CITAS LITERARIAS (4) CARAS DE PONTEVEDRA (CERPONZÓNS)

CARAS DE PONTEVEDRA (2005)



Un volume que recolle boa parte da historia de Pontevedra, donde Francisco Calo Lourido, xunto as fotografías de Xosé Luís Alonso, fan referencias tamén de Cerponzóns.

Comparto os textos é as fotografías que teñen relación coa nosa parroquia :
dos rostros de pontevedra

(Francisco Calo Lourido)

A REPRESENTACIÓN DO FULGOR



…védelos na freguesía de Santa María de Ponte Sampaio, na de San Martiño de Verducido, onde abondan os anxos, inxenuas caras de animais e outro expresivo demo, de cornos pequenos que contrastan cos revirados de San Miguel de Marcón, ben amarrado polo pescozo, o mesmo que o de San Roque ou o de San Pedro de Campañó, de moi triste estampa. ¿ Que decir do de Santo André de Xeve, que xa non ten máis lingua que botar fóra ? ¿ E do de San Vicente de Cerponzóns ? Case produce compasión o coitado…


DAR DE BEBER A QUEN PASA



…Preside San Roque a súa canela en Xeve. Todos coñocedes a historia deste santo tan popular entre vós, que, procedente de francesa Montpellier, peregrinou ata Santiago e se convierten no especialista curador de pestes, chegando na nosa Pontevedra a desbancar nese cometido ao propio San Sebastián.

Sempre o representaron vestido de peregrino, co seu sombreiro, bordón e cuncha e cun cadeliño que lle ofrece un anaco de pan. Na súa vila natal, viste de nobre e o can ten pedigree, pero entre vós tiña necesariamente que ser de palleiro. Agora ben, comparade o pan que lle ofrece ao San Roque da Moureira co que leva o de San Vicente de Cerponzóns. Non é o único animal que hai nesta igrexa, como vedes nos que vos reciben na entrada, aos pes do santo, ou nese porquiño con pinta de no ano.

OLLADAS NOS CAMIÑOS

Os tempos actuais non son dados a erguer cruceiros; máis ben podería dicir que a especulación, as repoboacións forestais e o mal gusto dalgúns, por fortuna poucos, propietarios de casas de campo están levando a ruina e á desaparición moitas destas manifestacións culturais dos vosos devanceiros. Pero sempre haberá alguén que os seguirá a facer, como o que podedes ver en Cerponzóns, cunhas caras que, en todo, se asemellan ás que facían os escultores castrexos, románicos e barrocos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s