CITAS LITERARIAS (1) programa Festas 1935

A MAÑÁ

Das doce parroquias hirmáns, as mais nugallás-tiña que ser-, as vilengas: Santa María a Maior e San Bartoloméu.
Namentras ístas durmían, xa as outras dez, as labregas, trafegaban por todol-os currunchos do Concello :

Barreran os estrados do paixase dos lixos da noite, ca basoira do abrente.

E muxiran o gando da día, nas cuncas do Lérez; do Alba e do Tomeza.

Segaran o liño das estrelas, e puxéronas a amolcer no corgo da ría.

Pol-a banda de Lourizán xa estaban na iauga, en percura de marisco.

Daquelas, das vilengas, Santa María e pirmeira en se erguer.

Labouse no mar; i-enxugouse no pano da luzada.

San Bartoloméu, non se erguéu deica que lle petaron nas portas as leiteiras: Lérez, CERPONZÓNS, Alba, Campañó, Lourizán, Salcedo, Tomeza, Marcón, Mourente, Bora.

X. Sesto López, en programa Fiestas Agosto Pontevedra, 1935

Xosé Sesto López (Pontevedra, 1909-?).

Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou como funcionario de Facenda. Posteriormente emigrou a Venezuela, onde foi profesor de Artes. Como escritor figura entre os poetas menores da Xeración do 36.

Colaborou na prensa galega da época como Spes ou Acción.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s