CITAS LITERARIAS (3) CERPONZÓNS EN SEMPRE EN GALIZA, de CASTELAO.

No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza.

 O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora setenta e seis anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.
Na seguinte transcripción dun pedazo do texto da obra de Castelao que vou poñer, reflexa a famosa “morriña” galega personalizada nun veciño de Cerponzóns, así como a realidade galega que se vivia naqueles anos…
” … as inxurias e as calumnias que Galicia leva soportado desde que uniuse a Castela e as ultraxes que caeron, a granel, sobre os galegos, mesmo nas Américas castelanizadas. Todo ten a súa orixe na nosa excesiva xenerosidade e na nosa desmedida confianza. Por iso ao mesmo tempo que nós pedimos aos españois unha estimación da nosa natural personalidade tamén pedimos aos galegos unha maior conciencia dos que representan en España e en mundo.

Pode existir algún galego que non senta ferido e que pense que a nosa excitación é innecesaria. Hai en América moitos galegos que non coñecen de España máis que a súa aldea e o porto en que se embarcaron e así non saben doutras patrias españolas. A este respecto debemos referir un sucedido:

Cando foi a Madrid o coro galego de Feijóo , levaba consigo un tamborileiro de Cerponzóns, un vello que nunca saíra de Galicia. Cando xa levaba 15 días en Madrid, o tamborileiro  atafegado pola morriña díxolle a Feijóo : ” eu quero irme a España”, pois ben aos galegos que falan de España e só levan no sentimento a imaxe da súa terra, eu quero dicirlles que a nosa terra é unha patria e que esta patria foi ultraxada  por outros españois a quen só debiamos inspirar agradecemento e admiración. E que non sexa o conto que os galegos, aparentemente renegados, tomen España como a tomaba o tamborileiro de Cerponzóns…”

O Tamborileiro, Manuel Castro.

Castelao sigue escribindo:

Eu sei que tódolos galegos estamos orgullosos de ser fillos da Terra máis fermosa de Hespaña e cicais e máis fermosa do mundo. Pois ben; nin eso foi comprendido e respeitado polos casteláns. E para probalo abondará transcrebir algúns aldraxes en verso -en verso, para que doian menos- debidos ao enseño dos escritores de Castela :
Reino infeliz, país desventurado,

De España muladar, rincón del mundo,

Entre tinieblas siempre sepultado,

Áspero, duro clima, tiempo airado,

Infeliz, bárbaro trato, signo inmundo.

Anónimo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s