OFICIOS DOS VECIÑOS (XIV) CRIADA/O

CRIADA/O : Persoa que realiza as labores domésticas dunha casa, a cambio dun salario (RAG).
AMA DE CRÍA: Muller que cría e dá de mamar a unha criatura allea.
Os oficios de criada/o tiña a función de realizar o traballo doméstico e do campo, normalmente desempeñaban este traballo en aquelas casas podentes.

A maioría que coñocin dá parroquia, ou que me foron comentando os veciños e veciñas, eran mulleres. A súa actividade era a de realizar as tarefas domésticas, cociñar, lavar a roupa, pasarlle o ferro, a limpeza xeral dá casa, ir a mercar comida…ademáis tiñan que traballar as leiras, as viñas, coidar as galiñas, os porcos, as vacas…Por todo isto recibían comida, durmida, roupa, e algún que outro carto.

Hai un libro titulado Historia dá vida cotiá en Galicia, de Xavier Castro, no que refierese ao oficio de criadas con esta frase : Servir era o pan do demo. Tamén comenta que unha muller poñiase a servir para fuxir dá miseria, ou para poder conseguir un pouco de cartos para a dote, xa que practicamente non gastaba nada do que gañaba.

Daquela os contratos eran de palabra, e muitas dás mulleres que ían a traballar a cidade tiñan que levar un papel asinado polo cura dá parroquia, onde informaba dá boa moral e do cumprimento dá relixión cristiá.

Aínda que non hai moitas referencias sobre o oficio de criado ou criada, como tamén ama de cría, na nosa parroquia de Cerponzóns atopamos documentación que nos indica que polo ano 1650 Jacome Carro estaba de criado do Licenciado D. Juan Ossorio, en 1690 un veciño de Pidre chamado Baltasar Melón, propietario dun muíño denominado Muíño da Balea, tivo un xuízo contra o alférez Miguel Cabaleiro, veciño de Lerez, este tiña aos seus servizos como criada a María Parada, que lle foi de testigo.

Precisamente no lugar de Pidre, recordo a un home de nome José (O Pacheco), que estivo de criado nunha casa duns parentes meus, se mal non recordo estivo a desempeñar o oficio en casa das miñas tías Sabina e Juanita polos anos 60/70, miñas tías tiveron outro criado máis, creo lembrar que se chamaba Ramón. Tamén en Pidre estiveron como criadas Carmen e Olguita, estas dúas mulleres na casa de tía Dora.

Que oficio máis escravo e máis duro, e moitas das veces mal pago, inclusive había quen se aproveitaba dos nenos e das nenas, que eran de familia pobre, e que para poder levar un anaco de pan á boca deixaban de ir á escola para irlle a traballar nalgunha faena do campo.

Criadas que facían de todo, parece que estou a ver a unha das que coñecín que servía nunha casa, a imaxe que teño é vela de xeonllos, limpando o chan de madeira, un cepillo, auga e lixivia, eran os seus acompañantes…

Homes que eran serviciales a moreas, traballando de sol a sol, todos os días da semana, duros como cañotos. Falando de cañotos, houbo un que era un homazo, resulta que o dono da casa onde traballaba foi con él un día para axudarlle a arrincar uns cañotos de piñeiro, mentres o dono arrincaba un, él xa levaba tres ou catro.

Facendo un repaso lembramos coma xa dixen antes a José, Ramón, Carmen e Olguita. Pero quizáis os máis recordados sexan Camilo O Suca, Carmen a Petela ou Jaime O Chelo, que ainda sigue facendo as funcions de criado que tivo desde sendo un neno. Menos mal que agora Lola e Chicha xa non teñen tres vacas e as fincas non se traballan coma antes, grazas a eso Jaime pode levar unha vida máis relaxada, ben o merece.

GENOVEVA, AMA DE CRÍA e CRIADA.

Na parroquia a criada que máis lembramos e Genoveva, a que durante moitos anos (uns sesenta) estivo ao servizo da familia Señorans.

Por aqueles anos de principios do S. XX dábase con frecuencia que nas casas da xente máis rica, as mulleres que estaban embarazadas e que non querían estragar os seus corpos, contrataban a amas de cría, para que fixesen a función de aleitar aos recentemente nados, era a función principal das amas de cría: alimentar co leite dos seus peitos aos nenos alleos.

Genoveva comezou traballando desde moi xoven na casa dos Señorans, pero non foi precisamente porque a señora quixese coidarse como outras, todo foi debido a que o que ía ser unha feliz noticia na familia Señoráns pasou a ser unha desgraza, morrer no parto ao dar a luz.

Genoveva era natural de Triñáns, un lugar de Boiro, naquel momento que foron contratala era nai solteira, podédesvos imaxinar a situación, na súa casa a necesidade era moita e a ocasión de poder estar a vivir mellor chamou á súa porta. Os seus pais quedaron coidando do seu fillo que apenas tiña un ano e Genoveva marchou para Cerponzóns, alí esperábaa Pepe, o que para ela sería realmente o seu verdadeiro fillo, durante toda a súa vida se desviviu por él.

Foi toda unha vida a que desempeñou como criada coa familia Señorans, Genoveva pasou de ama de cría a criada para sempre, abarcando todo tipo de labores, tanto as de casa coma as do campo.

Co tempo chegou a ser unha máis no grupo familiar, ela desempeñou un papel fundamental coa familia numerosa que chegou a ter o seu “fillo” Pepe, ata oito fillos.

ERA DURA COMA UN CAÑOTO !

A Genoveva tanto a podías ver nos quefaceres da casa, como no enorme xardín que coidaba con moito mimo, encantábanlle as flores, era habitual que todos os venres do ano baixase á cidade, sempre a vías pasar cun cesto cheo de patacas, cebolas, ovos, verdura…e tamén flores, nunca faltaba o precioso ramo de flores.

Era tal o agarimo ás flores, que algunha vez as veciñas pedíanlle un esqueje determinado, a súa contestación era sempre a mesma : eres mui pedichona, xa che din fai uns días un.

Pero o traballo de Genoveva ía máis aló daquela casa, a leira e o seu xardín. Podíala ver no lugar de O Cañoto, colocando a roupa ao clareo, que precisamente lavaba no Río Rons. Ou a podías ver en moitas das propiedades que tiñan a familia, o mesmo estaba a cavar como recollendo herba ou sementando, cunha particularidade, sempre a vías descalza, fóra o sitio que fóra, ela ía sempre descalza.

Era raro vela enferma, e se algunha vez tiña algunha dor, unha aspirina (adoitaba tomala sen líquido ningún) e a súa dor solucionada. As súas veciñas cando falaban sobre ela, dicían o mesmo : E máis dura que un cañoto !

Genoveva botouse a casa encima, era a AMA, así foi que a querían como a ninguén, considerábana como parte da familia e coidárona ata o fin da súa vida.

Aínda así Genoveva, aínda que os quería a todos, tiña sempre máis predilección por uns que por outros. Por suposto que a quen máis quería era ao seu “fillo” Pepe.

Loqueaba por Pepe, sempre que chegaba á taberna poñíase a falar coa miña nai e despois de pedirlle os produtos que necesitaba, ou de encargarlle uns xurelitos para que despois achegásello á súa casa, saía en conversación o seu Pepe :

Carmen, non sabes ben o traballo que ten ! A súa cabeciña ten muito traballo !

Tamén lle tiña moito agarimo a Carlos, un dos fillos de Pepe, era habitual que só cando Carlos viña de visita, Genoveva compraba tetilla e membrillo, debido a que a Carlos encantáballe de merenda.

Por certo que cando a miña nai enviáballe o peixe, adoitaba chamar á súa neta Marita e a unha veciñiña de nome Merchi, elas dous levábanlle o peixe. Genoveva dáballe unha peseta de propina a Merchi e a Marita dicíalle que a ela non lle daba nada porque era familia dos que tiñan a taberna, que era xente rica ! Non vexades o enfado que se traía a nena ao chegar a casa !

Sendo xa maior a Genoveva nunca lle faltou quen mirase por ela, por suposto o seu “fillo” Pepe visitábaa todas as tardes, desde Pontevedra traíalle un croissant, que xunto o seu café con leite, era o que ceaba. Tamén tiñan conta dela as veciñas que vivían o carón da súa casa, todas elas lémbrana con moito agarimo.

Hai uns días quedei cunhas veciñas, quería que me contasen os recordos que tiñan de Genoveva, sentámonos enfronte á casa dos Señorans, nunhas pedras que están situadas debaixo dos carballos centenarios, testemuñas mudas de toda unha vida de Genoveva.

Juan, o que peor levaba Genoveva era cando os nenos e as nenas poñíanse a xogar ao balón aquí, pois o can que tiña volvíase tolo e daquela estaba atado, non había correa nin cadea que lle aguantasen, rompíaas todas. Así que, cando o balón coábase na horta de Genoveva, os rapaces quedaban sen el, jajaja.

Os anos foron pasando e a saúde foi deteriorándose, a familia de Genoveva decidiu internala nunha residencia en Pontevedra, alí estaría mellor coidada, despois, cando non se valía por sí sola, finalizou noutro centro situado nas Inas, Genoveva contaba con 98 anos cando faleceu, era o 31 de Decembro do 1997.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s