos.

ALCUMES  ( relacionados por diversos motivos)…290 

ALCUMES (relacionados cos lugares da parroquia)…57 

ALCUMES (relacionados cos lugares de procedencia)…12 

ALCUMES (relacionados cos oficios)…41

ALCUMES (relacionados procedencia de apellidos)…78

ALCUME XERAL DOS HABITANTES DA PARROQUIA…1

HIPOCORÍSTICOS …92

TOTAL …571

Logo de varios meses traballando na recolleita dos alcumes da miña parroquia de Cerponzóns, dou por finalizado este traballo que fai un tempo tiña en mente de levalo a cabo.

Un traballo de investigación que me levou a buscar en diversas fontes de información, a máis importante a dos veciños e veciñas da parroquia que colaboraron comigo para poder realizar este recompilatorio de alcumes.

A recopilación comezou pedíndolle aos meus veciños e veciñas que fixesen memoria daqueles alcumes que eran habituais na súa contorna, do seu propio, e dos veciños máis próximos, rematando en xeral de xente da parroquia.

Aos poucos días de pedir a colaboración, fóronme chegando a través do wasap, coma se fose unha cascada, unha gran cantidade de alcumes, foi algo impresionante.

Outras veces foi quedando cos veciños, fomos desgranando lugar por lugar, casa por casa, todos aqueles alcumes que ían recordando. Outros alcumes funos atopando no arquivo, en bibliotecas, en documentacion varia etc.

Os alcumes que aparecen están divididos en varias partes, son en total 571.

Púxenme a redactar o alcume de cada un tomando varias circunstancias, por exemplo,  un sobrenome que se puxo polo oficio, ou por un defecto físico,  por un defecto na fala, polo lugar onde vive, polo súa procedencia, polo apelido…

Tamén hai un grupo denominado hipocorístico, que aínda que non son propiamente alcumes, tamén se agregaron por ter relación dado as súas variacións con respecto ao nome propio da persoa.

Espero que sexa do agrado de todos, polo menos da maioría.

Quero agradecer de corazón a todos os veciños que me axudaron, sin a súa colaboración non podería chegar a facelo, grazas tamén ao mestre Luís Losada, quen foi o que supervisou e corrixiu as posibles faltas de ortografía.

Grazas a todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s