OFICIOS DOS VECIÑOS (XV) CASEIRO

CASEIRO : Persoa que traballa a medias ou mediante arrendamento as terras dun amo ou que coida dos bens dunha persoa ausente (RAG).
Cando eu era rapaz, en calquera parroquia había tres tipos de labradores : os amos, que non traballaban e eran donos da gran maioría das terras; os labradores bos, que traballaban a súa propiedade e íanse defendendo; e os labradores cativos, que tiñan algunha miga de terra para sobrevivir. Despois de todos eles de estabamos nós, os caseiros, que non tiñamos nada e, aínda por encima, tiñamos que traballar para o amo. (Cita do libro O último caseiro, Fervenza 2017)
O oficio de caseiro sempre se tivo englobado no apartado de “pobre labrador”, aínda que nalgúns tamén dependían onde recaesen a traballar, non era o mesmo facelo en casa rica, por exemplo nun pazo, que estar traballando nunha pobre, que tiña o indispensable para subsistir.

Aquel caseiro que chegaba a unha nova casa tíñase que adaptar ao “contrato” que lle impoñía o dono, contrato que normalmente o dono dá casa e terras cedía por un tempo indeterminado, pero que si non estaba contento co traballo realizado, podíase dar por nulo, avisando cun ano de antelación tiñan que marchar con unha man adiante e outra detrás.

Normalmente non era o habitual que botasen de casa ao caseiro, pero nalgunha ocasión tense dado e de verdade que era moi triste ver como tiñan que irse.

Ver ao caseiro coa súa familia como tiñan que marchar a buscar outra casa daba tristura, coa axuda do carro cargaban as súas pertenencias, os seus aperos, a roupa, algunha que outra galiña, o seu can…daban mágoa, normalmente era unha familia numerosa, xa que os donos das casas preferían que houbese moitas mans de obra para os traballos que as súas terras necesitaban, ver a todos eles así, sin ter a donde ir, sin saber que iba a ser das súas vidas…cantas bágoas !

Fai anos en Galicia había tres maneiras de ceder as terras para traballar nelas: FORO, ARREDAMENTO e PARCERÍA.

A parcería consistía en que o dono das terras e o caseiro participaban no reparto da colleita, de ahí que se o final da tempada o dono non estaba contento coa colleita comunicaballe que non iba a contar cos seus servizos para o seguinte ano, así de sencillo. Mismo cando eran avisados o dono xa tiña outros caseiros contratados, os cales solían anticipar a súa chegada para agostar as terras do que sería o seu amo.

A FAMILIA FERNÁNDEZ IGLESIAS , OS CASEIROS DO CURA.

Corría o ano 1956 cando o cura de Cerponzóns tiña necesidade dunha familia para que lles traballase as súas terras, os que iban ser os caseiros do cura vivían en Arzúa, foi a través dun veciño que lles comentou que nunha parroquia cerca de Pontevedra había un cura que estaba buscando a uns caseiros.
Ademáis seica buscaba unha familia que fora numerosa, cantos máis fosen mellor, así habría máis mans para traballar as terras, o señor Enrique puxose en contacto co cura, éste faloulle do que estaba buscando e pronto chegaron a un acordo, aos poucos días a familia Fernández Iglesias estaban camiño dirección a Cerponzóns.

O contrato foi simple, de palabra, o cura ofreceulles casa gratis, a cambio todo o que desen as terras serían repartidas a medias, ao cincuenta por cento para cada familia. Visto así non estaba mal, pero mentres que a familia Fernández Iglesias chegaron a ser doce membros, a familia do cura eran tres…o reparto non era moi equitativo que digamos, pero así era daquela, ata as patacas eran repartidas ao cincuenta por cento, contadas unha a unha, nin unha máis nin unha menos. Houbo anos que a colleita era moi escasa e a familia tiña que pasar a duras penas co que se apalabrou, muitas veces os irmáns maiores dabanlle a súa merenda os máis pequenos…

Foron tempos moi escravos, traballar aquelas terras, de grandes extensións, como o lugar coñocido polo Bosque, ou A Jandra, mismo o Eirado, situado ao redor da casa rectoral…de sol a sol, sachando, plantando, recollendo…coa axuda dos seus fillos, os caseiros estiveron dezanove anos traballando as terras do cura.

Os Fernández Iglesias chegaron de Arzúa con seis fillos e xa establecidos na parroquia tiveron catro fillos máis. O cabeza de familia era moi estrito e tiña aos seus fillos moi avisados, non podían coller ningunha froita de ningún frutal que había por toda aquela enorme leira que rodea a casa rectoral, nin unha soa cereixa podía coller o máis revoltoso dos fillos, Ángel, advertido estaba, tanto polo seu pai como polo señor cura, si non, as súas orellas sufrían de xeito abondo.


Non teño máis referencias de caseiros pola parroquia, seguro que os anteriores que estivesen traballando as terras dos curas tiveron similares condicións, naqueles tempos era o que había, hoxe en día non sería o mesmo.

Unha veciña cóntame que ela recorda a Teresa Galban realizando este oficio de caseira, seica estivo na Granxa de Alba.

Hai pouco quedei con duas das fillas dos caseiros do cura, aínda que a época que tocoulles vivir en Cerponzóns como fillas de caseiros foi relativamente pouca, pois son as máis novas, son moitos os recordos que teñen vivos na súa memoria. Preguntolle polos seus recordos :

JJ, o máis tráxico foi cando se incendiou o colexio, o que hoxe coñecemos por Casa do Pobo, elas foron testemuñas directas do sucedido aquel día, ao vivir a poucos metros do colexio pasaron moito medo, os máis pequenos estaban asustados, ata mexaron por eles, non era para menos, aquelas lapas estaban a escasos metros da súa casa e temían o peor.

Pola contra, o que máis grato recordan eran os días de festa, pasábano xenial, aqueles días estábanos esperando con toda a ilusión, toda a familia unida, gozando tanto da comida “especial” que se adoitaba facer polo patrón, pasábase todo o ano aforrando todo o posible para que ao chegar ese día comprábase aquelas viandas que non se probaban en todo o ano. Todo era ledicia, como todo o que acompañaba á festa en si, aquel día “estreaban” roupa, recordan con agarimo á señorita Carmiña, si a mestra, que lles traía de Pontevedra roupa que conseguía de familias coñecidas súas. Era un espectáculo ver a toda a familia subir as escaleiras, as que van desde a súa casa ao adro, imaxinarvos eran doce ! E alí estaban todos ! Gozando da festa, esquecendo por uns días as duras labores do campo, gozando dos gaiteiros, da banda de música, os fogos, da misa, a comida familiar… ou mesmo cando os varóns da familia ían xogar un partido de fútbol ao Chan do Monte e tiñan ás súas irmás dándolles ánimos ! Ben é certo que eran moi bos xogando ao fútbol, dou fe. Os fillos dos Caseiros tiñan unha gran vantaxe, o vivir á beira da Igrexa, eran os que máis gozaban das festas, estaban desde a primeira hora da mañá ata a última da noite, ata que se marchaban os músicos das orquestas, sempre lles botaban unha man a recoller os bártulos, vénlles ao recordo as orquestas Poceiro, Los Chicos del Jazz, Palma, Los Satélites , Florida…bailando ao son destas orquestas coñeceron aos seus primeiros amores.

Ademáis, cóntame unha das irmás, tiñamos ao noso Ángel, o noso irmán sempre estaba á expectativa daqueles mozos que se achegaban doutras parroquias para ligar con algunha de nós, cando nos viñan a pedir de bailar e non nos gustaban contestabámoslle que non queriamos bailar, eles insistían e nós que non e seguían e de novo que non, o meu irmán Angelito xa estaba controlando ao persoal, á mínima xa estaba repartindo “caricias” aos que se atrevían a molestarnos, jajajaja.

Ao seguinte día a vida volvía ser como sempre, os caseiros a traballar o campo, os fillos ao colexio e á volta a botar unha man, había que alimentar moitas bocas ao cincuenta por cento…

Seguramente o oficio de caseiro haxa prácticamente desaparecido das nosas parroquias, o potenciar a concentración parcelaria por parte das administracións, o incremento da mecanización e mellóraa das infraestructuras, fixo que fose desaparecendo este oficio tan escravo e pouco valorado, grazas a Deus…

3- ARTE-JOSÉ PIÑEIRO

José Piñeiro ( Marín 1931- 27/12/2021).
Coñecín a Piñeiro polos anos oitenta, cada certo tempo viña polo meu lugar de traballo, daquela o seu corpo xa estaba medio encorvado e recordo que sempre tiña as mans molladas, quizais por algún problema nelas, tiña a necesidade de ir ao baño cada certo tempo a lavalas.

A súa familia era moi coñecida en Marín, posuían un barco que era un dos mellores da Vila marinense (o irmán Manuel é coñocido por Nodales), seguramente Piñeiro traballou na mar, non estou seguro, e debido á súa enfermidade deixou de facelo. A maioría das súas obras sempre estaban relacionadas coa xente e todo aquilo que tivese relación co mar.

Das súas obras teño estas catro en propiedade, gárdoas con moitísimo agarimo :

5- O CAMIÑO PORTUGUÉS O SEU PASO POR CERPONZÓNS

Con motivo do próximo Ano Santo, desde a parroquia milenaria de Cerponzóns invito a coñocer o percorrido do Camiño Portugués ao seu paso por ela. Hai moitos datos onde se da a coñocer que a peregrinación a Santiago lévase facendo desde o S. XII, aínda así, xa hai indicios que existía tal costume desde a época altomedieval.

O peregrino que fai o Camiño Portugués por Galicia atópase con multitude de antigos camiños, desde os cales o peregrino irá atopando ao seu paso  tramos de bosques autóctonos, observará en momentos determinados como as xentes traballan as terras de labor, pasará polas aldeas que conteñen un enorme patrimonio, igrexas, capelas, casas retorais, cruceiros, hórreos, palomares…ríos cos seus pasales e pontes de trazas medievais…unha sensación máxica será na que se atope o peregrino logo de abandoar a cidade chea de edificios, os coches e os tramos de estrada co perigo correspondente, precisamente unha das aldeas que son parte do Camiño Portugués e Cerponzóns. Un pouco antes de comezar o Camiño pola nosa parroquia atopámosnos coa parroquia de Alba,  queremos ir relatando o Camiño a partir de nosa veciña parroquia, e ten un porqué interesantísimo…

Comezamos o noso percorrido na igrexa de Santa María de Alba, foi construída en 1595 baixo a dirección de Mateo López, e herdeira do templo consagrado polo século XII por Diego Gelmírez para reconvertela en diócesis, máis tarde no S. XVIII foi reformada e aproveitouse ese momento para construír a casa rectoral.

Podíamos nomear muitos peregrinos mui relevantes que fixeron o Camiño, precisamente un dos que merece saber do seu peregrinaxe foi Diego Gelmírez: https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/12/12/o-paso-de-diego-gelmirez-por-guxilde-alba-e-cerponzons/

Ás portas da casa podemos observar unha estatua de granito en recordo a un cura que tiveron os feligreses de Alba e que como mostra de gratitude quixeron reflectir dese xeito, uns metros máis adiante unha cabaza de granito cun bordón, fai que moitos peregrinos párense a fotografarse con ela, remata o lugar da igrexa cun cruceiro que hai un pouco máis adiante, seguimos o noso camiñar en dirección a San Caetano

Poucos metros máis o Camiño afronta un tramo un pouco complicado, hai que dicir que nestes momentos comezaron as obras que permitirán corrixir os perigos que axexan ao peregrino e por suposto tamén aos veciños do lugar de San Caetano. Ao pasar por baixo da ponte do ferrocarril, atopámosnos coas obras que realiza a Xunta de Galicia para mellorar a senda peonil, e precisamente neste lugar o motivo polo cal comezamos a relatar desde Alba…

Nos primeiros días do mes de Setembro varios membros da Asociación de Veciños estivemos visitando o lugar das obras da senda peonil , tiñamos varios motivos polos cales queriamos estar en contacto cos enxeñeiros e encargados das obras que alí se estaban levando a cabo.

Si nos situamos debaixo da ponte do ferrocarril e ímosnos en dirección á capela de San Caetano, a poucos metros da devandita ponte  atopamos a un operario que estaba realizando unha limpeza e tomando nota de paso da CALZADA ROMANA, coñecida como VÍA XIX.

A sorpresa foi maiúscula, a nosa curiosidade fixo que nos achegásemos ao operario e preguntásemoslle que intencións tiñan con aquel descubrimento, a súa contestación foi categórica: tómase nota do atopado e ao momento vólvese a tapar. A nosa reacción foi de incredulidade, pero non se podía deixar algo da VÍA XIX á vista dos peregrinos ? Volveu contestarnos o operario : Mellor que quede tapada, pois podían facer dano nela, xa sabedes…

Antes de irnos do lugar puidemos realizar un par de fotografías, foi un pouco antes de ocultar de novo a Calzada Romana :

CALZADA ROMANA VÍA XIX, LUGAR DE GUXILDE

Unha verdadeira magoa que non quedase un pouco da Calzada Romana ao descuberto, pois queda aos pés do peregrino, na seguinte fotografía pódese observar por onde vai a senda peonil, parte da Calzada Romana queda debaixo de dita senda, a outra parte queda á esquerda do peregrino totalmente libre.

Esto é como está quedando :

Senda peonil, debaixo, enterrada, a VÍA XIX

Con tristeza por non poder observar a Calzada Romana, seguimos dirección á Capela de San Caetano, situada nuns dos lugares máis importantes de Cerponzóns, Alba e demais parroquias, podemos dicir, sen lugar a equivocarnos, grazas ao investigador Xosé M. Pereira, que este lugar era o Km. 0 de Pontevedra a Santiago. 

En San Caetano de Alba, onde se atopa a capela homónima do XVIII, atópanse os límites das parroquias de Alba e Cerponzóns : o Río Rons e a Ponte de San Caetano (antiguamente coñecido por Ponte Beán).

Debemos pararnos neste sitio para saber da súa historia, recomendámosvos entrar nesta ligazón : https://roquecerponzons.wordpress.com/2019/12/17/ponte-bean-por-xose-manuel-pereira-fernandez/

Debido ás obras que se realizan ímonos a atopar no contorno da capela unha nova pavimentación a base de losa de granito e a senda compartida. Tamén se colocará unha barreira de seguridade, que substitúe a anterior, a idea era colocar un murete de pedra, pero non pode ser executado debido a que contraven as normas de seguridade vial.

Si queres saber máis sobre a capela : https://roquecerponzons.wordpress.com/2020/10/07/a-capela-de-san-caetano-parte-da-nosa-historia/
En fronte á capela e debido á estreiteza da Ponte Beán, realízase unha pasarela que irá paralela a devandita ponte, os materiais serán a base de formigón e aceiro. A súa separación da Ponte Beán será duns dous a tres metros, o que fará que non se poida observar debidamente os seus tres arcos.

E logo desa pasarela está situado o lavadoiro, enfrente mismo, pero xa en terreos de Cerponzóns atopámosnos cun elemento patrimonial que a Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns estivo reclamando que se tivese en conta :

A FONTE DE PONTE BEÁN.

FONTE DE PONTE BEÁN       

Hai testemuños onde recordan que de toda a vida a Fonte de Ponte Beán nunca quedara seca, unha fonte que algún veciño ten curado coas infusiones realizadas con varios tipos de herbas e con auga de varias fontes que nunca se secasen, entre elas a que estamos referenciado.

Como exemplo aconsellámosvos entrar no seguinte enlace : https://roquecerponzons.wordpress.com/2019/01/30/as-fontes-milagreiras-cerponzons-1000-anos-de-historia/

Logo da fonte atopámosnos coa nova senda peonil realizado ao retranquear o muro de pedra alí existente, ademáis para iso tiveron que cortar un nogal que había á beira mesmo de devandito muro, contaba cun feixe de anos.

Desta forma entramos no tramo de San Caetano, que pertenece a nosa parroquia de Cerponzóns, onde o Camiño Portugués visita outros dous dos  lugares de Cerponzóns : Leborei e O Castrado, comezando a zona máis tranquila, fermosa e máxica á vez.

Nada máis deixar atrás a estrada PO225  penetrámonos nun vial que nos levará ao lugar de Leborei ou a seguir polo trazado do Camiño, antes quédanos a man esquerda unha Pontella sobre o Río Gandara, por certo, está pedindo a gritos unha limpeza e ademáis que deixen o paso aberto que hai desde sempre polo lugar.

Tamén cabe destacar a historia do Barón de Rosmithal, pasou en Leborei…https://roquecerponzons.wordpress.com/category/o-baron-leon-de-rosmithal-por-cerponzons/
A trescentos metros aproximadamente ímosnos atopar cunha pequena área de descanso, nela veredes unha réplica do Miliario de Magencio (doada pola Exc. Diputacion de Pontevedra), tendes un enlace relacionado con Miliario :

https://roquecerponzons.wordpress.com/2016/10/08/o-miliario-de-cerponzons/

Á beira mesmo do Miliario de Magencio colocouse un fito informativo, relacionado precisamente co Miliario, escrito en dous idiomas (castelán e inglés), a súa recente colocación foi grazas á colaboración da Concejalía de Promoción Económica e Turismo dependente do Concello de Pontevedra.

Máis información relacionada co fito : https://roquecerponzons.wordpress.com/2020/09/13/fito-conmemorativo/

Detrás do Miliario, ao fondo, atópase o muiño do cura, actualmente en ruínas e cuberto de maleza. Deixamos atrás o Miliario e dirixímosnos polo vial en dirección ao lugar de O Castrado, o primeiro que nos imos a atopar é cun fermoso hórreo de madeira. Na nosa parroquia, como na maioría de todas as de Galicia, contamos con multitudes de hórreos, unha construción típica da nosa terra e do noroeste peninsular.

Cando no século XVI coa chegada da pataca e o millo desde América, os hórreos teñen unha función determinante para que estos produtos sé sequen no seu interior, é ademáis estean resguardados da humidade como dos animais roedores.

Un hórreo é unha construción con xeito de silo, moi aireado e palafitíco, é dicir, que está elevado do chan por uns pés, cunha orientación de forma que as correntes de aire teñan a súa función no seu interior.

Pero segundo os últimos estudos os silos de estilo palafitíco xa eran habituais desde a Antigüidade en moitos lugares de Europa, especialmente nos lugares como é o caso noso, eran necesarios debido á humidade presente na nosa meteoroloxía.Fálase de que seguramente desde o Neolitico xa estarían presentes en diferentes formas coa función de gardar diferentes tipos de cereales.

Coa chegada do maíz, o hórreo galego convértese nunha tipoloxía arquitectónica propia e diferenciada.

Por iso que aínda que hoxe en día xa non se utilizan prácticamente para o que foron creados, seguimos manténdoos como un ben patrimonial que debemos de coidar e non deixar que se veñan abaixo.

Despois do horreos atopámosnos varias casas, nalgunha delas podemos observar algún hórreo de pedra, e un pouco antes de deixar dúas casas que compoñen este núcleo, atopamos a man esquerda un pequeno camiño que nos conduce a unha ponte que antigamente era utilizada para chegar á estrada de Vilagarcia, ou ben para ir as parroquias de Campañó, A Devesa

Un pouco máis adiante encontrouse o : AGRO DE DEUS (Necrópole romana)

No ano 2011, debido as obras do Ave, faise un estudo no contorno do Camiño Portugués, unha escavación arqueolóxica onde encontran fragmentos cerámicos, de ferro,  de oso, de vidrio e de bronce.

Os estudos realizados indicaron que se trataban de cerámicas da época tardorromana que se move entre os séculos IV E VII, hoxe en día están depositadas no Museo de Pontevedra.

Señalado con unha chincheta o lugar aproximado dónde encontraron o xacemento.

 

Estamos no paraíso… Vas andar entre piñeiros, carballos, castiñeiros…quizáis teñas a sorte de ver voar algún ave rapaz, como o falcón peregrino, ou poderás apreciar especies paseriformes que abundan ao longo desta paisaxe, mirlos, gorrions, urracas, pombas, estorninos…terás o pracer de escoitalos nalgún momento, xunto o son dos teus pasos e o correr das augas do riachuelo da Barbeita e do río Gandara.

Rematamos o noso percorrido polo Camiño no lugar coñocido por Pozo Negro…dónde de seguido comenza o Concello de Barro… NOTA : IREI APORTANDO MÁIS INFORMACIÓN RELACIONADA COAS OBRAS QUE ESTANSE ACOMETER EN SAN CAETANO. 

FITO CONMEMORATIVO

ASC. DE VECIÑOS O CHEDEIRO DE CERPONZÓNS.

11/09/2020

Dentro das poucas actividades, debido ao COVID 19, que se levan a cabo con motivo da celebración do 40 aniversario da creación da Asc. de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns , informámosvos que grazas á colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo acabase de inaugurar un cartel informativo no lugar de Leborei, á beira de onde está instalado desde fai uns meses o Miliario de Magencio.

Un cartel que dá a bienvenida aos peregrinos que fan o Camiño Portugués, indicándolles que están pasando pola parroquia milenaria de Cerponzóns, ademais que están pasando polas inmediacións da Vía Romana XIX. Tamén se lle indica no cartel a razón pola que está colocado o milenario de Magencio, finaliza o texto indicando os quilómetros que faltan desde este lugar ata Santiago e desexándolles bo camiño.

Agradecemos á Concellala Yoya Blanco a colaboración que tivemos desde a súa Concellería financiando este proxecto.

Bienvenidos a la parroquia

milenaria de Cerponzóns

Por estos parajes pasaba la Vía Romana XIX construida hace 2000 años.

En el año 350d.C. se colocó muy cerca de aquí un Miliario en honor al Emperador Magnencio. Los miliarios tenían la función de indicar las distancias entre ciudades o las referencias del Imperio Romano.

El Miliario original se conserva actualmente en el Museo de Pontevedra.

Los vecinos de Cerponzóns te desean buen camino.

Faltan 57,8 kms a Santiago

Welcome to the millenial parish

of Cerponzóns.

The Roman Route XIX that was built 2000 years ago goes through this parish. In 350 B.C. a milestone honouring the Emperor Magnentius was placed very close to this place.

The main purpose of the milestones was to inform about the distances between the cities or the Roman Empire references.

The original milestone is currently kept in the Pontevedra museum.

Cerponzon’s neighbours would like to wish you a pleasant way.

57,8 kms to Santiago
Diversos medios de comunicación fixeronse eco da nova :

«Bienvenidos a la parroquia milenaria de Cerponzóns. Por estos parajes pasaba la Vía Romana XIX construida hace 2000 años.

En el año 350 se colocó muy cerca de aquí un miliario en honor al emperador Magnencio. Los miliarios tenían la función de indicar las distancias entre ciudades o las referencias del Imperio Romano. El miliario original se conserva actualmente en el Museo de Pontevedra. Los vecinos de Cerponzóns te desean buen camino. Faltan 57,8 kilómetros a Santiago». Los peregrinos que hagan el Camino Portugués se encuentran desde ayer un hito que incluye una placa con esta inscripción, en castellano y en inglés, en el lugar de Leborei.

La concejala de Turismo, Yoya Blanco (PSOE), acompañó ayer a la presidenta y al secretario de la asociación O Chedeiro, Liliana Casás y Juan José Esperón, en la inauguración del hito kilométrico. «Os miliarios romanos -recordó Blanco- tiñan a función de indicar as distancias entre cidades, e esa é precisamente unha das funcións que cumpre este ‘miliario’ moderno que acabamos de instalar neste punto da Ruta Xacobea con tanto valor histórico, ademais de darlles a benvida aos peregrinos á milenaria parroquia de Cerponzóns e desexarlles que teñan bo Camiño».

La presidenta de O Chedeiro agradeció al Concello su apoyo para atender la petición vecinal que instalar este elemento de atracción turística, máxime «nestes tempos tan difíciles nos que resulta moi complicado facer cousas». Casás aprovechó para invitar a los pontevedreses, «os urbanitas e os veciños das demais parroquias, que veñan a coñecer Cerponzóns, que non se van arrepentir».

Cerponzóns celebró durante el año pasado con diversos actos, incluida la publicación de un libro y la edición de un documental audiovisual, los mil años desde la primera referencia de la existencia de la parroquia.



OFICIOS DOS VECIÑOS (XIV) CRIADA/O

CRIADA/O : Persoa que realiza as labores domésticas dunha casa, a cambio dun salario (RAG).
AMA DE CRÍA: Muller que cría e dá de mamar a unha criatura allea.
Os oficios de criada/o tiña a función de realizar o traballo doméstico e do campo, normalmente desempeñaban este traballo en aquelas casas podentes.

A maioría que coñocin dá parroquia, ou que me foron comentando os veciños e veciñas, eran mulleres. A súa actividade era a de realizar as tarefas domésticas, cociñar, lavar a roupa, pasarlle o ferro, a limpeza xeral dá casa, ir a mercar comida…ademáis tiñan que traballar as leiras, as viñas, coidar as galiñas, os porcos, as vacas…Por todo isto recibían comida, durmida, roupa, e algún que outro carto.

Hai un libro titulado Historia dá vida cotiá en Galicia, de Xavier Castro, no que refierese ao oficio de criadas con esta frase : Servir era o pan do demo. Tamén comenta que unha muller poñiase a servir para fuxir dá miseria, ou para poder conseguir un pouco de cartos para a dote, xa que practicamente non gastaba nada do que gañaba.

Daquela os contratos eran de palabra, e muitas dás mulleres que ían a traballar a cidade tiñan que levar un papel asinado polo cura dá parroquia, onde informaba dá boa moral e do cumprimento dá relixión cristiá.

Aínda que non hai moitas referencias sobre o oficio de criado ou criada, como tamén ama de cría, na nosa parroquia de Cerponzóns atopamos documentación que nos indica que polo ano 1650 Jacome Carro estaba de criado do Licenciado D. Juan Ossorio, en 1690 un veciño de Pidre chamado Baltasar Melón, propietario dun muíño denominado Muíño da Balea, tivo un xuízo contra o alférez Miguel Cabaleiro, veciño de Lerez, este tiña aos seus servizos como criada a María Parada, que lle foi de testigo.

Precisamente no lugar de Pidre, recordo a un home de nome José (O Pacheco), que estivo de criado nunha casa duns parentes meus, se mal non recordo estivo a desempeñar o oficio en casa das miñas tías Sabina e Juanita polos anos 60/70, miñas tías tiveron outro criado máis, creo lembrar que se chamaba Ramón. Tamén en Pidre estiveron como criadas Carmen e Olguita, estas dúas mulleres na casa de tía Dora.

Que oficio máis escravo e máis duro, e moitas das veces mal pago, inclusive había quen se aproveitaba dos nenos e das nenas, que eran de familia pobre, e que para poder levar un anaco de pan á boca deixaban de ir á escola para irlle a traballar nalgunha faena do campo.

Criadas que facían de todo, parece que estou a ver a unha das que coñecín que servía nunha casa, a imaxe que teño é vela de xeonllos, limpando o chan de madeira, un cepillo, auga e lixivia, eran os seus acompañantes…

Homes que eran serviciales a moreas, traballando de sol a sol, todos os días da semana, duros como cañotos. Falando de cañotos, houbo un que era un homazo, resulta que o dono da casa onde traballaba foi con él un día para axudarlle a arrincar uns cañotos de piñeiro, mentres o dono arrincaba un, él xa levaba tres ou catro.

Facendo un repaso lembramos coma xa dixen antes a José, Ramón, Carmen e Olguita. Pero quizáis os máis recordados sexan Camilo O Suca, Carmen a Petela ou Jaime O Chelo, que ainda sigue facendo as funcions de criado que tivo desde sendo un neno. Menos mal que agora Lola e Chicha xa non teñen tres vacas e as fincas non se traballan coma antes, grazas a eso Jaime pode levar unha vida máis relaxada, ben o merece.

GENOVEVA, AMA DE CRÍA e CRIADA.

Na parroquia a criada que máis lembramos e Genoveva, a que durante moitos anos (uns sesenta) estivo ao servizo da familia Señorans.

Por aqueles anos de principios do S. XX dábase con frecuencia que nas casas da xente máis rica, as mulleres que estaban embarazadas e que non querían estragar os seus corpos, contrataban a amas de cría, para que fixesen a función de aleitar aos recentemente nados, era a función principal das amas de cría: alimentar co leite dos seus peitos aos nenos alleos.

Genoveva comezou traballando desde moi xoven na casa dos Señorans, pero non foi precisamente porque a señora quixese coidarse como outras, todo foi debido a que o que ía ser unha feliz noticia na familia Señoráns pasou a ser unha desgraza, morrer no parto ao dar a luz.

Genoveva era natural de Triñáns, un lugar de Boiro, naquel momento que foron contratala era nai solteira, podédesvos imaxinar a situación, na súa casa a necesidade era moita e a ocasión de poder estar a vivir mellor chamou á súa porta. Os seus pais quedaron coidando do seu fillo que apenas tiña un ano e Genoveva marchou para Cerponzóns, alí esperábaa Pepe, o que para ela sería realmente o seu verdadeiro fillo, durante toda a súa vida se desviviu por él.

Foi toda unha vida a que desempeñou como criada coa familia Señorans, Genoveva pasou de ama de cría a criada para sempre, abarcando todo tipo de labores, tanto as de casa coma as do campo.

Co tempo chegou a ser unha máis no grupo familiar, ela desempeñou un papel fundamental coa familia numerosa que chegou a ter o seu “fillo” Pepe, ata oito fillos.

ERA DURA COMA UN CAÑOTO !

A Genoveva tanto a podías ver nos quefaceres da casa, como no enorme xardín que coidaba con moito mimo, encantábanlle as flores, era habitual que todos os venres do ano baixase á cidade, sempre a vías pasar cun cesto cheo de patacas, cebolas, ovos, verdura…e tamén flores, nunca faltaba o precioso ramo de flores.

Era tal o agarimo ás flores, que algunha vez as veciñas pedíanlle un esqueje determinado, a súa contestación era sempre a mesma : eres mui pedichona, xa che din fai uns días un.

Pero o traballo de Genoveva ía máis aló daquela casa, a leira e o seu xardín. Podíala ver no lugar de O Cañoto, colocando a roupa ao clareo, que precisamente lavaba no Río Rons. Ou a podías ver en moitas das propiedades que tiñan a familia, o mesmo estaba a cavar como recollendo herba ou sementando, cunha particularidade, sempre a vías descalza, fóra o sitio que fóra, ela ía sempre descalza.

Era raro vela enferma, e se algunha vez tiña algunha dor, unha aspirina (adoitaba tomala sen líquido ningún) e a súa dor solucionada. As súas veciñas cando falaban sobre ela, dicían o mesmo : E máis dura que un cañoto !

Genoveva botouse a casa encima, era a AMA, así foi que a querían como a ninguén, considerábana como parte da familia e coidárona ata o fin da súa vida.

Aínda así Genoveva, aínda que os quería a todos, tiña sempre máis predilección por uns que por outros. Por suposto que a quen máis quería era ao seu “fillo” Pepe.

Loqueaba por Pepe, sempre que chegaba á taberna poñíase a falar coa miña nai e despois de pedirlle os produtos que necesitaba, ou de encargarlle uns xurelitos para que despois achegásello á súa casa, saía en conversación o seu Pepe :

Carmen, non sabes ben o traballo que ten ! A súa cabeciña ten muito traballo !

Tamén lle tiña moito agarimo a Carlos, un dos fillos de Pepe, era habitual que só cando Carlos viña de visita, Genoveva compraba tetilla e membrillo, debido a que a Carlos encantáballe de merenda.

Por certo que cando a miña nai enviáballe o peixe, adoitaba chamar á súa neta Marita e a unha veciñiña de nome Merchi, elas dous levábanlle o peixe. Genoveva dáballe unha peseta de propina a Merchi e a Marita dicíalle que a ela non lle daba nada porque era familia dos que tiñan a taberna, que era xente rica ! Non vexades o enfado que se traía a nena ao chegar a casa !

Sendo xa maior a Genoveva nunca lle faltou quen mirase por ela, por suposto o seu “fillo” Pepe visitábaa todas as tardes, desde Pontevedra traíalle un croissant, que xunto o seu café con leite, era o que ceaba. Tamén tiñan conta dela as veciñas que vivían o carón da súa casa, todas elas lémbrana con moito agarimo.

Hai uns días quedei cunhas veciñas, quería que me contasen os recordos que tiñan de Genoveva, sentámonos enfronte á casa dos Señorans, nunhas pedras que están situadas debaixo dos carballos centenarios, testemuñas mudas de toda unha vida de Genoveva.

Juan, o que peor levaba Genoveva era cando os nenos e as nenas poñíanse a xogar ao balón aquí, pois o can que tiña volvíase tolo e daquela estaba atado, non había correa nin cadea que lle aguantasen, rompíaas todas. Así que, cando o balón coábase na horta de Genoveva, os rapaces quedaban sen el, jajaja.

Os anos foron pasando e a saúde foi deteriorándose, a familia de Genoveva decidiu internala nunha residencia en Pontevedra, alí estaría mellor coidada, despois, cando non se valía por sí sola, finalizou noutro centro situado nas Inas, Genoveva contaba con 98 anos cando faleceu, era o 31 de Decembro do 1997.

CITAS LITERARIAS (9) CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS.

CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS (Tomo XL, fascículo 105)

A PEDRA PINELA-MARCO DE COTO
A cuestión pois é coñocer o punto onde se achaba o derradeiro: Marco do coto a “PEDRA PINELA”.

Os devanditos protocolos, dinnos con toda certeza que a tal piedra Marco do Coto, achabase no meio da Ría de Pontevedra; que a ela chegábase polo camiño do embarcadeiro da Barca da Mercé, lindeiro como se sabe da Campañó e San Salvador de Poio; sobro do embarcadeiro o Marqués de Riestra nos derradeiros anos do século XIX, mandóu enxergar unha ponte de madeira, logo á de pedra, cemento e ferro, segun se acha no intre.

Nos derradeiros meses do ano 1988, co gallo de unha nova e mais ampla estrada pola beira do Lérez cortaron a Ponte da Barca. O traballar más cimentacións para os novos arcos de paso para a dita rua e rebaixar as terras para a estrada; a beiriña da Ponte e banda de Pontevedra a esquerda do Rio, a meiados do derradeiro século debeu acharse case que no meio das augas, como din os documentos, sobro de todo nas mareas outas.

¿Será esta longa pedra, arestora descuberta e que poidemos ollar dinamitada os poucos días para dar paso comenente a pista de rodaxe para a ampla e nova rua de Beiramar pontevedresa a PEDRA PINELA ?

Coidamos que é o mais probable. De ser esto así teriamos o descuberto a tantas veces nomeada PEDRA PINELA e Marco do Coto, que divideu as terras episcopais pontevedresas, as mosteirais de Poio e Lérez e as parroquias de Campañó, Santa María de Pontevedra, San Salvador e San Xoán de Poio.

Dende as liquidacións das xurisdiccións señoriáis polas Cortes de Cádiz ó xurdir os novos concellos, entre estes e efémero de Alba, formado polas parroquias de Campañó, Cerponzóns e Lérez no 1835 integrado no de Pontevedra tamén para éstes a PEDRA PINELA foi punto de referencia para encetar os lindeiros de Pontevedra e Poio.

O morno sol de outono quentóu por alguns días a PEDRA PINELA para definitivamente desaparecer impiedosamente mordida polos aceirados dentes dos artefactos modernos.